Radio Galega: Radio pública de Galiza

Radio Galega (RG) é o nome da radio pública de Galicia, integrada na Corporación de Radio-Televisión de Galicia, que inclúe tamén á Televisión de Galicia (TVG).

Comezou a emitir, en fase de probas, o 24 de febreiro de 1985 e iniciou a súa programación regular o 29 de marzo dese ano. Desde mediados de 2009 a súa directora é a xornalista Rosa Martínez, en substitución do tamén xornalista Virxilio Costas.

Radio Galega
Logo
Tipoemisora de radio
Data de fundación29 de marzo de 1985
SedeSan Marcos
PaísGalicia
Na rede
Webcast
https://agalegaaudio.gal/
Twitter: RadioGalega Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

Despois da aprobación da Lei de creación da CRTVG no Parlamento de Galicia o 11 de xullo de 1984, inícianse as obras da Casa da Radio coa remodelación do vello edificio sede da residencia do gobernador militar.

Radio Galega iniciou as súas emisións en probas baixo o nome de Radiotelevisión Galicia o domingo 24 de febreiro de 1985, día que coincide co aniversario do nacemento da poetisa Rosalía de Castro. A súa programación regular comezou o 29 de marzo de 1985, e a partir desta data as súas emisións abrangueron as 24 horas do día ininterrompidamente en lingua galega.

O programa Fío directo foi o primeiro dos realizados polos Servizos Informativos da emisora. Inicialmente presentado por Pedro Revaldería, na súa terceira emisión pasou a ser dirixido e presentado por Xosé María Fernández Pazos, quen o levou ata outubro de 1985, cando pasou a coordinar os informativos da fin de semana. Sería substituído por Xan Docampo.

Fío directo emitíase inicialmente os luns de 7 a 8 da tarde, e, ó mes do inicio da súa emisión, pasou a emitirse de luns a mércores á mesma hora. O programa levaba cada día un invitado distinto, a quen os oíntes facían preguntas a través do teléfono.

A marcha de Xosé Luís Blanco Campaña como director da Televisión de Galicia nesa época trouxo como responsable da emisora a Xerardo Rodríguez Rodríguez. Na época de Xerardo Rodríguez a emisora chegou a cambiar o nome, pasando de Radiotelevisión Galicia a Radio Autonómica Galega e usando ademais o indicativo a radio nacional de Galicia ata o ano 1991.

O 15 de xullo de 1987 a Radio Galega inaugurou a súa segunda delegación territorial trala de Ferrol, cuxas instalacións, situadas no edificio El Moderno da cidade olívica, ascenderon a un custo* de 13 millóns de pesetas da época.

Días despois dos atentados terroristas que na noite do 11 de outubro de 1990 deixaron tres mortos e 46 feridos en diversos puntos de Galicia, a Radio Galega logrou gravar nun comunicado a unha persoa que se identificou como Manolo Chao, considerado o máximo dirixente do EGPGC, que reivindicou na súa chamada a autoría dos mesmo e a pertinencia de dous dos falecidos á organización, englobandoo tamén nunha campaña contra os intereses do narcotráfico.

Despois de seis anos no vello Palacete de San Caetano, a necesidade de ampliar o espazo da emisora que se atopaba no recinto da Administración Autonómica e o de aumentar medios, fixo que o goberno galego decidira a construción do novo edificio, que se fixo en menos dun ano. Foi o 23 de novembro de 1990 cando a Radio Galega inaugurou oficialmente as súas novas instalacións en San Marcos, na parroquia compostelá de Bando, ao lado da Televisión de Galicia. O proxecto do edificio das novas instalacións empezáronse sendo director xeral de medios, Rafael Valcarce.

O primeiro anuncio da Radio Galega foi emitido ás 10.30 da mañá do 7 de outubro de 1990. Foi o de Loteria La Favorita da Coruña. Despois viría Autos Buenos Aires, do que se pudio escoitar na seguinte gravación a súa cuña publicitaria.

Imaxe corporativa

Emisión

A Radio Galega é a única emisora de Galicia con total cobertura do seu sinal en todo o territorio da Comunidade Autónoma. O seu sinal distribúeo en Galiza Retegal. Tamén emite fóra de Galicia vía satélite, coma en Europa (a partir do 24 de decembro de 1998) e en América (a partir do 22 de febreiro de 1999).

Ademais, a Radio Galega foi a terceira emisora de España e unha das primeiras de Europa en poder ser escoitada en directo a través de Internet. Fíxoo o 20 de agosto de 1996.

O 3 de marzo de 2004 Radio Galega Música comeza a emitir en FM, dixital, Internet e TDT (Televisión Dixital Terrestre).

A segunda enquisa do EGM da temporada 2002-2003 sitúa á Radio Galega como a segunda emisora máis escoitada de Galicia, cunha media de 142.000 oíntes diarios.

Na actualidade conta con dúas cadeas que emiten dun xeito convencional: A Radio Galega, con programación xeralista integramente en galego, e Radio Galega Música, unha sorte de radiofórmula musical. No que se refire á emisión pola Internet e pola TDT, a ámbalas dúas cadeas antes citadas hai que engadir a de Son Galicia Radio, dedicada á música en lingua galega, tanto á tradicional como á máis contemporánea. Cabe salientar que no caso de Son Galicia Radio e dos "non-programas" de Radio Galega Música a emisión musical faise de forma ininterrompida.

A canle Son Galicia Radio botou a andar o 17 de maio de 2004 emitindo a través de Internet e da TDT.

O sitio web de CRTVG comezou o 21 de xuño de 2018 a Radio Picariña, unha nova emisora de radio musical en galego para os máis pequenos que se pode escoitar dixitalmente no seu sitio web.

Podemos tamén mencionar e destacar un dato interesante, que é que case non se emprega o jingle nos anuncios que son galegos, pero podemos citar algúns jingles como o da Radio Galega. Tamén e necesario mencionar que en Galicia, celébrase un concurso de premios de jingles en galego desde a súa primeira edición no ano 2011 convocada por Música en Galego e a Liga Nacional de Billarda, cos seguintes requisitos: estar o jingle feito totalmente en galego e levar a frase “radio música en galego”, finalmente todos os presentados serán emitidos pola canle Radio-Música en Galego.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Radio Galega HistoriaRadio Galega EmisiónRadio Galega NotasRadio Galega Véxase taménRadio Galega198524 de febreiro29 de marzoCompañía de Radio-Televisión de GaliciaTelevisión de Galicia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Tonhito de PoiOs EoasWikipedia en betawiMonforte de LemosRías Baixas (serie de televisión)Voyager 1Antón Losada Diéguez2004Sete SabiosAquilesCarlos de Matos GomesMiguel Pampín RúaStellantisEscudo de GaliciaSoraya ArnelasXavi HernándezFragas do EumeRoko (actriz)Francisco Castro VelosoApioMiss Vaca (certame)Gonzalo LouzaoAgustín Fernández PazTereixa NavazaCantares gallegosPena de morteJorge Cuña CasasbellasÁlvaro MorataVacalouraFávila (duque)Diego González RivasJosé Antonio ArmadaCoprofiliaMarta DacostaPrimeira República GalegaChantadaTValenciaPedro FeijooProxyMortalidade infantilHLA-DRUnión EuropeaGame Boy Advance SPVox populiAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoFelix MendelssohnMaruxa MalloDominio públicoRacing Club de FerrolAna Pastor GarcíaMargarita Ledo AndiónPortugalNordés (vento)Miguel Ángel MuñozAda LovelaceCarballoJosé Luis GilCharles DarwinSonia MéndezConsellería de Cultura, Lingua e XuventudeOllos de augaXosé Luís Mosquera CambaJordi Sierra i FabraIker MuniainProvincia de PontevedraPosicións sexuaisLuísa VillaltaGabriel AlénBreogán🡆 More