Amieiro: Especie de planta

O amieiro, ameneiro ou abeneiro (Alnus glutinosa), é unha árbore do xénero Alnus, da familia das betuláceas.

Atópase en toda Europa, Siberia e norte de África. É a árbore por excelencia das ribeiras galegas formando os chamados bosques galería.

Amieiro
Amieiro: Etimoloxía, Descrición, Usos
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fagales
Familia: Betulaceae
Xénero: Alnus
Subxénero: Alnus
Especie: A. glutinosa
Nome binomial
Alnus glutinosa
(L.) Gaertn.
Distribución do amieiro.
Distribución do amieiro.

Distribución do amieiro.
Sinonimia

Etimoloxía

O nome amieiro (e a súa variante ameneiro) ten orixe prerromana, paleoindoeuropea a partir da partícula am – canle, á que posteriormente se engadiría o sufixo latino –ario. No galego de Asturias recibe o nome de umeiro, mais cómpre non confundilo coas árbores do xénero Ulmus (umeiros ou ulmeiros).

Probabelmente orixinouse a partir do latín vulgar *AMINARIU, forma derivada da voz celta ameia.

A formación denomínase amieiral, ameneiral ou abeneiral segundo a zona.

Descrición

Árbore de ribeira que pode acadar uns 25 m de altura. A folla é caediza de 6 a 12 cm de longo con pecíolos curtos (5–10 cm), de cor verde escura, pola face anterior e un chisco máis clara polo revés, limbo arredondado e con extremidade truncada. Unha orixinalidade é que fican verdes até a súa caída no outono. Con 5 a 8 pares de nervios paralelos. Feixes de pelos abrancazados ou arroibados nas axilas do revés. Cando agroman na primavera, resultan algo pilosas, ficando moi cedo sen pelos. As follas novas e os gomos son moi pegañentos cando son novos, con características glándulas resinosas. Xemas estreitas e ovoides, clara e grosamente pedunculadas en forma de maza co extremo arredondado, de cor parda avermellada ou violácea, con frecuencia punteadas moi finamente de branco por secrecións céreas, as terminais maiores cás laterais. Inserción espiraliforme no ramiño. Atópanse cubertas por 3 escamas, das que só dúas son visíbeis.

Florea antes de aparecer as follas. Os amentos masculinos (chamados candeas), de 5 a 10 cm, son delgados, cilíndricos e pénsiles, de coloración avermellada. Os femininos son máis miúdos (2 cm) e de cor marrón escura a negro, duros e algo lígneos, gardando certa semellanza cos conos das coníferas. Cando as sementes miudiñas e aladas son ceibadas, os conos fican na árbore, a miúdo durante todo o inverno.

Os amieiros propáganse de xeito doado por semente, malia botaren abundantes chupóns da raíz. As raíces moi estendidas en superficie. Perde logo a raíz principal e desenvolve numerosas raíces secundarias oblicuas e outras terciarias verticais de ancoraxe forte, máis fondas, o que lle permite resistir enchentes. En condicións de chea continuada produce raíces adventicias tenras e ramificadas polo toro. Nas raíces superficiais posúe nódulos ( de 2 a 12 cm de diámetro) fixadores de azote atmosférico, asociado á bacteria Actinomyces alni. O amieiro necesita ter as súas raíces permanentemente mergulladas. Atura enchentes periódicas sempre que haxa renovación de auga corrente.

Son árbores de especial importancia ecolóxica, a base do toco dos amieiros é un prezado refuxio para pequenos vertebrados e invertebrados bentónicos.

Nas Gándaras de Budiño, na desembocadura do Ulla e no río Lérez, atopamos exemplos dos mellores amieirais da península.

Amieiro: Etimoloxía, Descrición, Usos 
Os amieirais ocupan brañas e lameiros, lugares moi húmidos. Amieiral no río Landro, Galicia.
Amieiro: Etimoloxía, Descrición, Usos 
Casca dun exemplar noviño de ameneiro.

Usos

A madeira do amieiro é resistente, branda, lixeira, doada de traballar e consérvase ben baixo a auga. A cor é bastante clara, mais ao cortala tórnase de cor arroibada e por iso en moitos países de Europa crían que esta árbore estaba embruxada. A madeira é moi resistente na auga e por iso empregábase para a construción de palafitas. Os alicerces dos edificios de Venecia están feitos de pau de amieiro.

En Galicia

Coa súa casca, xunto con lascas de ferro facíase unha excelente tintura negra para curtumes, puchas e sombreiros, ou ben extraíase un aceite para repeler mosquitos. A madeira, como era resistente a auga, utilizábase na construción de pontellas, pontes, muíños e postes baixo a auga, e tamén na fabricación de pequenos utensilios e zocas, actividades estas últimas que continúan na actualidade. Asemade o seu carbón tiña utilidade para a fabricación de pólvora.

Propiedades medicinais

Segundo as lendas, é unha das árbores usadas para gardar tesouros e tamén é a árbore para fabricar as máscaras do Entroido ourensán.

A seguir recóllese unha escolma de ditos referíndose a esta árbore:

  • O amieiro, se non fora por verghonza, xa ardía no lameiro; referíndose ao frouxa que é a súa madeira.
  • Leña de abeneiro arde no regueiro
  • Agora que ven o v'ran,/ ganancia p'ra os gadañeiros,/ que andan de prado en prado/ á sombra dos ameneiros.
  • Meu grorioso San Antón,/ feito de pau de ameneiro,/ curmán carnal dos meus zocos,/ neto do meu tabaqueiro.
  • Meu santo Bras da Diana/ feito de pau de amieiro,/ irmán das miñas zoquiñas,/ criado no meu lameiro.
  • Santo San Xinés de Bamio,/ feito de pau de ameneiro,/ primo carnal dos meus zocos,/ irmán do meu tabaqueiro.

Taxonomía

Alnus glutinosa foi descrita por (L.) Gaertn. e publicado en De Fructibus et Seminibus Plantarum. . . . 2: 54. 1790.

Subespecies

  • Alnus glutinosa glutinosa. Europa.
  • Alnus glutinosa barbata. Norte Anatolia (Rize,Trebisonda, Artvin)
  • Alnus glutinosa antitaurica. Sur Anatolia, raro.
  • Alnus glutinosa betuloides. Leste Anatolia.

Sinonimia

  • Alnus glutinosa var. denticulata (C.A.Mey.) Ledeb.
  • Alnus vulgaris Druce
  • Betula alnus var. glutinosa L.
  • Betula glutinosa (L.) L.

Nomes comúns

Umeiro, omeiro, amineiro, amieiro, amieira, ameneiro, ameeiro, abineiro, abeneiro branco e abeneiro.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • BOUZA BREY, F. (1929): "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, páx. 153-204.
  • Real Academia Gallega: Diccionario gallego-castellano. A Coruña 1913-1928.
  • Vocabulario Forestal (galego-español-inglés), Servizo de Normalización Lingüística, Universidade de Santiago de Compostela, 2012.

Tags:

Amieiro EtimoloxíaAmieiro DescriciónAmieiro UsosAmieiro O amieiro na cultura popular galegaAmieiro TaxonomíaAmieiro Nomes comúnsAmieiro Galería de imaxesAmieiro NotasAmieiro Véxase taménAmieiroAlnusBetulaceaeBosque de ribeiraEuropaSiberiaÁfrica

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xurxo de Capadocia69 (sexo)Panteón de Galegos IlustresMemorias dun neno labregoRoisVila de CrucesGata CattanaCoordenadas xeográficasValentín García GómezMarta Fernández-TapiasAmieiroHTMLManuel Curros EnríquezPonteareasFederico García LorcaCascuda2004LoboAriadna Fernández GonzálezOctavio AugustoAs dúas MaríasRede privada virtualAna BelénO porco de péEva Iglesias MiguénsSoberbiaRamón VillaresReino suevoMarta DarribaNino BravoRedondelaMontserrat García ChavarríaXurxoLalínCantares gallegosXosé González MartínezArroazBerta DávilaIlustrísimaCasas ColgadasTerraRías BaixasXXX edición dos Premios GoyaAliança CatalanaSéchu SendeXabier DeiveAlberto AvendañoMigración das avesJorge Sanz MirandaGallaeciaChachoDon Quixote da ManchaKHistoria de GaliciaAs Carballas, Tabeirós, A EstradaHistoria de LugoRevolución dos CaraveisRastroXílgaroDiada de Sant JordiLuís SeoaneWilliam ShakespearePremios Follas Novas do Libro GalegoEduardo PondalLucas VázquezLista de episodios de Sakura, cazadora de cartasRocco SiffrediReal Academia GalegaPaulino Pereiro🡆 More