Eduardo Blanco Amor: Escritor e xornalista galego

Eduardo Modesto Blanco Amor, nado en Ourense o 14 de setembro de 1897 e finado en Vigo o 1 de decembro de 1979, foi un escritor e xornalista galego en lingua galega e lingua castelá.

Recibiu as influencias de Charles Baudelaire, Stéphane Mallarmé, Arthur Rimbaud e Gabriele d'Annunzio. Na Arxentina coñeceu a Jorge Luis Borges, Ernesto Sabato e Horacio Quiroga. Fundou Terra, voceiro da Irmandade Nazonalista Galega de Buenos Aires, dirixiu Céltiga e colaborou en Nós. De volta a España contactou coa Xeración do 27 e coñeceu a Federico García Lorca. Retornou á Arxentina. En 1972 foi elixido membro numerario da Real Academia Galega e en 1993 foille adicado o Día das Letras Galegas.

Infotaula de personaEduardo Blanco Amor
Eduardo Blanco Amor: Traxectoria, Obra, Obra en galego
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de setembro de 1897 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de decembro de 1979 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de San Francisco de Ourense Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , xornalista Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía, teatro e narración Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParentesEmilio Amor Rolán (primo terceiro ou prima terceira (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Eduardo Blanco Amor: Traxectoria, Obra, Obra en galego Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0087210 Bitraga: 316 BUSC: blanco-amor-eduardo-1897-1979 Find a Grave: 10924637 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Foi fillo de Aurora Amor, florista ourensá, e de Víctor Blanco, barbeiro procedente da zona de Mombuey,[2] quen abandonou o fogar cando Blanco Amor tiña tres anos. A nai tivera un matrimonio anterior con Ramón Bóveda Guerra, de quen enviuvara en 1884 e con quen tivera tres fillos: Xulia, Cástor e Camilo. Naceu no nº 17 da rúa da Paz, e foi bautizado como Eduardo Modesto. En 1915 comezou a traballar como secretario de dirección en El Diario de Orense da man de Xavier Bóveda, curmán dos seus medio irmáns. E en 1917 estivo como porteiro na Inspección de Primeira Ensinanza, mais en setembro dese ano foi suspendido de emprego e soldo. Durante esta época frecuentou os faladoiros de Vicente Risco, de quen tamén foi alumno na Escola Normal, figura que tivo unha importancia decisiva na súa futura defensa e promoción da cultura galega.

En abril de 1919 emigrou a Buenos Aires para evitar ir á guerra do Rif.[4] Alí continuou en contacto con intelectuais galegos da emigración, tomando parte activa na Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, fundada en 1921, que pretendía aglutinar tódolos inmigrantes galegos e da que chegaría a ser director do seu órgano El Despertar Gallego. No 1924 coñece a Ramón Suárez Picallo, que había ser o seu grande amigo. En 1923 fundou con Ramiro Isla Couto a revista Terra, en lingua galega. Máis adiante participou tamén noutra publicación galeguista chamada Céltiga, da que tamén será director. En 1925 entrou a formar parte do diario arxentino La Nación, onde coñeceu escritores arxentinos como Leopoldo Lugones, Jorge Luis Borges, Ernesto Sabato, Eduardo Mallea e o uruguaio Horacio Quiroga. Tamén colaborou con publicacións como Correo de Galicia e a Revista de la Casa de Galicia.

En 1927 publicou a súa primeira obra, a noveliña Os Nonnatos. Ao ano seguinte seguiuna o libro de poemas Romances galegos, encadrado dentro dunha estética modernista cunha forte influencia dos romances casteláns e de Luís Amado Carballo.

Eduardo Blanco Amor: Traxectoria, Obra, Obra en galego 
Placa na casa natal.

Fixo dúas viaxes a Galicia como correspondente do diario La Nación. Na primeira (1929-1931) coñeceu a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e a varios intelectuais do Partido Galeguista e do grupo Nós, e escribiu Poema en catro tempos, que publicaría posteriormente na Arxentina en 1931. Dende Buenos Aires colaborou máis tarde coa revista Nós con varios poemas e tres capítulos da súa novela inconclusa A escadeira de Jacob. Na segunda viaxe (1933-1935) coñeceu en Madrid a Federico García Lorca (e outros membros da Xeración do 27 da literatura española) con quen tivo unha grande amizade e a quen acompañou á casa familiar de Fuente Vaqueros en varias ocasións. Foi Blanco Amor o responsable de convencer a Lorca para que publicase os Seis poemas galegos (1935).

Eduardo Blanco Amor: Traxectoria, Obra, Obra en galego 
Blanco-Amor nunha viaxe a Caracas, con Xosé Velo, Xoán Noya, Mariano Otero Castelao e Manuel Meilán. 1952.

Defendeu dende a Arxentina a legalidade republicana cando se produciu o estalido da guerra civil española. Durante os 20 anos seguintes espallou a nosa cultura e utilizou unicamente o castelán na súa obra literaria, con obras como Los miedos (1963) ou La catedral y el niño (1948). En 1956 volveu ao galego con Cancioneiro, e en 1959 publicou A esmorga.

Catedrático de Lectura Expresiva e Interpretación de Textos no Conservatorio Arxentino desde 1952. Foi tamén profesor da Facultade de Humanidades do Uruguai e da Escuela Internacional de Temporada en Santiago de Chile. En Buenos Aires fundou e dirixiu o Teatro Popular Galego, que puxo en escena obras de Lugrís Freire, do propio Blanco Amor e doutros autores. Tamén foi director da revista Galicia, publicada pola Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales.

Retornou a Galicia o 16 de xaneiro de 1965, despois de publicar Os biosbardos (1962), e sen recibir o apoio que cría merecer. En 1970 saíu unha nova edición d' A esmorga, e en 1972 apareceu Xente ao lonxe. Canto ao teatro, saíron Farsas para Títeres (1973) e Teatro prá xente (1975).

Nos últimos anos da súa vida viviu no Hotel Nilo de Vigo. Faleceu nesa cidade por mor dunha trombose na madrugada o 1 de decembro de 1979, no taxi que o levaba cara ao Sanatorio Toscano, no barrio do Calvario.[13] Foi soterrado no cemiterio de San Francisco de Ourense.

Finou sen dar lectura ao discurso de ingreso que, segundo consta na documentación da Real Academia Galega, levaría por título: "A esperencia literaria". Considérase igualmente académico numerario. Foi proposto por Ramón Otero Pedrayo, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego.

Blanco Amor era homosexual, e este aspecto reflíctese en obras como A esmorga ou Xente ao lonxe, así como de forma destacada nos poemarios eróticos compilados postumamente no volume Ars amandi (2007). O autor mantivo contactos coa Fronte de Liberación Homosexual Galega (FLHG), e na súa última entrevista destacou "o Estatuto de Autonomía e a abolición da lei de perigosidade social" como dúas causas polas que saír á rúa.

Obra

Narrativa

En 1927 publicou a súa primeira obra, a narración curta Os Nonnatos, publicada na revista Céltiga o 25 de maio. "Xacobe descobre o seu perfl" foi un adianto de novela publicado en 1933 na revista Nós en tres capítulos, que acabou sendo publicada en 1993 como A escadeira de Jacob.

Eduardo Blanco Amor: Traxectoria, Obra, Obra en galego 
Blanco Amor en Ourense en 1933.

En 1959 publicou unha novela de extraordinaria importancia para a renovación da narrativa galega: A esmorga. Esta obra desenvólvese en Auria e marca un fito na ruptura das tendencias costumistas e populares da literatura galega, debido á súa técnica innovadora: o único que se pode ler son as contestacións dun reo nun xuízo, que conta as aventuras que o levaron á condena. É o modo de, sen facer un texto bilingüe, darlle verosimilitude a un diálogo entre un xuíz, que fala castelán, e un reo que fala galego. Amais de deberse ao afán de verosimilitude, o silencio do xuíz representa a xordeira da xustiza, o seu papel represor e castigador. A novela, ambientada nos baixos fondos ourensáns, céntrase en tres personaxes transgresores e marxinais que van sendo levados a un final tráxico.

O galego que eu tiña entón non me servía pra escribir a novela que eu quería, era moi limitado demáis. E eso levóu tempo, claro. Ás veces voltaba sobor das páxinas que levaba escritas e lía en voz alta pra ver a súa musicalidade, o ritmo do idioma que medraba, e non me gostaba, e veña a voltar atrás unha vez e outra. Hai partes de cinco ou seis redaccións até que atopaba o que buscaba.

Unha ducia de galegos.[20]

Outra obra que tivo gran repercusión foi o libro de relatos Os biosbardos (1962), relatos en primeira persoa con protagonista e narrador infantil distinto en cada conto. A súa última etapa foi moi fecunda, a pesar de ser postergado pola cultura oficial: en 1970 alumeou unha nova edición d' A esmorga, e en 1972 apareceu a extensa novela Xente ao lonxe, onde a través dos avatares que lle ocorren a unha familia de clase obreira, retrata a sociedade urbana, moi estratificada, do Ourense de principios de século.

Calquera que se pona a pescudar no xa "bailado" da súa vida, atoparáse con que o pasado e a súa prolongación ou penetración no soñado, componen un tecido indiscriminábel no que as esperencias e as figuracións valen por igual no total resultado subxetivo do esistir; e si é escritor de novelas ou de poemas, na súa proieción conxunta no cerne da obra e as veces na forma.

— "Prólogo útil" de Xente ao lonxe.

Moitas das súas obras narrativas (A Esmorga, Xente ao lonxe, Os biosbardos) desenvólvense nunha cidade ficticia, Auria, transposición literaria do seu Ourense natal. Os críticos literarios encontraron nas súas ficcións ecos de autores como Valle-Inclán ou Eça de Queirós, constitúe un dos grandes fitos na renovación da narrativa galega e está considerado un dos grandes narradores galegos da posguerra.

Teatro

Nos seus últimos anos prestou unha grande atención ao xénero teatral, con obras como Farsas para Títeres (1973, Ed. do Castro). Contén seis pezas: Romance de Micomicón e Adhelala, Amor e crimes de “Juan el Pantera”, Falsa morte e certa morte de Estoraque o Indiano, A verdade vestida, Un refaixo pra Celestina e Anxélica no ombral do ceio. En edición bilingüe castelán-galego, autotradución. En 1974 sae Teatro pra a xente (Galaxia) que contén: O cantar dos cantares, ou Galicia 1948, Fas e Nefas, ou o castelo enmeigado número 5.000 e pico, A carauta, Os baralláns; e tres contos escénicos: A medosa Blandina, A lebre das ánimas, A tía Lambida. Ademais publicou a pequena peza esperpéntica Proceso en Jacobusland (Fantasía xudicial en ningures) que tivo problemas coa censura.

Como dramaturgo, preocupouse de buscar a dignificación do xénero por medio do popular, pero superando o folclorismo e o costumismo hexemónicos no teatro galego da emigración.

Poesía

Blanco Amor foi un importante poeta sobre todo nos primeiros tempos. Comezou co libro de poemas de estética modernista Romances galegos (Buenos Aires: Editorial Céltiga 1928). Seguiu con Poema en catro tempos (1931, Buenos Aires), elexía á morte dun pescador. Logo veu Cancioneiro (1956, Buenos Aires). Dous Cantos a Galiza encadeada (1946) foron publicados no xornal Galicia, da Federación de Sociedades Galegas. Estes libros foron despois recollidos en Poemas galegos (1980, Galaxia).

Xornalismo e ensaio

Dirixiu Céltiga, Terra, Galicia, Ciudad e colaborou en La Nación, La Hora, La Vaguardia, Faro de Vigo... A súa obra xornalística, sobre todo en América en Castelán, é inxente. Contribuíu ao ensaio o con traballos como Chile a la vista, El Padre Feijoo, Volviendo a Ortega y Gasset, Castelao e Las buenas maneras, La peligrosa aventura de vivir en un pueblo: escritos 1967-1971, A contrapelo. Ademais desenvolveu ao longo da súa vida unha intensa actividade como conferenciante e en programas de radio.[28]

Fotografía

Amais da literatura, practicou a fotografía de xeito afeccionado, cunha cámara Voigtländer. As súas imaxes, máis de 3 000, permanecen sen clasificar no arquivo da biblioteca da Deputación de Ourense. En 2004 Editorial Galaxia publicou o libro A ollada do desexo. Obra fotográfica 1933-1973, unha escolma representativa con edición e limiar de Carlos Lema e cun epílogo de Margarita Ledo Andión. Inclúe autorretratos, imaxes de viaxes por lugares como Marrocos, París ou Nápoles, e fotografías de persoeiros como García Lorca, Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Luís Seoane ou Indalecio Prieto.

Obra en galego

Eduardo Blanco Amor: Traxectoria, Obra, Obra en galego 
1933, Ourense. Banquete galeguista homenaxe a Emilia Docet e a Manuel Luís Acuña. Entre outros: Risco, Ramiro Isla, Leuter, Cunqueiro, Ramón Otero Pedrayo, María Luz Morales, Blanco Amor, Ramos Colemán e Peña Rey.
    Poesía
    Narrativa
  • A esmorga (1959). Citania. Foi traducida ao castelán, ao asturiano, ao italiano en dúas ocasións, ao francés, ao inglés e ao catalán.
  • Os biosbardos (1962). Galaxia. Traducida ao castelán.
  • Xente ao lonxe (1972). Galaxia. Traducida ao castelán.
  • A escadeira de Jacob (1993). Galaxia. 120 páxs. ISBN 978-84-7154-867-2. "Xacobe descobre o seu perfl" foi un adianto da novela publicado en 1933 na revista Nós en tres capítulos.
    Teatro
    Ensaio
    Tradución
    Fotografía
    Obra completa

Obra bilingüe castelán-galego

  • Farsas para títeres (1973). Edición bilingüe. Ediciós do Castro. Ilustracións de Luís Seoane. Teatro
  • Catro pezas inéditas do teatro de Eduardo Blanco-Amor (1993). Ediciós do Castro. Teatro. Galicia en fiesta, El complejo, Becqueriana, Mis tías en el sofá, edición e tradución ao galego de Luís Pérez Rodríguez.
  • A contrapelo (1993). La Voz de Galicia. ISBN 84-88254-18-0. Compilación de artigos publicados na prensa diaria.
  • Quince "cuentos de la ciudad" e un conto no ceo, "Os nonnatos" (1993). Ediciós do Castro. Edición de Luís Pérez. ISBN 978-8474926514. Narrativa.

Obra en castelán

Eduardo Blanco Amor: Traxectoria, Obra, Obra en galego 
Conxunto escultórico en homenaxe a Blanco Amor na Insua dos Poetas.
    Poesía
  • Horizonte evadido (1936).Viau y Zona Editores. Buenos Aires.
  • En soledad amena (1941). Emecé Editores. Buenos Aires.
  • Horizonte evadido. En soledad amena (2001). Fundación Municipal De Cultura. Oleiros. ISBN 978-8460631583.
  • Ars amandi (2007). Galaxia - P.E.N. Club de Galicia. 232 páxs. ISBN 978-84-7154-088-1. Textos en castelán e preliminares en galego.
    Narrativa
    Ensaio
  • Chile a la vista (1951). Editorial del Pacífico, S. A., Santiago de Chile. Reeditado por Galaxia (2003), ISBN 978-84-8288-610-7, Biblioteca Blanco Amor.
  • Las buenas maneras (1956). Losada. Buenos Aires. Reeditado por Xerais (1983), ISBN 9788475070957: Las buenas maneras. Tratado de urbanidas para mayores.
  • Volviendo a Ortega y Gasset (1970). Ed. de autor. Ourense.
  • La peligrosa aventura de vivir en un pueblo: escritos 1967-1971 (1990). La Región. 263 páxs. ISBN 84-86868-10-6.
  • En defensa e ilustración de la Segunda República Española en los años de la guerra civil (1936-1939) (2016). Galaxia. 468 páxs. ISBN 978-84-9865-683-1.

Recoñecementos

Desde 1981 celébrase o Premio Blanco Amor de novela longa en galego organizado por varios concellos.

O plenario da Real Academia Galega acordou adicarlle o Día das Letras Galegas do ano 1993.

Rúas de moitas cidades e vilas de Galicia, así como dous institutos de ensino público, levan o seu nome: o IES Eduardo Blanco Amor de Ourense e o IES Blanco Amor de Culleredo.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Vídeos externos
Eduardo Blanco Amor: Traxectoria, Obra, Obra en galego  "Galicia letra a letra", Craig Patterson.

Ligazóns externas

Tags:

Eduardo Blanco Amor TraxectoriaEduardo Blanco Amor ObraEduardo Blanco Amor Obra en galegoEduardo Blanco Amor Obra bilingüe castelán-galegoEduardo Blanco Amor Obra en castelánEduardo Blanco Amor RecoñecementosEduardo Blanco Amor Galería de imaxesEduardo Blanco Amor NotasEduardo Blanco Amor Véxase taménEduardo Blanco Amor

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

VedraRosario Porto OrtegaGuerra de VietnamMarta DoviroJuan Manuel LilloAnxo Xesteira SerranoSabela RamosDía das Letras GalegasVíctor DupláRichard GereVertoAna BucetaEnrique Jardiel PoncelaDiego CalvoXoán BabarroCarme Giralt i RosésExército Guerrilheiro do Povo Galego CeiveGerardo Criado GuizánSonsoles EspinosaOU-933Aturuxo (folclore)Música hip hopCélula pancreática acinarRevolución dos CaraveisHéctor CajaravilleMelani OlivaresGustave CourbetRefraneiro galego sobre o mes de maioEl Heraldo Gallego (Buenos Aires)Eiruga (planta)José Antonio DonoIndiaPosicións sexuaisAtentado de HipercorAlemañaSara Vila AlonsoPrehistoriaPepa a LobaOU-412Elvis PresleyPortugalWayback MachineAmeixeiraApoloBugalloNordés (vento)GallaeciaDitongoAlfonso Basterra CamporroAbu ZabiTomiñoErling HaalandConsellería de Cultura, Lingua e XuventudeBorussia DortmundXXX edición dos Premios GoyaMasturbación coas mamasEstatua de Che Guevara en OleirosManuel RivasZürichMiriam Beizana VigoConcelloIránLista de episodios de Dragon Ball ZDev PatelXela AriasBurroCantares gallegosAlberto Núñez FeijóoVoltaireJosé Darse SobrinoBenito CorbalCopia por contactoMorsaAlfred HitchcockSantuario de Nosa Señora da PenedaReal Club Celta de Vigo🡆 More