Ana Peleteiro: Atleta galega

Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto e medallista de bronce nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020.

Infotaula de personaAna Peleteiro Brión
Ana Peleteiro: Traxectoria, Marcas persoais, Palmarés
Ana Peleteiro: Traxectoria, Marcas persoais, Palmarés
Ana Peleteiro en 2019.
Biografía
Nacemento(es) Ana Peleteiro Brión Editar o valor em Wikidata
2 de decembro de 1995
Galicia Ribeira, Galicia
Datos persoais
ResidenciaGuadalajara, Castela-A Mancha
País de nacionalidadeGalicia Galega
EducaciónInstitut Nacional d'Educació Física de Catalunya (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura1,72 m
Peso52 kg
Actividade
Ocupaciónatleta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua galega e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
DeporteAtletismo
Triplo salto
Disciplina deportivaTriplo salto Editar o valor em Wikidata
AdestradorAbelardo Moure (2008-2013)
Juan Carlos Álvarez (2013-2016)
Iván Pedroso (desde 2016)
Traxectoria
  Equipo Competición
- FC Barcelona de atletismo
- Club Atletismo Adidas (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
31 de xullo de 2020Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Triplo salto feminino (pt) Traducir (3ª) Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeBenjamin Compaoré (2023–)
ParellaBenjamin Compaoré (2021–)
Nélson Évora (2016–2021) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm11118521 Twitter: apeleteirob Instagram: apeleteirob IAAF: 14454805 Editar o valor em Wikidata

Asombrou desde moi nena, batendo os récords de España cadete, xuvenil, júnior e promesa e, con 16 anos, foi campioa do mundo júnior no Estadio Olímpico de Barcelona, cun salto de 14,17 m, batendo ademais o récord nacional absoluto.

Proclamouse en trece ocasións campioa absoluta de España de triplo salto, seis delas ao aire libre e sete en pista cuberta, a primeira delas en febreiro de 2014, aínda en idade júnior. No Mundial de atletismo en pista cuberta de 2018, disputado en Birmingham, acadou o bronce en triplo salto cunha distancia de 14,40 m. E no campionato de Europa absoluto de atletismo de 2018 celebrado en Berlín conseguiu a medalla de bronce, a primeira medalla conseguida por un atleta galego nun campionato de Europa.

En 2019 proclamouse campioa de Europa de pista cuberta de triplo salto cunha marca de 14,73 metros, novo récord de España, no Campionato de Europa de Atletismo en Pista Cuberta disputado en Glasgow. Nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020 bateu o seu propio récord de España cunha marca de 14,87 m, coa que conseguiu a medalla de bronce, o primeiro metal olímpico da historia do atletismo galego. Na actualidade está en posesión de tres récords absolutos de Galicia e dous de España, así como varios máis en categorías inferiores.

Foi elixida mellor atleta española júnior dos anos 2011, 2012, e 2013, pola Real Federación Española de Atletismo. No ano 2012 recibiu o Premio Nacional do Deporte, no 2013 o Premio Princesa de Asturias S.A.R. Doña Letizia e no 2020 a Medalla Castelao.

Traxectoria

Primeiros pasos

Ana Peleteiro comezou a súa carreira deportiva en Ribeira, da man de María José Martínez Patiño e Carlos Aldán, na Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, compaxinando as especialidades de velocidade (50 e 100 metros lisos), salto de lonxitude e triplo salto, adestrada por Abelardo Moure.

En xaneiro de 2010 proclamouse na Coruña campioa galega cadete en pista cuberta de triplo salto e salto de lonxitude, batendo na primeira das disciplinas o récord autonómico cadete, con 11,24 metros. En febreiro proclamouse en Oviedo campioa de España cadete en pista cuberta tanto en triplo salto como en salto de lonxitude, cunhas marcas de 11,46 m e 5,30 m respectivamente. Dous meses despois bateu o récord galego de triplo salto cadete ao aire libre, cunha marca de 12,12 superando en 43 centímetros a anterior marca de 1996. En maio no campionato ao aire libre celebrado no Barco de Valdeorras, proclamouse campioa galega cadete tanto en triplo salto como en salto de lonxitude. Na primeira semana de xuño, no Campionato de España de Seleccións Autonómicas, logrou outro ouro en triplo salto cunha marca de 12,33, novo récord nacional cadete. Unhas semanas despois no Campionato de España cadete ao aire libre só puido ser terceira en triplo salto e cuarta en lonxitude.

Comezou 2011 proclamándose, con só 15 anos, campioa galega absoluta de triplo salto e subcampioa en lonxitude, no autonómico celebrado no Pazo dos Deportes de Riazor, resultados que repetiu dúas semanas despois no autonómico xuvenil. En marzo participou en Zaragoza no seu primeiro Campionato de España como xuvenil, conseguindo o ouro en triplo salto e establecendo unha nova marca nacional nesa categoría de idade, con 12,70 metros, 27 centímetros máis que a marca anterior. Ademais, no mesmo certame, gañou a prata no salto de lonxitude, cun salto de 5,68 m. En maio, no nacional de seleccións, superou por primeira vez os 13 metros no triplo salto, establecendo unha nova mellor marca nacional xuvenil, e conseguindo o segundo mellor salto do ano desa categoría en todo o mundo. Volveu superar os 13 metros no nacional ao aire libre, subindo de novo ao máis alto do podio.

En xullo de 2011 disputou o seu primeiro campionato do mundo, en categoría xuvenil. O seu salto de 12,92 permitiulle subir ao terceiro caixón do podio na proba celebrada en Lille. Unhas semanas despois conquistou a medalla de ouro no Festival Olímpico da Mocidade Europea celebrado na cidade turca de Trebisonda. Rematou o ano sendo elixida mellor atleta júnior de España, galardón que repetiu ao ano seguinte, xunto ao de mellor adestrador para Abelardo Moure.

En xaneiro de 2012 competiu na primeira Copa de Galicia de clubs formando parte do Ría de Ferrol, club asociado a ADT Barbanza, batendo o seu propio récord galego absoluto de triplo salto en pista cuberta, saltando até os 13,20 m, o que significaba 20 cm máis do saltado un ano antes por ela mesma no escenario da Polideportiva de Riazor (A Coruña). Esta marca significaría ademais un novo récord en categoría júnior en España, mellorando os 12,61 m que Vanesa Peñalver lograra en Alacant en 1998, pero Peleteiro aínda non contaba coa idade suficiente para que a marca fose homologable. Uns días despois revalidou o seu título absoluto de triplo salto e logrou tamén o de salto de lonxitude no campionato en pista cuberta celebrado no Pazo dos Deportes de Riazor, batendo a súa propia marca de triplo e o récord galego absoluto de lonxitude, que levaba 36 anos en posesión de Ángeles Moinelo. Superou en tres centímetros a marca da antiga atleta do Deportivo da Coruña, deixando o novo récord en 5,87 m. En marzo logrou o campionato galego xuvenil en pista cuberta en ambas disciplinas.

En xullo proclamouse campioa do mundo júnior no campionato celebrado en Barcelona, cun salto de 14,17 metros, unha distancia superior aos 14,10 que clasificaron a Patricia Sarrapio para os Xogos Olímpicos de Londres.

Salto á Blume

En febreiro de 2013 disputou a súa primeira competición absoluta, no Campionato de España en pista cuberta en Sabadell, onde logrou a medalla de prata por detrás de Patricia Sarrapio, cun salto de 13,75 m, récord nacional júnior e promesas. Dúas semanas despois participou no Campionato de España júnior en Antequera, obtendo dúas novas medallas, o ouro no triplo salto e o bronce no salto de lonxitude.

En xuño decidiu dedicarse preferentemente ao triplo salto e cambiar de adestrador e de residencia, trasladándose a Madrid, ao Centro de Alto Rendemento de Madrid, onde se puxo ás ordes de Juan Carlos Álvarez, aloxándose na Residencia "Joaquín Blume", dependente do Consello Superior de Deportes de España. En xullo proclamouse campioa júnior en Castelló de la Plana e participou no Campionato Europeo Júnior na localidade italiana de Rieti, de onde volveu coa medalla de bronce, cun mellor salto de 13,29.

No campionato de España de atletismo en pista cuberta, celebrado en Sabadell en febreiro de 2014, proclamouse por primeira vez campioa de España absoluta de triplo salto, cun rexistro de 13,91 m, conseguindo nova marca de España júnior. En marzo revalidou en Donostia o título de campioa júnior de triplo salto en pista cuberta e sumou o de 60 metros lisos. En xuño en Pontevedra converteuse na campioa galega absoluta dos 100 metros lisos, cun tempo de 11,93 segundos, establecendo un novo récord galego que mantivo durante sete anos, ata que foi superado en 2021 por Adi Iglesias. Uns meses despois gañou tamén o ouro no Campionato de España júnior ao aire libre en Alcobendas.

Decaemento e volta ao primeiro plano

Ana Peleteiro: Traxectoria, Marcas persoais, Palmarés 
Ana Peleteiro saltando no campionato europeo de atletismo en pista cuberta, Belgrado, 2017.

Desde o verán de 2014 Peleteiro sufriu un decaemento deportivo. En Eugene (Oregón), o 5 de xullo de 2014, saltou 13,71 m, quedando clasificada no sexto posto no Mundial júnior. En febreiro de 2015 volveu do campionato de España de categoría promesas de Antequera con dous metais: prata en 60 metros lisos e bronce no triplo salto. Con todo, en agosto proclamouse campioa de España de triplo salto, no Campionato de España celebrado en Castelló de la Plana, o seu primeiro ouro absoluto ao aire libre e ao ano seguinte logrou outro ouro no Campionato de España de atletismo en pista cuberta celebrado en Madrid. A iso uniuse o seu paso por Lisboa, a onde se mudou na primavera de 2016 para preparar a súa participación nos Xogos de Río dese ano, aos que tivo que renunciar por problemas físicos. A etapa portuguesa durou pouco. Meses despois púxose en mans do adestrador cubano Iván Pedroso, e foi vivir a Guadalajara.

En febreiro de 2017 proclamouse por terceira vez campioa de España en pista cuberta, nos campionatos celebrados en Salamanca, e en marzo quedou quinta no Campionato de Europa absoluto de pista cuberta celebrado en Belgrado. En xullo dese ano logrou o ouro no Campionato de España de atletismo en Barcelona e a prata no Campionato de Europa sub-23 celebrado en Bydgoszcz. Un mes despois disputou no Estadio Olímpico de Londres o Campionato do Mundo, logrando o sétimo posto na final, cun salto de 14,23 m.

Bronce europeo, bronce mundial e récord de España

No mundial de atletismo en pista cuberta de 2018, disputado en Birmingham, acadou a medalla de bronce en triplo salto cunha distancia de 14,40 m. O bronce de Birmingham e habituarse a estar sempre por riba dos 14 m reflicte todo un cambio de técnica. Tamén ese ano revalidou os dous títulos de campioa de España: en pista cuberta en Valencia cunha marca de 14,22 e ao aire libre en Xetafe con 14,55, batendo a súa mellor marca persoal.

O 11 de agosto de 2018, aos seus 22 anos, obtivo a medalla de bronce no concurso de triplo salto do campionato europeo en Berlín, cun mellor salto de 14,44 m, a un centímetro da prata, que foi para a alemá Kristin Gierisch; o ouro foi para a grega Paraskevi Papachristou, que saltou 14,60 m. A galega estivo en posicións de podio de principio a fin do concurso. Fixo dous moi bos saltos, pero que resultaron nulos. Foi a primeira medalla europea para un atleta galego en toda a historia.

Campioa de Europa

Ana Peleteiro: Traxectoria, Marcas persoais, Palmarés 
Ana Peleteiro co premio "Princesa de Asturias", outorgado polos seus éxitos en 2012.

Na mañá do 3 de marzo de 2019, no campionato de Europa en pista cuberta, en Glasgow, cun salto de 14,73 m fixo historia no deporte español, alzándose coa medalla de ouro e, ademais, bateu en 9 centímetros o récord de España de triplo salto, en poder de Carlota Castrejana con 14,64 m desde 2007. Ademais en setembro proclamouse de novo campioa de España de triplo salto en La Nucía (Alacant) cun salto de 14,20.

Mundial de Doha

En outubro de 2019 participou no Campionato do mundo de atletismo ao aire libre celebrado en Doha. Meteuse na final cun salto de 14,23 m e na final rematou sexta cunha mellor marca de 14,47, lonxe dos 15,37 da súa compañeira de adestramentos, a venezolana Yulimar Rojas. Un mes despois do Mundial foi galardoada co Premio Deporte Galego á mellor deportista galega feminina de 2018. Fíxolle entrega do premio o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o 28 de novembro no Auditorio de Lalín.

Prata europea e 11º campionato de España

En marzo de 2020 conquistou o seu quinto campionato de España en pista cuberta, en Ourense. Con molestias nun xeonllo preferiu non arriscar e bastoulle con saltar 13,90 para gañar o campionato.

O 20 de febreiro de 2021 logrou en Madrid o seu décimo campionato de España de triplo salto, o sexto en pista cuberta, cunha marca de 14,21 m. Dúas semanas despois, no Europeo baixo teito de Toruń (Polonia), acadou a medalla de prata, saltando 14,52 metros e quedando a un centímetro do ouro da portuguesa Patrícia Mamona. En xuño en Xetafe, proclamouse campioa de España por 11ª vez (5ª ao aire libre), cun salto de 14,61 que foi ademais a mellor marca española da historia ao aire libre.

Bronce olímpico en Toquio 2020

Despois de dominar de xeito absoluto o triplo salto español durante o último lustro, disputou en Toquio os seus primeiros Xogos Olímpicos. Comezou a súa andaina olímpica o 30 de xullo, meténdose na final cun salto de 14,62, a súa mellor marca persoal do ano e a mellor marca española da historia nos Xogos. Na final disputada o día 1 de agosto, conseguiu a medalla de bronce, a primeira medalla olímpica na historia do atletismo galego. Fíxoo despois de bater por dúas veces o récord de España, deixándoo en 14,87 m, marca coa que rematou terceira por detrás da venezolana Yulimar Rojas (que bateu o récord do mundo con 15,67 m) e a portuguesa Patrícia Mamona (15,01 m).

En febreiro de 2022, en Ourense, gañou o seu sétimo campionato de España en pista cuberta, igualando en títulos a Patricia Sarrapio, que acabou segunda na mesma proba, a máis de metro de Peleteiro. En xullo de 2023 gañou un novo título ao aire libre, cun salto de 14,21, pero non conseguiu a mínima para o Campionato do Mundo de Budapest.

Marcas persoais

Data Especialidade Lugar Marca
3 de marzo de 2019 Triplo salto (pista cuberta) Glasgow 14,73 m
1 de agosto de 2021 Triplo salto (aire libre) Toquio 14,87 m
28 de xaneiro de 2012 Salto de lonxitude (pista cuberta) A Coruña 5,87 m
18 de maio de 2019 Salto de lonxitude (aire libre) Eivisa 6,07 m
15 de xuño de 2014 100 metros lisos (aire libre) Pontevedra 11,93 s
15 de febreiro de 2014 60 metros lisos (pista cuberta) Madrid 7,56 s
9 de febreiro de 2013 50 metros lisos (pista cuberta) A Coruña 6,66 s

     Récord nacional      Récord galego

Palmarés

Triplo salto

  • Campionato de Europa en pista cuberta (1): 2019.
  • Campionatos de España ao aire libre (5): 2015, 2017, 2018, 2019, 2021.
  • Campionatos de España en pista cuberta (7): 2014, 2016, 2017, 2018, 2020, 2021, 2022.
  • Campionatos de Galicia en pista cuberta (2): 2011, 2012.

Salto de lonxitude

  • Campionatos de Galicia en pista cuberta (1): 2012.

100 m lisos

  • Campionatos de Galicia ao aire libre (1): 2014.

Resultados

Resultados nacionais

Data Competición Lugar Resultado
Categorías cadete, xuvenil, júnior e promesas
2010 Campionato de España de atletismo cadete en pista cuberta, en triplo salto Oviedo
Campionato de España de atletismo cadete en pista cuberta, en salto de lonxitude
Campionato de España de atletismo cadete, en triplo salto Pamplona
2011 Campionato de España de atletismo xuvenil en pista cuberta, en triplo salto Zaragoza
Campionato de España de atletismo xuvenil en pista cuberta, en salto de lonxitude
Campionato de España de atletismo xuvenil, en triplo salto Granollers
2013 Campionato de España de atletismo júnior en pista cuberta, en triplo salto Antequera
Campionato de España de atletismo júnior en pista cuberta, en salto de lonxitude
Campionato de España de atletismo júnior, en triplo salto Castelló de la Plana
2014 Campionato de España de atletismo júnior en pista cuberta, en triplo salto Donostia
Campionato de España de atletismo júnior en pista cuberta, en 60 metros lisos
Campionato de España de atletismo júnior, en salto de lonxitude Alcobendas
2015 Campionato de España de atletismo promesas en pista cuberta, en 60 metros lisos Antequera
2017 Campionato de España de atletismo promesas en pista cuberta, en triplo salto Madrid
Campionato de España de atletismo promesas, en triplo salto Torrent
Absoluto
2013 Campionato de España de atletismo en pista cuberta, en triplo salto Sabadell
2014 Campionato de España de atletismo en pista cuberta, en triplo salto Sabadell
2015 Campionato de España de atletismo en pista cuberta, en triplo salto Antequera
Campionato de España de atletismo, en triplo salto Castelló de la Plana
2016 Campionato de España de atletismo en pista cuberta, en triplo salto Madrid
2017 Campionato de España de atletismo en pista cuberta, en triplo salto Salamanca
Campionato de España de atletismo, en triplo salto Barcelona
2018 Campionato de España de atletismo en pista cuberta, en triplo salto Valencia
Campionato de España de atletismo, en triplo salto Xetafe
2019 Campionato de España de atletismo, en triplo salto La Nucía
2020 Campionato de España de atletismo en pista cuberta, en triplo salto Ourense
2021 Campionato de España de atletismo en pista cuberta, en triplo salto Madrid
Campionato de España de atletismo, en triplo salto Xetafe
2022 Campionato de España de atletismo en pista cuberta, en triplo salto Ourense
2023 Campionato de España de atletismo, en triplo salto Torrent

Resultados internacionais

Data Competición Lugar Resultado
Categorías cadete, xuvenil, júnior e promesas
2011 Campionato do mundo de atletismo xuvenil, en triplo salto Lille
Festival olímpico da mocidade europea, en triplo salto Trebisonda
2012 Campionato do mundo de atletismo júnior, en triplo salto Barcelona
2013 Campionato de Europa de atletismo júnior, en triplo salto Rieti
2014 Campionato do mundo de atletismo júnior, en triplo salto Eugene
2017 Campionato de Europa de atletismo sub-23, en triplo salto Bydgoszcz
Absoluto
2017 Campionato de Europa de atletismo en pista cuberta, en triplo salto. Belgrado
Campionato do mundo de atletismo ao aire libre, en triplo salto. Londres
2018 Campionato do mundo de atletismo en pista cuberta, en triplo salto Birmingham
Campionato de Europa de atletismo, en triplo salto Berlín
2019 Campionato de Europa de atletismo en pista cuberta, en triplo salto. Glasgow
Campionato do mundo de atletismo ao aire libre, en triplo salto. Doha
2021 Campionato de Europa de atletismo en pista cuberta, en triplo salto. Toruń
Xogos Olímpicos, en triplo salto. Toquio

Galardóns

Ana Peleteiro: Traxectoria, Marcas persoais, Palmarés 
Ana Peleteiro recibe a Medalla Castelao, 2020.
  • Premio Nacional do Deporte (España), no ano 2012.
  • Premio Princesa de Asturias S.A.R. Doña Letizia, no ano 2013.
  • Premio Deporte Galego á mellor deportista feminina de 2018.
  • Premio á "Mellor deportista" da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA) no marco da VII Gala do Deporte Feminino Galego, no ano 2019.
  • Premio da RFEA á mellor atleta española de 2019.
  • Medalla Castelao, no ano 2020.

Vida persoal

Desde 2021 é a parella do seu colega do triplo salto, o francés Benjamin Compaoré, e acaba de anunciar que está embarazada de 3 meses.


Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Ana Peleteiro TraxectoriaAna Peleteiro Marcas persoaisAna Peleteiro PalmarésAna Peleteiro ResultadosAna Peleteiro GalardónsAna Peleteiro Vida persoalAna Peleteiro NotasAna Peleteiro Véxase taménAna Peleteiro19952 de decembroAtletismoGaliciaRibeiraTriplo saltoXogos Olímpicos de 2020

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ArroazNordés (vento)Gran Guerra IrmandiñaDe NinghuresRebeliom do InframundoCatedral de Santiago de CompostelaAlbert EinsteinPerífrases verbais galegasPontellaJorge PeteiroLista de filmes coas maiores recadaciónsBidueiroEva Iglesias MiguénsCataluñaDos arquivos do trasnoBeteluBloque Nacionalista GalegoSabela (Operación Triunfo)O CarballiñoXogos floraisMercedes QueixasA chave das noces1928Julio Iglesias RedondoPosición do misioneiro invertidaFalange EspañolaBreogánLingua portuguesaJesús Hidalgo BermejoPosicións sexuaisArxentinaOurenseGrândola, Vila MorenaPaís VascoBispoFoca monxeConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesTraxe galegoFollas novasMiguel Ángel Zabalza BerazaTito VilanovaMark Lewis JonesLista de siglas e acrónimosXurxo AyánEstados Unidos de AméricaLuís SeoaneSobreiraRataPalmaOrdesSystem of a DownVoleibolMiguel SolísBrasilFesta da Palabra SilenciadaEuropaCharles DarwinLingua casteláFerrer BassaMaruxa MalloMovimento das Forças ArmadasReino de GaliciaBolboretaAmancio OrtegaMondoñedoAires da miña terraBatalla das Termópilas (-480)Emilio Pérez TouriñoFabiola GarcíaDavid MellaFrida KahloPalauMaría Antonieta de AustriaCinema pornográficoIrene Ferreras🡆 More