La Voz De Galicia: Xornal galego

8°30′14″O / 43.32108, -8.503879

La Voz de Galicia é un xornal galego con sede no polígono de Sabón (Arteixo), redactado maioritariamente en castelán, fundado no ano 1882 por Juan Fernández Latorre. La Voz de Galicia fíxose un oco a nivel estatal converténdose nun dos dez medios impresos con maior tiraxe de todo o estado. A empresa editora, La Voz de Galicia Sociedad Anónima, sempre estivo nas mans da mesma familia e na actualidade o accionista maioritario e único é Santiago Rey Fernández-Latorre.

La Voz de Galicia
La Voz De Galicia: Historia e evolución, Edicións locais, Edición dixital
La Voz De Galicia: Historia e evolución, Edicións locais, Edición dixital
Portada do 30 de xuño de 1901.
Tipoinformación xeral
Corcor e branco e negro
Fundación4 de xaneiro de 1882 (142 anos)
Empresa editoraLa Voz de Galicia, S.A.
PropietarioSantiago Rey Fernández-Latorre
DirectorXosé Luis Vilela
FundadorJuan Fernández Latorre
Tendenciaconservadorismo, rexionalismo galego
Linguacastelán
Ámbitonacional (Galiza)
ImpresiónSabón, Arteixo
Periodicidadediaria
Prezo1,20 durante a semana e 2,20 os domingos (2012)
Tiraxeaprox. 100 000 exemplares
SecciónsEspaña, Mundo, Comarcal, Opinión, Deportes, Cultura, Tecnoloxía, Xente, Galicia
ISSN1888-5160
Na rede
http://www.lavozdegalicia.es/
editar datos en Wikidata ]

Historia e evolución

Segundo datos da Oficina de Xustificación da Difusión (OJD), La Voz de Galicia tivo unha tirada media diaria, no período comprendido entre xaneiro e decembro de 2017 de 74.602 exemplares, cunha difusión de 65.390, o que representou un descenso sobre os datos do ano 2005, no que tivera unha difusión de 119.615 e 103.399 exemplares, respectivamente. No ano 2006, a edición dominical do diario tivo unha tirada de 160.400 exemplares, de media, e unha difusión de 138.970. La Voz de Galicia é un xornal coñecido en Galicia pola súa difusión sendo moi superior ás súas vendas xa que está presente en moitos lugares públicos: institucións, bancos, centros de hostalería, locais sociais etc.

A cabeceira do Grupo Voz ten a súa sede e redacción na Coruña e a rotativa en Sabón (Arteixo), inaugurada en 1992. O grupo ademais do citado xornal é propietario de nove emisoras de radio (RadioVoz) que dan cobertura a toda Galicia, unha produtora de televisión que traballa creando series para outras emisoras, unha empresa de estudos de sondaxe de opinión (Sondaxe), unha licenza de televisión dixital terrestre de ámbito autonómico, e tamén foi a editora do xornal Diario de León, vendido a un empresario da capital leonesa no mes de xuño de 2007. La Voz de Galicia tamén tivo proxectos para expandirse fóra de Galiza, así creou edición nacional en Madrid e as súas emisoras de radio estiveron a emitir programación con grupos como Antena 3.

La Voz De Galicia: Historia e evolución, Edicións locais, Edición dixital 
Rotativa en Sabón, Oseiro, Arteixo.

Edicións locais

O modelo de edicións que caracteriza a La Voz comezou a xestarse na década de 1960 coa idea non só de achegar información local, achegando tamén a cada comarca as súas novas. Nesa época estaban a xurdir xornais nas cidades centrados en informar no ámbito local e ían pechando outros ao tempo. As preto de 60 páxinas do corpo central, con portada en cor e un número variable no interior de páxinas en cor, conteñen unha escolma de novas de ámbito xeral, mentres que un caderno pequeno de doce a dezaseis páxinas intercala en cada edición, ofrecendo aos lectores a información máis próxima, á súa cidade, comarca ou provincia. Cada comarca recibe así un pequeno xornal co título de La Voz de, e o nome da comarca. A información complétase con colaboradores locais.

As seccións reciben os nomes das principais comarcas de Galiza:

La Voz De Galicia: Historia e evolución, Edicións locais, Edición dixital 
A delegación de La Voz de Galicia en Vigo está no edificio Vista Alegre, na rúa García Barbón.

O uso do galego no xornal está limitado a novas concretas sobre temas galegos e ao uso que del fan colaboradores habituais ou artigos de opinión de xornalistas, políticos ou xente da cultura.

Edición dixital

La Voz de Galicia iniciou a súa edición dixital o 17 de maio de 2000. Dende os seus inicios a páxina foi unha das máis seguidas en Galiza entre os xornais informativos. Foi ampliando contidos, nos inicios limitábase a ofrecer un resumo das novas máis destacadas do xornal e algunha información local. Existe unha versión de pago con acceso a todo o contido do xornal. La Voz de Galicia ten rexistrados en Internet lavozdegalicia.es, lavozdegalicia.com, lavoz.com e avoz.com. Na páxina web, ademais de en castelán, pódense consultar os contidos en galego por obra dun tradutor automático.

En decembro de 2015, a edición dixital superaba os 8,5 millóns de usuarios mensuais.

Ingresos

Ademais dos ingresos pola venda de xornais e por publicidade (tanto na edición en papel como na dixital), La Voz de Galicia recibe unha subvención anual da Xunta de Galicia, que no ano 2014 ascendeu a 662.175,81 €.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas


La Voz De Galicia: Historia e evolución, Edicións locais, Edición dixital 
 Este artigo sobre xornalismo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

La Voz De Galicia Historia e evoluciónLa Voz De Galicia Edicións locaisLa Voz De Galicia Edición dixitalLa Voz De Galicia IngresosLa Voz De Galicia NotasLa Voz De Galicia Véxase taménLa Voz De Galicia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lista de presidentes da República PortuguesaEduardo IndaCarlos SoberaMercedes QueixasVómito (grupo musical)DelfínSonsoles EspinosaHeraldo de ViveroDe NinghuresVila Nova de CerveiraPablo PicassoElvira Fernández BalboaHarvey WeinsteinSéculos EscurosSonia MéndezVertoTemplo expiatorio da Sagrada FamiliaAguia imperial ibéricaGoretti SanmartínVila de CrucesBilbaoRaquel AtanesDepartamento de ApurímacSénecaPemento de PadrónOldhamXabier DíazDorothé Schubarth2003Mamen MendizábalYolanda DíazLingua casteláJuan Jacobo Durán LorigaDiglosiaOtelo Saraiva de CarvalhoPontedeumeVilalba, Vilalba, VilalbaAsteraceaeMTransformador (modelo de aprendizaxe automática)Verbos galegos ser, estar e irEleccións municipais en SadaNormativa oficial do galegoLFernando Salgado GarcíaEl Pueblo GallegoThibaut CourtoisValentín García GómezEstadio Municipal de RiazorPeer-to-peerMommy Dead and DearestVicente RiscoCharles WhiteEnsaio (literatura)O Barco de ValdeorrasLareiraEmilio González AfonsoTradescantia fluminensisJavier CasqueiroXogo da chaveGabriel García MárquezUnión AfricanaAna Belén FortesISBNPortadaFauna de GaliciaEcce HomoMaría Xosé QueizánGres, Vila de CrucesOurioloSalvador DalíAntón LamazaresLeonardo da VinciAlberto Fortes🡆 More