Mediawiki: Software para sitios web tipo wiki

MediaWiki é un motor para wikis baixo licenza GPL, programado en PHP usando MySQL sobre Apache.

Malia ser creado e desenvolvido para a Wiki e os outros proxectos da fundación Wiki, tivo unha grande expansión a partir de 2005, existindo gran número de wikis baseadas neste software que nada teñen que ver con dita fundación. A maioría deles dedícanse á documentación de software ou a temas especializados.

Mediawiki: Historia, Características, Véxase tamén
Logo de MediaWiki.

Tamén se chama así ao espazo de nomes (véxase máis abaixo) de MediaWiki onde se achan as mensaxes da súa interface listos para a súa tradución á lingua local de cada wiki.

Historia

MediaWiki foi desenvolvido orixinalmente para Wikipedia por Magnus Manske, co fin de substituír a UseModWiki como motor do wiki (ao que os colaboradores de Wikipedia chamaron "Fase I"). Á primeira versión chamáballa, simplemente "software de Wikipedia fase II".

A mediados de 2002 o programa foi reescrito e mellorado, dando lugar á chamada "fase III", e seguiu desenvolvéndose desde entón a partir dese código. O 29 de agosto de 2003, bautizouse ao innombrado programa como "MediaWiki", un xogo de palabras co nome da Fundación Wiki, que patrocina o seu desenvolvemento. A primeira versión con este nome chamouse, entón, "MediaWiki-stable 20030829". Empezouse entón a pensar as novas versións pensando en posibles usuarios alleos a Wikipedia, mellorando especialmente en aspectos como a instalación do software.

O nome "MediaWiki" é criticado en ocasións por ser fácil de confundir co da fundación por parte de xente allea a Wiki Galego.

Versión 1.3

A versión 1.3 foi publicada en maio de 2004; a principal novidade foi a aparición dun sistema xerárquico de categorías para ordenar as páxinas.

Versión 1.4

MediaWiki 1.4 foi publicada o 20 de marzo de 2005, tras sufrir unha revisión do código que permitiu que certas tarefas requiriran a metade de tempo. O xefe de desenvolvemento a partir de entón foi Brion Vibber. Entre as novidades estaban:

  • Cada usuario podía personalizar o idioma do interface.
  • Úsase gzip para comprimir o texto das páxinas, logrando que o consumo de disco reducísese ao 15%. Ademais, agregouse compresión por bloques de versións antigas, de tal forma que se comprimían de forma combinada distintas versións dun mesmo artigo.

Versión 1.5

MediaWiki 1.5 foi publicado o 5 de outubro de 2005. Esta versión continuou os cambios de arquitectura iniciados na anterior, sendo o principal un importante redeseño do esquema da base de datos, que separa por completo o texto das páxinas e a información dos seus historiais. Espérase que isto aumente a velocidade de traslados (ou cambios de nome de artigos), listas de historiais, e permita almacenar datos invariantes fose da base de datos principal. Ademais, a nova versión admite o uso de gráficos SVG, converténdoos de forma transparente a outros formatos para navegadores que non os soportan.

Versión 1.6

A versión 1.6 de MediaWiki foi publicada o 5 de abril de 2006. Véxase notas de publicación na páxina oficial (en inglés).

Versión 1.7

Publicada o 7 de xullo de 2006. Véxanse as notas de publicación na páxina oficial (en inglés).

Versión 1.8

Publicada o 10 de outubro do 2006. Nela inclúese compatibilidade con DjVu e o uso de AJAX.

Versión 1.9

Publicada o 10 de xaneiro de 2007.

Versión 1.10

Publicada o 9 de maio de 2007.

Versión 1.11.0

Publicada o 10 de setembro de 2007.

Versión 1.12.4

A primeira versión 1.12.0 foi publicada o 20 de marzo de 2008. A última revisión 1.12.4, con correccións de bugs e seguridade o 7 de febreiro de 2009.

Versión 1.13.4

A primeira versión 1.13.0 foi publicada o 14 de agosto de 2008. A última revisión 1.13.4, con correccións de bugs e seguridade o 7 de febreiro de 2009.

Versión 1.14.0

Esta é a primeira versión estable de MediaWiki de 2009. Foi publicada o 22 de febreiro de 2009.

Versión 1.15.0

Contén varias correccións de bugs menores desde a súa versión anterior. Foi publicada o 10 de xuño de 2009.

Versión 1.16.0

Publicada en 2010.

Versión 1.17.0

Publicada en 2011. É a versión estable actualmente e a que se debería descargar para instalacións novas.

Características

  • A diferenza dos wikis clásicos, os nomes das páxinas non teñen porqué estar en CamelCase, o que permite ter nomes máis naturais.
  • Espazos de nomes: permiten separar páxinas de distintos tipos. Así, pódese ter un espazo de nomes para artigos, outro para persoais, outro para debates etc. que o software trata de distinta forma.
  • Páxinas de discusión: cada páxina do wiki ten unha páxina de discusión propia, dedicada a falar da súa mellora ou outros fins.
  • Soporte de TeX, para visualizar fórmulas matemáticas. As fórmulas poden mostrarse de varias formas, segundo as capacidades do navegador.
  • Listas de seguimento, de tal forma que cada usuario poida seguir os cambios nos artigos do seu interese.
  • Sistema de plugins que permite estender facilmente o software. Os plugins instalados lístanse automaticamente en "Páxinas especiais".
  • Capacidade de bloquear temporalmente usuarios ou páxinas.
  • Soporte de persoais personalizadas con parámetros.
  • Creación de liñas de tempos a través de código wiki.
  • Sistema de categorías xerárquico, que permite crear listas de artigos ou de "thumbnails" de imaxes.
  • Admite varios niveis de usuario, así como a posibilidade de que só os usuarios rexistrados poidan editar, ou de impedir o rexistro de máis usuarios. Así, pode utilizarse como CMS ou Groupware.
  • Soporte para memcached e o sistema de caché Squid.
  • Peles ("skins") personalizables por cada usuario.

Véxase tamén

Outros artigos

  • m:MediaWiki
  • Wiki: Espazo de nomes de MediaWiki
  • Wiki: Informes de erro

Ligazóns externas

Tags:

Mediawiki HistoriaMediawiki CaracterísticasMediawiki Véxase taménMediawikiGPLMySQLPHPServidor HTTP ApacheWikiWikimediaWikipedia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

CorfúToledoA fiestra valdeiraÁureoTereixa ConstenlaTomiñoAriadna Fernández GonzálezMuralla de LugoJulio Alén MontesVladimir PutinAs Carballas, Tabeirós, A EstradaAvesEpítetoBidueiroBragaVillablinoSydney SweeneyLista das aves de GaliciaLuís SeoaneRamón VillaresRedondelaSexo analFrancisco FrancoDani RivasLagarto arnalBlanca RomeroEstadio Santiago BernabéuLista de voces dos animaisCreampieGuerras púnicasLista de países por superficieJohnny ThomsonAna MenaCastiñeiroMarta SánchezNava CastroAliança CatalanaMaría Xosé QueizánGata CattanaA Ponte do Porco, Miño, MiñoCinema pornográficoÍñigo AlfonsoDitongoPorto, PortugalBarcelonaAntepretéritoGrândola, Vila MorenaBubelaXavier AlcaláDaniel CraigPilar Bermejo BarreraGalegoAndoriñaLicenza de documentación libre de GNUAna María Fernández MartínezCatedral de MilánHorteláGolda MeirHistoria de ChipreMártires de CarralRaquel AtanesTameiga, MosXosé Luís Mosquera CambaAlberto FortesPraza Roxa (Santiago de Compostela)ExaculaciónXurxoWalls (álbum de Louis Tomlinson)MondarizNoiaPortugal🡆 More