Kelvin: Unidade de temperatura do SI

O kelvin (símbolo: K) é a unidade SI de temperatura e é unha das sete unidades-base do SI.

Fórmulas de conversión de temperaturas en kelvin
Conversión de para Fórmula
kelvin Fahrenheit °F = K × 1.8 - 459.67
Fahrenheit kelvin K = (°F + 459.67) / 1.8
kelvin Celsius °C = K - 273.15
Celsius kelvin K = C° + 273.15
kelvin Rankine °Ra = K × 1.8
Rankine kelvin K = °Ra / 1.8
kelvin Réaumur °Ré = (K - 273.15) × 0.8
Réaumur kelvin K = °Ré × 1.25 + 273.15

Características

O kelvin defínese por dous feitos:

  • O cero kelvin é o cero absoluto, a temperatura á que cesan completamente os movementos moleculares.
  • Un kelvin é a fracción 1/273.16 da temperatura termodinámica do punto triplo da auga (0.01°C). A escala de temperaturas Celsius é hoxe definida en función do kelvin.

O kelvin recibiu este nome en honra do físico e enxeñeiro Willian Thomson, que se tornou Lord Kelvin cando foi feito par do reino.

Nomenclatura

En canto unidade SI, o kelvin é escrito cun k minúsculo (excepto, claro, no comezo das frases) e non debe ser precedido polas palabras grao ou graos ou o símbolo °, como os graos Celsius ou Fahrenheit. Isto acontece porque estas son escalas de medición, en canto que o kelvin é unha unidade de medición. Cando o kelvin foi introducido en 1954 (na 10ª Conferencia Xeral de Pesos e Medidas, Resolución 3, CR 79), recibiu o nome de grao Kelvin e o símbolo °K; o "grao" (°) foi suprimido en 1967 (13ª CGPM, Resolución 3, CR 104).

Tags:

SITemperaturaUnidade de medida

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

NoiaAlcaldes da CoruñaFesta dos maiosEva Iglesias MiguénsMiro VillarDiada de Sant JordiPolisíndetoEpíteto2004AmieiroLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingCarlos de Matos GomesCeleste CaeiroFernando AlonsoDionisio Tejero PérezAC-960NoruegaLuis ZaheraPedro Campos CouceiroChinche das camasToledoÁreas lingüísticas do galegoConcello de CotobadeZorzaAs dúas MaríasXestaValentín García GómezXabier FortesMaría VillamarínManuel TurizoPaulino PereiroRedondelaCélula pancreática acinarLingua intereslavaTameiga, MosWikiInterrogación retóricaColocación do pronome átono en galegoSegunda República EspañolaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoLingua galegaJenna JamesonLimaGarcía II de GaliciaAbril na cultura popular galegaJosé Luis GilGuerra do PeloponesoNava CastroPontevedraBloque Nacionalista GalegoGame Boy LightPortugalMetonimiaJodie FosterAmazonTelecomunicaciónsSantiago AbascalA EstradaCarlos NegroXohana TorresCarlos V, Sacro Emperador Romano-XermánicoFelaciónPitbullTuiCantares gallegosÁcido teicoicoArgimiro Marnotes RodríguezPilar Bermejo BarreraAndorraLuís Seoane🡆 More