Henrique Monteagudo: Sociolingüista galego

Xosé Henrique Monteagudo Romero, nado na Insuela (Esteiro, Muros) o 26 de novembro de 1959, é un sociolingüísta galego, profesor na Universidade de Santiago de Compostela desde 1982 e Catedrático de Filoloxía Galega desde 2018, membro numerario e vicesecretario da Real Academia Galega.

Infotaula de personaHenrique Monteagudo
Henrique Monteagudo: Traxectoria, Publicacións destacadas, Premios e recoñecementos
Biografía
Nacemento26 de novembro de 1959 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
A Insuela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela (1982–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoensaio
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Participou en
11 de xuño de 2018manifesto «Renovar el pacte constitucional» (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeDolores Vilavedra
Fillosdúas
PaiJosé María Monteagudo Romaní Editar o valor em Wikidata
IrmánsInés Monteagudo Romero Editar o valor em Wikidata

Facebook: henrique.monteagudo Twitter: QuiqeMonteagudo AELG: 282 Dialnet: 548064 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Henrique Monteagudo licenciouse en filoloxía hispánica (galego-portugués) pola Universidade de Santiago de Compostela (1981) e foi profesor na mesma e investigador do Instituto da Lingua Galega desde 1982. En 1995 doutorouse pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Ideas e debates sobre a lingua: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e a tradición galeguista, dirixida por Antón Santamarina. Desde ese momento foi profesor titular de Filoloxía Galega en Santiago. Tamén foi profesor nas universidades de Birmingham (como 'Assistant Lectores'), na City University of New York (1996) e na de Lisboa (1998). Actualmente é coordinador da Sección de Lingua Galega do Consello da Cultura Galega e director do Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística. Monteagudo é co-coordinador do Informe sobre Política Lingüística e Normalización en Galicia da Sección de Lingua Galega do CCG desde 1998.

Foi un dos fundadores da revista Dorna. Expresión poética galega (1982). Forma parte do consello de redacción de Grial. Revista Galega de Cultura desde 1988, e é o seu co-director desde 2003. Tamén é membro do consello de redacción da revista científica Estudos de Lingüística Galega (ILG/USC) e mais do Boletín da Real Academia Galega, e do comité editorial das publicacións Treballs de Sociolingüística Catalana, Gragoatá e LaborHistórico. Desde xaneiro de 2019 é catedrático de universidade.

O 30 de abril de 2010 foi elixido académico numerario da Real Academia Galega, para ocupar así a vacante de Antonio Gil Merino. De 2013 a 2021 foi o Secretario da RAG e desde 2021 o seu Subsecretario.

Foi membro do partido político Compromiso por Galicia.

No eido persoal é irmán da alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo Romero do PPdeG.

Publicacións destacadas

Ten publicado traballos sobre literatura galega medieval, historia externa da lingua, planificación lingüística e gramática e lexicografía galegas e, entre as súas publicacións destacan:

Ensaio

Henrique Monteagudo: Traxectoria, Publicacións destacadas, Premios e recoñecementos 
Sostendo un exemplar de As razóns do galego.

Edicións

Obras colectivas

  • A poesía lírica galego-portuguesa, de Giuseppe Tavani (1986, Galaxia). Co-tradutor con Rosario Álvarez.
  • Diccionario galego-castelán (1988, Galaxia).
  • Contos da xustiza (1991, Ir Indo).
  • Escritores galegos contemporáneos. Participantes no encontro de escritores galegos e portugueses en Compostela, (setembro 1991) (1991, Xunta de Galicia).
  • A vida e o tempo de Diego Xelmírez, de R. A. Fletcher (1992, Galaxia). Tradución con María Xesús Lama.
  • Follas novas, de Rosalía de Castro (1993, Galaxia). Editor, con Dolores Vilavedra.
  • Nivel soleira: versión provisional (1993, Xunta de Galicia).
  • Diccionario da literatura galega. I. Autores, 1995, Galaxia.
  • Estudios de sociolingüística galega (1995, Galaxia).
  • Día das Letras Galegas 1996: Xesús Ferro Couselo (1996, Universidade de Santiago de Compostela).
  • Xesús Ferro Couselo. 1906-1975: unha fotobiografía (1996, Xerais). Con Marcos Valcárcel, Xesús Alonso Montero e Ramón Villares.
  • Diccionario da literatura galega. II. Publicacións periódicas (1997, Galaxia).
  • Galego, 2 BUP (1998, Xerais).
  • A lagarada. O desengano do prioiro, de Ramón Otero Pedrayo (1998, Galaxia).
  • Tres poetas medievais da Ría de Vigo: Martín Codax, Mendiño e Johán de Cangas (1998, Galaxia).
  • Lingua COU (1999, Xerais).
  • Novas voces da poesía galega: recital (2000, Consello da Cultura Galega).
  • Para ler a Castelao. I. II (2000, Galaxia).
  • Galicia: unha luz no Atlántico (2001, Xerais).
  • Elaboración e difusión da lingua (2002, Consello da Cultura Galega). Coordinador, con Xan Bouzada.
  • A normalización lingüística a debate (2002, Xerais).
  • O proceso de normalización do idioma galego 1980-2000. Volume I, II, III (2002, Consello da Cultura Galega). Coordinador con Xan Bouzada.
  • Sobre a lingua galega: antoloxía, de Martín Sarmiento (2002, Galaxia).
  • Homenaxe a don Paco del Riego, fillo adoptivo de Nigrán, 2003, Edicións do Cumio.
  • Actas do I Congreso Internacional "Curros Enríquez e o seu tempo" (Celanova, 2001) (2004, Consello da Cultura Galega).
  • Norma lingüística e variación: unha perspectiva desde o idioma galego (2005, ILG/Consello da Cultura Galega).
  • A sociedade galega e o idioma. A evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003) (2005, Consello da Cultura Galega).
  • A edición da Poesía Trobadoresca en Galiza (2008, Baía Edicións).
  • De verbo a verbo: documentos en galego anteriores a 1260 (2009, Universidade de Santiago de Compostela). Con Ana Boullón.
  • Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade (2009, Consello da Cultura Galega).
  • Fermín Penzol. Unha obra para un país (2010, Galaxia).
  • "A invención dos Séculos Escuros" en Historia das historias de Galicia (2016, Xerais).

Ademais, ten editado textos de Rosalía de Castro, Castelao e Ramón Otero Pedrayo e os seus traballos publícanse en revistas especializadas como Grial, Verba, Coloquio/Letras (de Lisboa), Signo y Seña (de Buenos Aires), Portuguese Studies (de Cambridge), entre outras.

Premios e recoñecementos

  • 1º Premio de "Ensayo sobre las lenguas y literaturas gallega, vasca y catalana", da Universidade Nacional de Educación a Distancia (Madrid), 1998.
  • Premio Antón Losada Diéguez de investigación (2000).
  • Premio da Crítica Galicia, na sección de Investigación, en 2009, pola obra Letras primeiras. O Foral de Caldelas. A emerxencia da escrita en galego e os primordios da lírica trobadoresca.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Predecesor:
Xosé Luís Axeitos
 Henrique Monteagudo: Traxectoria, Publicacións destacadas, Premios e recoñecementos 
 Secretario da Real Academia Galega 
 
2013-2021
Sucesor:
Margarita Ledo Andión
Predecesor:
Andrés Torres Queiruga
 Henrique Monteagudo: Traxectoria, Publicacións destacadas, Premios e recoñecementos 
 Vicesecretario da Real Academia Galega 
 
2021-
Sucesor:

Tags:

Henrique Monteagudo TraxectoriaHenrique Monteagudo Publicacións destacadasHenrique Monteagudo Premios e recoñecementosHenrique Monteagudo NotasHenrique Monteagudo Véxase taménHenrique Monteagudo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xosé Ramón GayosoCopa do SarZ3Ana RomaníCAturuxo (folclore)Valentín Alfonsín SomozaMono (vestimenta)Antón LouroBodystockingEl Progreso (xornal)Miñato común11VilalbaAsexualidadeAGrupo RompenteAbel LosadaPortadaFragas do EumeEleccións municipais en CercedaVigo25Francisco Arriví LópezAlejandra SilvaBakúAntonio Muñoz Molina28LíbanoMartin SheenAlfonso LáuzaraGuarda, PortugalCaramelo (empresa)Provincia de LeónProvincia da CoruñaJacinto ConvitJorge Blass77Ponte dos SantosJohn HerschelOrixe das avesLista de programas de Televisión EspañolaLuis ZaheraLabios (xenitais)Pena Verde, Rebordondo, CualedroXosé Manuel PiñeiroElvis PresleyPobo galegoCarlos SedesCharlie ChaplinPauletaAlbaniaO Carregal, Valadares, VigoA Cure for WellnessPoutaEls DottermansCafés CandelasCuruxa comúnBaltar, MelideLista de xentilicios de concellos galegosCandorcaGondar, SanxenxoLagarto arnalBubelaKarim BenzemaTuiToquioLev TolstoiChulaHimno de DaguestánVLenda das Sereas🡆 More