O Comparativo Galego: Regra gramatical

 Ir ao índice do Curso de lingua galega.

Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego

En galego a expresión comparativa confórmana dous elementos:

  • o primeiro elemento, formado por un adverbio que indica se o grao da comparación é de igualdade, superioridade ou inferioridade (tan, máis, menos)
  • o segundo elemento, formado polas partículas que/ca/do que ou coma/como mais o elemento co que se realiza a comparación.

Nas comparativas de superioridade ou inferioridade as partículas que relacionan os elementos comparados son ca, que ou de que: é máis aleuto ca ela, é máis alto ca/que un piñeiro, diso sabe menos ca ti, traballa máis do que din. Nas de igualdade é como ou coma: estaba tan namorada coma min, é tan falador como/coma o seu irmán.

Cando se emprega ca en vez de que ou coma en vez de como?

  • Só hai un caso en que o uso de ca e de coma é obrigatorio: cando o segundo elemento da comparación é un pronome persoal (min, ti, el/ela, nós, vós, eles/elas): é máis lista ca min; é tan boa coma el
  • Se o segundo termo da comparación é un nome ou unha frase calquera, podemos utilizar indistintamente ca/que; coma/como: Gústame máis a laranxa que/có (ca + o) pexego; ten tantos xoguetes coma/como o seu veciño

A partícula ca pode contraer co artigo:

  o a os as
ca ca o / có ca a / cá ca os / cós ca as / cás

Cando ca vai seguido da preposición a (que en galego coincide formalmente co artigo) non se fai contracción: téñolle máis respecto a el ca a ela.

Cando a segunda parte da comparación é un verbo, hai que usar do que: coma máis do que bebe

Tags:

Normativa oficial do galegoWikipedia:Curso de lingua galega

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Argimiro Marnotes RodríguezMicenasGarcilaso de la VegaRonaldinhoBatalla de CacheirasLuis García-ReyEscudo de GaliciaExaculaciónBenito KamelasJosé Antonio LabordetaIsidro Parga PondalMaruca do MediterráneoCangasAmorodoAntiga CartagoMondarizCohesiónVladimir PutinAlberto PomboMúsica tradicional galegaOs vellos non deben de namorarsePúrpuraCarmen Blanco GarcíaTreboadaGame Boy ColorO Milladoiro, Biduído, AmesCentro público integradoHistoria de CroaciaSexo analOs outros feirantesAlberto FortesVilagarcía de ArousaPedro RieloLeonardo da VinciRabirrubio tizónLista de ríos de GaliciaO porco de péGuerras púnicasArantza PortabalesVicente RiscoEstrella GaliciaKiwi (froita)José Antonio ArdanzaJosé Luis GilPraza Roxa (Santiago de Compostela)Antón Riveiro CoelloBaloncesto nos Xogos OlímpicosLedicia CostasGuerra do PeloponesoXurxoMarta DarribaSaturnoMomia de ManchesterLista das aves de GaliciaTaylor SwiftÁcido teicoicoPresidente de GabónFermin MuguruzaPercebeBaroso, Ambosores, OurolReal Academia Galega de Xurisprudencia e LexislaciónAlfonso Basterra CamporroACinema pornográficoPili PampínLuciano PavarottiCarlos MeixideJohnny ThomsonJulio Alén MontesZendayaNuno García PicoItä-Helsingin KiekkoGuerra das Comunidades de CastelaJosé Calvo SoteloLista de países🡆 More