Carabuña

Unha carabuña, tamén denominada caguña, caroa, coia, croia, garouba, gouña e pedra, é a semente dura dalgunhas froitas (drupas), como pexegos, cereixas, olivas etc.

Carabuña
Pexego aberto: no centro, vese a carabuña.

En botánica pódese definir como un endocarpo leñoso.

O endocarpo é a capa máis interna do pericarpo, é dicir, a parte do froito que rodea ás sementes. Nas drupas é unha estrutura moi dura que rodea a unha única semente, de aí os nomes populares.

Non todos os endocarpos son leñosos, e por iso carabuña non é sinónimo de pebida. Nas bagas, como o arando (Vaccinium spp.) ou a grosella (Ribes spp.), o endocarpo é moi brando e contén multitude de pequenas sementes. Nos hesperidios, como as laranxas e os limóns, o endocarpo son gallos sucosos que conteñen as pebidas, e é a única parte que se consome, pois o mesocarpo dos cítricos é unha fibra branca. Nas núculas, como os pistachos, o endocarpo adoita ser unha casca dura que se debe quitar para consumilas. Finalmente, nos pomos, como a mazá e a pera, o endocarpo é coriáceo, e denomínase carozo.

Notas

Tags:

CereixaDrupaFroitaOlivaPexegoSemente

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Patricia VázquezÁngel Pardo PuzoAntigo ExiptoManu ChaoConnellitaStephen HawkingAlfredo GuisadoDemocraciaParadoxo de TeseoCamariñasExaculaciónSusana PedreiraSacro Imperio Romano XermánicoRichard SerraEzio Flavio BazzoXosefina de BeauharnaisDodecágonoRaxáPosición do misioneiro invertidaVacaUltradereitaMuwatallis IIPasadena, CaliforniaPerúDeportivo da CoruñaGlicerolGarcía Pardiñas Vilar de FrancosMacedonia do NorteCopia por contactoHarry Potter e o misterio do príncipeProxyDallas MavericksRusiaMaría do Socorro Ortega RomeroChimpínFentoNoite de San Xoán (Fonoteca 92)Física nuclearCurtisJosé María BesteiroRapa (serie de televisión)Matriz (matemáticas)BermudasBTS (grupo musical)AlpesAristocraciaParacaídasDaniel BasteiroMr. TTom HanksMecánica clásicaXosé Manuel PiñeiroMarta DarribaAgora RepúblicasUS AirwaysÁngel Concheiro CoelloRobin WilliamsSindicatoBenito VicettoArboSulfato de cobre (II)Reconquista de VigoAlicúnBrad PittPosicións sexuaisEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Alfonso Molina2004Océano AtlánticoBaltimoreSan Xosé de Ribarteme, As NevesRío ObiValenciaLleidaJesús Vázquez Martínez🡆 More