Premio Modesto R. Figueiredo

O Premio Modesto R.

Figueiredo é o nome que recibe o Certame Nacional de Narracións Breves convocado pola Fundación do Padroado Pedrón de Ouro desde 1975 para textos en lingua galega dun máximo de trinta páxinas, na actualidade o premio está dotado con 1000 euros, podendo concederse dous accésits de 240 euros. Outorgouse pola vez primeira en 1975 co nome de Concurso de Narracións Curtas Pedrón de Ouro pero a morte do seu patrocinador, Modesto Rodríguez Figueiredo vicepresidente do Pedrón de Ouro motivou que o premio adoptase o seu nome desde a terceira edición en 1977.

O Premio é un dos máis importantes do panorama literario galego que nas dúas primeiras edicións da convocatoria (1975 - 1976) premiou a destacados escritores como Xoán Ignacio Taibo, Xavier Alcalá, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xavier Rodríguez Barrio, Xosé Manuel Martínez Oca e Carlos Durán.

Posteriormente serviu para dar a coñecer a autores que contribuíron á renovación da literatura galega como Suso de Toro, Tucho Calvo, Carlos G. Reigosa, Antón Cortizas ou Ramiro Fonte.

Gañadores

Ano Gañador/a Accésits / 2º e 3º premio
1975 Xoán Ignacio Taibo, A enquisa Xosé Luís Méndez Ferrín: Sibila
Xosé Manuel Martínez Oca: Un home no curral
Carlos Durán: O internado
1976 Xavier Alcalá: A fundición Xosé Manuel Martínez Oca: No fondo do espello
Xavier Rodríguez Barrio: Cheraron as chuvias
Xoán Ignacio Taibo: O leito (esbozo para unha historia que nunca existiu)
1977 João Guisan Seixas: Número de patente Anxo Rei Ballesteros: Querido Brais
Xosé Manuel Martínez Oca: A figueira
1978 Xosé Manuel Martínez Oca: A negra (ex-aequo)
Víctor Fernández Freixanes: A caza das cascudas (ex-aequo)
Xaime Félix López Arias: As augas toldas
Manuel Riveiro Loureiro: Terra sequeira
1979 Xoán Ignacio Taibo: Pacífico sul Xoán Ignacio Taibo: Saga dos mil e un mortos
Xosé Ramón Díaz Sánchez: A confesión de Ramón Fandiño (historias do Teixo, bandido galego)
Román Raña: Botella náufraga
1980 Lourenzo Álvarez Ruíz: RATP C. García Gonçalez-Duro: Perdidos nos confíns da noite
Tucho Calvo: Parados
1981 Tucho Calvo: A gran novela (ex-aequo)
Xosé Manuel Martínez Oca: Noite de luar (ex-aequo)
Lourenzo Álvarez Ruíz: O home pequeno (accésit)
Carlos G. Reigosa: O tesouro de Petro Xesto (accésit)
Miguel Suárez Abel: O fillo de Serafín (accésit)
Miguel Anxo Fernán-Vello: Antimemoria dun día (finalista)
Bernardo Maiz: ¿Pra que dilatar a súa anguria? (finalista)
Manuel Riveiro Loureiro: O pau (finalista)
1982 Miguel Suárez Abel: O quiquiriquí Xelís de Toro: De 10 a 11
Darío Xohán Cabana: A invasión
Margarita Ledo Andión: Rematado a man
1983 Antón Castro: Vida infame de Tristán Fortesende Manuel Riveiro Loureiro: As trazas do demo
Xoán Bernárdez Vilar: Homo sapiens
1984 Amancio Liñares Giraut: Nun cuarto para agardar (ex-aequo)
Román Raña: O último hexagrama (ex-aequo)
Carlos G. Reigosa: Cantar sen xesta de Lanzarote do lago
Antón Castro: Destino de lumia
Manuel Riveiro Loureiro: Grabación da volta a Galiza, dende o Pazo de Raxoi
1985 Miro Villar: Augas de silencio Anxos Sumai: Relembranzas con Palmira e Banana Split
Manuel Riveiro Loureiro: Meirama
Xosé Manuel Fernández Castro: Segrel Charles, o asombrador
1986 Antón Rodríguez Castro: O xardín despois da chuvia Miguel Suárez Abel: A alemana
Manuel Iglesias Nimo: O enterro de Mambrú
Ramiro Fonte: O retornado
1987 Miro Villar: Verbas cruzadas con Amaranta Manuel Riveiro Loureiro: O troco
Miguel Sande: Isadora en ti
1988 Bieito Iglesias: Luanda (ex-aequo)
Xosé Miranda: Na terra sombría (ex-aequo)
Isidro Novo: O areal dos ollomaos
Víctor Campio Pereira: ¡Alucinado!
1989 Manuel Riveiro Loureiro: Vindo de volta (ex-aequo)
Xan Frenla: Conto do diluvio (ex-aequo)
Xosé Miranda: Lambirón
Antón Cortizas: A velida
Xosé Paulo Antelo Rodríguez: A longa ausencia da sirea
1990 Xoán Piñeiro Cochón: A liga dos Lambetas Manuel Lourenzo González: O xardín onde repousa o vento
Xosé Cermeño: Non te chamarei Ramón
Ramón Nicolás: O caravel murcho
Xoán Ignacio Taibo: Libélulo cabálulo do demo
Luísa Villalta: A taberna do holandés
1991 Helena Villar Janeiro: O cadro Antón Riveiro Coello: A musa itinerante
Isidro Novo: Ó sur do arrabaldo
Lino Braxe: Anatomías
Manuel Iglesias Nimo: O mar despóis da neve
1992 Isidro Novo: A pin up de Beautiful Street Isidro Novo: Primeira plana
Francisco Antonio Vidal Blanco: A espiral da fortuna
Camilo Pardo López: Rosas polas veas
Manuel Iglesias Nimo: Clave de sombra
1993 Xosé Luís Santos Cabanas: Ahoulouuuu..! Manuel Iglesias Nimo: Esquecer Bohemia
Xosé Manuel Carballo Ferreiro: Vida e historia de Celestino Rocamonde O bruxo de Lavañou
1994 Manuel Riveiro Loureiro: O coxo da Gamboa Xoán Ignacio Taibo: Don Ninguén (2º premio)
Xesús Manuel Marcos López: Aliados solitarios (3º premio)
1995 Antón Riveiro Coello: Bruca Manigua Antón Riveiro Coello: A morte esquecida (2º premio)
Inma López Silva: Fondo gris sobre galo negro (3º premio ex-aequo)
Francisco Antonio Vidal Blanco: As voces da conciencia (3º premio ex-aequo)
1996 Xosé Antón Moreno: As xeiras de don Xoán Xosé Antón Moreno: Como un deus bo (2º premio)
Manuel Blanco Rivas: A lealdade do Capitán Milos (3º premio)
Xosé Antón Moreno: Poñendo ladrillos (accésit)
1997 Antón Riveiro Coello: Sete traxes Alfonso Álvarez Cáccamo: A meritoria cortesía de Edón de Cidalia (2º premio)
Xosé Vázquez Pintor: A entrega (3º premio)
1998 Rosa Aneiros: A eidosa que izaron as bandeiras (ex-aequo)
Luís González Tosar: Catro dedos por debaixo do embigo (ex-aequo)
Inma López Silva: Cartas que viñan de alén mar (2º premio)
Xaime López-Arias, O cuco rei (3º premio)
1999 Xosé Luís Álvarez Pérez: Marisol de outono Antón Lopo, Delirio
Manuel Pereira Valcárcel: Sobremesa
2000 Beatriz Dacosta: Na sombra da lúa Andrés Pociña: Lembranzas dun tempo
Emma Pedreira: A casa tomada
2001 Álvaro Lago: O crime de Pombal Andrés Pociña: Medea en Camariñas
Xosé Monteagudo: O engado do triángulo
Xosé Díaz Díaz: O Galbao
2002 Emma Pedreira: Os doces devorados Xosé Luís Vázquez Somoza: O río do esquecemento
Xosé Díaz Díaz: Lupanar
Xaime Domínguez Toxo: Están ardendo as serras orientais
2003 Xosé Luís Álvarez Pérez: De noite non reces aos ídolos
Xavier López Rodríguez: Fiordes
Andrés Pociña: O colar indio
2004 Agustín Agra: Os límites do inimaxinable Xosé Luís Vázquez Somoza: A Ponte Cabalar
2005 Francisco Castro: Ningún fascista morreu inxustamente Agustín Agra: Na Caeira
Francisco López-Barxas
2006 María Esther Fernández Carrodeguas: Subir o telón Begoña Paz Rey: O monstro no labirinto
César Carracedo Pose: A cota láctea
2007 Rubén Ceide Martínez: A caixa da costureira Alberto G. Aneiros: Esperado regreso (2º premio)
Manuel Quintáns López: Desartellados (2º premio)
2008 Iván García Campos: Unha casa chea de xanelas Alberto G. Aneiros: Un pintor malogrado (2º premio)
Chelo Suárez Muíños: Colleita de sombras (2º premio)
2009 Xoán Tallón: Era el Manuel Quintáns López: A movida (2º premio)
Fernando Lavandeira: Gaspar Gaspar (2º premio)
2010 Xosé Alfredo Naz Fernández: O Mal Xosé Alfredo Naz Fernández: A sombra da curuxa (1º accésit)
Clara Isabel Rodríguez: Retallos da memoria perdida (2º accésit)
2011 Amancio Liñares Giraut: Coreografía Obama Ledicia Costas: Frío azul (2º premio)
Xaime Toxo: Eco da afasia (2º premio)
2012 Miguel Anxo Martínez Oubiña: As casas baratas María Alonso Alonso: María a Lobiqueira
Alberto G. Aneiros: Contos dun representante artístico
2013 Cris Pavón: Cara a Tiananmen Square Clara do Roxo: Art Decó
Rubén Anido Regueiro: O cabaleiro, a dama e o dragón
2014 Eli Ríos: Remexido de patacas Antonio Piñeiro: Boxcar blues
César Carracedo: Gran Sol
2015 Adolfo Caamaño: Pinball do Pombal Diego Giráldez: Sagradas Escrituras
Lionel Rexes: Monsieur Bocskai
2016 Miguel Anxo Martínez Oubiña: A vinganza de Valdedeus Iris María Gey López: Cranios privilexiados
Emma Pedreira: Poder de alumear
2017 Ariadna Fernández González: Secuestro Lionel Rexes Martínez: O tempo dos pexegos
Xerardo Vidal: Vilaquinte
2018 José Carou: Afán e infortunio dos días estragados Miguel Anxo Martínez Oubiña: Serpes
Bibiana García Soto: A liberación tras a escuridade
2019 Estíbaliz Espinosa: 23 xeitos de inventar unha constelación Yolanda Ceide Calviño: Trinta minutos antes
Virxilio Rodríguez Vázquez: A primeira vista
2020 Adolfo Caamaño: Derradeiras paisaxes do Conde Esteban Brea Castro: Progresión en escala menor
Antonio Piñeiro: Áncora
2021 Nones Araújo: Paseniño... a desmemoria Mariña Pérez Rei: A pérfida gringa
Xosé Lois Rúa Núñez: O fado das marafonas

Tags:

1975Lingua galegaModesto Rodríguez Figueiredo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

GheadaJosé Manuel Rodríguez PuenteXunta Suprema do Reino de GaliciaPosición do misioneiro invertidaElvira Fernández BalboaPampallínDodecágonoEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Vicepresidencia do Goberno de EspañaLCinema pornográficoPIsabel Díaz AyusoThe ArtistCBronceOTANAmy WinehouseRoberto Vidal BolañoTransformador Porno suaveSecretaría Xeral de Política LingüísticaJohn Forbes NashMáquina comecartosFernando Salgado GarcíaFederico García LorcaLingua inglesaÁlbum de la CaridadInfinitivo conxugadoSangueTransformador (modelo de aprendizaxe automática)Benito KamelasAmérica do NorteSusana FortesMarcelo Rebelo de SousaJordi PujolSonia MéndezJesús Vázquez AlmuíñaBoyanka Kostova (grupo musical)XXX edición dos Premios GoyaPrestigeRefraneiro galego sobre o mes de maioMemorias dun neno labregoManuel Lourenzo SobralOurioloProvincias de EspañaVoleibolSonsoles EspinosaLista de estacións de tren de GaliciaHarry StylesMiguel Ángel Zabalza Beraza1868Séculos EscurosAndoriñaFrancisco FrancoCoordenadas xeográficasRafael NadalInstagramItxu DíazJuana AcostaAC-312VáknerVigoListenbourgLeonardo da VinciAvenida da Liberdade (Lisboa)Georgia O'KeeffeGerardo Pardo de VeraTeresa González CostaCristina MaróRefraneiro galego sobre o panoyz9zCarballo🡆 More