Duque Fávila: Duque

Fávila, tamén chamado Fáfila, foi un duque (dux) e pai de Don Paio.

Infotaula de personaFávila
Duque Fávila: Orixes, Fontes históricas, Historiografía sobre Fávila
Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Favila Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VII Editar o valor em Wikidata
Morteséculo VIII Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Visigodo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDux Editar o valor em Wikidata
Cónxuxevalor descoñecido
FillosPaio de Asturias, Anonyma (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAgila (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Divigra (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesChindasvinto ()
Suintila (avó) Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Cantabria-6

Orixes

A orixe goda do seu fillo Paio menciónaa o cronista árabe Ibn Khaldun citando a Ibn Hayyan. Xa contra o século VIII a fusión entre os galaicorromanos e xermanos (suevos e visigodos) era unha realidade e «a raza deixara de ser un dato relevante», por tanto, é de supor que «o máis probábel é que polas súas veas [as de Paio] correse sangue de ámbolos pobos». Esta posibilidade refórzase polas orixes dos nomes, sendo Fávila ou Fáfila de orixe xermánica mentres Paio era un nome de «vello raizame romano» e así é mencionado polo autor árabe do Aljab machmu'a, quen o describe como «romano».

Christian Settipani conxectura —baseándose na onomástica, na cronoloxía, en elementos biográficos e no testemuño das crónicas—, que Fávila descendía (por varonía) de Leovixildo e Recaredo I (ex semine Leuvigildi et Reccaredi progenitus) e era fillo do conde visigodo Axila e da súa muller Divigra e, por tanto, tío paterno e curmán-tío materno de Pedro de Cantabria. As crónicas declaran que os reis ástures son descendentes de Leovixildo e Recaredo e tratan de crear unha falsa continuidade institucional entrámbalas realidades políticas. A moderna historiografía coincide en que a causa final deste fenómeno radica no que se denomina «neogoticismo», que respondía a unha rede de intereses políticos e ó reforzamento do prestixio persoal de Afonso III.

Fontes históricas

Segundo a copia da Crónica albeldense (ano 883) realizada no século IX no mosteiro de San Millán de la Cogolla que conserva a Real Academia da Historia (Códice emilianense nº 39), Fávila foi un dux visigodo e o pai de Don Paio:

Vitiza reinou dez anos. En vida de seu pai morou na cidade de Tui, de Galiza. Alí estaba tamén o duque Fávila, pai de Paio, enviado polo rei Éxica. Por un motivo ocasionado pola súa esposa (ou ben por outra muller), bouroulle na cabeza cun bastón (Vitiza a Fávila), o que lle produciu despois a morte. E cando Vitiza ocupou o Reino de seu pai, daquela Paio, fillo de Fávila, o que despois se sublevaría cos asturianos contra os sarracenos, foi desterrado da cidade rexia (Toledo).

Que Fávila fose duque e pai de Paio é un dato que recolle tamén a Crónica sebastianense:

Pelagium filium quondam Faffilani ducis ex semine regio

Este dato resulta, así mesmo, coincidente co ofrecido por unha fonte musulmá anónima do século IX, Fath al-Andalus:

Nos días deste 'Andasa sublevouse na súa terra de Galiza un pérfido bárbaro, chamado Belay [Paio] fillo de Fávila, contra os árabes donos dos confíns do seu país.

Historiografía sobre Fávila

A antiga historiografía atribuíu a Fávila o ducado de Cantabria baseándose unicamente en cronicóns casteláns, máis de medio milenio posteriores a aquela época e contraditorios en moitos aspectos coas crónicas asturianas do século IX. Esta falla de xustificación metodolóxica é salientada por Barrau-Dihigo malia non ser quen de achegar ningunha outra.

Pertencía [Paio], se non a unha familia real, si polo menos a unha familia nobre e, segundo a versión máis fiábel, tivera por pai o duque Fávila, a quen os historiadores consagraron, sen razón ningunha, como duque de Cantabria.

Claudio Sánchez-Albornoz admite que Paio era fillo dun duque, mais sinala, perante a falla de información da Crónica albeldense: «ignoramos de onde era duque Fávila». Gonzalo Martínez Díez concorda coa opinión de Sánchez-Albornoz xa que en fonte ningunha se menciona o ducado que gobernou e, de feito, non consta que chegase a estar á fronte de ducado ningún. Opina que «o máis probábel é que se tratase dun dos varios duques integrados na Curia rexia ou Palatium, que acompañaban e asesoraban o rei visigodo».

Notas

    Referencias

Bibliografía

  • Barrau-Dihigo, L. (1989). Historia política del reino asturiano (718-910). Prólogo de Francisco Javier Fernández Conde. Tradutor, Eugenio Fuentes. Xixón: Silveiro Cañada. ISBN 8472862739. 
  • Benito Ruano, Eloy; Fernández Conde, Francisco Javier (1979). Historia de Asturias. IV. Alta Edad Media. Salinas. ISBN 8474110653. 
  • Castillo Álvarez, Arcadio del; Montenegro Valentín, Julia (1995). "De nuevo sobre don Pelayo y los orígenes de la Reconquista". Espacio, tiempo y forma. Serie II, Historia antigua (UNED. Facultad de Geografía e historia) (8): 507–520. ISSN 1130-1082. 
  • Castillo Álvarez, Arcadio del; Montenegro Valentín, Julia (1992). "Don Pelayo y los orígenes de la Reconquista". Hispania: revista Española de Historia (C.S.I.C.) 52 (180): 5–32. ISSN 0018-2141. 
  • Martínez Díez, Gonzalo (2005). El Condado de Castilla (711-1038): la historia frente a la leyenda. 2 tomos. Valladolid. ISBN 84-9718-275-8. 
  • Menéndez Bueyes, Luis Ramón (2001). Reflexiones críticas sobre el origen del reino de Asturias. Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca. ISBN 8478009337. 
  • Menéndez Bueyes, Luis Ramón (1995). "Transformaciones y evolución en la Asturias Transmontana: De la Romanización al Reino de Asturias". Férvedes (Lugo: Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Villalba. Servicio de Publicacions) (2): 176–179. ISSN 1134-6787. 
  • Sánchez-Albornoz, Claudio (1985). El Reino de Asturias. Orígenes de la nación española. Biblioteca de la historia, 8. Madrid: Sarpe. ISBN 8459904156. 
  • Settipani, Christian (2004). La noblesse du Midi carolingien: etúdes sur quelques grands familles d’Acquitaine et du Languedoc du IXe au XIe siècle, Toulousain, Perigord, Limousin, Poitou, Auvergne (en francés). Oxford: Oxfor Unit for Prosopographical Research. ISBN 9781900934046. 
  • Suárez Fernández, Luis (2004). "Los fundamentos medievales de la nación española". Tópicos y realidades de la Edad Media (III). Madrid: Real Academia de la Historia. ISBN 84-95983-51-6. 

Tags:

Duque Fávila OrixesDuque Fávila Fontes históricasDuque Fávila Historiografía sobre FávilaDuque Fávila NotasDuque Fávila BibliografíaDuque FávilaPaio de Asturias

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

AvesCouto MixtoJéssica BouzasLuís SeoaneOzzy OsbourneConcellos de GaliciaJoan BaezXuetasEstadio Municipal de BalaídosIteLeninNadia ComăneciGarbiñe MuguruzaGrândola, Vila Morena24 de abrilEstados Unidos de AméricaA EstradaBenito KamelasAndrea MaceirasHelena Bonham CarterO Pino, O PinoPraza da QuintanaRede privada virtualAna MenaWikipediaLista de voces dos animaisAves de rapinaPornografíaItä-Helsingin Kiekko23 de abrilGalicia estremeiraAmy WinehouseVeneciaEscolas de Ensino Galego SementePedro Campos CouceiroEleccións ao Parlamento do País Vasco de 2024AmorodoHernán CortésSanta CompañaO xardín das deliciasRakel WinchesterMaría Victoria Fernández-EspañaBorja VereaNeurotransmisorNancho NovoBaloncesto nos Xogos OlímpicosHaruki MurakamiRías BaixasGata CattanaNava CastroCarmen Blanco GarcíaOvidio RodeiroGabriel García MárquezNormativa oficial do galegoDereito de autoríaXunta de GaliciaArantza PortabalesDitongoNoruegaLondresPaulino PereiroHistoria de LugoJacobo BucetaRedondelaTerraAntepretéritoHistoria de CroaciaMoisés Rodríguez PérezThe ArtistXílgaroGuerra das Comunidades de CastelaFerroAtlánticaPartido Nacionalista VascoPardo de CelaCatecismo do labrego🡆 More