Panteón De Galegos Ilustres: Panteón en Santiago de Compostela

8°32′19″O / 42.88277778, -8.53861111

O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que só se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Panteón De Galegos Ilustres: Historia e características, Galería de imaxes, Véxase tamén
Sepulcro de Alfredo Brañas.
Panteón De Galegos Ilustres: Historia e características, Galería de imaxes, Véxase tamén
Sepulcro de Rosalía de Castro.

A idea foi proposta inicialmente polos emigrantes galegos en Cuba.

Historia e características

Neste lugar descansan os restos de varios personaxes galegos da máxima relevancia. A primeira en ser trasladada alí foi Rosalía de Castro, o 25 de maio de 1891, seis anos despois da súa morte, desde o cemiterio de Adina (en Iria Flavia, Padrón). O seu mausoleo é obra de Jesús Landeira Iglesias.

O seguinte foi Alfredo Brañas, en 1906, colocado fronte a Rosalía, coa intención de fortalecer un proxecto de mausoleo para persoeiros destacados de Galicia. En 1961 foi enterrado o escultor Francisco Asorey, o chamado escultor da raza, inhumado directamente no Panteón, e o 12 de agosto de 1967, Ramón Cabanillas, que foi trasladado desde o cemiterio de Cambados.

O 28 de xuño de 1984 o Panteón recibiu os restos do político, escritor e debuxante Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, que fora trasladado desde Buenos Aires onde morreu en 1950. O seu mausoleo atópase nunha capela anexa á principal, a do Santo Cristo, que é a máis antiga da igrexa.

Finalmente, en 1988 foi enterrado o intelectual e cartógrafo Domingo Fontán, trasladado desde o Cemiterio Xeral de Santiago. Tanto este como Cabanillas soterráronse no chan da capela.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Bibliografía

  • FERNÁNDEZ FERREIRO, Xosé: "O Panteón de Galegos Ilustres", en La Voz de Galicia, 29.06.1984.
  • Gran Enciclopedia Galega, tomo 34.

Outros artigos

Tags:

Panteón De Galegos Ilustres Historia e característicasPanteón De Galegos Ilustres Galería de imaxesPanteón De Galegos Ilustres Véxase taménPanteón De Galegos IlustresCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ramón Villar EdreiraRamón Tojo PérezTormentaRoberto Blanco ValdésGrupo EroskiÁngel Baltar CortésOs ÁnxelesAlfonso MolinaJuan Constenla CarbónTino SaquésEminemAlexandre BóvedaRomaNeymarSabela SilvaFilipinasXosé Luís BernalCamerúnJulio Iglesias RedondoMiguel de LiraPili PampínMelatoninaPragaConcellos de GaliciaMorfoxéneseHimenópterosHard GZIván BarberoÁlvaro CunqueiroMúsica de Nova ZelandiaProvincia de PontevedraA Pobra do CaramiñalA esmorgaBRICSPaula AlvarellosJosé Luís Valladares FernándezSydney SweeneyBenito KamelasErros e TánatosLista de comunidades autónomas españolas por poboaciónAndrés García-CarroGalería de imaxes de flores de GaliciaTaulaTrastorno do sonoSegunda guerra mundialAndoriña de cu brancoRomán Rodríguez GonzálezVacaShakespeare in LoveA CoruñaPegaRoberto Carlos da SilvaRacing Club de FerrolXosé Neira VilasGuerra do Yom KippurJavi ManeiroNico GonzálezThe ArtistO PinoConstantin BrâncușiFingeringPradedo de Abaixo, Vilameá, GuntínJaime de ArmiñánNordés (vento)VigoDaniel de la TorreAlexandra JiménezMuxíaLugares do SaviñaoCouto MixtoRomance de don GaiferosEucaliptoFernando Aramburu🡆 More