Viacrucis: Camiño trazado con 14 cruces en memoria da Paixón de Cristo cando ía ó Calvario

A palabra Viacrucis, significa camiño da cruz e refírese ás diferentes etapas ou momentos vividos por Xesucristo desde o momento en que foi aprehendido ata a súa crucifixión e sepultura.

Viacrucis: Características, Realización e actualización, Véxase tamén
Primeiras estacións do Viacrucis do Casal, Estacas, Cuntis

Características

Etapas

As etapas do viacrucis denomínanse estacións e tradicionalmente cóntanse 14, que son as seguintes:

  • Primeira estación: Xesús é condenado a morte
  • Segunda estación: Xesús é cargado coa cruz.
  • Terceira estación: Xesús cae por primeira vez
  • Cuarta estación: Xesús atopa a súa Nai María
  • Quinta estación: Simón o Cireneo axuda a Xesús a levar a cruz
  • Sexta estación: A Verónica limpa o rostro de Xesús
  • Sétima estación: Xesús cae por segunda vez
  • Oitava estación: Xesús consola ás mulleres de Xerusalén
  • Novena estación: Xesús cae por terceira vez
  • Décima estación: Xesús é desposuído das súas vestiduras
  • Undécima estación: Xesús é cravado na cruz
  • Duodécima estación: Xesús morre na cruz
  • Décimo terceira estación: Xesús é descendido da cruz e posto en brazos de María
  • Décimo cuarta estación: Xesús é sepultado

Imaxes

As seguintes imaxes pertencen ó Viacrucis do Monte de Santa Trega, na Guarda.

Realización e actualización

Viacrucis: Características, Realización e actualización, Véxase tamén 
Exemplo de representación de estación (XII), dentro dunha igrexa

É normal facer un percorrido grupal que pode ser dentro do templo ou polas rúas, deténdose en cada estación e facendo unha oración en cada unha, unha lectura dalgunha pasaxe do evanxeo, ou tamén un canto. É unha práctica que fundamentalmente se realiza o Venres Santo. Tamén é costume esta práctica nos venres de coresma

Recentemente, e baixo o auspicio do Papa Xoán Paulo II, creouse un novo Viacrucis, con 15 estacións, baseadas todas en momentos do Novo Testamento, xa que o anterior recollía moitas pasaxes dos Evanxeos apócrifos. Este novo Viacrucis comeza coa oración de Xesús no horto de Xetsemaní e finaliza coa Resurrección de Cristo.

Tamén se chama Viacrucis ao conxunto de 14 cruces, case sempre acompañadas de cadros, que adoitan estar en todos os templos católicos, e que representan as 14 estacións arriba citadas. É costume que un sacerdote franciscano as bendiga, por ser a Orde Franciscana a encargada de custodiar a Terra Santa. A Igrexa ensina que o rezo do Viacrucis ante estas estacións está enriquecido cunha Indulxencia plenaria.

Por extensión, esta expresión úsase adoito para expresar todo tipo de dificultades que se presentan na vida cando se queren alcanzar certos obxectivos.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Viacrucis CaracterísticasViacrucis Realización e actualizaciónViacrucis Véxase taménViacrucisCrucifixiónXesucristo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

AXXXTentacionMerloAntonio López FerreiroLiteratura galegaHarvey WeinsteinLugoTarragonaJesús Hidalgo BermejoThe ArtistGheadaEsencia de trementinaCangas1868Bandeira de GaliciaXeración dos 80Os pronomes persoais galegosPorno suaveAntiga CartagoAntón Villar PonteEnsaio (literatura)América do NorteRepública Checa2024Amancio OrtegaOs demostrativos galegosOTANPosicións sexuaispxhj6Pere Pau Ripollès AlegreLongueirón (molusco)Grândola, Vila MorenaMadridMexacánRosario Porto OrtegaVictoria Núñez LópezMoinantePili PampínGeorgia O'KeeffeGran Guerra IrmandiñaDonald TrumpGaliciaOurenseLuísa VillaltaBenito KamelasAlfonso RuedaRetorno a Tagen AtaPobo palestino2020Ignacio Rivera QuintanaNava CastroRamón Otero PedrayoJohn Forbes NashEcce HomoLista de deuses celtasCaraveleiraMecanismo de AnticiteraDiego Rivas RegoPastora Dominga González ViéitezPortadaOs vellos non deben de namorarseMaría Xosé QueizánSabela (Operación Triunfo)Pablo Iglesias TurriónAustraliaPardo de CelaIsabel Díaz AyusoMarçal Moliné🡆 More