Rexión Palestina: Rexión do Oriente Medio

Palestina (en latín: Syria Palæstina, en árabe فلسطين Filasṭīn), é unha rexión do Oriente Medio que se estende desde a costa oriental do mar Mediterráneo ata ao interior.

O seu estatuto político é disputado acesamente.

Rexión Palestina: Historia e características, Véxase tamén
     Fronteiras da provincia romana de Syria Palaestina, onde a liña verde mostra a fronteira entre a bizantina Palaestina Prima (despois Jund Filastin) e Palaestina Secunda (despois Jund al-Urdunn), así coma a Palaestina Salutaris (despois Jebel et-Tih e a Jifar)
     Fronteiras do Mandato británico de Palestina
     Fronteiras dos Territorios Palestinos (Cisxordania e Franxa de Gaza) que son reclamados polo Estado de Palestina como as súas fronteiras

A zona que corresponde á antiga Palestina atópase hoxe dividida entre unha área do estado de Israel e os territorios de maioría árabe ocupados por Israel despois da Guerra dos seis días en 1967: a Franxa de Gaza, a de Cisxordania, e Xerusalén Leste. Algunhas partes dispersas desta área árabe pasaron hai algúns anos a ser administradas por unha entidade autónoma, a Autoridade Palestina, mais Israel mantén o control das fronteiras .

Historia e características

O nome

Segundo Arnold Toynbee, Guy Anequin e outros historiadores, o nome palestina teríase orixinado de philistaius que designaba o pobo filisteo, de que trata a Biblia no episodio de Sansón e Dalila, onde Sansón, xa cego, derrubou as columnas da casa onde estaban uns tres mil homes e mulleres, matando inclusive todos os príncipes filisteos.

Os filisteos non eran semitas, sendo a súa probable orixe creto-micénica, unha das máis coñecidas (aínda que recorrentemente mencionadas) vagas dos chamados "pobos do mar" que se estableceron en varias partes do litoral sur do Mediterráneo, incluíndo a área hoxe coñecida como Franxa de Gaza.

A evolución histórica

Palestina, sendo un estreito paso entre a África e Asia, foi escenario dun gran número de conquistas polos máis variados pobos, por se constituír nun corredor natural para as migracións e os exércitos.

Neste punto tiña importancia estratéxica recoñecida desde o faraón Ramsés, que aló fixo construír edificacións avanzadas para se defender dos asirios e dos hititas.

O nome orixinario desta terra era Canaán. Moi poucos datos hai sobre estes pobos, e a maioría desta información provén da Biblia. A terra de Canaán foi berce da cultura israelita, que protagonizaría o panorama político do primeiro milenio antes de Cristo, tendo como principal punto de conflito a cidade de Xerusalén. Non hai evidencias históricas, agás as relatadas na Biblia, dos anteriores habitantes da hoxe coñecida cidade santa. Os xebuseos eran o pobo que segundo os escritos sagrados habitaban o que hoxe é coñecida como Xerusalén. Tradicionalmente sinalase ao rei David como o fundador da cidade no século XI a.c. O rei Salomón construíra o primeiro templo a Iavé, que alí ficaría ata a deportación dos xudeus e destrución do templo no século VI a.c, sendo reconstruído trala súa volta.

Especúlase sobre a existencia ou non do reino unido de Israel no século XI. Tras este suposto reino aparecerían as dúas entidades políticas que gobernarían a rexión durante medio milenio, o reino de Xudá e o reino de Israel. Este período foi coñecido como o do Reino Dividido. Os momentos de plena soberanía alternábanse con alianzas estratéxicas e submisión aos imperios limítrofes.

Entre as potencias que influíron ou dominaron parte ou toda Palestina durante o primeiro milenio atópanse Asiria (722 a.C.), que destruíu o reino de Israel do norte, os exipcios e os babilonios (fins do século VII a.C.), e os persas aqueménidas (539 a.C.), os greco/macedonios (331 a.C., permanecendo en poder dos ptolomaicos de 320 a 220 a.C. e dos seléucidas de 220 a 142 a.C.

No século II a.c a revolta xudía contra os seléucidas deu como resultado un novo período de soberanía hebrea, coa dinastía hasmonea, que durou ata o ano de 63 a.C., cando comezou o dominio romano.

No ano 66 comezou unha rebelión dos xudeus, fortemente reprimida polos romanos coa destrución do templo de Iavé no ano de 70 e só no ano de 131 a pax romana foi novamente abalada por rebelións ao fin das cales o emperador Hadriano tornou Xerusalén na Colonia Aelia Capitolia.

Foi durante esta época pola que os romanos chamaron á rexión "Palestina".

Pasando pola división do Imperio Romano, a rexión viviu entre 324 e 638, unha gran prosperidade e crecemento demográfico, considerándose que entón a poboación era de maioría cristiá, relixión oficial do Imperio Bizantino.

No ano 614 a rexión acabou de ser tomada polos persas sasánidas que mantiveron o seu xugo ata o 628; no 638 toda a rexión ficou baixo o dominio árabe musulmán, que en termos étnicos, lingüísticos, relixiosos, artísticos e culturais, legaron os actuais caracteres da rexión e maila súa poboación.

O establecemento dos árabes

Ao contrario de varias potencias que por alí só estenderon o seu dominio de paso, ás veces legando a administración da rexión a potentados locais, os árabes establecéronse na rexión, e o primeiro elemento cultural que introduciron foi a lingua, unha vez que, emparentada co aramaico, obtivo fácil aceptación.

Desde o ano de 660 ata 750, vigorou o dominio omíadas, con capital en Damasco datando de aí a construción do Nobre Santuario na Explanada das Mesquitas en Xerusalén, substituída pola dinastía dos abásidas con capital en Bagdad, que dominou ata o ano de 974, seguíndose a dinastía dos fatímidas que perduraron ata o ano 1071.

Ao fin do longo dominio árabe de máis de catro séculos, a relixión islámica acabou sendo amplamente maioritaria, seguida dunha pequena minoría de cristiáns e un menor número aínda de xudaítas Samaritanos, até que, no ano de 1072, sobreveu a conquista da rexión polos turcos selxúcidas que tiñan capital en Bagdad.

No ano 1099, coa Primeira Cruzada, os europeos conquistaron Xerusalén e aló estableceron o seu dominio baixo o nome de Reino Latino de Xerusalén cuxa existencia periclitante en medio da sociedade islámica perdurou ata o ano de 1187, cando a cidade foi reconquistada por Saladino.

As cruzadas

Do Mandato Británico a Israel

En 15 de maio de 1948, un día despois da fundación do Estado de Israel, sete exércitos árabes atacaron Israel. Estimulados polos países árabes, e as atrocidades en curso, o pobo que vivía na rexión da Palestina fuxiu ou foi expulsado da rexión, buscando seguranza. A poboación árabe palestina fuxiu, ben alentada pola propaganda gobernamental árabe ou pola ameaza israelí nos tempos de guerra.

Trala vitoria do Estado de Israel sobre o territorio avalado pola ONU e algúns máis conquistados durante a guerra, Exipto e Xordania ocuparon a parte restante que segundo a declaración da ONU correspondería ao Estado Árabe de Palestina e que continuou no seu poder ata a Guerra dos Seis Días en 1967. Á maioría deses refuxiados prohibiúselles volver para as súas terras, e aínda foron expulsados dalgúns países árabes, como a Xordania. Sen teren para onde ir, moitos refuxiáronse no sur do Líbano onde permanecen en "campos de refuxiados" ata hoxe.

En 1964, foi solicitada á Liga Árabe polo Alto Comisariado da Palestina a fundación dunha Organización para a Libertación da Palestina (OLP), cuxo principal líder foi Yasser Arafat. Durante moitos anos esta organización solicitou a destrución do Estado de Israel, ata a época do Proceso de Oslo, no que ambas as partes se recoñecían. Tralo fracaso do Proceso, a situación da denominada poboación palestina (estritamente os árabes dos territorios ocupados e por extensión, os árabes israelís que se recoñecen como tal) aínda está en discusión.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Rexión Palestina Historia e característicasRexión Palestina Véxase taménRexión PalestinaLingua latinaLingua árabeMar MediterráneoOriente Medio

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Secretaría Xeral de Política LingüísticaFC Ilves (feminino)Henrique VIII de InglaterraSegunda guerra mundialAmy WinehouseXosé Manuel BeirasAciñeiraJosé SaramagoSobreiraJesús Vázquez AlmuíñaSantiago de CompostelaEva Iglesias MiguénsHCouselo (planta)LBidueiroMasculino e feminino en galegoAltriMaría Jesús MonteroAntón LamazaresStellantisAna RomaníBlogLudwig van BeethovenVictoria Núñez LópezSelección de fútbol de GaliciaBortziriakAsteraceaeAntón Villar PonteDavid PerdomoAndoriñaXabier DeiveNeptunoSabela (Operación Triunfo)Javier CasqueiroScarlett JohanssonDiáspora galegaAeroporto de VigoPorno suaveBoyanka Kostova (grupo musical)Vila de CrucesManuel MaríaBerrogüettoJohn Forbes NashEva CárdenasMeteoGaliciaAliança CatalanaGeorgia O'KeeffeOs demostrativos galegosDos arquivos do trasnoFrancisco Varela OuroJackson PollockSalvador IllaVacaTito VilanovaTonhito de PoiCastro de Punta do BicoCinema pornográficoO comparativo galegoEscáncerLondresJuan Corral1868Ramón María del Valle-InclánDodecágonoPonte 25 de AbrilGalego-portuguésXavi HernándezEmilio Aragón ÁlvarezBeatriz LuengoMoscovaJude BellinghamTeoría de númerosPere Pau Ripollès AlegreMoisés Rodríguez Pérez🡆 More