Daniel Basteiro: Xornalista galego

Daniel Basteiro, nado en Vilalba, é un xornalista galego.

Infotaula de personaDaniel Basteiro
Biografía
Nacementodécada de 1980 Editar o valor em Wikidata (34/44 anos)
Vilalba Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm9364760 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Licenciouse en xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid e completou os seus estudos na Universidade de Bergen, en Noruega. Tamén cursou estudos musicais de piano e clarinete no conservatorio de Vilalba, onde ten desenvolvido unha intensa actividade cultural ligada aos colectivos da vila, como a Asociación Cultural Banda de Música de Vilalba.[Cómpre referencia]

Tras colaborar na súa mocidade con La Voz de Galicia e a Cadena Cope a través de pequenas incursións, comezou a traballar en La Voz de Almería antes de pasar a integrar a redacción en liña de 20 minutos, en Madrid. En 2008 comezou a traballar como correspondente desde Bruxelas para o xornal español Público, onde cubriu todo tipo de informacións, entre elas a irrupción da crise económica, os rescates de Grecia, Irlanda, Portugal e España, así como as reunións de xefes de estado e de goberno e outros asuntos de política europea e internacional. Tamén realizou colaboracións de temática comunitaria para La Voz de Galicia, Radio France Internationale ou La Sexta.

En 2012, co peche desa cabeceira, integrou o equipo fundador da versión española do The Huffington Post baixo a dirección de Montserrat Domínguez, encargándose de asuntos de política nacional e europea.

En xaneiro de 2015 pasou a formar parte do equipo fundacional de El Español, onde se encargou fundamentalmente de cubrir informacións políticas e parlamentarias. Dende 2020 é director de Infolibre.

Tags:

GaliciaVilalba

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Guerra civil españolaListenbourgCorea do NorteA morte na cultura popular galegaBruce DickinsonIrmandiñosCatedral de OurenseEl NiñoC++Federico TrilloAnne HecheA Pobra do CaramiñalConfederación Española de Derechas AutónomasDiana Varela PuñalSilledaAdolf HitlerEduardo PondalLareiraTrevo brancoIrene Vallejo MoreuSara ErraniManuel Lugrís FreireUnión EuropeaHelsingin JalkapalloklubiDistritos de PortugalRío DanubioFreixoAntónio de Oliveira SalazarKendji GiracBilbaoRafael NadalEstadio Municipal de RiazorMasturbaciónJohn Rhys-DaviesPortadaMargarita Ledo AndiónCirrioIsabel RiscoMiss Vaca (certame)Xosé Rubia BarciaBarónPaco LodeiroEscáncerArte posmodernaCoordenadas xeográficasManuel María Puga PargaProvincia de OurenseTaylor SwiftFosfatidilcolinaO lobo da xenteGuillermo Alonso BarciaMacrófago alveolarSara Vila AlonsoPanteón de Galegos IlustresSalamancaMaría Jesús MonteroVixía de HerbeiraAlcaldes da CoruñaFauna de GaliciaSéchu SendeXogos Olímpicos de 2004José Manuel Rodríguez PuenteTimothée ChalametNikola TeslaAdolph von MenzelAliança CatalanaMartiño de DumioMomia de ManchesterCarlos CalveloRío MiñoBieito (nome)Immanuel KantGuerra🡆 More