A provincia de Alacant (en valenciano: Alacant, en castelán: Alicante) é a máis meridional da Comunidade Valenciana.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
Limita ao norte coa provincia de Valencia, ao sur coa Rexión de Murcia, ao oeste con Murcia e a provincia de Albacete (Castela-A Mancha), e ao leste co mar Mediterráneo. A súa capital é a cidade homónima de Alacant. A súa área abrangue 5.863 km², cunha poboación de 1.855.047 habitantes (2015).
Provincia de Alicante (es) Província d'Alacant (ca) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Capital | Alacant | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.881.762 (2021) (322,97 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 5.826,45 km² | ||||
Bañado por | Golfo de Valencia | ||||
Punto máis alto | Sierra de Aitana (1.558 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Diputació d'Alacant (en) | ||||
• President of the Diputacion of the Province of Alicante (en) | Cesar Sanchez Perez (en) (2015–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 03 | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | ES-A | ||||
Código NUTS | ES521 | ||||
Código INE | 03 | ||||
ARGOS ID (en) | 03 | ||||
Páxina web | diputacionalicante.es… |
As cidades da provincia que superan os 50.000 habitantes son Alacant (328.648 hab.), Elx (227.312 hab.), Torrevieja (88.447 hab.), Orihuela (82.675 hab.), Benidorm (69.045 hab.), Alcoi (59.567 hab.), Sant Vicent del Raspeig (56.302 hab.) e Elda (53.248 hab.).
A provincia posúe un relevo bastante montañoso e accidentado, salvo algúns vales fluviais do sur. As súas montañas son unha prolongación do sistema Bético, conformando varios cordais paralelos, dirixidos de suroeste a nordés, entre os que se encontran as serras de Mariola, da Carrasqueta, de Crevillent, de Salines, do Maigmó, do Cid ou de Bernia. O cume provincial é o pico de Aitana, na serra homónima, con 1.558 m de altitude, ao que lle segue o Puig Campana, con 1.406 m, e o Montcabrer, na serra de Mariola, con 1.389 m.
As zonas chás corresponden, sobre todo, á zona sur-suroeste, onde conflúen unha chaira costeira, a do Alacantí, con dúas chairas aluviais, a do Baixo Vinalopó e a do Baixo Segura (la Vega Baja), que conforman unha zona fértil de veigas e hortas con gran concentración agrícola.
A provincia de Alacant tan só conta cun curso de auga saliente, o río Segura, que flúe nos seus últimos 36 km polo Sur da provincia, na comarca da Vega Baixa ou Baix Segura. O río autóctono máis importante é o Vinalopó, que atravesa Elda e Elx. Outros cursos dignos de sinalar son, de norte a sur, os ríos Serpis, Girona, Gorgos, Algar, Amadorio, Monnegre e a Rambla de les Ovelles.
As comarcas nas que se divide a provincia son:
A faixa costeira (Dénia, Xàbia, Calp, Benidorm, La Vila Joiosa, Alacant, Santa Pola, Torrevieja) forman a chamada Costa Branca. Nesta zona destaca a área metropolitana de Alacant-Elx, que con 725.395 habitantes é a 8ª maior aglomeración española.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia de Alacant |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Provincia de Alacant, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.