Manuel Roberto Mariño Fernández, nado en Verín o 3 de maio de 1945, é un deseñador de moda galego, máis coñecido como Roberto Verino.
Verino no 2017 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de maio de 1945 (78 anos) Verín, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | Deseñador de roupa, empresario |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | M.ª Cristina (1970 - 2022, avogada) José Manuel (1973, arquitecto) |
Premios | |
Páxina web | robertoverino.com |
Adquiriu os seus coñecementos en París, e en 1982 sacou unha colección de prêt-à-porter de muller que tivo éxito, e dende aquela tivo sempre un oco dentro do mundo da moda. Paralelamente tamén creou o seu tecido empresarial de carácter internacional, tendo tendas de roupa en París, en Madrid, en Lisboa, así como tamén ten un perfume, Eau de Verino, ou produce viños, Terra do Gargalo, coa Denominación de Orixe Monterrei.
En 2022 ingresou como académico numerario da Sección Artes da Imaxe da Real Academia Galega de Belas Artes.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Roberto Verino, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.