Pilar Vázquez Cuesta: Escritora e filóloga galega

Pilar Vázquez Cuesta, nada en Chantada o 25 de abril de 1926 e finada en Santiago de Compostela o 6 de marzo de 2019, foi unha escritora e filóloga galega.

Infotaula de personaPilar Vázquez Cuesta
Pilar Vázquez Cuesta: Traxectoria, Publicacións, Obra en castelán
Biografía
Nacemento(es) Pilar Vázquez Cuesta Editar o valor em Wikidata
25 de abril de 1926 Editar o valor em Wikidata
Chantada, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de marzo de 2019 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Profesora
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , filóloga Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoEnsaio
LinguaLingua galega, lingua portuguesa e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisDaniel Vázquez Campo Editar o valor em Wikidata  e Modesta Cuesta Gutiérrez
Premios

AELG: 98 Dialnet: 522551

Traxectoria

Filla de Daniel Vázquez Campo, deputado nas constituíntes de 1931 pola ORGA, dedicou a súa vida ao ensino. A súa tía Luisa Cuesta Gutiérrez xa fora profesora da Universidade de Santiago antes da guerra e a súa nai, Modesta Cuesta, foi a primeira muller Licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. Criouse en Chantada ata os cinco anos en que a familia marchou a Madrid.

Despois de terminado o Bacharelato, matriculouse na Facultade de Filosofía e Letras na Universidade Complutense de Madrid e licenciouse en 1946. En 1976 acadou, por oposición, a praza de agregada de Lingua e Literatura Portuguesas na Universidade de Salamanca da que foi catedrática até 1988. En 1988 volveu a Galiza cando se creou a Cátedra de Portugués na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela que detentou ata a súa xubilación en 1991, momento en que foi nomeada Profesora Emérita de Filoloxía Galega e Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela.

Estudosa da cultura portuguesa e brasileira e á súa difusión en España, elaborou numerosos estudos, traballos de investigación e traducións ao castelán de autores portugueses e brasileiros, destacando a súa gramática portuguesa en español con Maria Albertina Mendes da Lus.

Publicou estudos sobre Eduardo Pondal, Rosalía de Castro, M. Curros Enríquez, Ramón Cabanillas, Castelao, Otero Pedrayo, Blanco Amor, Luís Seoane, Álvaro Cunqueiro, Lamas Carvajal...

Publicacións

Ensaio

  • Gramática portuguesa (1949). Con Mendes da Lus, María Albertina (en castelán). Gredos. Madrid. Reeditada. II vols.
  • A poesía portuguesa actual (1976). Editora Nacional. Madrid. Ed. bilingüe castelán-portugués. 406 páxs. ISBN 9788427603318.
  • A língua e a cultura portuguesas no tempo dos Filipes (1988). Europa-América. En portugués. 152 páxs.
  • O que um falante de português deve saber acerca do galego (2002). Colibri. Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Lisboa. En Portugués.

Obras colectivas

Pilar Vázquez Cuesta: Traxectoria, Publicacións, Obra en castelán 
Problemática das línguas sen normalizar. Situación do galego e alternativas, 1980.
  • Problemática das línguas sen normalizar. Situación do galego e alternativas, 1980, AS-PG/Xistral.
  • Situación e perspectivas do Galego, en Congresso sobre a situação da língua portuguesa no mundo, 1985, ICALP, Lisboa.
  • Escritores galegos contemporáneos. Participantes no encontro de escritores galegos e portugueses en Compostela, (setembro 1991) (1991, Xunta de Galicia). Coordinación con Henrique Monteagudo e Fernando Dacosta.

Obras sobre a autora

Obra en castelán

Obras colectivas

  • Literatura Gallega, en Historia de las literaturas hispánicas no castellanas, 1980, Taurus, Madrid.
  • A nosa literatura: unha interpretación para hoxe, 1982, Xistral.

Distincións

  • Foi investida Doutora Honoris Causa pola Universidade de Lisboa.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Pilar Vázquez Cuesta TraxectoriaPilar Vázquez Cuesta PublicaciónsPilar Vázquez Cuesta Obra en castelánPilar Vázquez Cuesta DistinciónsPilar Vázquez Cuesta NotasPilar Vázquez Cuesta Véxase taménPilar Vázquez Cuesta1926201925 de abril6 de marzoChantadaSantiago de Compostela

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Sri LankaProvincias de EspañaLeonardo da VinciRamón María del Valle-InclánUcraínaArxentinaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoAmérica do NorteJacinto BenaventeMark WahlbergMaría JamardoGrupo RompentePaís VascoPunta UmbríaMaría a Balteira1928Galego-portuguésBob DylanEstadio de TammelaTaylor SwiftShōgunPablo EscobarA CoruñaXosé FortesFlora invasora de GaliciaRefraneiro galego sobre o mes de maioBrasilAbrilManuel MurguíaRoberto VerinoBronceTradescantia fluminensisBala (grupo musical)Toniña comúnRoberto BautistaPili PampínMiguel SolísAna RomaníPablo EcheniqueDonicelaPonte 25 de AbrilFrancisco FrancoHindemburg Melão Jr.OTAN25 de abrilDelfínYolanda CastañoVacaCamilo Díaz BaliñoSonsoles EspinosaPatricia VázquezAlberto Núñez FeijóoRaffaella CarràLingua casteláConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesRebel MoonAna TurpinGabriel AlénCataluñaMarmelo (doce)LeninismoXunta de GaliciaCabo Norte, NoruegaAWStatsRataDeserto do SáharaSubgrupoLista de episodios de Shin ChanRibeiraCorzoPalmaNava CastroQueiroaMoción de confianzaXesta🡆 More