William Bradley Brad Pitt, nado en Shawnee (Oklahoma) o 18 de decembro de 1963, é un actor e produtor estadounidense.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Pitt recibiu catro nomeamentos ós Premios Óscar e cinco ós Globos de Ouro, e é gañador dun Globo de Ouro. Foi descrito como un dos homes máis atractivos do mundo, un feito polo cal recibiu moita atención por parte dos medios de comunicación.
Pitt gañou recoñecemento por vez primeira interpretando a un cowboy autostopista en Thelma e Louise (1991). Os seus primeiros papeis protagonistas en grandes producións foron A River Runs Through It (1992), Interview with the Vampire (1994) e Legends of the Fall (1994). En 1995, foi aclamado pola crítica pola súa interpretación no filme de suspense Seven e no de ciencia ficción 12 Monkeys, valéndolle este último un Globo de Ouro ó mellor actor secundario e un nomeamento ós Premios Óscar. Catro anos despois, Pitt protagonizou o filme de culto Fight Club. Posteriormente participaría no éxito internacional Ocean's Eleven (2001) e as súas secuelas, Ocean's Twelve (2004) e Ocean's Thirteen (2007). Os seus maiores éxitos comerciais foron Troia (2004), Mr. & Mrs. Smith (2005) e World War Z (2013). Pitt recibiu o seu segundo e terceiro nomeamento ós Óscar polas súas actuacións en O curioso caso de Benjamin Button (2008) e Moneyball (2011). Pitt ten a súa produtora de cine, Plan B Entertainment, responsable de filme como Infiltrados (2006) e 12 anos de escravitude (2013) que gañaron o Óscar ó mellor filme, e Moneyball, e lle valeu un nomeamento nesa mesma categoría.
Após unha longa relación coa actriz Gwyneth Paltrow, Pitt casou con Jennifer Aniston durante cinco anos. Pitt está coa actriz Angelina Jolie nunha relación que espertou moita expectación e provocou unha grande publicidade. El e Jolie teñen 6 fillos: Maddox, Pax, Zahara, Shiloh, Knox e Vivienne. Dende que comezou a súa relación con Jolie, Pitt tense involucrado cada vez máis en cuestións sociais, tanto nos Estados Unidos como a nivel internacional.
Ano | Filme | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1987 | Hunk | Rapaz na praia | |
1987 | Non hai saída | Oficial do aeroporto | |
1987 | No Man's Land | Camareiro | |
1987 | Less Than Zero | Partygoer | |
1988 | The Dark Side of the Sun | Rick | |
1989 | Happy Together | Brian | |
1989 | Cutting Class | Dwight Ingalls | |
1990 | Too Young to Die? | Billy Canton | |
1991 | Across the Tracks | Joe Maloney | |
1991 | Thelma e Louise | J.D. | |
1991 | Johnny Suede | Johnny Suede | |
1992 | Contact | Cox | |
1992 | Cool World | Detective Frank Harris | |
1992 | A River Runs Through It | Paul Maclean | |
1993 | Kalifornia | Early Grayce | |
1993 | True Romance | Floyd | |
1994 | The Favor | Elliott Fowler | |
1994 | Interview with the Vampire: The Vampire Chronicles | Louis de Pointe du Lac | |
1994 | Legends of the Fall | Tristan Ludlow | |
1995 | Seven | David Mills | |
1995 | 12 Monkeys | Jeffrey Goines | |
1996 | Sleepers | Michael Sullivan | |
1997 | The Devil's Own | Francis "Frankie" Austin McQuire/Rory Devaney | |
1997 | Seven Years in Tibet | Heinrich Harrer | |
1998 | Meet Joe Black | Joe Black/Home da cafetería | |
1999 | Fight Club | Tyler Durden | |
1999 | Being John Malkovich | El mesmo | Cameo |
2000 | Snatch, cochos e diamantes | Mickey O'Neil | |
2001 | The Mexican | Jerry Welbach | |
2001 | Xogo de espías | Tom Bishop | |
2001 | Ocean's Eleven | Rusty Ryan | |
2002 | Confessions of a Dangerous Mind | Brad, Bachelor No.1 | |
2003 | Sinbad: Legend of the Seven Seas | Sinbad | Voz |
2004 | Troia | Aquiles | |
2004 | Ocean's Twelve | Rusty Ryan | |
2005 | Mr. & Mrs. Smith | John Smith | |
2006 | Babel | Richard | |
2007 | Ocean's Thirteen | Rusty Ryan | |
2007 | O asasinato de Jesse James a mans do covarde Robert Ford | Jesse James | |
2008 | Burn After Reading | Chad Feldheimer | |
2008 | O curioso caso de Benjamin Button | Benjamin Button | |
2009 | Inglourious Basterds | Tenente Aldo Raine | |
2010 | Megamind | Metro Man | Voz |
2011 | The Tree of Life | Mr. O'Brien | |
2011 | Moneyball | Billy Beane | |
2011 | Happy Feet Two | Will the Krill | |
2012 | Mátaos suavemente | Jackie Cogan | |
2013 | World War Z | Gerry Lane | |
2013 | 12 anos de escravitude | Samuel Bass | |
2013 | The Counselor | Westray | |
2014 | Fury | Don "Wardaddy" Collier |
Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1987 | Another World | Chris | 2 episodios |
1987 | Growing Pains | Jeff | 2 episodios: "Who's Zoomin' Who?" "Feet of Clay" |
1987 | Head of the Class | Chuck | Episodio: "Partners" |
1987 | Freddy's Nightmares | Rick Austin | Episodio: "Black Tickets" |
1987 | Dallas | Randy | 4 episodios |
1988 | 21 Jump Street | Peter | Episodio: "Best Years of Your Life" |
1990 | The Image | Home da cámara | Telefilme |
1990 | Too Young to Die? | Billy Canton | Telefilem |
1990 | Glory Days | Walker Lovejoy | 6 episodios |
1992 | Tales from the Crypt | Billy | Episodio: "King of the Road" |
2001 | Friends | Will Colbert | Episodio: "The One with the Rumor" |
2002 | Jackass | El mesmo | 2 episodios |
2003 | King of the Hill | Patch Boomhauer | Voz Episodio: "Patch Boomhauer" |
Ano | Filme | Notas |
---|---|---|
2006 | God Grew Tired of Us | Produtor executivo |
2006 | Infiltrados | |
2006 | Running with Scissors | |
2007 | The Tehuacan Project | Produtor executivo |
2007 | Year of the Dog | Produtor executivo |
2007 | A Mighty Heart | Co produtor |
2007 | O asasinato de Jesse James a mans do covarde Robert Ford | |
2008 | Pretty/Handsome | Produtor executivo |
2009 | The Time Traveler's Wife | Produtor executivo |
2009 | The Private Lives of Pippa Lee | Produtor executivo |
2010 | Kick-Ass | |
2010 | Eat Pray Love | |
2011 | The Tree of Life | Co-produtor |
2012 | Moneyball | |
2012 | Mátaos suavemente | |
2013 | World War Z | |
2013 | Kick-Ass 2 | |
2013 | 12 anos de escravitude |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
1995 | Óscar ao mellor actor secundario | 12 Monkeys | Candidato |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2006 | Globo de Ouro ao mellor actor secundario | Babel | Candidato |
1995 | Globo de Ouro ao mellor actor secundario | 12 Monkeys | Gañador |
1994 | Globo de Ouro ao mellor actor - Drama | Legends of the Fall | Candidato |
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Brad Pitt |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Brad Pitt, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.