Calor

A calor é unha transmisión de enerxía dun sistema a outro como consecuencia dunha diferenza de temperatura entre ambos sistemas.

Este fluxo sempre ocorre desde o corpo de maior temperatura cara ao corpo de menor temperatura, existindo transferencia de calor até que ambos corpos se encontren en equilibrio térmico.

A enerxía pode ser transferida por diferentes mecanismos, entre os que cabe destacar a radiación, a condución e a convección, aínda que na maioría dos procesos reais, todos se encontran presentes en maior ou menor grao.

A enerxía que pode intercambiar un corpo coa súa contorna depende do tipo de transformación que se efectúe sobre ese corpo e polo tanto depende do camiño. Nótese que os corpos non teñen calor, senón enerxía interna. A calor é parte de dita enerxía interna (enerxía calorífica) transferida dun sistema a outro, o que sucede coa condición de que haxa diferenza de temperatura.

Tradicionalmente a cantidade de enerxía transmitida por este medio mídese en calorías. Para a súa conversión ó Sistema Internacional, unha caloría equivale a 4,186 J.

Unidades de medida

A unidade de medida da calor no Sistema Internacional de Unidades é a mesma que a da enerxía e o traballo: o joule.

Outra unidade amplamente utilizada para medir a cantidade de enerxía térmica intercambiada é a caloría (cal), que é a cantidade de enerxía que lle hai que dar a un gramo de auga para elevar a súa temperatura 1 °C. Diferentes condicións iniciais provocan diferentes valores para a caloría. A caloría tamén é coñecida por comparala coa quilocaloría (kcal), que se coñece como caloría grande, e é utilizada en nutrición.

1 kcal = 1000 cal

Joule, tras múltiples experimentos nos que o movemento dunhas pas, impulsadas por un xogo de pesos, se movían no interior dun recipiente con auga, estableceu o equivalente mecánico da calor, determinando o incremento de temperatura que se producía no fluído como consecuencia dos rozamentos producidos pola axitación das pas:

1 cal = 4,184 J

O BTU, (ou unidade térmica británica) é unha medida para a calor moi usada nos Estados Unidos como noutros países da súa influencia. Defínese como a cantidade de calor que se debe agregar a unha libra de auga para aumentar a súa temperatura un grao Fahrenheit, e equivale a 252 calorías.

Calor específica

A calor específica é a enerxía precisa para elevar 1 °C a temperatura dun gramo de materia. O concepto de capacidade calorífica é análogo a este, pero para unha masa dun mol de substancia (neste caso é necesario coñecer a estrutura química da mesma).

A calor específica é un parámetro que depende do material e relaciona a calor que se proporciona a unha masa determinada dunha substancia co incremento de temperatura:

    Calor 

onde:

  • Calor  é a calor achegada ao sistema.
  • Calor  é a masa do sistema.
  • Calor  é a calor específica do sistema.
  • Calor  é o incremento de temperatura que experimenta o sistema.

As unidades máis habituais de calor específica son J · kg−1 · K−1 e cal · g−1 · °C−1.

A calor específico dun material depende da temperatura; non obstante, en moitos procesos termodinámicos, a súa variación é tan pequena que pode considerarse que a calor específica é constante. Tamén se diferencia do proceso que se leva a cabo, distinguíndose a "calor específica a presión constante" (nun proceso isobárico) e "calor específica a volume constante (nun proceso isocórico).

    Calor 

Desta forma, e recordando a definición de caloría, tense que a calor específica da auga é aproximadamente:

    Calor 

Calor específica molar

A calor específica dunha substancia é un índice importante da súa constitución molecular interna, e dá información dos detalles da súa ordenación molecular e forzas intermoleculares. Neste sentido, con frecuencia é moi útil falar de calor específica molar denotado por cm, e definido como a cantidade de enerxía necesaria para elevar a temperatura dun mol dunha substancia un grao, é dicir:

    Calor 

onde n indica a cantidade de moles.

Capacidade calorífica

A capacidade calorífica dunha substancia é unha magnitude que indica a maior ou menor dificultade que presenta dita substancia para experimentar cambios de temperatura baixo a subministración de calor. Denótase por Calor , acostúmase medir en J/K, e defínese como:

    Calor 

Notas

Tags:

Calor Unidades de medidaCalor específicaCalor NotasCalorEnerxíaTemperatura

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Campus de EsteiroBodeng sarXosé Antonio TouriñánAbraham BobaLista de monarcas de GaliciaDaft PunkLoxosceles reclusaAvesDigital object identifierRamón Otero PedrayoBaionaEleccións municipais en ArteixoAs aves na cultura popular galegaMarcel ProustCapital (economía)Justo González BallestaFilipe I de CastelaMadeiraMaría MariñoMontsiàToniña comúnCampo da RataPegada ecolóxicaFausto CercignaniLuis VilariñoEscola Universitaria Politécnica de FerrolLeira (agricultura)Chinche das camasJosé Pablo del Bado RivasMatria (filme)ShinovaImpresión dixitalGolfo de CádizXinzo de LimiaCogomeloNManuel MaríaEvencio FerreroRicardo Varela SánchezIrene González45Subdivisións da IndiaEuromillónsTropicosVincent van GoghLionel MessiPatacaManuel FragaMitoRamón López RodríguezCristiano RonaldoPilar de LaraCoalición PopularTrasnoIdade MediaLingua casteláEscola Universitaria de Deseño Industrial de FerrolTahuataRMS TitanicRafael Hernanz AnguloEuropaIES PerdouroSingapurDios ke te crewMuimenta, Carballeda de AviaPetínGazpachoCastelo de MesíaGoogleCalcioPedra de raio (folclore)Lista de WikipediasTraza🡆 More