Abraham Boba: Músico galego

David Cobas Pereiro, coñecido artisticamente como Abraham Boba, nado en Vigo o 3 de xuño de 1975, é un músico galego, coñecido principalmente por ser o vocalista e tecladista da banda de indie rock, León Benavente.

Abraham Boba
Abraham Boba: Traxectoria, Colaboracións, No cine
Nome completoDavid Cobas Pereiro
Nacemento3 de xuño de 1975
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmúsico
Na rede
IMDB: nm4077592 Facebook: abrahamboba MySpace: abrahamboba Musicbrainz: 3f1c8461-a34a-4591-b60d-e3d8998dec87 Songkick: 634723 Discogs: 1047044 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Inicios

Aos 14 anos comezou a tocar a batería. Aos 18 deixou Vigo e marchou a vivir a Barcelona, onde comezou a estudar música, solfexo e a tocar o piano, mentres realizaba distintos traballos (camareiro, compositor de politóns para móbiles...). Montou un grupo de curta existencia chamado Belmode e logo púxose o nome artístico de "Abraham Boba".

Carreira en solitario e Nacho Vegas

En 2007 publicou o seu primeiro disco, de título Abraham Boba, no que cantaba e tocaba o piano. En 2008 mudouse a Madrid e pouco despois comezou a tocar o piano no grupo de Nacho Vegas, tanto nos seus discos como nas xiras. En 2009 publicou, co selo discográfico Limbo Starr, o seu segundo disco en solitario titulado La educación. Foi gravado en Cádiz e consta de once temas. Dous anos despois publicou Los días desierto, o seu terceiro álbum.

León Benavente

Tras tres discos en solitario e outros catro tocando o piano con Nacho Vegas, en 2012 uniuse a Eduardo Baos, Luis Fernández e César Vedú para crear o grupo León Benavente. En 2013 sacaron o seu primeiro disco, de título homónimo, con 10 cancións compostas por Boba. O grupo alcanzou grande éxito e despois dese disco foron fichados pola Warner, publicaron outros dous álbums (2 e Vamos a volvernos locos, ambos con letras compostas por Boba) e deron multitude de concertos por toda España e fóra dela (destacando numerosas actuacións en México).

Colaboracións

Ademais de con Nacho Vegas, Boba ten colaborado en traballos de numerosos artistas como Amaral, Tulsa, Julio de la Rosa, Violeta Gil,Pumuky, Carlos Ann, INRA, ou Ornamento y Delito.

No cine

Tamén ten traballado no cine, na parte musical dos filme Primos, de Daniel Sánchez Arévalo, Lo contrario al amor, de Vicente Villanueva, e nas curtas Mentiras e Aunque todo vaya mal.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Abraham Boba TraxectoriaAbraham Boba ColaboraciónsAbraham Boba No cineAbraham Boba NotasAbraham Boba Véxase taménAbraham Boba19753 de xuñoIndie rockLeón BenaventeMúsicoPobo galegoTeclado (instrumento musical)VigoVocalista

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lista de ríos de GaliciaO berroRafael LouzánÍñigo AlfonsoDominio públicoIsoglosaRaquel WelchFilosofíaMoucho comúnRepresión franquistaIridáceasLeninEstadio Municipal de AnoetaArturo RialThe Monkey King (filme de 2023)CóleraRibadaviaEstadio Olímpico de La CartujaZendayaPaspallásIsmael RamosCando petan na porta pola noiteCristina MaróGuerras carlistasMasturbaciónDon BenitoEstoniaMarco MoralaEsteban NavarroMasaxe balinesaTeixugoConstantino II de GreciaCabo de São RoqueDaniel de la TorreBasílica de San PedroMucha e NuchaFingeringExército Guerrilheiro do Povo Galego CeiveHimno Nacional de ChileCelebrity Bake Off EspañaCalendario gregorianoAWStatsMaría GalianaGeorg Friedrich HändelBaldo RamosMercedes MiláGreciaSusana Rodríguez GacioIria TaiboGumersindo Galego FealSalgueiroAtlantaLucía VeigaCoelloQuinoaGalego-portuguésLa sociedad de la nieveFran CortegosoManuel de PedroloPaulo González OgandoAna PeleteiroAndrea López ChaoCarballo comúnJosé Antonio ArmadaLuis ZaheraContactorPortugalÚrsula CorberóLista de concellos de PontevedraCanle (comunicación)Albert EinsteinDía da CandeloriaO Cebreiro, Pedrafita do CebreiroXibaFelaciónAbella🡆 More