Galiza viviu desde o inicio da Idade Contemporánea, que abrangue os séculos XIX e XX, en permanente estado de atraso económico, cunha leve recuperación no último terzo do século XX.
Cun modelo de crecemento continuado -aínda que baixo- as posibilidades económicas non permitían absorber este incremento da poboación, provocando así un forte movemento migratorio que se converteu en endémico a partir de mediados do XIX.
Durante estes dous séculos acentuouse o traslado da poboación do interior cara a fachada atlántica. O primeiro grande movemento migratorio, durante a segunda metade do XIX, foi de carácter definitivo, preferentemente masculino e tiña como destino América do Sur. Durante o primeiro terzo do século XX incorporouse a muller, aumentou o número de emigrantes da Galiza interior e comezáronse a dar máis casos de retornados ("indianos"). Logo da paréntese dos anos 30 e 40 do século, outro éxodo masivo tomou a dirección de América, Europa (Suíza e Alemaña) e España (Cataluña, Euskadi e Madrid).
As estruturas forais do Antigo Réxime perpetuáronse durante o século XIX (incluíndo ata o 90% da superficie produtiva); non mudaron nin os cultivos nin as técnicas nin houbo mecanización; acentuouse un minifundismo, situación que non comezou a se resolver ata as concentracións parcelarias de fins do XX. A rede ferroviaria foi construída moi serodiamente.
A modernización comezou coa crise agraria de fins do XIX. Redimíronse os foros nas primeiras tres décadas do XX, convertendo aos campesiños en propietarios. Neste momento tiveron importancia os movementos agraristas. A partir de entón eliminouse definitivamente o cultivo de barbeito, comezáronse a usar produtos químicos, creáronse prados artificiais e introduciuse maquinaria. Na segunda metade do século produciuse unha especialización agraria, acompañada de motorización, e industrializáronse algúns sectores a partir de fórmulas cooperativas.
A relativa prosperidade da banca, de carácter fundamentalmente local, estaba ligada ás remesas dos emigrantes e á dispersión da poboación. A industria conserveira consolidouse a fins do XIX da man dos avances na construción naval, e especialmente a partir dos anos 60 do século XX. A industria hidroeléctrica conseguiu grandes beneficios a partir dos anos 40. Instaláronse industrias como ENCE, Endesa ou a Citroën de Vigo que aproveitan materias primas e man de obra.
A fidalguía decimonónica opúxose ás reformas liberais e apoiou movementos retardatarios como o Carlismo, o que non impediu que esmorecese xa a comezos do XX. A burguesía, de orixe industrial, financeira e agraria, non tivo relevancia ata a segunda metade do XX. Coa consolidación do estado liberal español, o centralismo provocou unha reacción galeguista a partir de mediados do XIX de cariz culturalista e conservador nun principio mais que se foi facendo cada ve
No século XX distínguense tres períodos::
Galiza caeu rapidamente en mans dos militares sublevados con Francisco Franco. O Estatuto de Autonomía de 1981 foi recibido con indiferenza. O período de goberno autonómico ata hoxe resúmese a nivel político nunha década de limitada actividade, un axitado bienio de coalición e década e media de maiorías absolutas de Manuel Fraga.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Galicia na Idade Contemporánea, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.