Mito

Un mito (do grego μῦθος, mythos, conto) é a narración alegórica de fenómenos extraordinarios ou feitos inexplicables para os nosos devanceiros, protagonizada por personaxes fabulosos (deuses, semideuses, monstros) ou heroes.

Nas comunidades antigas os mitos eran considerados como unha realidade vivida por diversos personaxes sobrenaturais.

Mito
O deus Thor, dos viquingos, na batalla contra os xigantes.
Pintura de Mårten Eskil Winge (1872).

Descrición xeral

Os mitos poden formar parte do sistema relixioso dunha comunidade, a cal os ten por verdadeiros, e dan un apoio narrativo ás crenzas fundamentais de devandita comunidade. Dado que os mitos explican como chegou a ser o mundo tal cal o coñece unha sociedade determinada, sitúanse nun espazo e tempo protohistóricos, no que aínda non se definiron os parámetros esenciais da mesma.

Como os demais xéneros tradicionais, o mito é na súa orixe un texto oral, no que os detalles varían en cada execución, dando lugar a múltiples versións. Nas sociedades que coñecen a escritura, o mito foi obxecto de reelaboración literaria, ampliando así o seu arco de versións e variantes.

Desde que na Antigüidade grecolatina as explicacións científicas entraron en competencia coas míticas, a palabra mito cargouse en certos contextos dun valor pexorativo, chegando a utilizarse dun xeito laxo como sinónimo de mentira, crenza estendida pero falsa: p.ex.- a sociedade sen clases é un mito comunista. Tamén é común o uso un tanto laxo de mito e mítico (ou lenda e lendario) para se referir a personaxes históricos ou contemporáneos (ou ata a produtos comerciais) cargados de prestixio e glamour: Charlot é un mito do cine mudo; os Beatles son un grupo mítico.

Segundo a visión de Lévi-Strauss, un dos estudosos máis influentes do mito, todo mito fica caracterizado por tres atributos:

  • trata dunha pregunta existencial, referente á creación da Terra, a morte, o nacemento e similares.
  • está constituído por contrarios irreconciliables: creación contra destrución, vida fronte a morte, deuses contra homes.
  • proporciona a reconciliación deses polos a fin de conxurar a nosa angustia.

Tipos de mito

Distínguense varias clases de mitos:

  • Mitos teogónicos: relatan a orixe e a historia dos deuses; por exemplo, Atenea xurdindo armada da cabeza de Zeus. Ás veces, nas sociedades de tipo arcaico, os deuses non son preexistentes ao ser humano. Pola contra, frecuentemente os humanos poden transformarse en cousas, en animais e en deuses. Os deuses non sempre son tratados con respecto: están moi próximos aos humanos e poden ser heroes ou vítimas de aventuras parecidas ás dos seres humanos.
  • Mitos cosmogónicos: intentan explicar a creación do mundo. Son os máis universalmente estendidos e dos que existe maior cantidade. A miúdo, a terra, considérase como orixinada dun océano primixenio. Ás veces, unha raza de xigantes, como os titáns, desempeña unha función determinante nesta creación; neste caso tales xigantes, que son semideuses, constitúen a primeira poboación da terra. Pola súa banda, o ser humano pode ser creado a partir de calquera materia, croio ou puñado de terra, a partir dun animal, dunha planta ou dunha árbore. Os deuses ensínanlle a vivir sobre a terra.
  • Mitos etiolóxicos: explican a orixe dos seres e das cousas; intentan dar unha explicación ás peculiaridades do presente. Non constitúen forzosamente un conxunto coherente e ás veces toman a aparencia de fábulas.
  • Mitos escatolóxicos: son os que tentan explicar o futuro, o fin do mundo; actualmente, nas nosas sociedades aínda teñen ampla audiencia. Estes mitos comprenden dúas clases principais: os do fin do mundo pola auga, ou polo lume. A miúdo teñen unha orixe astrolóxica. A inminencia do fin anúnciase por unha maior frecuencia de eclipses, terremotos, e toda clase de catástrofes naturais inexplicables, e que aterrorizan aos humanos.
  • Mitos morais: aparecen en case todas as sociedades: loita do ben e do mal, anxos e demos etc. En definitiva, os inventos e as técnicas particularmente importantes para un grupo social dado áchanse sacralizadas nun mito. Outros son antropogónicos, relativos á aparición do ser humano.
  • Mitos histórico-culturais: son as crenzas de tipo social estendidas vulgarmente entre a poboación, baseadas nunha interpretación historiográfica subxectiva; principalmente fundamentada nun malentendido, ou nunha truncada ou parcial transmisión de realidade histórica. Caracterízase pola imposibilidade de poder ser considerada como verdadeira, como se definiría para unha estrita lenda histórica, con certo rango de certeza aínda non demostrada no tempo. Un mito histórico difire principalmente dunha lenda en que esta última presenta certo rango de incerteza fronte a aquela, a cal conta con claras probas, testemuñais ou historiográficas que proban a falsidade, e que, posteriormente, foi difundida no xeito dun típico mito histórico-cultural (tamén chamado vulgarmente, unha lenda urbana).

Tipos de personaxes

As categorías de personaxes do mito inclúen, entre outros, ao heroe cultural, deus que mata ou que é envexoso, nai Terra, xigantes etc. Un dos medios máis comúns de clasificación é mediante a utilización de oposicións binarias. Zeus e os titáns, branco e negro, vello e novo, alto e baixo son as características que reflicten a necesidade humana de converter diferenzas de grao en diferenzas de clase.

Lectura literal, alegórica e simbólica

Aínda que os mitos parecen ser expostos orixinalmente como historias literalmente certas, a dialéctica entre a explicación mítica do mundo e a filosófica e científica favoreceu o desenvolvemento de lecturas non literais dos mitos, segundo as cales estes non deberían ser obxecto de crenza, senón de interpretación.

Así, a lectura alegórica dos mitos, nacida en Grecia na época helenística, propón interpretar os deuses como personificacións de elementos naturais. Este empeño atopa a súa continuación en teorías posteriores, como a difundida no século XIX por Max Müller, segundo a cal os mitos teñen a súa orixe en historias mal comprendidas sobre o Sol, que foi obxecto de personificación, converténdose nun personaxe antropomorfo (o heroe ou deus solar).

A lectura simbólica considera que o mito contén un contido veraz, pero non sobre aquilo que aparentemente trata, senón sobre os contidos mentais dos seus creadores e usuarios. Así, o mito sobre como un deus instituíu a semana ao crear o mundo en sete días contén información veraz sobre como dividía o tempo a sociedade que o creou e que divisións facía entre o inanimado e o animado, os distintos tipos de animais e o home etc. Os mitos conteñen tamén pautas útiles de comportamento: modelos a seguir ou evitar, historias coñecidas por todos coas que pór en relación as experiencias individuais.

Os estudos modernos sobre o mito sitúanse en tres posicións fundamentais:

  • a funcionalista, desenvolvida polo antropólogo Malinowski, examina para que se utilizan os mitos na vida cotiá (reforzo de condutas, argumento de autoridade etc.);
  • a estruturalista, iniciada por Lévi-Strauss, examina a construción dos mitos localizando os elementos contrarios ou complementarios que aparecen nel e o xeito en que aparecen relacionados;
  • a simbolista, que ten referentes clásicos en Jung, Bachelard e Gilbert Durand, considera que o elemento fundamental do mito é o símbolo, un elemento tanxible pero cargado dunha resonancia ou significación que remite a contidos arquetípicos da psique humana. (Un exemplo de arquetipo é o Neno Ancián, figura contraditoria que se manifesta como unha personaxe lonxeva de aparencia ou conduta infantil (como Merlín) ou un bebé ou neno capaz de falar e dotado de enormes coñecementos, propios dun ancián (o neno Xesús dando clase aos doutores).)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Mito Descrición xeralMito Tipos de mitoMito Tipos de personaxesMito Lectura literal, alegórica e simbólicaMito Véxase taménMito

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

TeruelSantuario de Nosa Señora da PenedaAna BarberoLiga de Campións da UEFAParadigmas dos verbos irregulares galegosRoko (actriz)Pilar AbellaFornelos de MontesPilar RubioBipartito galegoXohana TorresIago AspasMarta DoviroRMS TitanicProfesiónDecímetroFútbol Club BarcelonaFrida KahloCaso Asunta BasterraGheadaOs adverbios galegosCandela PeñaVicepresidencia da Xunta de GaliciaC (linguaxe de programación)Lista de xentilicios de concellos galegosComarcas de GaliciaRevolución dos CaraveisBarón RojoMexacánLois DiéguezCatabois, Serantes, FerrolAmistades PeligrosasCoristancoJosé Ramón Romero GarcíaO Castro de Beiro, OurenseRenda básica universalGabriel García MárquezA EstradaEscáncerNaturezaMiguel Ángel RevillaToni KroosMaría José Gómez RodríguezA Nosa Terra (1916)Phil FodenValentín García GómezDía das Letras GalegasOs PearesEvolución humanaAzumanga DaiohListenbourgMareas vivasJosé López CamposEnrique Labarta PoseConcelloCarlos NegroUxía SenlleEstación de OrdesMaruca do MediterráneoValenciaPokémonPedro RieloRosalía de CastroLuis ZaheraXoán Vicente ViqueiraAlba de Evan FreijedoFlorentino PérezMorsaGuerra civil españolaQueimadaOU-621Deci-🡆 More