Comarca De Terra De Lemos: Comarca do sur da provincia de Lugo

Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca.

A maioría da superficie (toda agás o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.

Modelo:Xeografía políticaComarca de Terra de Lemos

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
 42°33′N 7°33′O / 42.55, -7.557°33′O / 42.55, -7.55
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor em Wikidata

Pertencen á comarca de Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.

Xeografía

Situación

Comarca De Terra De Lemos: Xeografía, Infraestruturas de transporte, Galería de imaxes 
O Sil ó seu paso polo sur da comarca.

A Terra de Lemos sitúase xeograficamente no sur da provincia de Lugo. Caracterízase polo gran val situado no centro da mesma, o Val de Lemos. Este val contrasta coas altas montañas sitas ó leste da comarca pertencentes a Serra do Courel e que serven de fronteira coa comarca de Quiroga xunto co río Lor. No sur, o río Sil marca a fronteira coa provincia de Ourense, igual que o río Miño no oeste coa comarca de Chantada.

Orografía

Os principais sistemas montañosos sitúanse no leste, na Serra do Courel, entre Bóveda e O Saviñao, no suroeste de Pantón e no sur. Cabe destacar as seguintes montañas que superan os 1000m de altitude e están sitas na Serra do Courel, no concello da Pobra do Brollón:

  • Alto da Veneira (1.164 m)
  • Alto da Serra (1.137 m)
  • Chao das Lagas (1.060 m)
  • Alto da Chá (1.021 m)

Hidrografía

Os ríos da comarca pertencen ás cuncas hidrográficas dos dous ríos limítrofes da comarca e á súa vez os máis importantes, ás cuncas do Miño e do Sil. O río máis importante da comarca é o río Cabe, que nace no concello do Incio. Este río que desemboca no Sil era moi importante xa na época romana, cando se abastecían e sacaban ouro deste río. En Monforte consérvase a Ponte Vella sobre este río, un dos monumentos característicos da vila. Tamén son importantes os ríos Mao, principal afluente do Cabe, e o río Lor, que fai de fronteira entre as comarcas de Quiroga e Terra de Lemos, afluente do Sil.

Clima

O clima desta comarca é oceánico con tendencias continentais e fortes contrastes. Os invernos son longos, húmidos e con xeadas moderadas. As temperaturas chegan a valores por baixo dos -5º e as néboas están presentes regularmente. Os veráns son calorosos e secos, con noites frescas. No verán chéganse puntualmente a superar temperaturas máximas de 40º; e algunhas noites quedan preto dos 5º.

Demografía

Comarca De Terra De Lemos: Xeografía, Infraestruturas de transporte, Galería de imaxes 
O mosteiro de San Vicente do Pino dende o río Cabe, en Monforte de Lemos.
Comarca De Terra De Lemos: Xeografía, Infraestruturas de transporte, Galería de imaxes 
Casa do Concello de Ferreira de Pantón.

A poboación era, en 2020, de 29.780 habitantes distribuídos así:

Concello Habitantes
Comarca De Terra De Lemos: Xeografía, Infraestruturas de transporte, Galería de imaxes  Monforte de Lemos 18.347
Comarca De Terra De Lemos: Xeografía, Infraestruturas de transporte, Galería de imaxes  O Saviñao 3.634
Comarca De Terra De Lemos: Xeografía, Infraestruturas de transporte, Galería de imaxes  Pantón 2.457
Comarca De Terra De Lemos: Xeografía, Infraestruturas de transporte, Galería de imaxes  Sober 2.260
Comarca De Terra De Lemos: Xeografía, Infraestruturas de transporte, Galería de imaxes  A Pobra do Brollón 1.632
Comarca De Terra De Lemos: Xeografía, Infraestruturas de transporte, Galería de imaxes  Bóveda 1.450
Padrón municipal 2020 29.780 habitantes
Menores de 15 anos 2.769 (9,30 %)
Entre 16 e 64 anos 16.602 (55,75 %)
Maiores de 65 anos 10.409 (34,95 %)

Localidades máis poboadas

No 2020 as entidades máis poboadas segundo o IGE eran:

Infraestruturas de transporte

Na comarca de Terra de Lemos únense as estradas e liñas de ferrocarril procedentes da Coruña e Lugo, Ourense e Vigo, e Ponferrada, sendo un gran centro de comunicacións. A estación de ferrocarril de Monforte de Lemos é a máis importante da provincia.

Principais estradas

Está en proxecto a autovía A-76, que discorrerá paralela á N-120 e unirá Ourense con Ponferrada pasando por Monforte e dando acceso ao porto seco, actualmente en construción.

Ferrocarril

Na comarca conflúen dúas liñas de ferrocarril:

Hai 7 estacións na comarca: Monforte de Lemos (presta servizo para pasaxeiros de longo percorrido e media distancia, e mercancías), A Pobra do Brollón, Canaval, Areas, Santo Estevo do Sil e San Pedro do Sil (prestan servizo para pasaxeiros de media distancia) e Rubián (só para mercancías).

Galería de imaxes

Notas

Tags:

Comarca De Terra De Lemos XeografíaComarca De Terra De Lemos Infraestruturas de transporteComarca De Terra De Lemos Galería de imaxesComarca De Terra De Lemos NotasComarca De Terra De LemosBóvedaGaliciaMonforte de LemosProvincia de LugoRibeira Sacra

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Truman CapoteÁreas lingüísticas do galegoLolita FloresMúsica tradicional galegaOs vellos non deben de namorarseMadridRevolución dos CaraveisRamón Alonso MartínezAAna María Fernández MartínezSupermartesEstados Unidos de AméricaEl laberinto del faunoPeníscolaA gaita gallega (libro)Fernando AlonsoShaquille O'NealBeatriz MatoXosé Luís Méndez FerrínChipionaJosé Ernesto Díaz NoriegaAcademia Chinesa de CienciasFrancisco AñónEmilia Pardo BazánLista das árbores de GaliciaLoureiroÁlex AnguloEstadio Municipal de BalaídosReal Federación Española de FútbolCarl Theodor DreyerProvincias de EspañaJosé Antonio Vázquez TaínPilar Vázquez CuestaSermos GalizaCarlos III do Reino UnidoMonforte de LemosMartina Aneiros BarrosNervoBaby ReindeerXosé Antonio TouriñánDavid SilvaNieves NeiraSuízaManuel González LópezEudoxo de CnidoDover (banda)Xestión de dereitos dixitaisÁureoDies iraeBalurosPantera RodríguezMalvares de MoscosoFrancisco Porto MellaSunnismoLiga de Unidade e Ação RevolucionáriaIsabel Díaz AyusoJeff BezosSalgueiro MaiaJorge PeteiroCarrie (filme)QuercusLeninismoXinzo de LimiaLU-170SuraCarlo AncelottiDe NinghuresMHeviSegunda guerra mundialRoberto SalgueiroLuís DavilaOvidio RodeiroAntolín FaraldoFala de EstremaduraUniversidade de Santiago de Compostela🡆 More