Planta Couselo: Especie de planta

O couselo ou conchelo é unha planta rupícola, denominada cientificamente Umbilicus rupestris (tamén Umbilicus pendulinus), pertencente á familia das crasuláceas Crassulaceae, con flores e perenne.

Couselo
Umbilicus rupestris
Planta Couselo: Descrición, Distribución e hábitat, Usos
Couselo
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Saxifragales
Familia: Crassulaceae
Subfamilia: Kalanchoideae
Tribo: Umbiliceae
Xénero: Umbilicus
Especie: U. rupestris
Nome binomial
Umbilicus rupestris
Salisb. & Dandy, 1948

É moi común nos muros de toda Galiza.

Descrición

Planta Couselo: Descrición, Distribución e hábitat, Usos 
Umbilicus rupestris en flor.

As flores en espiga e aspecto de campaíñas desta planta aparecen entre abril e xullo e os froitos madurecen durante o verán. O nome latino de umbilicus, é dicir "embigo" ou "umbigo", alude ao aspecto das follas redondeadas, provistas dunha pequena depresión no centro que lembra un embigo, metáfora que se conserva p. ex., no nome castelán de ombligo de Venus ou no inglés navelwort. Mentres en galego, designacións como couselo, coucelo ou couchelo, remontan ao latín *calicellus, "cálice pequeno", lembrando a flor, xunto o pequeno rabiño ou pedúnculo que a sostén, unha "copiña". Noutras designacións galegas, porén, o que lembra é un "chapeo": capelo, pucho das paredes.

As flores, como se dixo, teñen aspecto de campaíñas, e nacen ó longo dun comprido pedúnculo vertical. As flores aparecen unha vez, o individuo alcanza a madurez tras varios anos de desenvolvemento e son de cor verde pálida, que co tempo adquire tons rosados vermellizos.

A diferenza doutras plantas, o couselo, xunto con outras especies do xénero das Crasuláceas, realizan a fotosíntese pola noite. Para isto abren os seus estomas (poros presentes nas follas) pola noite. Deste xeito a deshidratación redúcese a cambio de perder eficiencia enerxética. Este proceso metabólico é coñecido coma metabolismo ácido: O CO2 capturado pola noite, degrádase polo día para a súa liberación. Deste xeito o consumo de auga é mínimo.

Distribución e hábitat

É unha planta ben espallada polo sur e oeste de Europa, aínda que a primeira identificación científica foi feita polo naturalista francés Pierre Belon (1517-1564) no Oriente Próximo. Abrangue a Europa mediterránea, Portugal, Irlanda, Gran Bretaña e Bulgaria.

É unha planta que medra ben en fendas de paredes, de tellados, ou de rochas, húmidas e sombreadas. Medra sobre un substrato complicado e con escaseza de auga, grazas a isto evita especies competidoras.

Usos

As follas son comestíbeis, pois son tenras e de gosto agradábel. Usouse na composición de xaropes domésticos para doenzas pectorais ou con fins diuréticos.

Os couselos empréganse tamén para curar grans, carafunchos ou úlceras, quitando o pelello da folla para poñelo no gran ou na ferida.

O zume, mesturado con aceite, empregábase contra a dor das queimaduras, segundo o dicionario de Eladio Rodríguez González. Outros etnógrafos (Ben-Cho-Shey ou Rivas Quintas) recollen este mesmo uso terapéutico coas follas fritidas en aceite, envoltas nunha folla de verza e postas a quentar na borralla da lareira; logo, ben quente, colócase sobre as frieiras.

Sinónimos

  • Cotyledon neglecta Cout.
  • Cotyledon ombilicus Lam.
  • Cotyledon pendulina (DC.) Vierh. nom. illeg.
  • Cotyledon rupestris Salisb.
  • Cotyledon tuberosa Halácsy
  • Cotyledon umbilicata Lam.
  • Cotyledon umbilicifolia Stokes
  • Cotyledon umbilicus-veneris L.
  • Cotyliphyllum erectum Link
  • Cotyliphyllum umbilicus Link
  • Umbilicus botryoides Hochst. ex A.Rich.
  • Umbilicus neglectus (Cout.) Rothm. & P.Silva
  • Umbilicus pendulinus DC.
  • Umbilicus simplex K.Koch
  • Umbilicus umbilicatus (Lam.) Breistr.
  • Umbilicus vulgaris Batt. & Trab.

Taxones infraespecíficos aceptados

  • Umbilicus rupestris var. truncatus (W.Dod) Rowley
  • Umbilicus rupestris var. velenovskyi (Rohl) Rowley

Nome vulgar

Tamén é coñecida en galego por outros nomes vulgares: coucelo, orella de frade, conchelo, couchelo, capelo ou pucho das paredes.

Galería de imaxes

Notas

Tags:

Planta Couselo DescriciónPlanta Couselo Distribución e hábitatPlanta Couselo UsosPlanta Couselo SinónimosPlanta Couselo Taxones infraespecíficos aceptadosPlanta Couselo Nome vulgarPlanta Couselo Galería de imaxesPlanta Couselo NotasPlanta CouseloRupícola

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

PortugalLista de xentilicios de concellos galegosModelo OSIGabriel AlénAsalto do bou EvaVillablinoEva MejutoReal Club Celta de VigoMaría VillamarínAires da miña terraMedalla da Folga de FameIrmandades da FalaDaniel CraigGalipediaTeresa García-SabellInterrogación retóricaReis CatólicosO Milladoiro, Biduído, AmesHoliMoisés Rodríguez PérezOzzy OsbourneEstrella GaliciaPilar Bermejo BarreraOs PinosLista de palabras galegas de orixe celtaSergio RamosEconomía de EspañaMicenasVacaMaría Teresa PérezJodie FosterDaniel de la TorreJorge Sanz MirandaDonicelaBatalla de CacheirasA fiestra valdeiraLa Puebla de ArganzónParasitoXurxo de CapadociaSoberbiaCanle (enxeñaría)Historia de GaliciaPablo PicassoVilasantarAlmudena ChacónGabriel García MárquezSusana FortesAmorodoReino de Galicia69 (sexo)Eladio SantosPosicións sexuaisXosé FortesNino BravoMar MediterráneoCirrio comúnLuciano PavarottiNoruegaMaría do Socorro Ortega RomeroPúrpuraCarlos MeixideRondaItaliaACarlos V, Sacro Emperador Romano-XermánicoO Pereiro de AguiarLingua intereslavaPablo IslaRoma🡆 More