Rosario Álvarez Blanco: Filóloga galega

Rosario Álvarez Blanco, nada en Pontevedra o 12 de xullo de 1952, é catedrática de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, foi directora do Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago de Compostela).

É membro da Real Academia Galega. En 2018 foi escollida presidenta do Consello da Cultura Galega, converténdose na primeira muller en presidilo.

Infotaula de personaRosario Álvarez Blanco
Rosario Álvarez Blanco: Traxectoria, Obras, Notas
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xullo de 1952
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilóloga , profesora universitaria , romanista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorConsello da Cultura Galega, presidente (2018–)
Universidade de Santiago de Compostela (1998–)
Universidade de Santiago de Compostela (1984–1998)
Universidade de Santiago de Compostela (1982–1984)
Universidade de Santiago de Compostela (1978–1982)
Universidade de Santiago de Compostela (1976–1978) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeXosé Xove Ferreiro
FillosBrais, Irimia e Daniel
IrmánsSalomé Álvarez Blanco Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 48378

Traxectoria

Licenciouse en Filosofía e Letras (Filoloxía Románica-Español) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) coa memoria Notas lingüísticas e etnográficas de Ramirás (1974). Tras doutorarse en 1980 coa tese O pronome persoal en galego, desenvolveu o seu labor docente ata 1982 no Departamento de Filoloxía Románica da USC, para logo continuar no Departamento de Filoloxía Galega, onde acadou en 1998 a condición de catedrática de Universidade da área de Filoloxías Galega e Portuguesa. Entre os cargos académicos que ocupou están a vicerreitoría de Profesorado (1990-1994), a dirección do Departamento de Filoloxía Galega (1995-1999), e a dirección do Instituto da Lingua Galega (2005-2015).

O 8 de setembro de 2001 foi proposta como membro numerario da RAG, onde ingresou o 6 de xuño de 2003 cun discurso titulado Variedade e diversidade da lingua. Algunhas reflexións sobre cambio, variación e galego estándar, contestado por Antón Santamarina. Pertence ao Instituto da Lingua Galega desde 1974 e dirixiuno entre os anos 2005-2013.

Estivo á fronte do Seminario de Gramática da RAG en 2003 e foi tamén tesoureira desta institución a partir de 2013.

É directora do Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués e codirectora de Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna e dirixe a revista Estudos de Lingüística Galega.

Foi vicepresidenta do Consello da Cultura Galega (2010-2018) e é presidenta do Consello da Cultura Galega desde 2018..

En xaneiro de 2020 recibiu o Premio Cidade de Pontevedra no apartado de persoa física.

En novembro de 2021 recibiu o Premio Otero Pedrayo con Menchu Lamas.

Obras

A investigación de Rosario Álvarez segue tres liñas fundamentais:

En 1986 publicou Gramática galega (ed. Galaxia) xunto con Henrique Monteagudo e Xosé Luís Regueira, obra pola que acadaron o Premio Antón Losada Diéguez. En 2002 publicou Gramática da lingua galega (ed. Galaxia) canda a Xosé Xove.

Foi membro do equipo do Atlas Lingüístico Galego dende os inicios.

En 2014 participou na coordinación de Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada.

Ten publicados diversos libros de texto de lingua e literatura galegas para secundaria.

O seu labor investigador é moi prolífico e ten publicado comunicacións en numerosos congresos e revistas, como Verba. Anuario Galego de Filoloxía, Madrygal, Cadernos de Lingua, Boletín da Real Academia Galega e Estudos de Lingüística Galega, entre outros.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía


Predecesor:
Manuel González González
 Tesoureira da RAG 
2013 - 2017
Sucesor:
Marilar Aleixandre
Predecesor:
Ramón Villares
 Presidenta do Consello da Cultura Galega 
2018 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Tags:

Rosario Álvarez Blanco TraxectoriaRosario Álvarez Blanco ObrasRosario Álvarez Blanco NotasRosario Álvarez Blanco Véxase taménRosario Álvarez Blanco12 de xullo19522018Consello da Cultura GalegaFiloloxíaInstituto da Lingua GalegaPontevedraReal Academia GalegaUniversidade de Santiago de Compostela

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

CoprofiliaInditexMonarquía británicaManuel Mayer von FurtwänglerJosé Antonio ArmadaBloque Nacionalista GalegoJessica AlbaOceanografíaSalamancaOs ResentidosInformation Technology Infrastructure LibraryIrene MonteroMeg RyanMoreira (árbore)Río DanubioRocío LeiraQuímicaBieito (nome)Número triangularLlama M-82EscáncerCosta da MorteOs vellos non deben de namorarseDesviación típicaTito AsoreyJosé Manuel Rodríguez PuenteTelexornalXosé Luís BernalDores TembrásThe ArtistA Bandeira, Manduas, SilledaPablo Carpintero AriasNintendo DSAlexandre BóvedaStreptococcusPontevedraISBNBreixoNetiquetaCota lácteaXoán Manuel Ramos RodríguezRonaldoMaruxa MalloManuel AzañaApolonio de AtenasAna PeleteiroNee BarrosAlfonso RuedaMarie CurieOs vixilantes do CamiñoSexo oralTECOR societarioCélula procariotaYolanda DíazGalaicosFachada do ObradoiroLareiraPexegoMahatma GandhiJohann Sebastian BachTrevo brancoAdolfo SuárezEstrella GaliciaAna María Fernández MartínezHistoria de EspañaCarlos AymerichMomia de ManchesterHeredeiros da CrusLonga distancia RenfeJéssica BouzasJosé Luis GilLingua casteláArtur BordaloIker Muniain🡆 More