Áreas Lingüísticas Do Galego: Distribución xeográfica das falas galegas

Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental.

No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.

Mapa lingüístico do galego
Mapa lingüístico do galego

Bloques

O bloque occidental e o oriental presentan moitos trazos comúns en tódolos seus falares, polo que ben se podería falar dunha macroárea atlántica ou occidental e dunha macroárea oriental. O bloque central, que en xeral é o que mellor representa o galego común, ocupa unha ampla zona xeográfica e presenta moi poucos fenómenos exclusivos. Máis ca dunha transición gradual de oriente a occidente e de conservadorismo a innovación -como se ten falado-, a realidade das variedades do galego pode representarse nunha dobre dirección: fenómenos innovadores que apagan a súa vitalidade cara ó leste e fenómenos conservadores que diminúen cara ó oeste. Dentro do bloque central pódense establecer áreas e subáreas pero, en xeral, carecen da unidade das dos outros bloques.

Bloque occidental

Áreas Lingüísticas Do Galego: Bloques, Exemplos de isoglosas na lingua galega, Véxase tamén 

O bloque occidental está delimitado pola isoglosa cans/cas, nel quedan incluídas as falas occidentais da Coruña e de Pontevedra asemade tamén unha pequena porción do sueste da Provincia de Ourense na Baixa Limia. En liñas xerais é un complexo lingüístico innovador, diferenciado en tres áreas: fisterrá, bergantiñá e pontevedresa.

Áreas Lingüísticas Do Galego: Bloques, Exemplos de isoglosas na lingua galega, Véxase tamén 
sa = subárea / misa = microsubárea

Bloque central

Áreas Lingüísticas Do Galego: Bloques, Exemplos de isoglosas na lingua galega, Véxase tamén 

O bloque central é menos unitario. Inclúe toda a Galicia Central, delimitada polas isoglosas cans/cas no oeste e cas/cais no leste. Pertencen a el tódolos falares do nordés e interior da Coruña, o interior de Pontevedra e as provincias de Lugo e Ourense, non sendo a súa parte oriental. No seu seo distínguense dúas áreas: mindoniense e lucu-auriense.

Áreas Lingüísticas Do Galego: Bloques, Exemplos de isoglosas na lingua galega, Véxase tamén 
sa = subárea / misa = microsubárea

Bloque oriental

Áreas Lingüísticas Do Galego: Bloques, Exemplos de isoglosas na lingua galega, Véxase tamén 

O bloque oriental comprende todo o galego do leste de Lugo e de Ourense, así coma o galego exterior (occidente de Asturias, León e Zamora). En xeral é un complexo de falas moi conservadoras, separado do bloque central pola isoglosa cas/cais e do complexo asturleonés pola ausencia de ditongación (pèdra / piedra). Nel poden distinguirse catro áreas: asturiana, ancaresa, zamorana e oriental-central.

Áreas Lingüísticas Do Galego: Bloques, Exemplos de isoglosas na lingua galega, Véxase tamén 
sa = subárea / misa = microsubárea

Exemplos de isoglosas na lingua galega

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Áreas Lingüísticas Do Galego BloquesÁreas Lingüísticas Do Galego Exemplos de isoglosas na lingua galegaÁreas Lingüísticas Do Galego Véxase taménÁreas Lingüísticas Do Galego

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Cuarzo365 días (filme)Asistencia sanitariaIdade de BroncePaula AlvarellosDioclecianoChen Shui-bianPirrolisinaTorre de HérculesCasco de LeiroGalicia estremeiraComuñón anglicanaUniversidade de BoloñaErik o RoxoWolfgang Amadeus MozartXogos Olímpicos de Pequín 20081911Provincia de AlacantRepública Popular da ChinaNicolás MaduroJuan Díaz PorlierRosalía de CastroBubelaProvincia da CoruñaA CoruñaLista das aves de GaliciaFátima Iglesias2022Sunita WilliamsBéjarFaba de tres anosNegueira de MuñizLa sociedad de la nieveCreative CommonsGallaeciaLondresMaverick ViñalesTemplo expiatorio da Sagrada Familia1929Patronato de Protección da MullerBTS (grupo musical)Mundial de Fútbol de 2010EspañaBetanzosÁngel María VillarÁngel Martínez PérezAnne HathawayDodecágonoSobreiraArtaiPosicións sexuaisOs Castros, A CoruñaMarzo na cultura popular galega2024IchthyaetusMonterrosoJunts per Catalunya (partido político)Amancio López SeijasReino de LeónMaría Reimóndez6 de marzoSexo analRamirásNazario de PuzoPatricia VázquezSelección de fútbol de FranciaEstruga maiorSerra do CandánTimothée ChalametDistrito de SantarémMimosaDani AlvesA Cortella, Cedrón, Láncara🡆 More