Un ditongo é un fenómeno fonolóxico que ten lugar cando dúas vogais contiguas forman parte dunha mesma sílaba.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2015.) |
En galego hai dous tipos de ditongos, aqueles que están formados por dúas vogais fracas ("i" e "u") e os que están formados por unha vogal forte e unha fraca, sen importar a orde.
O ditongo é o fenómeno contrario ao hiato. En caso de seren tres as vogais inseridas nunha sílaba emprégase o termo tritongo.
Para marcar a presenza dun hiato (ausencia de ditongo) emprégase nunha sílaba tónica o acento ou a diérese.
Dependendo da secuencia das vogais na sílaba, podemos falar de dous tipos de ditongos:
Formados por unha vogal forte ou de maior abertura ("a", "e", "o") e outra fraca ou pechada ("u" ou "i"). Neste caso os órganos articulatorios pasan dunha posición aberta e outra pechada.
Os ditongos decrecentes son, a diferenza dos crecentes, moi estables en galego. Poden aparecer en sílaba tónica ou átona: "ai" (caixa, embaixada), "ei" (queixa, queixada), "oi" (noite, aboiar), "au" (raudo, automóbil), "eu" (bateu), "ou" (mouro, ousar). De entre eles, "au" é o menos característico do galego e o menos frecuente en voces patrimoniais.
Nos ditongos dáse neutralización das vogais de abertura media da serie anterior nun arquifonema /E/, que normalmente se realiza como [e] pechado. As vogais de abertura media da serie posterior neutralízanse en /O/ que se realiza como [o] pechado.
O caso de "iu", e "ui" é problemático por poderen presentar realizacións diversas na fala. Consideramos habitual que conformen un ditongo decrecente sempre e cando actúe como vogal tónica a primeira: par-tiu (pero dialectal *par-tí-o), pui-den. En posición átona preséntasenos o problema de decidir cal das dúas vogais é o núcleo silábico. En puideron semella imposible caracterizar o núcleo silábico se non mantemos reminiscencias de puiden.
Chámanse así porque os órganos articulatorios pasan dunha posición pechada a outra aberta. Están formados por unha semiconsoante [j] ou [w] (realizacións en posición non nuclear de /i/ e /u/) e por unha vogal. As posibilidades de combinación para formar ditongos crecentes existen practicamente todas, aínda que con distinta frecuencia e rendemento:
As vogais de abertura media son realizacións dun arquifonema que representa a ausencia de oposición medio-aberta / medio-pechada.
En galego existe unha resistencia á pronuncia dos ditongos crecentes e unha tendencia a desfacelos realizándoos como hiatos, é dicir, a vogal prenuclear pasa a ser nuclear da sílaba precedente e mesmo a facerse forte: cam-biar > cam-bi-ar > cam-be-ar.
Os ditongos crecentes que máis frecuentemente se manteñen son "ie" e "ue".
This article uses material from the Wikipedia Galego article Ditongo, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.