Grândola, Vila Morena: Canción de Zeca Afonso

«Grândola, Vila Morena» é unha canción composta e cantada por Zeca Afonso, escollida polo Movimento das Forças Armadas (MFA) para ser o segundo sinal para o comezo da Revolución dos caraveis.

Zeca Afonso compuxo esta canción en homenaxe á Sociedade Musical Fraternidade Operária Grandolense. A canción refírese á fraternidade entre as persoas de Grândola, no Alentexo, e sería censurada polo réxime Salazarista por ser unha canción asociada ao comunismo. Ás 00:20 do día 25 de abril de 1974 a canción foi transmitida na Rádio Renascença, a emisora católica portuguesa, como sinal para confirmar as operacións da revolución. Por ese motivo quedou sempre asociada a ela, así como ó comezo da democracia en Portugal.

Grândola, Vila Morena: Historia, Notas, Véxase tamén
Mural conmemorativo en Grândola.

Historia

A canción foi incluída no álbum Cantigas do Maio, editado en decembro de 1971, disco que conta cos arranxos e dirección musical de José Mário Branco. "Grândola, Vila Morena" é a quinta canción do álbum, gravado en Herouville (Francia) entre o 11 de outubro e o 4 de novembro de 1971. Foi cantada por primeira vez en público o 10 de maio de 1972 na cidade de Santiago de Compostela. O 29 de marzo de 1974 foi cantada no peche dun espectáculo no Coliseu de Lisboa, e entre a asistencia estaban militares do Movimento das Forças Armadas, que escollerían a canción como un dos xestos para o arranque da Revolución dos caraveis cando se iniciou a xestación do mito. Curiosamente, para ese espectáculo a censura do réxime salazarista prohibira a interpretación de varias cancións do Zeca, entre as cales "Venham Mais Cinco", "Menina dos Olhos Tristes", "A Morte Saiu à Rua" e "Gastão Era Perfeito".

Ás 00:20 da madrugada do día 25 de abril de 1974, "Grândola, Vila Morena" comezou a soar no programa Limite da Rádio Renascença. Era o segundo xesto que confirmaba a boa marcha das operacións e daba inicio ó avance das forzas organizadas polo MFA. O primeiro xesto, tocado preto de hora e media antes, ás 22:55 do día 24 de abril, foi o tema E depois do adeus, cantado por Paulo de Carvalho.

Despois da revolución

Nas protestas de setembro de 2012, polos recortes do goberno portugués de Pedro Passos Coelho, os manifestantes entoaron o canto de Grândola, Vila Morena como himno das protestas. Tamén foi utilizada polos manifestantes do 15-M en España.

A canción foi versionada en varias ocasións por varios artistas, como Amália Rodrigues en 1974, baixo o título de "Grândola", e o grupo de rock brasileiro 365 en 1987. En España foi versionada por grupos como os sevillanos Reincidentes, os vascos Betagarri ou os cantaurores Marina Rossell e Luis Pastor.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Grândola, Vila Morena HistoriaGrândola, Vila Morena NotasGrândola, Vila Morena Véxase taménGrândola, Vila Morena197425 de abrilAlentexoComunismoDemocraciaMovimento das Forças ArmadasPortugalRevoluciónRevolución dos caraveisRádio RenascençaZeca Afonso

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

BetaninaWayback MachinePaisaxe mineira de Cornualla e Devon oesteCitroën DyaneManu ChaoAmérica do NorteRaposo comúnSanta CompañaAnxo ArcaMandalaAntonio GramsciMRoko (actriz)Lista de episodios de SerramouraRaxáAlbert CamusFátima PegoContactorA morte na literatura popular galegaSantuario de Nosa Señora da PenedaPorto da LúaQuim BarreirosCamilo José CelaCarlos II de InglaterraGlenn Research CenterPontevedraFroufe, O IrixoCurtisMaldivasAmieiroSegunda República EspañolaDemocraciaXXX edición dos Premios GoyaRadio VaticanaHuelva9 de abrilKu Klux KlanJackie ChanIdeoloxíaClase (bioloxía)Xosefina de BeauharnaisMegasaBélxicaVíctor DupláTratado internacionalPaula AlvarellosMichelangelo AntonioniGod Save the KingIslamMitocondriaAlfonso MolinaPatricia VázquezFútbol americanoDinastía MingIlyushin Il-76LuzónLiberalismoMaría VázquezAdrián CastiñeirasAlfredo GuisadoJulian AssangeVómito (grupo musical)Lucía VeigaLuísa VillaltaVladimir PutinTexasCopa LibertadoresBud Spencer🡆 More