Xabier P. Docampo: Mestre e escritor galego

Francisco Xabier Puente Docampo, coñecido popularmente como Xabier P.

DoCampo, nado en Rábade o 5 de abril de 1946 e finado na Coruña o 26 de xuño de 2018, foi un mestre, escritor, contacontos, actor de teatro, guionista e promotor da lingua e a cultura galega, ademais de animador á lectura e experto en bibliotecas escolares.

Infotaula de personaXabier P. DoCampo
Xabier P. Docampo: Traxectoria, Obras, Premios
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Francisco Xabier Puente Docampo Editar o valor em Wikidata
5 de abril de 1946 Editar o valor em Wikidata
Rábade, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xuño de 2018 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura infantil e xuvenil Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmestre , narrador , escritor , actor Editar o valor em Wikidata
LinguaCatalán (en) Traducir e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Xabier P. Docampo: Traxectoria, Obras, Premios Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 1318 AELG: 236 BUSC: docampo-xabier-p-1946-2018 Dialnet: 120702

Traxectoria

Xabier P. Docampo: Traxectoria, Obras, Premios 
Homenaxe da AELG a Xabier P. DoCampo en Castro de Ribeiras de Lea.

Con poucos anos a familia trasladouse a Castro de Ribeiras de Lea e uns anos despois á Coruña onde estudou o bacharelato e Maxisterio. Traballou como mestre en varios colexios e durante oito anos en Preescolar na Casa. Sempre relacionado cos movementos de renovación pedagóxica, pertenceu ao Consello de Redacción da Revista Galega de Educación. Deu cursos a profesores e relatorios en congresos sobre a didáctica da lingua e a literatura, sobre a lectura e a súa implantación escolar e social, sobre a narración oral, a súa estrutura, a súa influencia na literatura escrita e a súa utilización didáctica, tanto en Galicia coma fóra. Escribiu libros de texto para a escola e textos de ensaio didáctico e pedagóxico. Foi tamén actor e director de teatro e colaborou durante sete anos en Radio Nacional de España en Galicia como guionista e como director de programas de diverso tipo e formato.

Foi un dos grandes renovadores da literatura infantil-xuvenil galega e tamén un dos máis traducidos.

En 1995 obtivo o Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil por Cando petan na porta pela noite, seleccionada así mesmo como unha das cen mellores obras do século XX español, segundo a Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

A súa tarefa pedagóxica intégrase na chamada Nova Escola Galega.

Participou activamente na creación da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, de cuxa Xunta directiva formou parte durante cinco anos, dous deles como presidente. Colaborou semanalmente no programa da Radio Galega Un día por diante cun comentario literario.

Obras

Xabier P. Docampo: Traxectoria, Obras, Premios 

Literatura infanto-xuvenil

Narrativa

Ensaio

Obras colectivas

  • Os contos da campaña (3) (1992, Xunta de Galicia).
  • Trazos, trozos e retrincos (1992, Xunta de Galicia).
  • Construír a paz (1996, Xerais).
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Xerais).
  • Novo do trinque (1997, Bloque Nacionalista Galego). Relatos.
  • Imos xuntos camiñar (1999, Xunta de Galicia).
  • Novos exercicios de estilo (2000, Universidade da Coruña).
  • Contos de ler e contar (2001, Xunta de Galicia).
  • Historias para calquera lugar (2001, Xerais).
  • Manuel María (2001, Ophiusa).
  • Contos do museo (2003, Deputación de Lugo).
  • Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais).
  • Contos de máscaras, rúas, perdicións e caníbales (2004, Xunta de Galicia).
  • Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais).
  • 55 mentiras sobre a lingua galega (2009), Laiovento).
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora).
  • Cociñando ao pé da letra (2011, Galaxia). Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.

Premios

  • Premio Feira do Libro da Coruña, 1989, polo conxunto da súa obra narrativa.
  • Premio Emilia Pardo Bazán do Ministerio de Educación.
  • Premio Rañolas 1994 á mellor obra de Literatura Infantil e Xuvenil en Galicia.
  • Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 1995, por Cando petan na porta pola noite.
  • Honourl List IBBY 1996.
  • The White Ravens 1997 da Jugendbibliothek de Múnic.
  • Premio Lecturas da Asociación do Libro Infantil e Xuvenil de Galicia (GALIX) de 2004.
  • The White Ravens 2005 da Jugendbibliotethet de Múnic, por Bolboretas.
  • Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado no 2008, por O libro das viaxes imaxinarias.
  • Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega de Infantil-Xuvenil no 2008, por O libro das viaxes imaxinarias.
  • Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil no 2008, por O libro das viaxes imaxinarias.
  • No 2009 foille adicado un Hectómetro literario no Paseo dos Soños vilalbés,
  • Premio da AELG á mellor obra de literatura infanto-xuvenil do 2013, por A illa de todas as illas.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa de 2017, por A nena do abrigo de astracán.
  • Premio da Crítica de Galicia, Creación Literaria 2018 por A nena do abrigo de astracán.
  • Premio á mellor obra narrativa por A nena do abrigo de astracán na Gala do Libro Galego do 2018.

Notas

    Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Xabier P. Docampo TraxectoriaXabier P. Docampo ObrasXabier P. Docampo PremiosXabier P. Docampo NotasXabier P. Docampo Véxase taménXabier P. Docampo1946201826 de xuño5 de abrilA CoruñaBibliotecaRábadeTeatro

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

José Luis Iglesias LagoMegasaSacro Imperio Romano XermánicoGod Save the KingAlpesLibertarioLista de filmes con versión en galego/CAgora RepúblicasCopa LibertadoresUnión do Povo GalegoGerardo Pardo de VeraRiba-roja de TúriaEspañaEstados Unidos de AméricaLista de nomes masculinos en galegoJorge C. AlonsoPanteón de RomaAdolf HitlerPedro RieloXacioO Ézaro, DumbríaCarcasonaParroquias de GaliciaSusana PedreiraAtlético de RiveiraAeroporto de Newark LibertyRosalía de CastroCarrizo (paxaro)EuropaHoratio NelsonCatedral de MilánDune (filme de 2021)Robert PattinsonAntolín FaraldoHarry Potter e o misterio do príncipeDiscoverer EnterpriseUlpiano VillanuevaAliados da segunda guerra mundialIdeoloxíaDaniel BasteiroGuimarãesArnold SchwarzeneggerIsaac VilaISBNVilanova dos Infantes, CelanovaIgrexa de San Carlo alle Quattro FontaneUniversidade de Roma La SapienzaBasilio Río BrenllaFestival de Bandas de música Meaño'92 (Fonoteca 92)7 de febreiroTorre EiffelDiáspora galegaMediaWikiLingua romancheQuercusEra visto!Relación sexual humanaXosé Manuel PiñeiroMatriz identidadeJosé Pérez-ArdáLleidaHimno Nacional de ChileLista de paísesBermudasBrad PittLeymaLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingRonaldinhoAlbert CamusMéxicoGran Premio do Reino Unido de 2017TrahamundaRakel WinchesterPartido Comunista pola República GalegaBarbitúricosMarxista🡆 More