Coresma

A coresma (da expresión latina quadragesima dies 'día cuadraxésimo') son os corenta días de tempo litúrxico que observan a maioría das igrexas cristiás, antes da Pascua.

Os corenta días representan o tempo que Xesús pasou no deserto, onde, segundo a Biblia, resistiu a tentación de Satanás; o obxectivo que se procura é establecer un período de reflexión e penitencia para que os cristiáns poidan preparase para a celebración pascual.

Coresma
Representación da Coresma nunha festa de Entroido.

Nos primeiros anos do cristianismo, a duración da Coresma variaba, arredor do século IV estableceuse a súa duración en 40 días. Nos séculos VI e VII o xexún adquiriu grande importancia como práctica coresmal, como os domingos non se podía facer xexún por ser día de festa no século VII engadíronse catro días máis á coresma, antes do primeiro domingo, para imitar o xexún de Cristo no deserto, polo tanto o comezo da Coresma quedou establecido no Mércores de Cinsa na igrexa occidental mentres na oriental comezaba un luns. Na actualidade o mantemento da práctica do xexún relaxouse en moitas igrexas cristiáns, así na Igrexa Católica de rito latino só é obrigatoria a abstinencia o venres de coresma, pero na Idade Media era común a prohibición de comer carne e ovos e manter relacións sexuais; nas igrexas ortodoxas e na maioría das católicas de rito oriental a práctica da abstinencia mantense con máis forza.

Notas

Tags:

BibliaCristianismoDesertoPascua cristiáSatanásXesús

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Bloque Nacionalista GalegoTeixugoCSSAbellaISBNMarlon BrandoEva Iglesias MiguénsManchester City F.C.PrehistoriaInsectosBrais RuanovaOU-412Posicións sexuaisLuigi BoccheriniChe GuevaraTuiCanle (enxeñaría)Anxo Xesteira SerranoHistoria de ItaliaChris HemsworthXXX edición dos Premios GoyaSanta CompañaÁngeles VázquezWayback MachineGustave CourbetCarlos CasaresPatricia HighsmithVilanova de ArousaAnder IturraspeMasturbación coas mamasXosé Manuel PiñeiroColocación do pronome átono en galegoMahatma GandhiAnselmo López CarreiraLuísa VillaltaDev PatelGallaeciaRevolución dos CaraveisMuiñeiraPorto da LúaTailandiaRosario Porto OrtegaPneumáticoNova narrativa galegaMaría JamardoCandela PeñaReino UnidoAmando Suárez CoutoClint EastwoodMexacánO. J. SimpsonBatalla de CacheirasOs vellos non deben de namorarseCristina Fernández DavilaDavid GuettaManuel Curros EnríquezCaldas de ReisLetizia OrtizVerínRaíña LupaOU-602Panteón de Galegos IlustresMovella grandeEuropaBad GyalCarlos BauteQuenllaModelo OSIBudapestJesús Vázquez AlmuíñaGuerra de Sucesión EspañolaAbu ZabiOs PinosMemorias dun neno labregoOcéano Índico🡆 More