Nintendo Ds

A Nintendo DS (abreviatura de Dual Screen, «pantalla dual» ou, segundo Satoru Iwata, presidente de Nintendo, abreviatura de Developer's System, «a consola dos desenvolvedores») é unha videoconsola portátil.

Segundo Nintendo, é unha terceira liña de produtos e non se trata da sucesora tecnolóxica da Game Boy Advance.[Cómpre referencia] O nome desta consola abréviase como "NDS" ou simplemente como "DS". Trátase da videoconsola portátil máis vendida na actualidade en todo o mundo (con máis de 14 millóns de sistemas vendidos, fronte ós 8 millóns vendidos pola súa competencia, PSP) e tamén a que máis rápido conseguiu superar o millón de unidades en vendas da historia dos videoxogos.

Nintendo Ds
Unha Nintendo DS aberta.

Esta consola naceu da filosofía de Nintendo baseada na innovación ou, como a propia compañía o chama, "expansión". Lonxe de centrarse nunha simple evolución gráfica, en ofrecer unha vez máis o mesmo de sempre pero con mellor calidade visual, optaron por engadir características que fixesen da súa nova portátil algo totalmente novo e único, que expandise a experiencia xogable e que permitise que o xogador deixase de xogar só cos sentidos, a vista e o oído, e que puidese interactuar e sentir os xogos.

A Nintendo DS ademais do seu propio catálogo de xogos é compatible cos xogos de Game Boy Advance, pero non cos de Game Boy e Game Boy Color.

Nintendo DS Lite constitúe a segunda versión do modelo, vendida a partir do 2 de marzo de 2006. A terceira versión é a Nintendo DSi que saíu ao mercado o 1 de novembro de 2008. Desta Dsi saíu ó mercado unha revisión, a Nintendo DSi XL, coa novidade das súas pantallas un 93% maiores, que ofrecen maior comodidade en xogos de debuxo ou que teñan textos pequenos. A DSi XL saíu ó mercado o 21 de novembro do 2009

Lanzamento ao mercado

A consola foi presentada o 11 de maio de 2004 no Electronic Entertainment Expo (E3) dos Ánxeles.

Véxase tamén

Tags:

Game Boy AdvanceNintendoPlayStation PortableSatoru IwataVideoconsolaWikipedia:Cómpre referencia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

LeninismoRepública ChecaArroazPXosé Carlos MorellYouTubeoyz9zFesta da Palabra SilenciadaAC-456Transformador (modelo de aprendizaxe automática)Lista das aves de Galicia1915Coordenadas xeográficasGoretti SanmartínÁreas lingüísticas do galegoIsabel II do Reino UnidoGaliciaAmy WinehouseRosalía de CastroFentoFillas de CassandraAmancio OrtegaLingua portuguesaConceyu BableTelexornalAntiga CartagoAdolf HitlerManuel MurguíaFesta dos maiosVertoRamiro CarregalLeitzaMaría JamardoIrene JunqueraMoscovaEsperantoAlfonso RuedaBeteluBubelaInstagramForcareiJoan Manuel SerratLuisa CarnésGheadaProxy2003LontreiraPrestigeParadigmas dos verbos irregulares galegosRaposo comúnJuan Jacobo Durán LorigaNava CastroRetorno a Tagen AtaPosicións sexuaisHans ZimmerHolocaustoDavid PerdomoCaso Asunta BasterraLuís Pérez BarralCopia por contactoCohesiónWayback MachineLuísa VillaltaDiglosiaCoco (bacteria)Cristina MaróExaculaciónCalorO Pedrouzo, Arca, O PinoRusiaFigueresSete Sabios de Grecia🡆 More