Texas: Estado dos Estados Unidos de América

Texas é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, o segundo maior estado e o maior estado norteamericano dos Estados Unidos continental.

Tamén é o segundo estado máis populoso do país (por detrás de California); con aproximadamente 22 millóns de habitantes, e unha poboación crecendo rapidamente debido á inmigración.

Modelo:Xeografía políticaTexas
State of Texas (en) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoTexas, Our Texas (en) Traducir (1929) Editar o valor em Wikidata

Lema«Friendship» (1930–) Editar o valor em Wikidata
Símbolo oficialTordo-imitador (pt) Traducir (aves) Editar o valor em Wikidata
AlcumeThe Lone Star State Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aamigo Editar o valor em Wikidata
Localización
Texas: Historia, Xeografía, Política
Texas: Historia, Xeografía, Política Editar o valor em Wikidata
 31°N 100°O / 31, -100100°O / 31, -100
EstadoEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
CapitalAustin Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación29.145.505 (2020) Editar o valor em Wikidata (41,86 hab./km²)
Número de fogares9.906.070 (2020) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficialsen valor Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie696.241 km² Editar o valor em Wikidata
Auga2,74 % Editar o valor em Wikidata
Bañado porGolfo de México e Río Grande, América do Norte Editar o valor em Wikidata
Altitude520 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoPico Guadalupe (pt) Traducir (2.667 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoGolfo de México Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación29 de decembro de 1845 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano executivoGovernment of Texas (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Governador (pt) Traducir Editar o valor em WikidataGreg Abbott (pt) Traducir (2015–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoTexas Legislature (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Máxima autoridade xudicialSupreme Court of Texas (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2US-TX Editar o valor em Wikidata
Identificador GNIS1779801 Editar o valor em Wikidata

Páxina webtexas.gov Editar o valor em Wikidata

Chámaselle Lone Star State, por causa da estrela solitaria na bandeira. A palabra Texas deriva da palabra indíxena que significa "amigos".

Xeograficamente, Texas é un estado de contrastes. Mentres as partes norte e leste do estado están cubertas por varios ríos, lagos e bosques, que posúen un clima propicio á agricultura, as partes sur e oeste do estado posúen un clima máis árido, desértico en varias rexións. Foron nestas áreas, escasamente poboadas, onde xurdiron os cowboys, coa misión de coidar o gando da rexión e defendelo dos ataques da poboación nativa. Os cowboys tornáronse rapidamente un símbolo do estado, e ata hoxe aínda existen en varias áreas rurais do estado.

Texas foi explorado e colonizado inicialmente polos españois. Pasou ao control mexicano cando México se independizou de España, en 1821. A crecente migración de norteamericanos a Texas fixo que crecesen movementos pro-secesión de Texas do México. En 1836, unha rebelión en El Álamo foi extinguida polos mexicanos, que mataron a todos os norteamericanos participantes desta rebelión - con excepción dalgunhas mulleres, meniños e escravos. Xa no mesmo ano, Texas independizouse de México, converténdose nunha república e, nove anos despois, nun estado norteamericano, sendo admitido como o vixésimo oitavo estado norteamericano da Unión en 29 de decembro de 1845.

Actualmente, a economía de Texas posúe un importante papel na economía norteamericana. Inicialmente un estado agropecuario, desde o inicio do século XX a economía do estado diversificouse, e hoxe son as industrias petrolífera e aerospacial, así como o sector financeiro, os que posúen maior importancia na economía de Texas.

Historia

Colonización española

Anteriormente á chegada dos primeiros exploradores europeos á rexión, preto de 30.000 nativos indíxenas vivían na rexión que forma actualmente Texas. A maioría das tribos indíxenas da rexión vivían de modo estable nunha rexión, mais outras tribos, especialmente aquelas que vivían nas áridas rexións de Texas, eran nómades, e cazaban bisontes para alimentárense.

Os españois comezaron a explorar a rexión a comezos do século XVI, buscando riquezas tales como ouro e prata. A maioría dos historiadores consideraron que o primeiro explorador europeo en percorrer a rexión foi o español Alonso Álvarez de Piñeda. Este foi enviado á rexión polo gobernador da Xamaica, entón colonia española, en 1519, para a exploración e o mapeo do litoral da rexión. Case unha década despois, en 1528, unha expedición española liderada por Álvar Núñez Cabeza de Vaca viaxou entre o litoral de Texas ata unha vila mexicana próxima ao océano Pacífico. A expedición durou un total de oito anos. Cabeza de Vaca e os seus homes trouxeron historias de míticas cidades de gran riqueza, que estarían localizadas ao norte da ruta tomada pola súa expedición. Estas cidades, segundo Cabeza de Vaca, eran as Sete Cidades de Cibola.

O goberno colonial español tomou a serio as noticias de Cabeza de Vaca, e organizou varias expedicións - partindo de Cidade do México - cuxo obxectivo era localizar estas míticas cidades. Mais o máximo que estas expedicións atoparían serían pequenas vilas indíxenas, e non as grandiosas cidades descritas por Cabeza de Vaca. De calquera maneira, as expedicións axudaron a reforzar as reivindicacións españois sobre Texas, así como as rexións que constitúen actualmente os estados norteamericanos de Nevada e Novo México. En 1682, os españois construíron os primeiros asentamentos permanentes en Texas, próximos á actual cidade de El Paso.

Tres anos despois, o francés René Robert Cavelier de La Salle tentou establecer un asentamento francés no litoral de Texas, mais as tempestades tropicais impediron que cumprise seu obxectivo. Porén, Cavelier decidiu explorar o interior de Texas, onde fundou un asentamento francés, chamado Fort St. Louis. Cavelier continuou explorando Texas en busca de riquezas, mais os seus homes rebeláronse e matárono. Os homes regresaron a Fort St. Louis, onde ataques indíxenas os forzaron a recuar. Cos navíos de Cavelier destruídos por tempestades e polos indíxenas, os colonos que permaneceron foron mortos polos estes.

Os españois, alarmados polas exploracións de Cavelier, aumentaron o número de expedicións na rexión e fundaron máis asentamentos. En 1718, os españois construíron o forte de San Antonio de Bexas, que despois sería coñecido como El Álamo. Este forte foi construído para defender unha vila construída tamén en 1718, que se chamaba San Antonio de Valero, que se convertería na actual cidade de San Antonio. A cidade converteuse en 1772 na capital da recentemente fundada colonia española de Texas. En 1793, Texas tiña unha poboación de aproximadamente 7.000 españois.

En 1821, México declarou a independencia de España e pasou a formar parte do Imperio do México que, dous anos despois, en 1823, tornaríase nos actuais Estados Unidos de México.

Texas baixo control mexicano

Co Destino Manifesto e a expansión dos Estados Unidos de América en dirección ao oeste, rumbo ao océano Pacífico, asentadores norteamericanos pasaron a poboar Texas, daquela un estado mexicano, en número cada vez maior. O goberno mexicano permitiu inicialmente que algúns empresarios norteamericanos comprasen terras en Texas e, en 1820, que o banqueiro norteamericano Moses Austin establecese unha colonia de norteamericanos no norte de Texas. Porén, Moses morreu aínda no mesmo ano e o seu fillo, Stephen Austin, continuou cos plans do pai, traendo 300 familias norteamericanas ao leste de Texas e fundado as vilas de Washington-on-the-Brazos e Columbus. Outros empresarios norteamericanos construíran outras colonias norteamericanas no estado. No inicio da década de 1830, Texas tiña preto de 30.000 colonos norteamericanos.

En 1830, o goberno mexicano interrompeu a inmigración norteamericana cara Texas, facendo que as relacións entre os asentadores norteamericanos e os mexicanos en xeral empeorasen rapidamente. En 1834, coa ascensión do ditador Antonio López de Santa Anna ao poder, os colonos norteamericanos rebeláronse, desencadeando a Revolución de Texas.

República de Texas

Texas: Historia, Xeografía, Política 
Sam Houston lidera as tropas texanas para a vitoria na Batalla de San Jacinto.

Tropas rebeldes invadiron e conquistaron a capital de Texas o 11 de decembro de 1835. Esta vitoria rebelde alarmou a Santa Anna, que creou unha gran forza militar. Mentres, estas tropas rebeldes tomaron posicións defensivas en El Álamo - anteriormente o Forte de San Antonio de Bejar. Unha forza mexicana de 1.600 soldados atacou o forte o 23 de febreiro de 1836 e, despois de dúas semanas de cerco, as tropas mexicanas conquistaron o forte o 6 de marzo, matando os 250 rebeldes. Mentres, os rebeldes declararon a independencia na cidade de Washington-on-the-Brazos.

En 27 de marzo, o xeneral Santa Anna decidiu executar friamente na vila de Goliad a 330 rebeldes que foran capturados en batallas anteriores. Os rebeldes, inspirados por estas derrotas, e baixo o grito de guerra "Lembre El Álamo! Lembre Goliad!", atacaron o 21 de abril unha das forzas de Santa Anna composta por 1.200 soldados e era liderada por el mesmo. Os rebeldes - liderados por Sam Houston, un dos líderes da revolución - venceron a batalla, coñecida como Batalla de San Xacinto, e capturaron a Santa Anna, garantindo así a independencia de Texas. Os mexicanos non recoñeceron a independencia de Texas, aínda que recibiu recoñecemento dos Estados Unidos, do Reino Unido, da Francia e dos Países Baixos. En 1839, Austin foi escollida como a capital definitiva de Texas. Sam Houston e Stephen Austin son considerados os Pais da República de Texas, e, posteriormente, do Estado de Texas. Dúas cidades do estado, Houston -actualmente, a maior cidade de Texas- e Austin -a actual capital do estado- foron nomeadas en homenaxe a estes militares.

A poboación de Texas escolleu a Sam Houston como presidente da nova república. Texas, entón, enfrontaba serios problemas económicos, alén de continuos -aínda que pequenos- ataques indíxenas e mexicanos. A poboación de Texas quería que os Estados Unidos anexasen Texas, unha vez que a maioría da poboación da república era de ascendencia norteamericana. Porén, os Estados Unidos estaban divididos: o Sur quería que Texas -unha república escravista-, fose anexado, o Norte abolicionista non, porque temía un desequilibrio entre o Norte e o Sur. Alén diso, potencias europeas tales como a Francia e o Reino Unido opuxéronse a esta anexión, temendo que os Estados Unidos se tornase poderoso de máis. Así, durante dez anos Texas continuou a ser un país independente. Durante este período, a poboación de Texas creceu considerabelmente. Un estado predominantemente agrícola creou unha lei chamada Homestead Act, que impedía que as facendas fosen vendidas como pagamento de débedas, Esta lei posteriormente espallouse a varios estados norteamericanos.

1845 - 1900

O 29 de decembro de 1845, Texas converteuse no vixésimo oitavo estado norteamericano e México rompeu relacións diplomáticas cos Estados Unidos. Por causa de disputas territoriais sobre Texas e outros territorios e estados norteamericanos -particularmente, California- México declarou a guerra contra os Estados Unidos en 1846, sendo derrotado dous anos despois, na guerra mexicano-americana. Baixo os termos do Tratado de Guadalupe Hidalgo, México cedeu unha grande área aos Estados Unidos e cesou coas disputas territoriais sobre Texas.

Despois da guerra, Texas reivindicou moitas das áreas que foron cedidas por México. Aínda en 1850, o goberno dos Estados Unidos pagou a Texas 10 millóns de dólares -que foron usados polo goberno de Texas principalmente para o pagamento de débedas xa existentes- nun tratado en virtude do cal Texas cesaba con estas disputas territoriais. Alén diso, áreas ao norte de Texas foron divididas e anexadas por outros estados norteamericanos. Texas reorganizouse en 89 condados diferentes, e prosperou economicamente, atraendo así moitos inmigrantes, especialmente alemáns.

En 1861, o abolicionista Abraham Lincoln foi elixido como presidente dos Estados Unidos de América. Tanto o goberno como a maioría da poboación de Texas apoiaban a secesión, e nese mesmo ano, o estado saíu da Unión, xuntándose aos Estados Confederados de América. Algúns meses despois, comezou a Guerra Civil Americana e Texas serviu como fornecedor de materias primas para a Confederación; preto de 50.000 soldados de Texas loitaron contra forzas do Norte. Os Estados Unidos de América tentaron por diversas veces invadir e conquistar Texas, mais non tiveron suceso. En 1865, co fin da guerra, Texas, agora un territorio norteamericano, foi gobernado por un goberno militar. O 30 de marzo de 1870, Texas foi readmitido como un estado dos Estados Unidos.

A gandería tornouse unha das principais fontes de renda do estado despois do fin da guerra de secesión: desde o nordeste do estado, a práctica da gandería espallouse gradualmente ao resto do estado. Os constantes ataques indíxenas e a asimilación de varios aspectos da cultura mexicana por parte da poboación de Texas foron unha das razóns da popularización dos cowboys - vaqueiros -, homes que guiaban as mandas de bovinos e cabalos e ao mesmo tempo as defendían de ladróns e de ataques indíxenas.

A finais do século XIX, Texas xa tiña unha malla ferroviaria eficiente e de grande extensión. Esta malla ferroviaria axudou no poboamento do oeste americano ao longo das primeiras décadas do século XX. En 1900, un furacán abateuse sobre o estado, causando grandes prexuízos e matando máis de 6 mil persoas.

1900 - 1950

Ao longo das primeiras décadas do século XX, Texas continuou a expandir súa malla ferroviaria e iniciou unha expansión en grande escala da súa rede de estradas.

En 1901, descóbrese petróleo en Texas, o que fixo que pasase de ser un estado agrario a ser un estado maioritariamente industrial. O descubrimento trouxo consigo moitos cambios na economía do estado: construíronse novos portos, e ampliáronse outros xa existentes, e varias refinerías e fábricas foron construídas no estado, tanto que, entre 1900 e 1910, o valor dos produtos fabricados no estado se duplicou. Alén diso, a industrialización xerou un fluxo de migración, das áreas rurais en dirección ás cidades: en 1900, só un décimo da poboación do estado vivía en cidades; en 1920, xa subira a un terzo. San Antonio tornouse a maior cidade do estado, cos seus 120.000 habitantes, en 1926. A economía do estado pasou a ser de vital importancia co inicio da primeira guerra mundial: o petróleo producido en Texas converteuse nunha materia prima indispensábel para os esforzos de guerra dos Estados Unidos e mailos seus aliados.

En 1925, Miriam Ferguson foi a segunda muller en subir ao posto de gobernador dun estado dos Estados Unidos.

Coa chegada do automobilismo, Texas iniciou a masiva construción de autoestradas ao longo do estado. Durante a década de 1930, coa Gran Depresión, a construción de autovías axudou a minimizar os efectos da recesión económica. Alén diso, foron implementados nesta década pensións para refuxiados e programas de axuda social.

Máis dun millón de soldados norteamericanos realizaron o seu adestramento en Texas, con ocasión da segunda guerra mundial.

1945 - Tempos actuais

Despois da segunda guerra mundial, Texas pasou por un rápido proceso de industrialización, que converteu a poboación do estado en predominantemente urbana. Diariamente, centos de persoas -especialmente os novos- migraban dos campos para as cidades. En 16 de abril de 1947, nun dos peores accidentes da historia dos Estados Unidos, un navío francés, transportando produtos químicos altamente explosivos, estoupou no porto de Texas City, matando aproximadamente 500 persoas.

Tamén despois do fin da guerra, foron descubertas grandes reservas de petróleo nas augas do golfo de México, próximas ao litoral de Texas. En 1950, o Tribunal Supremo dos Estados Unidos determinou que estas augas non formaban parte de Texas sino que pertencían directamente ao goberno norteamericano, mais a opinión pública negativa e as presións do goberno de Texas fixeron que o goberno nacional revisase este xuízo en 1953. O petróleo localizado no golfo de México promoveu o rápido crecemento de Houston, que se converteu na maior cidade do estado.

Texas enfrontouse con grandes problemas raciais ao longo da década de 1950 e de 1960. Ata entón, o sistema educativo do estado seguía unha política de segregación pero en 1954, o Tribunal Supremo dos Estados Unidos xulgou que esta política era inconstitucional. Gradualmente, ata o fin da década de 1960, Texas integrou os seus sistemas educactivos. En 1963, o texano Lyndon Johnson tornouse o primeiro home do Sur que chegaba a presidente dos Estados Unidos despois do fin da Guerra Civil Americana. Johnson - anteriormente vicepresidente - tomou posesión despois da morte do entón presidente, John F. Kennedy.

Texas tivo un importante papel no programa espacial dos Estados Unidos. O cuartel xeneral da NASA foi construído en Houston, en 1964. En 1969, enxeñeiros e científicos da NASA axudaron os astronautas da misión Apollo 11 na súa misión rumbo á Lúa. A industria aerospacial pasou a gañar gradualmente maior importancia na economía do estado.

Na década de 1970, a migración mexicana cara aos Estados Unidos pasou a aumentar gradualmente. Moitos dos mexicanos -moitos deles inmigrantes ilegais- instaláronse en Texas. A inmigración de hispanos fixo que, no final da década de 1980, Texas superase en poboación ao estado de Nova York. A gran poboación de Texas e a forte economía do estado explican o aumento da importancia política de Texas no país. En 1988, o texano George Herbert Walker Bush foi elixido presidente dos Estados Unidos; posteriormente, en 2000, o entón gobernador de Texas, George Walker Bush, fillo de Herbert Bush, foi elixido presidente do país, e foi reelixido en 2004.

Na actualidade existen movementos independentistas que pretenden que Texas volva a ser república.

Xeografía

Texas é o segundo maior estado dos Estados Unidos (despois de Alasca), e o maior localizado nos Estados Unidos continentais. Situado na rexión Sur, Texas limita con Novo México ó oeste, con Oklahoma ó norte, con Louisiana e Arcansas ó leste, co golfo de México ó sueste e con México (estados de Chihuahua, Coahuila, Nuevo León e Tamaulipas) ao sur.

Posúe un total de 591 quilómetros de litoral, contándose só golfo de México; se se inclúen os estuarios de ríos, lagos e illas oceánicas, o lonxitude do litoral de Texas chega ós 5.409 quilómetros. Unha serie de barreiras de area ao longo do litoral de Texas protexe o estado de tempestades tropicais e de tsunamis. Alén diso, Texas non posúe ningún volcán activo e está lonxe de calquera placa tectónica, o que fai que os desastres naturais de grandes proporcións sexan moi raros no estado.

O punto máis alto é o Monte Guadalupe, cos seus 2,667 metros de altitude. Tamén destaca o Río Grande, que separa Texas de México, servindo como fronteira natural entre México e os Estados Unidos.

Texas está dividido en cinco rexións:

  • As Planicies Litorais, rexión localizada ao longo do extremo sur e do leste de Texas, acompañando o litoral, co golfo de México. Está caracterizada pola súa fertilidade e o clima subtropical. A altitude media da rexión é de 91 metros por riba do nivel do mar. O norte desta rexión posúe bosques de tamaño considerable.
  • A Planicie dos Praires, caracterizada por solo fértil, ideal para agricultura. Está localizada inmediatamente ao norte e ao oeste das Planicies Litorais.
  • As Planicies do Noroeste, que se localizan no centro-norte do estado. É unha rexión de terreo accidentado, de crecente altitude (aproximadamente trescentos metros), onde se localizan grandes depósitos de petróleo.
  • As Grandes Planicies, que se estenden inmediatamente ao norte das Planicies Litorais e a oeste das Planicies dos Praires e ata o extremo nordeste do estado. Posúe altitudes variadas, variando entre 213 metros de altitude no leste a máis de 1.200 no noroeste. É caracterizada polo seu clima árido e polo seu solo rochoso e pobre.
  • O Deserto de Trans Peco, localizado no suroeste do estado. Caracterízase polo seu clima extremadamente árido e o seu terreo moi accidentado, cun solo moi pobre e rochoso, onde a agricultura é case inexistente e a práctica da gandería é común.
Texas: Historia, Xeografía, Política 
Lago Caddo, Planicies Litorais.
Texas: Historia, Xeografía, Política 
Hill Country, Chaira dos Praires

Clima

Dado o tamaño de Texas, o clima no estado varía de rexión a rexión. No extremo sur o clima é tropical, mentres que na rexión sur en xeral o clima é subtropical. O extremo occidental posúe un clima desértico, con grandes variacións ao longo do día. O norte do estado posúe un clima temperado suave. As rexións ao longo do golfo de México posúen un clima agradable, con menores variacións de temperatura.

No verán, as temperaturas máis altas rexístranse no extremo sur e no suroeste do estado, e as temperaturas máis baixas, no extremo occidental do estado. As zonas ao longo do golfo de México presentan unha temperatura media de 31 °C, con leves variacións de temperatura durante o día e a noite, mentres que as rexións do extremo occidental posúen temperatura media de 26 °C no verán (aínda que con altas temperaturas durante o día e baixas temperaturas durante a noite). A rexión en torno de Dallas tamén presenta medias maiores de 30 °C no verán, mentres que o extremo norte posúe medias menores do que 25 °C. Máximas de 36 °C en Dallas e de 34 °C ao longo do golfo de México.

No inverno, as temperaturas máis altas rexístranse no extremo sur de Texas, con medias de 15 °C. A medida que se sobe cara ao norte, a temperatura media cae, chegando a 1 °C no extremo norte. As máximas son de 14 °C en Dallas e de 20 °C ao longo do Golfo, e as mínimas de 0 °C e de 6 °C respectivamente.

A precipitación media no estado é baixa, de apenas 117 centímetros, aínda que isto varíe entre máis de 150 centímetros no extremo oriente a menos de 30 centímetros no extremo occidental. A neve é moi rara no estado e varias rexións non rexistran neve desde hai anos. De media, Dallas rexistra 82 días de precipitación por ano, mentres que a media das rexións ao longo do golfo de México é de 72. A estación pluviosa é o inverno, e a estación seca é o verán.

Política

A capital de Texas á Austin. O Capitolio Estatal é similar ao localizado en Washington DC, mais é de granito cor rosa. No cumio do Capitolio está unha estatua, a "Deusa da Liberdade". Ao contrario dos Capitolios dos estados do norte, e en común en relación a outros Capitolios sudistas, o Capitolio de Texas apunta cara ao sur, en vez de para o norte.

A actual Constitución de Texas foi adoptada en 1876. Novas emendas á Constitución precisan ser aprobadas por ao menos dous terzos dos membros da Cámara dos Representantes e do Senado, para ser logo sometidas a votación pública, válida en todo o estado. Se a maioría dos electores do estado votaron a favor da nova emenda, é entón engadida á Constitución.

O maior oficial do Poder executivo de Texas é o gobernador. Este é elixido pola poboación por mandatos de ata catro anos de duración, podendo reelixirse cantas veces quixer. Desde que Texas se converteu nun estado norteamericano, a gran maioría dos seus gobernadores foron demócratas; só Texas foi gobernado en cinco ocasións por políticos non-demócratas, catro republicanos e un sen afiliación política.

O Poder lexislativo de Texas consiste nunha Cámara do Senado composta por 31 Senadores e unha Cámara dos Representantes composta por 150 membros. Texas está dividido en 31 distritos senatoriais e 150 distritos representativos, e os electores en cada un deles elixen un Senador e un Representante, que actuará como representante da rexión das súas respectivas cámaras no Poder Lexislativo. Os Senadores son elixidos por mandatos de ata 4 anos de duración, e os Representantes por mandatos de ata 2 anos. O Poder Lexislativo ten o poder de crear e aprobar leis, aínda que estas leis teñan de ser aprobadas tamén polo gobernador.

O maior tribunal do Poder xudicial é o Tribunal Supremo de Texas.

Texas posúe máis condados que calquera outro estado norteamericano: está dividido en 254 condados diferentes, cada un deles gobernado por un Consello composto por un xuíz e catro oficiais vidos de diferentes partes do condado en cuestión. Estes son escollidos pola poboación do condado por mandatos de ata 4 anos de duración. Este consello administra as finanzas do condado e posúe o poder de recadar un pequeno imposto (de non máis do 1%) no condado.

En Texas existen preto de 180 cidades con máis de 5.000 habitantes. Estas cidades posúen o dereito de establecer as súas propias leis municipais, de planear o seu desenvolvemento urbano e de recadar os seus propios impostos. En cidades e vilas con menos de 5.000 habitantes, corresponden ao condado do que forma parte.

Os impostos estatais son responsábeis da metade da renda de Texas. Os principais impostos son un imposto aplicado sobre a venda de produtos en xeral e un imposto extra para petróleo e derivados. Texas, como outros 8 estados norteamericanos, non colecta imposto sobre a renda dos seus habitantes. O resto da renda necesaria provén do goberno federal norteamericano.

Demografía

Crecemento da poboación de Texas
Ano Habitantes
1850 212,592
1860 604,215
1870 818,579
1880 1,591,749
1890 2,235,527
1900 3,048,710
1910 3,896,542
1920 4,663,228
Ano Habitantes
1930 5,824,715
1940 6,414,824
1950 7,711,194
1960 9,579,677
1970 11,198,655
1980 14,227,574
1990 17,059,805
2000 20,851,820

Unha estimativa realizada en 2004 estima a poboación do estado en 22.490.022. O estado posúe preto de 3.450.500 habitantes (15.6% da poboación do estado) que naceron fóra do país: destes, estímase que 1,2 millóns (5,4% da poboación do estado) son ilegais. Entre 1990 e 2000, a poboación do estado creceu en aproximadamente 4,6 millóns de habitantes, un crecemento de aproximadamente o 26%.

Raza e etnias

Máis dun terzo dos habitantes de Texas son hispanos. Algúns deles son inmigrantes recentes do México, América Central ou da América do Sur, ou os descendentes directos destes inmigrantes. Outros hispanos, coñecidos xa como texanos, son descendentes de mexicanos que vivían na rexión moito antes da independencia de Texas.

Outras etnias maioritarias inclúen descendentes de alemáns, poloneses, suecos, noruegueses, checos e franceses. A inmigración destas etnias comezou a partir da década de 1850, e continuou en números considerábeis ata o fin da segunda guerra mundial. A influencia destes inmigrantes, chegados das máis diversas partes de Europa, sobrevive nos nomes das cidades, estilos arquitectónico, estilos musicais e na gastronomía da rexión.

En tempos recentes, a poboación de asiáticos creceu na rexión, especialmente en Houston e en Dallas. Estas etnias inclúen chineses, vietnamitas, filipinos, tailandeses e paquistanís.

Se as taxas de inmigración continúan nos niveis actuais, os hispanos serán maioría na década de 2030.

Ascendencia racial 2000 2003
Brancos (Non hispanos) 52.4% 50.6%
Hispanos (de calquera raza) 32% 34.2%
Afroamericanos (Non hispanos) 11.5% 11.5%
Asiáticos (Non hispanos) 2.7%
Nativos americanos (Non hispanos) 0.6%
Outras etnias/Dúas etnias ou máis 2.5% 3.7%
Texas: Historia, Xeografía, Política 
Vista aérea de Houston.

As maiores etnias do estado inclúen: mexicanos (24,3% da poboación), afroamericanos (11,5%), alemáns (9,9%), ingleses (7,2%) e irlandeses (7,2%).

O 7,8% da poboación ten menos de 5 anos de idade; o 28,2%, menos de 18 anos; e o 9,9%, máis de 64 anos de idade. As mulleres constitúen o 50.4% da poboación do estado.

Relixión

As afiliacións relixiosas da poboación de Texas son:

Principais cidades

Texas: Historia, Xeografía, Política 
Austin.
  • Abilene.
  • Amarillo.
  • Austin–Round Rock.
  • Beaumont–Port Arthur.
  • Brownsville–Harlinxe.
  • College Station–Bryan.
  • Corpus Christi.
  • DallasFort Worth–Arlington.
    • Dallas.
    • Fort Worth.
    • Arlington.
    • Plano.
    • Irving.
    • Carrollton.
    • Richardson.
    • Denton.
    • McKinney.
  • El Paso.
  • Houston–Sugar Land–Baytown.
    • Houston.
    • Sugar Land.
    • Baytown.
    • Galveston.
  • Killeen–Temple–Fort Hood.
  • Laredo.
  • Longview.
  • McAllen–Edinburg–Mission.
  • Midland.
  • Odesa.
  • San Angelo.
  • San Antonio.
  • Sherman–Denisson.
  • Texarkana.
  • Tyler.
  • Victoria.
  • Waco.
  • Wichita Falls.

Economía

Texas: Historia, Xeografía, Política 
O algodón xa foi unha das principais fontes de renda de Texas, mais actualmente a súa importancia para a economía do estado é pequena.

En parte por causa da súa gran poboación, a economía de Texas é unha das maiores do país. O produto interior bruto de Texas, de 764.000 millóns de dólares, é o terceiro maior dos Estados Unidos, despois só de California e de Nova York .

O sector primario de Texas é responsábel do 1% do PIB. A agricultura e a gandería - que xa foron anteriormente as principais fontes de renda do estado - empregan aproximadamente 500.000 persoas.

O sector secundario responde do 25% do PIB, aínda que chegou a representar máis do 75%, durante os anos da segunda guerra mundial. Os produtos fabricados anualmente no estado teñen un valor total de máis de 130.000 millóns de dólares. A máis importante industria do estado é a industria de alta tecnoloxía (as fábricas produtoras de equipamentos electrónicos avanzados, softwares e computadores están localizadas principalmente en Houston e en Austin). Texas é o maior produtor de produtos químicos en xeral - fertilizantes, ácido sulfúrico e medicamentos son os máis importantes. Por causa da inmensa poboación, o procesamento de alimentos é a terceira maior industria do estado. E Texas é o maior produtor de petróleo e derivados dos Estados Unidos, posuíndo as maiores reservas do recurso natural do país; a extracción de petróleo e gas natural emprega máis de 250.000 persoas e representa o 6% do PIB do estado. Ademais, case 70.000 persoas traballan na xeración de electricidade (o estado é o maior produtor de enerxía eléctrica do país). A industria de manufactura emprega máis de 900.000 persoas, e representa ela soa o 14% do PIB do estado. A industria de construción representa o 5% do PIB, empregando máis de 750.000 persoas.

O sector terciario representa máis do 74% do PIB. Dallas é sede de varias das máis importantes empresas financeiras dos Estados Unidos, mentres que Hoston é a sede das principais empresas petrolíferas do país. Os servizos comunitarios, comerciais e persoais representan o 20% do PIB, e empregan máis de 3,5 millóns de persoas; o comercio representa o 17% do PIB e emprega 2,5 millóns de persoas; as finanzas empregan aproximadamente 885.000 persoas e representan o 14% do PIB; e os servizos gobernamentais empregan 1,7 millón de persoas e representan o 12% do PIB.

Educación

En 1854, o xa estado norteamericano de Texas instituíu un sistema estatal de ensino público escolar. Actualmente, como no resto do país, cada cidade -ou condado, caso de que a poboación da cidade ou vila sexa moi baixa - é a encargada de administrar o seu propio sistema escolar público. A Axencia Escolar de Texas supervisa estes sistemas municipais de escolas públicas, e dita normas e patróns que deben ser cumpridos por todas elas. Todo meniño de máis de 6 anos debe asistir á escola, ata a graduación ou a maioría de idade (aos 18 anos).

O Sistema de Universidades de Texas, estabelecido pola Constitución de Texas en 1876, consistía en 9 universidades académicas e seis institucións de saúde. En 2004. 182.752 estudantes estudaron nunha das institucións controladas polo Sistema de Universidades de Texas, facendo desta empresa un dos maiores sistemas de educación superior nos Estados Unidos. En 2004, só na Universidade de Texas en Austin, a maior das institucións administradas polo Sistema de Universidades, matriculáronse 50.377 estudantes.

A Universidade de Texas en Austin xa foi no pasado a maior institución de ensino superior de todos os Estados Unidos, mais actualmente, a universidade caeu a unha terceira posición. Está considerada a décimo quinta mellor universidade do mundo [1][Ligazón morta]. Sete programas de doutoramento están entre os 10 mellores do país, e un total de 22 programas de doutoramento da Universidade de Texas en Austin aparecen entre os 25 mellores dos Estados Unidos. En 2004, a University of Texas Southwestern Medical Center at Dallas foi considerada a décimo sexta mellor escola médica dos Estados Unidos. Once estudantes formados nesta institución de ensino superior gañaron posteriormente o Premio Nobel [2][Ligazón morta].

O Sistema de Universidades de Houston é o maior sistema de institucións de educación superior urbana na costa do golfo de México, alén de ser o terceiro maior sistema de institucións de ensino superior de Texas. Este sistema administra catro diferentes universidades, tres delas localizadas en Houston. A sede deste sistema é a Universidade de Houston. Está especializado en supercondutividade, na industria aeroespacial, na enxeñaría biolóxica, economía, educación, exploración petrolífera e administración. Alén diso, a UH Law Center's Health Law and Policy Institute, que ensina dereito, é considerada a mellor do país na área, coa Property Law Program en quinto.

Tamén localizada en Houston é o Centro Médico de Texas, a maior concentración de investigacións, estudos e institucións relacionados con saúde, tales como a Facultade Baylor de Medicina, University of Texas Health Science Center at Houston e a The University of Texas M. D. Anderson Cancer Center. A University of Texas M. D. Anderson Cancer Center é considerada unha das institucións de ensino superior máis produtivas e cualificadas do mundo no tratamento do cancro.

Alén diso, Houston é o domicilio de varias institucións de ensino superior privadas, tales como a Universidade Rice, que ten o maior número de alumnos estudando economía e finanzas do mundo.

Transportes

Antigamente, varias estradas precarias, construídas por exploradores españois, cruzaban Texas. Por moito tempo, estas estradas serviron como rutas a outros exploradores e misioneiros. A rede de estradas de Texas ten aproximadamente 490 mil quilómetros de extensión. É unha das máis extensas de todo os Estados Unidos de América.

En 1852 construíuse a primeira liña de ferrocarril do estado e actualmente, Texas posúe unha rede ferroviaria composta por 44 liñas diferentes. Esta malla fornece transporte interurbano de pasaxeiros entre 20 cidades diferentes, e servizos de carga para máis de 300 cidades e vilas.

O transporte público nas cidades de Texas é precario. Non existen liñas de metro en ningunha das grandes cidades, e só unha rede de rutas de autobuses, xeralmente ineficiente, e nalgúns casos, suplementada por unha ou dúas liñas de light rail, cortan a cidade. A precariedade do transporte público fai que o uso de coches por parte da poboación texana sexa moito alto, xerando constantemente conxestionamentos e contaminación atmosférica.

Texas ten 13 grandes portos marítimos, sendo que o porto de Houston é o de máis movementos do estado. Texas posúe un gran centro aeroportuario internacional: o Aeroporto Internacional de Dallas, que é o quinto aeroporto con máis movementos do mundo, e é o principal centro de operacións da American Airlines, a maior compañía aérea do mundo.

Notas

(en inglés)

Véxase tamén

Tags:

Texas HistoriaTexas XeografíaTexas PolíticaTexas DemografíaTexas EconomíaTexas EducaciónTexas TransportesTexas NotasTexas Véxase taménTexasEstados Unidos de AméricaInmigraciónSubdivisións dos Estados Unidos de América

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xela AriasBerta DávilaColocación do pronome átono en galegoGrupo Brais PintoCatedral de Santiago de CompostelaSéculos EscurosPorto, PortugalGarcía II de GaliciaAlcaldes da CoruñaInfinitivo conxugadoAsalto do bou EvaUrcoItaliaMichelle Clemente EscotetHipérbatoIdade do CobreGabriel AlénMoisés Rodríguez PérezWikipediaRaffaella CarràRamón VillaresFernando AlonsoMeteoGaliciaO lapis do carpinteiroParque Nacional das Illas AtlánticasGalaicosAsíndetoDía de Castela e LeónDominic ThiemGatipedroEslovaquiaSalgueiroCatedral de MilánMarta DarribaManchester United Football ClubA Ponte do Porco, Miño, MiñoGrupo EroskiDeportivo da CoruñaDaniel Castro GarcíaContactCanle (comunicación)Ozzy OsbourneGame Boy ColorXabier DíazAna BelénNormativa oficial do galegoÁcido teicoicoCSSIndependentismo galegoO divino saineteLista das aves de GaliciaAliança CatalanaC++Ramón María del Valle-InclánMaría Victoria Fernández-EspañaGalego-portuguésAndoriñaGonzalo Fernández de CórdobaCerdedo-CotobadePrimeira República GalegaMaría Rei VilasRevolución dos CaraveisJosé Calvo SoteloEleccións municipais de 2023 en GaliciaAmazonAC-960Michael JacksonA fiestra valdeiraAs Carballas, Tabeirós, A Estrada🡆 More