Tito Asorey, nado en Ourense, o 17 de novembro de 1977 é un actor e director de teatro galego.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de novembro de 1977 (46 anos) Ourense, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | actor , director teatral |
Lingua | Lingua galega |
Comezou en teatro no ano 1993 da man de Ánxeles Cuña no grupo de Teatro Tarumba da Universidade Laboral de Ourense. Na súa etapa universitaria (1996-1999) vinculouse á Aula de Teatro Universitario Maricastaña, dirixida por Fernando Dacosta, coa que participou en montaxes como Hamlet, O país das últimas cousas ou Conto de Inverno.
No ano 2000 integrouse, xa coma profesional, no elenco estable da compañía Sarabela Teatro, coa que traballou de xeito ininterrompido ata o ano 2010, participando en todas as montaxes da compañía estreadas durante eses anos.
En 2011 pasou a formar parte do elenco da última produción de Ur Teatro, Macbeth, dirixida por Helena Pimenta. Como actor foi nomeado aos Premios María Casares no ano 2002 pola obra A conxura dos necios, galardón que conseguiu no ano 2010 pola súa interpretación no filme A esmorga. No ano 2014 incorpórase ao elenco fixo da serie de televisión Serramoura, de Voz Audiovisual, emitida con pola TVG. A partir do ano 2014 centra a súa faceta como intérprete no mundo audiovisual, participando en series como O final do camiño, Viradeira, Método Criminal, Fariña, Valeria ou Servir y Proteger.
Paralelamente á súa experiencia como actor comeza desde o ano 2000 a súa carreira como director de escena en múltiples colectivos teatrais, como o Grupo de Teatro Tarumba, co que foi galardoado nos anos 2007, 2008 e 2010 co Premio Nacional de Teatro Novo Buero ao mellor espectáculo polas súas montaxes Remanente#1, Mort e Don Juan, que foron representadas na sede do Centro Dramático Nacional.
Desde 2007, dirixe o Grupo de Teatro Muxicas, composto por actores e actrices invidentes e videntes. No ano 2010 dirixe para a compañía Teatro de Adro, Ai Carmela! de Jose Sanchis Sinisterra. En 2013 comezou a traballar como axudante de dirección na Compañía Nacional de Teatro Clásico, nas montaxes El lindo Don Diego, de Agustín Moreto, dirixida por Carles Alfaro, La noche toledana, de Lope de Vega, dirixida por Carlos Marchena, e La cortesía de España, de Lope de Vega, dirixida por Josep María Mestres.
En 2012 acabou os seus estudos superiores de Dirección de Escena e Dramaturxia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, e fundou canda a catro actores e actrices a compañía ilMaquinario Teatro, coa que pon en escena o espectáculo O home almofada, de Martin McDonagh, espectáculo nomeado a seis premios María Casares e cuxa versión en castelán (El hombre almohada) foi estreada en 2014 na carteleira madrileña. No ano 2014 dirixiu o segundo espectáculo desta compañía, Perplexo, de Marius Von Mayenburg, que acadou cinco premios María Casares no 2015, entre eles o de Mellor Espectáculo e Mellor Dirección. No 2017 dirixe con esta compañía o espectáculo Resaca, no que tamén participa como dramaturgo. No ano 2018 comeza a colaborar co actor e produtor galego Xosé Touriñán, co que estrea, xunto a Carlos Blanco, a montaxe Somos Criminais, que se converte nun fenómeno de público en Galicia, levando ao teatro a máis de 60.000 espectadores e converténdose no espectáculo máis taquilleiro da historia do teatro galego. Esa colaboración con Touriñán prosegue coa montaxe, no ano 2019, do espectáculo Fariña, que despois dunha exitosa xira por Galicia é programada durante un mes no Teatro Español de Madrid (Naves del Matadero), e durante outros seis meses no Teatro Alcázar.
Exerceu de docente na aula de Teatro da Universidade de Vigo (Campus de Ourense), na aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo), e en diversas asociacións culturais e centros educativos.
Audiovisual
Teatro
Como lector de audiolibros
Premios María Casares
Ano | Categoría | Traballo | Resultado |
---|---|---|---|
2010 | Mellor actor secundario | A esmorga | Gañador |
2003 | Mellor actor secundario | A conxura dos necios | Nomeado |
Premios Mestre Mateo
Ano | Categoría | Traballo | Resultado |
---|---|---|---|
2021 | Mellor actor protagonista | Arima | Nomeado |
Outros premios
Premios María Casares
Ano | Categoría | Traballo | Resultado |
---|---|---|---|
2020 | Mellor espectáculo | Fariña | Nomeado |
2020 | Mellor dirección | O empapelado amarelo | Nomeado |
2018 | Mellor espectáculo | Resaca | Nomeado |
2018 | Mellor dirección | Resaca | Nomeado |
2018 | Mellor dramaturxia orixinal | Resaca | Nomeado |
2015 | Mellor espectáculo | Perplexo | Gañador |
2015 | Mellor dirección | Perplexo | Gañador |
2015 | Mellor iluminación | Perplexo | Gañador |
2015 | Mellor adaptación | Perplexo | Gañador |
2014 | Mellor espectáculo | O Home Almofada | Nomeado |
2014 | Mellor dirección | O Home Almofada | Nomeado |
2014 | Mellor iluminación | O Home Almofada | Nomeado |
2014 | Mellor adaptación | O Home Almofada | Nomeado |
Premios "Buero" de Teatro Joven
Ano | Categoría | Traballo | Resultado |
---|---|---|---|
2010 | Mellor espectáculo | Don Juan | Gañador |
2010 | Mellor dramaturxia (autonómica) | Don Juan | Gañador |
2008 | Mellor espectáculo | Mort | Gañador |
2008 | Mellor dirección | Mort | Gañador |
2007 | Mellor espectáculo | Remanente#1 | Gañador |
2007 | Mellor dirección | Remanente#1 | Gañador |
Premios Asociación de Directores de Escena de España
Ano | Categoría. | Traballo | Resultado |
---|---|---|---|
2021 | Mellor dirección | Fariñ | Nomeado |
2017 | Mellor dirección | Perplejo | Nomeado |
Premios MAX
Ano | Categoría | Traballo | Resultado |
---|---|---|---|
2018 | Mellor espectáculo revelación | Resaca | Candidato |
2018 | Mellor autoría revelación | Resaca | Candidato |
2016 | Mellor espectáculo revelación | Perplexo | Candidato |
Outros premios
This article uses material from the Wikipedia Galego article Tito Asorey, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.