Romanización De Galicia

A romanización foi o proceso polo que os territorios conquistados polo Imperio Romano ían adoptando os costumes, técnicas, relixión e finalmente idioma destes.

Historia de Galicia
Romanización De Galicia
Este artigo é parte da
Categoría:Historia de Galicia

Prehistoria
O megalitismo
Idade de Bronce
Idade de Ferro
Cultura castrexa
Idade Antiga
Galaicos
Romanización
Cultura galaico-romana
Cristianización
Antigüidade tardía
Monarquía sueva
Chegada dos bretóns
Monarquía visigoda
Idade Media
Período altomedieval
Era Compostelá
Período feudal
Idade Moderna
Antigo Réxime
Ilustración en Galicia
Idade Contempóranea
A Restauración borbónica
Segunda República
Guerra civil española
Ditadura franquista
Período autonómico
Véxase tamén
Historia da lingua galega
Reino de Galicia
Galicia
Cronoloxía do Reino de Galicia
Cronoloxía de Galicia

Orixe e evolución

Romanización De Galicia 
Campañas romanas no noroeste peninsular      D.J. Brutus no ano 137 a.C.      Cesar no 61 a.C.      Campaña do ano 26 a. C.      Campaña do ano 25 a. C.

O comezo de romanización de Galicia adóitase datar na expedición de Décimo, o Gallaico, e o seu fito de atravesar o río Lethes ou do esquecemento (o Limia). Porén, o noroeste peninsular non ficou integrado inmediatamente no mundo romano. Ao longo do século I foise estabelecendo un comercio, principalmente nas costas, ao que acompañaron varias expedicións militares (Craso, Perpenna, Xulio César), de maneira que cando Augusto emprendeu as Guerras Cántabras, o noroeste era xa unha simple base de operacións. O noroeste peninsular foi organizado sobre a base do sistema pre-existente en populi e castella, representado nas inscricións por un C invertido. No ano 74 dC, concedeuse o ius latii para toda a península.

O territorio pertenceu primeiro á provincia de Lusitania, logo á Tarraconensis e finalmente constituíuse a Gallaecia, xa no século III. Esta dividiuse en tres conventos (demarcacións) xurídicos: bracarense, lucense e asturicense. O latín foi substituíndo as linguas anteriores nun proceso que remataría probabelmente no século III d.C.

Os medios de subsistencia continuaron a ser os mesmos; na organización económica resultan relevantes dous elementos: dunha parte, a introdución da vila romana, residencia rural de luxo e explotación agrícola a un tempo, que se expandiría a partir do século III; doutra, o aproveitamento de minas, en especial de ouro, que decaería no século II. Nas minas empregábanse escravos, mais as villae foron atendidas por colonos. A estrutura social castrexa persistiría longo tempo en forma de aristocracia indíxena romanizada e de poboación rural.

Na Gallaecia o cristianismo foi introducido serodiamente, a mediados do século III, por soldados da Legio VII Gemina. Un episodio notorio foi a difusión do priscilianismo a fins do século IV.

As referencias documentais para o estudo da romanización en Galicia atópanse na obra de diversos escritores gregos e latinos. Unha listaxe dos principais sería o que segue: Apiano, Tito Livio, Floro, Orosio, Estrabón, Pomponio Mela, Plinio o Vello, Tolomeo, Rufo Festo Avieno, Hidacio e Martiño de Dumio, e no Itinerario de Antonino.

Trátanse de breves descricións de Galicia que, como a feita por Mela na súa obra Coreografía, achegan poucos datos, e que neste caso fala do territorio dos Celtici.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Romanización De Galicia Orixe e evoluciónRomanización De Galicia Véxase taménRomanización De Galicia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Aliança CatalanaSistema operativoColocación do pronome átono en galegoSonsoles EspinosaJéssica BouzasPortolamoso, Curtis, CurtisAntonio López FerreiroCuruxa comúnLeitzaPortadaMercedes QueixasSanta CompañaBidueiroXosé Carlos MorellPecados capitaisLuís SeoaneAntón Villar PonteXogo da chavepdwqjTaylor SwiftCorzo22 de xulloXiros idiomáticos galegosDos arquivos do trasnoA chave das nocesLuís Pérez BarralBloque Nacionalista GalegoNova YorkSalgueiro MaiaPablo EscobarISBNCuarzoBreogánVichelocregoSonia MéndezAdolfo SuárezAvenida da Liberdade (Lisboa)AC-101Harvey WeinsteinParroquias de GaliciaCatedral de Santiago de CompostelaSubgrupoFollas novasClint EastwoodSéculos EscurosJesús Vázquez AlmuíñaFernando AlonsoEva MejutoCoco (bacteria)Jacinto BenaventeLuisa CarnésVento feridoVerónica ForquéSegunda República EspañolaÁlvaro Porto DapenaCaraveleiraMichael JacksonFesta da Palabra SilenciadaProvincia da CoruñaJesús Hidalgo BermejoTonhito de PoiEcce HomoMasculino e feminino en galegoTraxe galegoRevolución dos CaraveisVicepresidencia do Goberno de EspañaSelección de fútbol de GaliciaMalena AlterioLingua galegaAguia imperial ibéricaMartín SarmientoTereixa ConstenlaPablo Echenique🡆 More