Muros: Concello da comarca de , na provincia da Coruña

Muros é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Muros.

Está situado no extremo norte da ría de Muros e Noia, a máis setentrional das rías Baixas.

Modelo:Xeografía políticaMuros
Muros: Poboación, Clima, Historia
Imaxe

Localización
 42°46′28″N 9°03′27″O / 42.7744, -9.05759°03′27″O / 42.7744, -9.0575
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor em Wikidata
Capital de
CapitalMuros Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación8.251 (2023) Editar o valor em Wikidata (112,56 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie73,3 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Altitude581 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataMaría Lago Lestón (2023–) Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Muros Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15250 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE15053 Editar o valor em Wikidata

Páxina webmuros.es Editar o valor em Wikidata

Segundo o IGE no 2014 tiña unha poboación de 9.117 habitantes (9.787 no 2009, 9.999 no 2006, 9.995 no 2005, 10.050 no 2004, 10.095 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é muradá para o feminino ou muradán para o masculino.

Poboación

Censo Total (Habitantes) 9.117 (2014)
Menores de 15 anos 956 (10.48 %)
Entre 15 e 64 anos 5.561 (60.99 %)
Maiores de 65 anos 2.600 (28.52 %)
Muros: Poboación, Clima, Historia
Evolución da poboación de Muros   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
9.130 10.282 11.155 12.302 10.050 9.787 9.565 9.437
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Clima

O clima de Muros é propio do dominio oceánico hiperhúmedo aínda que, debido á orientación ó sur dominante e á protección dos ventos polas serras que o delimitan, permite a suavidade de certos trazos climáticos. A concentración de precipitacións no outono-inverno e o descenso no verán é patente, tanto que incluso nalgún se chega a falar de aridez estival e déficit hídrico, vinculado á dificultade de reter a auga por parte do substrato areoso.

Historia

Na zona atopáronse restos prehistóricos, como os petróglifos de Louro e Serres, así como castros da época castrexa e calzadas do período da romanización.

No século XIII o rei Sancho IV de Castela mandou repoboar a zona entre O Ézaro e Ponte Nafonso, nomeando a zona como Póboa de Muro. A primeira localización correspondíase coa parte sur do actual. En 1298 Fernando IV doa esta vila á mitra compostelá, desaparecendo do seu escudo o castelo e o león (símbolos dos reis de Castela) e pasando a figurar nel dúas vieiras, que representan a igrexa compostelá. A mediados do século XV o rei Xoán II de Castela habilitou o porto da vila para exportar e importar mercadorías.

A vila foi gañando importancia co tempo, e en 1520 foi amurallada. A construción, de entre 3 e 4 m de grosor e até 7 de altura, dividía a poboación en dous barrios perfectamente delimitados: A Cerca e A Axesta. A porta principal de acceso era a Porta da Vila, flanqueada por dúas poderosas torres defensivas, estaba situada preto da actual Casa Consistorial, A muralla tiña outras dúas portas e dezaoito torres ameadas de até 11 m de altura. Tamén en 1520 Alonso III de Fonseca mandou construír o forte de Monte Louro para defenderse dos ataques dos piratas. En 1543 tivo lugar a batalla de Muros, na que a Armada Española, mandada polo almirante Álvaro de Bazán, o Vello, derrotou a escuadra francesa. Nesa época o goberno local reuníase no adro da igrexa de San Pedro. A finais do século XVI o marqués de Cerralbo construíu un castelo nas inmediacións da vella lonxa, que no século XVIII chegou a contar con 12 canóns.

Muros: Poboación, Clima, Historia 
Vista de Muros por Mariano Ramón Sánchez (1792-1793).

En marzo de 1809, no marco da Guerra da Independencia, a vila foi destruída polas tropas napoleónicas en tan só doce horas. Amais dos danos humanos e materiais (190 casas destruídas), queimouse o Arquivo Municipal, o que supuxo a perda da maioría da documentación histórica. No século XIX chegaron á vila empresarios cataláns, que crearon máis de 30 fábricas de salgadura, principalmente de sardiña e arenque. Xunto cos estaleiros, isto marcou a vida laboral e a fisionomía da vila.

A comezos do século XX a vila foi visitada por María Cristina de Habsburgo-Lorena, raíña nai de Afonso XIII. A nobre estivo varios días hospedada co seu séquito.

En Muros publicáronse os periódicos El Pueblo Muradano, La Liga de Amigos e La Integridad Muradana.

En maio de 1970 a vila foi declarada conxunto histórico-artístico, sendo definida como «Vila mariñeira que conserva os seus valores ambientais, típicos e pintorescos, ó lado da severa grandeza monumental de góticos palacios e templos como o da antiga Colexiata e o Santuario da Virxe do Camiño».

  • Eu fun a Muros pescar,/ pescar unha muradana,/ e si a pesquei fixen ben/ dormir con ela na cama .
  • Heime de casar en Louro,/ casar con unha loiriña,/ Nosa Señora de Louro/ ha sere a miña madriña .
  • Heime de casar no Louro,/ no Louro cunha louriña,/ Nosa Señora de Louro/ ten que ser miña madriña .
  • Indo polo mar embaixo/ o aire rifoume a vela:/ nosa Señora da Creba/ deume o pano para ela .
  • Os de Noia son borrachos,/ os de Muros aloqueiros,/ os de Fisterra son mouros,/ e os do Son sonche bucheiros .
  • Os de Noia son bos mozos,/ os de Muros baloqueiros,/ os de Fisterra son negros,/ e os do Son son mariñeiros .
  • Quen me dera estar na Creba/ e na Creba haber un piño,/ para ver o que se pasa/ esta noite en Portosiño .
  • Santo Cristo de Fisterra,/ ten unha pistola de ouro/ para matar os do Son/ por riba do Monte Louro .
  • Si todo o mar fora leite/ e Monte Louro boroa,/ xa terían que comer/ os tramalleiros de Boa .

Galería de imaxes

Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Muros

Abelleira (Santo Estevo) | Esteiro (Santa Mariña) | Louro (Santiago) | Muros (San Pedro) | Serres (San Xoán) | Sestaio (San Miguel) | Tal (Santiago) | Torea (San Xián)

Lugares de Muros

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Muros vexa: Lugares de Muros.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos


Muros: Poboación, Clima, Historia 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

Muros PoboaciónMuros ClimaMuros HistoriaMuros na literatura popularMuros Galería de imaxesMuros ParroquiasMuros Lugares de Muros NotasMuros Véxase taménMurosComarca de MurosProvincia da CoruñaRía de Muros e NoiaRías Baixas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Cristiano RonaldoIsaac NewtonAWStatsAccidente de ChernóbilPornografíaMemorias dun neno labrego2024Historia de GaliciaProvincia da CoruñaMasculino e feminino en galegoJuan CorralBilbaoSri LankaVilalba, Vilalba, VilalbaCoco (bacteria)RibeiraBoyanka Kostova (grupo musical)C++CarlomagnoDiego González RivasIrene JunqueraPorno suaveFrancisco Castro VelosoMarçal MolinéCatedral de Santiago de CompostelaIKEAXosé Manuel BeirasTeoría de númerosPrestigeUnión AfricanaMedoReino UnidoRaffaella CarràContactManuel Curros EnríquezTito ValdésWikiManuel RicoTRepública ChecaRevolución dos caraveisFerrer BassaLareiraEspañaMeigaO GroveFernando Salgado GarcíaManuel RivasAguia imperial ibéricaAmaia Martínez GrisaleñaRoko (actriz)AC-141Sete Sabios de GreciaBerrogüettoEduardo MendozaParlamento de GaliciaPontedeumeDe NinghuresDomingoLedicia CostasEstadio de TammelaFermin MuguruzaSegunda guerra mundialEl Pueblo GallegoPablo EcheniqueEl Correo Gallegooyz9zCuruxa comúnSílvia OrriolsCarlos de Matos GomesPViacrucisBubelaVákner🡆 More