Luísa Villalta: Escritora galega

Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega.

Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución.

Infotaula de personaLuísa Villalta
Luísa Villalta: Traxectoria, Legado, Vida persoal
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(gl) Luísa Villalta Gómez lume Editar o valor em Wikidata
15 de xullo de 1957 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de marzo de 2004 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónviolinista , escritora , profesora de ensino secundario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
InstrumentoViolín Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxePaulino Pereiro (1978-1998)

AELG: 197 BUSC: villalta-luisa-1957-2004 Dialnet: 1448032

O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo". A Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas do ano 2024, destacando dela que foi a "creadora dunha obra singular e sólida que a converteu nunha das grandes figuras da literatura galega que emerxeron na segunda metade dos anos 80 e primeiros 90". Esta proposta estivo encabezada pola tamén escritora Ana Romaní e respaldada por Chus Pato, Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey, Margarita Ledo Andión, Manuel Rivas, María López Sández, Euloxio R. Ruibal, Dolores Sánchez Palomino, Manuel González González e a xa mencionada Ana Romaní.

Traxectoria

Naceu na Coruña, na rúa Vila de Laxe. Estudou no colexio das Xosefinas da rúa Juan Flórez e mais no IES Eusebio da Guarda. Licenciada en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, foi tamén titulada superior en violín. Formou parte da Orquestra de Santiago de Compostela desde 1985 e, máis tarde, da Xove Orquestra de Galicia, así como de diversos grupos de cámara galegos. En 1988 aprobou as oposicións de docente de Lingua e Literatura Galegas, e deu clase no IES Xosé Neira Vilas (Perillo, Oleiros), IES Canido (Ferrol) e no IES Isaac Díaz Pardo de Sada.

Desenvolveu unha intensa actividade cultural: deu seminarios, recitais de poesía e palestras, entre outros. Colaborou en varias publicacións, entre elas, Man Común, A Nosa Terra, Festa da Palabra Silenciada, Tempos Novos, Grial, Luzes de Galiza, Agália, Boletín Galego de Literatura, A Trabe de Ouro, Enclave ou Página abierta.

O seus artigos publicados entre o 4 de xaneiro do 2002 e o 4 de marzo de 2004 en A Nosa Terra, foron compilados no Libro das colunas (2005)

Participou en entidades como a Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Foro da Cultura Galega ou A Mesa pola Normalización Lingüística.


Finou o 6 de marzo de 2004 por unha meninxite, aos 46 anos de idade. Os seus restos mortais descansan no cemiterio de Santo Amaro da cidade herculina. Ao rematar a cerimonia relixiosa un nutrido grupo de escritores e poetas de toda Galicia como Manuel María ou Manuel Rivas despedírona nun acto laico con poemas e música de violín, ó acto tamén acudiron políticos como Xosé Manuel Beiras e Anxo Quintana.

Legado

En 2018 a súa familia cedeu os seus fondos documentais ao Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Vida persoal

Casou con Paulino Pereiro o 19 de abril de 1978, e divorciáronse en 1998

Obra

Poesía

Luísa Villalta: Traxectoria, Legado, Vida persoal 
Luísa Villalta: Traxectoria, Legado, Vida persoal 
Nesta casa viviu e soñou a poeta
Luísa Villalta
aquí as súas mans modelaron
a lingua, os sons, o que habita
no outro lado da música, na poesía.
A Coruña, 28 de setembro de 2014
Asociación de Escritoræs en lingua Galega

Teatro

Narrativa

Ensaio

Por suposto, nalgures permanecen os temas. Pero os temas son o máis impersoal do traballo poético. Os temas son moi poucos. A vida e a morte. Talvez só a vida (ou só a morte). Sexan os que foren, nas súas infinitas variacións poden encontrarse nas Enciclopedias, nos libros de Historia ou (e non é raro) de Teoría Matemática, na información diaria que nos fai deglutir a realidade, en cada ocasión en que se ten a certeza de estar vivendo.

— Luísa Villalta , Poética "Sobre un certo estado de conciencia"

  • O Don Hamlet de Cunqueiro: Unha ecuación teatral (1992). Santiago de Compostela: Laiovento. 94 páxs. ISBN 9788487847080.
  • O outro lado da música, a poesía: relación entre ambas partes na historia da literatura galega (1999). Vigo: A Nosa Terra. 160 páxs. ISBN 9788489976856.
  • Poética. Sobre un certo estado de conciencia (2002).
  • A lingua dos sons (2003).
  • A Música e Nós (2003).
  • Libro das colunas (2005). Vigo: A Nosa Terra. 109 páxs. ISBN 9788496403529.
  • O outro lado da música, a poesía (2021). Vigo: Galaxia. 192 páxs. ISBN 978-8491517504.

Traducións

  • Manifesto por un novo teatro, de Pier Paolo Pasolini (1994). Cadernos da Escola Dramática Galega, n.º 105, maio de 1994.

Obras colectivas

  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995). Sada: Ediciós do Castro.
  • Novo do trinque (1997). Bloque Nacionalista Galego. Relatos.
  • Bestiario (1998). Edicións do Dragón.
  • A mandrágora, de Niccolò Machiavelli (1998). Laiovento. Con Francisco Pillado Mayor.
  • Mini-relatos (1999). Libraría Cartabón.
  • Narradoras (2000). Vigo: Xerais.
  • Longa lingua (2002). Vigo: Xerais.
  • "Máis alá das raíces" en Materia prima (2002). Vigo: Xerais. Relatos.
  • Alma de beiramar (2003). Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003). Fundación Araguaney.
  • Narradio. 56 historias no ar. Vigo: Xerais / Radio Galega (2003). Libro-CD. Extensa antoloxía de relatos creados para o Diario Cultural.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003). A Coruña: Espiral Maior.
  • Cartafol poético para Alexandre Bóveda (2006). A Coruña: Espiral Maior.
  • Do máis fondo do silencio saen voces (2006). Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña.
  • Poemas pola memoria (1936-2006) (2006). Xunta de Galicia.
  • Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000 (2008). Universidade da Coruña.
  • Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña (2008). A Coruña: Espiral Maior.

Recoñecementos

Luísa Villalta: Traxectoria, Legado, Vida persoal 
Tumba de Luísa Villalta no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.
Vídeos externos
Luísa Villalta: Traxectoria, Legado, Vida persoal  Luísa Villalta: paixón e compromiso

Notas

    Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Para infanto-xuvenil

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Luísa Villalta TraxectoriaLuísa Villalta LegadoLuísa Villalta Vida persoalLuísa Villalta ObraLuísa Villalta RecoñecementosLuísa Villalta NotasLuísa Villalta Véxase taménLuísa Villalta15 de xullo195720046 de marzoA CoruñaEnsaio (literatura)Escritor, escritoraFicciónFiloloxíaGaliciaNarrativaPoesíaTeatroTraduciónViolín

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

António de Oliveira SalazarFerroDía das Letras GalegasLista de emperadores romanosXosé Luís BernalEl NiñoQDoenza de Paget de mamaIrene FerrerasMondoñedoSexo analBieito (nome)ComensalismoCirrioLista de nomes masculinos en galegoJoseba ApaolazaO pensadorTomiño (planta)Vila de CrucesClub Deportivo ArenteiroLista de programas de Televisión EspañolaSegunda República EspañolaGalaicosCantabriaAC-960CAPTCHAO CarballiñoInés ReySérgio TannusXabier P. DoCampoMaría a BalteiraDiego Rivas RegoMarçal MolinéMacrófago alveolar25 de abrilMiki NadalÁ lus do candilXesús Alonso MonteroMedalla da Folga de FameManuel Lugrís FreireRocco SiffrediArcos, CuntisIslandiaLoeweMartiño de DumioAntón Losada DiéguezCando petan na porta pola noiteOlga NovoJosé Luis GilDesviación típicaEduardo López BudénMickey MouseConfederación Española de Derechas AutónomasPaulo CarrilRoberto Vidal BolañoTelexornalJosé Luis Rodríguez ZapateroDiáspora galegaBreixoTerra de MirandaFauna de GaliciaAguaneiroRuta da pentosa fosfatoMil primaveras máisLuis López DiéguezBreogánProvincia da CoruñaMeteoGaliciaGabriel AlénVladimir PutinDiego González RivasFentoIgnacio GarrigaPimpín comúnSete Sabios da Fraga de BambúAires da miña terraPeer-to-peer🡆 More