Pexego: Froito do pexegueiro (Prunus persica)

O pexego é o froito do pexegueiro (Prunus persica), da familia Rosaceae.

Contén unha única e gran semente cuberta por unha casca dura, dentro dunha froita, de pel de veludo, que posúe unha carne que pode tirar a branco, amarelo, laranxa e incluso algo colorado; presenta un sabor doce e despide un delicado aroma.

Pexego: Cultivo, Plantación, Rega
Pexegos na póla

Os pexegos, xunto coas cereixas, ameixas e albaricoques, son froitas de carabuña. Esta especie divídese en variedades cuxa carne se separa facilmente da carabuña e noutras nas que se adhire firmemente, como a variedade chamada pavía. As variedades de carne branca son tipicamente moi doces, con escaso gusto ácido e as máis populares de países como a China, o Xapón e os seus veciños asiáticos, mentres que as de carne amarela son preferidas nos países europeos e norteamericanos, posúen un fondo ácido, que se paladea xunto á dozura. A pel de ambas as variedades ten tons encarnados.

Cultivo

Pexego: Cultivo, Plantación, Rega 
Pexego

O pexegueiro é un vexetal que habita nunha zona bastante restrinxida,xa que precisa condicións de frío invernal (os requirimentos de frío varían entre as variedades) que as zonas subtropicais non reúnen e, ao mesmo tempo, non son resistentes ás xeadas; en troques, no verán requiren temperaturas altas para que madure a colleita. Algunhas das rexións produtoras de pexegos máis importantes son:

A maioría das árbores que se venden nos viveiros son cultivares enxertados. Son propensas a unha enfermidade chamada enrolamento da folla, causada polo fungo Taphrina deformans, que normalmente non afecta directamente á froita aínda que reduce a colleita, xa que provoca unha defoliación da árbore máis ou menos extensa. A froita é moi susceptible á gomose, enfermidade fúnxica causada pola Monilinia fructicola.

Pexego: Cultivo, Plantación, Rega 
Representación artística con pexegos, obra de Pierre-Auguste Renoir

Cultivares

Hai centos de cultivares de pexego e nectarina. Clasifícanse segundo a facilidade que ten a carne de se separar da carabuña. Por exemplo na pavía, froito da pavieira (Prunus persiva var. vulgaris), a polpa está moi pegada á carabuña (o que en inglés se coñece coma clingstones). Os que se separan facilmente da carabuña se denominan freestones

O cultivo do pexego favoreceu algúns cultivares con máis firmeza, unha cor máis avermellada, e veludo máis curto; características importantes comercialmente. Pola contra estas características non implican que o froito teña máis sabor. Ademais cómpre salientar que o pexego non é un froito que teña unha longa vida post colleita, polo que forn seleccionados cultivares para poder exportar garantindo a firmeza. Os diferentes países teñen cultivares diferentes.

Plantación

A exposición desta especie debe ser a pleno sol e con boa ventilación. Isto permite que o aire frío circule durante as noites frías e mantén a zona fresca no verán. A mellor época para plantalos é a principios do inverno, desta forma as raíces teñen tempo para asentárense e para poder alimentar a brotación primaveral.

Rega

Débeselle fornecer dunha cantidade constante de auga, que se incrementará un pouco antes do momento da colleita. As froitas co mellor sabor conséguense cando as árbores son regadas durante toda a estación. A rega por pingada é o xeito ideal.

Fertilizantes

O pexego ten unhas altas necesidades de nutrientes, requirindo máis nitróxeno que a maioría das árbores froiteiras. Pódese aplicar un fertilizante NPK con regularidade (no cultivo convencional) e unha achega extra de esterco de curral no outono, trala colleita.

Galería de imaxes

    Artigo principal: Galería de imaxes de pexegos de Galicia.

Notas

Tags:

Pexego CultivoPexego PlantaciónPexego RegaPexego FertilizantesPexego Galería de imaxesPexego NotasPexegoFroitaFroitoPexegueiro (árbore)Rosáceas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Diego González RivasMúsica tradicional galegaBritney SpearsCandela PeñaWikiGalego-portuguésAna María Fernández MartínezTransformador (modelo de aprendizaxe automática)Garbiñe MuguruzaManuel RivasOs vellos non deben de namorarseFranciaPoesíaMucha e NuchaGabriel AlénBucetaJosé López CamposRefraneiro galego sobre o mes de maioCarballoHolocaustoDomingo García-SabellCunnilingusPedro SánchezÁlvaro MorataPello OtxandianoPanxermanismoBojan KrkićMaría Jesús MonteroLista de estacións de tren de GaliciaAs dúas MaríasAs leis de CelavellapdwqjXavi HernándezFrancisco Varela OuroMeteoGaliciaVictoria Núñez LópezAciñeiraPaís VascoO divino sainetePontevedraO PorriñoVincent van GoghPatricia VázquezLesakaSupermanHorteláOurioloLondresPeer-to-peerManuel MaríaTotó GarcíaJéssica BouzasGres, Vila de CrucesLingua portuguesaGalileo GalileiMaría a BalteiraBárbara ReyLaurent CantetLista de filmes coas maiores recadaciónsPastora Dominga González ViéitezCouselo (planta)LandraMemorias dun neno labregoVerbos galegos ser, estar e irEl Pueblo GallegoImmanuel KantScarlett JohanssonCabo Norte, NoruegaMoisés Rodríguez PérezÁcido dipicolínicoHarry StylesQuenllaCessna T-37 TweetLorenzo VarelaBispoVento ferido🡆 More