Tereixa Navaza: Xornalista galega

Tereixa Navaza González, nada en Santiago de Compostela o 2 de xaneiro de 1947, é unha xornalista galega.

Infotaula de personaTereixa Navaza
Tereixa Navaza: Traxectoria, Recoñecementos, Vida persoal
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xaneiro de 1947 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Entrevista en Nós Televisión

Cun mes de vida trasladouse a vivir a Pontevedra, onde pasou a infancia e parte da mocidade. De aí, instalouse tamén coa familia en Eivisa, onde comezou o bacharelato, que xa rematou en 1964 en Santiago de Compostela, no IES Rosalía de Castro. Neste centro tivo de profesor a Antón Fraguas.

Estudou Francés e Dereito, sen se licenciar, e practicou o atletismo. Comezou a traballar en 1965 na Cadena SER como locutora. Aos poucos anos, traballou como xornalista e locutora que facía as reportaxes para o informativo Hora 25, así como noutras emisións da cadea, como Matinal Cadena SER e Los 40 Principales.

A partir de 1973, pasou a traballar en TVE, no seu centro de Santiago de Compostela, baixo a dirección do xornalista Luís Mariñas. Este labor foi simultáneo o seu contrato radiofónico na cadea SER. Durante eses anos converteuse no primeiro rostro da televisión en galego ao presentar o telexornal da desconexión autonómica, Panorama de Galicia. Nos seguintes meses sumáronse ao seu equipo Xoán Barro e Cecilia Pérez.

A partir de 1980, xa só traballou en exclusiva para a televisión. En 1984, cando o centro territorial de TVE en Galicia estaba dirixido por Alexandre Cribeiro, Navaza acadou especial resonancia por ser a encargada de retransmitir a chegada dos restos de Castelao a Galicia, que se desenvolveu con gran polémica polas manifestacións de protesta e as cargas policiais. Durante a retransmisión, Navaza leu pasaxes do Sempre en Galiza e mesmo un artigo de Uxío Novoneyra. Como consecuencia daquela retransmisión, o propio Cribeiro dimitiu como director do centro territorial.

A visibilidade de Navaza como faciana do nacionalismo galego foi a máis naqueles anos. Durante unha manifestación contra a reconversión naval de Ferrol, Navaza leu o manifesto de peche e deixa de presentar o telexornal ao día seguinte (1989). Chegou a ser representante do BNG no Consello de Administración da Compañía da Radio e Televisión de Galicia en 1994, posto que conservou ata 2002. Ao volver ao seu posto de traballo na TVE, mantivérona "nunha mesa sen luz nin ordenador, sen deixarme traballa". Xubilouse anticipadamente en 2007 en TVE no marco duns plans de reestruturación do cadro de empregados.

Tamén colaborou con medios escritos, como La Voz de Galicia, A Nosa Terra, Xornal de Galicia e El Correo Gallego.

Foi ademais unha importante voceira do movemento feminista en Galicia. Participou na fundación da Asociación Galega da Muller, e da revista de pensamento feminista Andaina. Tamén encabezou distintas manifestacións polo dereito ao aborto e contra a violencia de xénero.

En setembro de 2013, foi durante unhas horas a voceira da familia da nena asasinada preto de Santiago, no chamado Caso Asunta Basterra. Renunciou ao se producir a detención da nai, Rosario Porto, de quen era amiga.

Recoñecementos

En 2012, foi homenaxeada nunha xornada polo Consello da Cultura Galega.

Recibiu o Premio Os Bos e Xenerosos da AELG no 2015. E no ano seguinte, renunciou a un premio ofrecido pola Xunta de Galicia con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, "en solidariedade cos compañeros e compañeiras de TVE, pola situación que están a padecer, polo declive que está a sufrir unha televisión como TVE, que acadara cotas moi altas de credibilidade, bo facer e altas audiencias".

En novembro de 2023 recibiu o II Premio de Honra Dolores Ben, galardón que a AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) creou en 2021 para manter viva a memoria de Dolores Ben -presidenta da entidade entre 2007 e 2019-. A AGAPI destacou que é "unha imprescindíbel do xornalismo, o primeiro rostro da televisión en galego, pioneira na radio e televisión galegas e un dos primeiros nomes femininos que entraron nas redaccións do mundo".

Vida persoal

Participou, xunto con Xosé Ramón Gayoso, na gravación do vídeo Galicia caníbal dos Resentidos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Tereixa Navaza TraxectoriaTereixa Navaza RecoñecementosTereixa Navaza Vida persoalTereixa Navaza NotasTereixa Navaza Véxase taménTereixa Navaza19472 de xaneiroPobo galegoSantiago de CompostelaXornalista

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ácido caprílicoEnemaOrixe das avesBudapestPorto, PortugalCinema pornográficoBalsa (árbore)MétopaDon't ask, don't tellBronquioliteMundial de Fútbol de 2006Linguas altaicasIllas GalápagosWillie ColónClasificación de BaltimoreAtún listadoLinguas xermánicasDobre hélice de ácidos nucleicosFentoProteína ATMIllas CanariasEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Elemento nuclear intercalado longoColumbiformesLingua latinaAntilope cervicapraMártires de CarralStephen Blair HedgesBuchnera aphidicolaAceite de palmaÁcido sapiénicoApodiformesLogaritmoArmeniaLophiiformesCristovo ColónShin ChanXVI dinastía exipciaÁcido graxo sintaseHistoria da ChinaAustraliaGerardo Pardo de VeraLesotoJake GyllenhaalBreixoCondado de DalarnaBisexualidadeDobre héliceSan Martiño, FranciaPresidenciaArtemisaCoraciiformesSahelGuepardoEva Iglesias MiguénsLista de ríos de GaliciaLobeiraÉuscaroCirrio de chemineaNiccolò MachiavelliTranslocase da membrana internaHonda na Fórmula 1BadalonaMaría Cristina de Habsburgo-LorenaConcellos de GaliciaRaquel AtanesO Canon da MedicinaSangueCloroformoDécada de 1180ADN ZWorld Trade Center (1973–2001)DonicelaTorrada (doce)🡆 More