Leninismo: Conxunto de teorías sociais i económicas creadas polo líder bolxevique Lenin

Coñécese como leninismo o conxunto de teorías políticas, económicas e filosóficas desenvolvidas polo líder bolxevique Vladimir Ilich Lenin dentro do marxismo.

Leninismo: Historia e características, Notas, Véxase tamén
Vladimir Ilich Lenin.

Historia e características

O leninismo baséase na continuación do marxismo. O marxismo afirma que a clase obreira debe actuar contra a burguesía e o capital para instaurar o socialismo. O leninismo di como facelo, a través dunha "asociación" dos traballadores máis conscientes sobre a situación do proletariado, que sería un Partido Comunista que organizaría a loita.

Unha das achegas máis importantes de Lenin foi na cuestión da organización comunista. Dicía que a loita económica do proletariado só levaría a adquirir unha ideoloxía sindicalista e que a conciencia marxista e revolucionaria debían ser introducidas dende fóra. Ademais, propoñía que a clase obreira debería contar cunha vangarda revolucionaria que dirixise a loita, o Partido Comunista, co obxecto de levar a cabo a súa actividade revolucionaria. Os obxectivos do partido só poderían ser alcanzados cunha organización disciplinada coñecida como centralismo democrático.

O leninismo mantén que o imperialismo é o estado máis alto do capitalismo, e que o capitalismo só se pode vencer a través dos medios revolucionarios, pois calquera intento de reformar o capitalismo está destinado ao fracaso. Lenin cría na destrución do Estado capitalista a través da revolución proletaria, e en substituír ese Estado pola chamada ditadura do proletariado, un sistema de democracia en que os traballadores terían o poder a través de consellos chamados soviets.

A teoría de Lenin sobre o imperialismo, que tiña como obxectivo mellorar a obra de Karl Marx, explicaba un fenómeno que este non predicira: o Capitalismo que se converte nun sistema global, Marx describírao como un sistema nacional. No medio da teoría do imperialismo está a idea de que as nacións capitalistas avanzadas intentan evitar a revolución forzando que a súa sobreprodución entre nos mercados das colonias e explote os recursos destas. Isto permitía ás nacións capitalistas industrialmente avanzadas satisfacer os seus traballadores, en parte tamén a través dunha "aristocracia obreira". Como resultado, o capitalismo sería dirixido por ese sector privilexiado, representado polos partidos socialdemócratas, ata o punto de que a revolución non ocorrería nas nacións máis avanzadas, como Marx previra, senón no Estado imperialista máis débil, Rusia.

Se a revolución só se pode levar a cabo nun país subdesenvolvido, este non será capaz de desenvolver un sistema socialista. Na teoría marxista, o socialismo é o estadio que sucede ao capitalismo antes de chegar ao comunismo. Daquela, o capitalismo nese país subdesenvolvido aínda non seguiu o seu curso completo, e os poderes estranxeiros intentarán acabar coa revolución a calquera custo. Para solucionar este problema Lenin propón dúas posibles solucións:

  • Se a revolución sucede nun país subdesenvolvido, desata unha revolución nun país capitalista desenvolvido. Por exemplo, Lenin esperaba que a Revolución Rusa provocara unha revolución en Alemaña. O país desenvolvido establece o socialismo e axuda ao subdesenvolvido a facer o mesmo.
  • A revolución ten lugar en numerosos países subdesenvolvidos ao mesmo tempo ou nunha sucesión rápida. Estes países xúntanse nun estado federal capaz de intimidar as potencias capitalistas e establecer o socialismo. Esta era a idea orixinal durante a fundación da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas.

O socialismo non pode sobrevivir só nun país pobre e subdesenvolvido. Por iso, o leninismo avoga pola revolución mundial nunha forma ou outra.

Correntes leninistas

O termo leninismo (ou marxismo-leninismo) foi empregado por ideoloxías distintas para autodefinirse, cada unha das cales recoñece as súas raíces históricas no leninismo: estalinismo, maoísmo e trotskismo.

As teorías de Lenin foron unha fonte de controversia dende a súa implantación. Tivo críticas tanto na esquerda política (socialdemocracia, anarquismo, e mesmo noutros marxismos como o luxemburguismo ou o consellismo) como na dereita (liberalismo, conservadorismo, fascismo ou anticomunismo).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Leninismo Historia e característicasLeninismo NotasLeninismo Véxase taménLeninismoBolxeviqueLeninMarxismo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

O GroveO divino saineteMexacánPeneA PontenovaMovella grandeEtruscosReino de GaliciaMaría Xesús LorenzanaZinedine ZidaneGheadaArias MuñizOU-403DecímetroMOs PinosProvincia da CoruñaPaulo CarrilAristótelesOsoOU-413Alberto Fernández MartínezPepe ViyuelaVedraJosé Luís Baños de CosAs Pontes de García RodríguezHorteláLista de palabras galegas de orixe celtaEnrique Labarta PoseNova narrativa galegaReal Club Celta de VigoYolanda CastañoSardeñaEnciclopedia (homónimos)Brais RuanovaPeneiraTelevisión de GaliciaAlejandra SilvaLSDOs adverbios galegosCantigas de Santa MaríaAmieiroBaionaPardo de CelaÉvoraRevolución IndustrialAturuxo (folclore)BuxoConsellería de Cultura, Lingua e XuventudeDiego SimeonePontevedraClasificación histórica da Primeira división española de fútbolMaruca do MediterráneoJosé CoronadoConfederación muiscaAlberto Núñez FeijóoPO-206Estación de OrdesA Nosa Terra (1916)Abel CaballeroCódigo QRNoa PresasCélulas A549Cantares gallegosLaureano Amboage QuiñoyIránManuel MaríaEspañaEmiratos Árabes UnidosChairaLista de nomes femininos en galegoEuropaNormativa oficial do galegoPO-960Fútbol Club Barcelona🡆 More