Lista De Palabras Galegas De Orixe Celta

Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués.

artigo de listas da Wiki

Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas. As palabras marcadas cun asterisco (*) non están plenamente comprobadas e son polo tanto casos hipotéticos.

Aínda non existe unha investigación coidadosa e sistemática sobre o léxico galego de orixe celta.

Lista

Lista De Palabras Galegas De Orixe Celta 
Leiras en Muxía.
Lista De Palabras Galegas De Orixe Celta 
Berros.
Lista De Palabras Galegas De Orixe Celta 
Carro tradicional galego. As rodas están feitas de cambas; os laterais do carro son chamados chedas.
  • abanqueiro [m] 'cadoiro, fervenza', formalmente un derivado en -arium de *abanco, do protocelta *abankos. Relacionado co irlandés abacc, do galés afanc e do bretón avank.
  • abeneiro [m] 'amieiro', un derivado en -arium de *aben-no- 'río (árbore)', unha formación similar no protocelta *abal-no- 'mazá-árbore' e *wer-no- 'auga(árbore)' (ameneiro), relacionado co bretón auon, o galés afon e o irlandés antigo ab 'río'.
  • agruño / abruño [m] 'froito do abruñeiro', do protocelta *agrīnio,, influenciado polo latín PRUNUM 'ameixa', semellante ó irlandés áirne, ó galés eirin 'ameixa'; relacionado co occitano agranhon, do provenzal agreno, do catalán aranyó e o aragonés arañon.

Abruño e abruñeiro poden vir tamén directamente do latín prunus (cfr. o abrunal asturiano).

  • albó, alboio [m] 'alpendre, pendello, sobeira', do protocelta *ɸare-bow-yo-, relacionado co irlandés antigo airbe 'cuberto, pechado'.
  • anaco [m] 'parte que resulta da división doutra maior', do celta *ann-. Da palabra galega podería provir a castelá añicos.
  • O galego antigo ambas [f p] 'augas, ríos', ambas mestas [f] 'confluencia', do celta ambe 'auga, río', semellante ó galo ambe 'río', e ó irlandés antigo aub.
  • banastra [f] 'cesta grande', do francés antigo banaste, do celta *benna 'cesta'.
  • banzo [m] 'chanzo, viga', do protocelta *wank-yo-, relacionado co castelán banzo (segundo Coromines de *wankjos); semellante ó irlandés féige 'trabe horizontal'.
    Derivados: banza 'respaldo', banzado, banzao 'valado'.
  • barra [f] 'faiado, plataforma superior', do protocelta *barro-, relacionado co irlandés, galés e bretón barr 'cima, pico, cume'.
  • becerro [m] ‘cría da vaca’, incerto: do protocelta *bicurru-, do ibero *ibicurri- ou do latín *Ibex- ‘cabra libre’.
  • berro [m] 'agrón', do protocelta *beru-ro-, relacionado co castelán berro; semellante ó irlandés antigo biror, ó galés berwr, ó bretón antigo beror, ó francés berle (< bĕrŭla en latín procedente do galo; en irlandés biolar, en bretón beler).
  • beizo [m] ‘as dúas partes carnosas que limitan a abertura da boca’, do protocelta *beiccion- ‘boca de animal’, que á súa vez provén de *baicciō ‘berrar’, relacionado co antigo irlandés béccim, irlandés béic ‘berro’, escocés beuc, galés beichio ‘bruar’, córnico begi ‘ornear’, bretón begiad ‘bear’, castelán bezo ‘beizo grande’.
  • bico [m] 'beixo', do protocelta *bekko-, relacionado co bretón beg, do italino becco e do francés bec.
    Derivados: bicar, bicaño 'outeiro', bicallo (un peixe, Gadus luscus).
  • bidueiro [m] < *betūlariu, biduo [m] < *betūlu, bidulo [m] < *betūllu, do celta *betu- ou *betū-, relacionado co castelán biezo, co catalán beç, co occitano bèç (< bettiu); semellante ó irlandés beith, ó galés bedw e ó bretón bezv.
    Derivados: Bidueiral, Bidual 'terreo de bidueiros'.
  • billa, [f] 'espiga; vara' do protocelta *beljo- 'árbore, tronco', semellante ó irlandés antigo bille 'grande árbore, tronco de árbore', ó manés billey 'árbore', ó gales pill 'tocón', ó bretón pil; relacionado co francés bille 'leña, peza de madeira'.
  • bode [m] ‘macho da cabra’, do protocelta *bukko-, relacionado co francés bouc, préstamo do holandés bok.
  • borba [f] 'lama, limo', do protocelta *borwâ-, relacionado co francés bourbe 'lama'; semellante ó irlandés bearbh 'ebulición', ó galés berw 'ebulición' e ó bretón berv 'caldo, burbullo'.
    Derivados: borbento 'mucilaxinoso'.
  • borne [m] 'bordo, beira', do francés borne 'marco', do francés antigo bosne, bodne, do latín vulgar *bodĭna / *budĭna 'árbore de fronteira', do protocelta *botina 'tropa', semellante ó irlandés antigo buiden e ó galés byddin 'exército' (*budīnā).
  • bosta [f], 'excrementos sólidos do gando vacún'.
  • braga [f],do protocelta *braco-, relacionado co castelán e occitano braga,co francés braie e co italiano brache.
    Derivados: bragal, bragada 'masa de ovos de peixes', bragueiro.
  • braña [f] 'pantano, prado, encalco', do protocelta *bragno-, relacionado co asturiano e cántabro braña, co catalán braina, semellante ó irlandés brén, ó galés braen, e ó bretón brein 'podre', bréanar, braenar e breinar 'campo de barbeito'.
    Derivados: brañal, brañeira, brañento 'idem'.
  • breixo [m], de *broccius, do protocelta *vroiki-,, semellante ó irlandés antigo froich, ó galés gwrug, ó córnico grig; relacionado co castelán brezo, co occitano bruga e co francés bruyère.
  • O galego antigo bren [m] 'farelo', probablemente do provenzal brem, do protocelta *brenno-, relacionado co francés bran e o lombardo bren.
  • breña [f] 'conxunto espeso de matas ou maleza' do celta *brigna- 'outeiro'.
  • bringa [f] 'talo, cana', de *brīnikā, do celta *brīnos 'cana'; semellante ó galés brwyn 'xunco', ó córnico broenn e ó bretón broen; relacionado co frnacés brin 'talo'.
  • brío [m] 'forza, poder', do italiano brio, do occitano briu 'salvaxe', do protocelta *brigos, relacionado co occitano briu, co francés antigo brif 'delixadeza, estilo'; semellante ó irlandés antigo bríg 'poder', ó galés bri 'prestixio, autoridade' e ó bretón bri 'respecto'.
  • O galego antigo busto [m] 'gandaría, leitería', do composto celta *bow-sto- significa 'lugar con vacas', semellante ó celtibérico boustom 'corte', ó irlandés buas 'riqueza en gando'; relacionado co portugués bostar e co castelán bustar
    Derivatives: bustar 'pastures'.
  • cai [m] 'peirao, embarcadoiro', probablemente do francés (e á súa vez do normando) quai, do protocelta *kag-yo-, semellante ó galés cae, ó córnico ke, ó bretón kae 'cobertura' e ó francés chai 'adega'.
  • callao [m] 'pedra pequena, lisa e redonda pola erosión' do protocelta *ca-la-, relacionado co francés caillou.
  • cambiar, do latín vulgar cambiare, do protocelta *kambo-, relacionado co francés changer, co occitano e castelán cambiar, co catalán canviar, co italiano cambiare; semellante ó bretón kemm 'intercambio', ó irlandés antigo cimb 'rescate'.
    Derivados: cambio, cambiador.
  • camba [f] 'arco da roda' do protocelta *kambo-, relacionado co irlandés antigo camm 'torto', co occitano cambeta 'parte do arado'.
    Derivados: cambito, cambada, camballa, cambeira 'madeiro torto para colgar peixes', cambela 'tipo de arado', cambota 'peza inferior da cheminea'.
  • camiño [m] 'vieiro', do latín vulgar *cammīnus, do protocelta *kanxsman-, relacionado co italiano cammino, co francés chemin, co castelán camino, co catalán camí, co occitano camin ; semellante ó irlandés antigo céimm e ó bretón cam 'paso'.
    Derivados: camiñar.
  • camisa [f] do protocelta camisia. relacionado co castelán e occitano camisa, co italiano camicia e co francés chainse
  • canga [f] 'colar, xugo', do protocelta *kambika.
  • canto [m] 'bordo, esquina', do protocelta *kanto-, semellante ó irlandés antigo cét 'soporte de pedra redonda', ó galés cant 'marco', ó bretón kant 'disco'; relacionado co francés antigo chant, co francés canton 'distrito', co occitano cant e co castelán canto.
    Derivados: recanto, cantón, acantoar, cantil.
  • carro [m], do latín vulgar carrum, do protocelta *karro-, relacionado co romanés car, co italiano carro, co francés char, co provenzal car, co castelán carro; semellante ó irlandés carr, ó galés car e ó bretón karr.
    Derivados: carreira, carregar.
  • caxigo [m] 'carballo', de *CASSĪCOS, relacionado co castelán quejigo, semellante ó francés chêne (que provén de *CASSANOS), do protocelta *casso- 'rizado, trenzado'.
  • carballo [m] 'árbore da familia das fagáceas' de *cassīcos, do celta *cassos, relacionado co irlandés cas, galés antigo cascord, francés chêne, asturiano caxigu, aragonés caixico, gascón casse.
  • cervexa [f], do latín vulgar *cerevisia, de orixe celta. Relacionado co francés antigo cervoise, co provenzal e castelán cerveza; semellante ó irlandés antigo coirm, ó galés cwrw e o bretón korev.
  • cheda [f] 'lateral externo dun carro, onde as barras transversais están fixadas', do latín medieval cleta, do protocelta *klētā, relacionado co irlandés clíath 'obstáculo', co galés clwyd 'barreira, vimbio, estada, porta', co galés kloued; relacionado co francés claie 'andel', co occitano cleda, co catalán cleda 'cerco do gando' e co éuscaro gereta.
  • choco [m] 'lura', do protocelta *klokko-, semellante ó irlandés antigo clocc, ó galés cloch, ó bretón kloc'h; relacionado co asturiano llueca e llócara, co francés cloche 'campá', alemán Glock.
    Derivados: chocar, chocallo.
  • chota [m] anaco de esterco arrincado do chan, forma que adoita ao ser arrincado o esterco.
  • chousa [f] terreo, parte de monte baixo delimitado e pechado. Do latín clausa '(terra) pechada'.
  • colmea [m], da forma celta *kolmēnā 'feito de palla' relacionado co castelán colmena, de *kolmos 'palla', que vemos no leones cuelmo; relacionado co galés calaf "cana, talo", co córnico kalav "palla" e co bretón kolo "talo".
  • cómaro, comareiro [m] 'DRALG: pequena elevación de terreo de pouca extensión' posiblemente e por vía semiculta do latín 'cumulus' ou do protocelta *kom-ɸare-(yo)-, relacionado co irlandés antigo comair 'diante de', cp galés cyfair 'dirección, lugar, acre'. Ou tamén de *kom-boros 'reunir'.
    Derivados: acomarar 'marcar os límites dunha terra'.
  • comba [f] 'val, inflexión', do protocelta *kumbā, relacionado co italiano comba, co francés combe, co occitano comba; semellante ó irlandés com, coim 'cavidade torácica', co galés cwm 'conca (forma de terra)', co córnico komm 'val pequeno, val arbolado', co bretón komm 'val pequeno'.
  • combarro [m], combarrizo [m] 'corte, alpendre', do protocelta *kom-ber-o- 'xuntar'. Relacionado co francés medieval combres 'valado no río para a pesca'.
  • combo [m] (adj.) 'dobrado, curvado', do protocelta *kumbo-, relacionado co provenzal comb e o castelán combo.
    Derivados: combar.
  • comboa [f] 'curral utilizado para a captura de peixes atrapados na marea baixa', do medieval combona, do protocelta *combā 'val' ou *combos 'dobrado'.
  • crica [f] 'vulva; fociño; cinta', do protocelta *krīkʷā, relacionado co irlandés medieval crích 'límite, suco', co galés crib 'crista' e co bretón krib 'dobrado'.
  • croa [f] parte central e máis elevada dun castro. Lugar cuberto de pedras e elevado.
  • croio [m] 'pedra redonda', croia [f] 'pedriña', do protocelta *krowdi-, semellante ó irlandés antigo crúaid 'dura', ó galés cru e ó bretón kriz; relacionado co occitano croi 'cruel' e co italiano crojo.
    Derivados: croio (adx.) 'feo, basto'; croído, croieira 'praia, pedreira'.
  • crouca [f] 'cabeza', do protocelta *krowkā-, relacionado co provenzal crauc 'chea, montón', co occitano cruca 'cabo (xeografía)'; semellante ó irlandés cruach 'pila, palleiro', co galés crug 'montículo, túmulo, montón' e co bretón krug 'montículo, túmulo'.
    Derivados: crocar 'abolar, cocar', croque 'golpe'.
  • curro [m] 'curral, cerco', do protocelta *kurro-, semellante ó irlandés medieval cor 'círculo', corrán 'fouce', ó irlandés carr 'saínte', ó galés cwrr 'canto, bordo, bordo final'; relacionado co castelán corro, corral.
    Derivados: curruncho, currucho, currullo 'recanto', currusco 'parte saínte do pan', curral.
Lista De Palabras Galegas De Orixe Celta 
Unha miñoca.
Lista De Palabras Galegas De Orixe Celta 
Trobos ou colmeas tradicionais galegas.
Lista De Palabras Galegas De Orixe Celta 
Toxos e breixos, O Grove.
Lista De Palabras Galegas De Orixe Celta 
Engo ou irgo.
  • dolmen [m] do galo ou bretón *taol maen-.
  • dorna [f] 'un tipo de barco; medición (volume)', do protocelta *durno- 'puño'. Semellante ó francés medio dour, o francés dialectal dorne 'lonxitude tradicional que equivale ao puño dunha man', occitano dorn, 'unha presa', irlandés dorn, galés dwm e bretón dourn 'man'. Con todo, a forma asturiana duerna 'recipiente' esixe unha forma **dorno-.
  • embaixada [f], do provenzal ambaissada, de ambaissa 'servizo, deber', do protocelta *ambactos 'servinte', semellante ó galés amaeth 'granxa', ó córnico ammeth 'agricultura' e ó bretón antigo ambaith.
  • engo, irgo [m], de *édgo, do latín vulgar EDUCUS, do galo odocos, idem. Relacionado co castelán yezgo, co asturiano yeldu e co provenzal olègue.
  • gabela [f] 'feixe, taxa', do protocelta *gabaglā-, relacionado co francés javelle, co provenzal gavela e co castelán gavilla; semellante ó irlandés antigo gavael 'coller, captar'.
  • galga [f] 'pedra lisa', de *gallikā, do protocelta *gallos 'pedra', semellante ó irlandés gall, ó francés galet 'gravel' gallete 'pastel simple' e ó español galga.
    Derivados: galgar 'tallar unha pedra para que sexa simple e regular'.
  • gorar 'chocar, criar (un ovo, ou unha enfermidade)', do protocelta *gʷor-, semellante ó irlandés antigo guirid 'quentar', ó galés e córnico gori 'criar, chocar (ovos)' e ó bretón goriñ.
    Derivados: goro 'ovo incubado sen fertilizar'.
  • gubia [f], do celta *gulbia, de *gulb- 'beak', relacionado co portugúes goiva, co castelán gubia, co francés gouge, co italiano gubba; semellante ó irlandés antigo gulba 'auillón', ó irlandés gealbhán 'pardal' e ó galés gylyf 'fouce', gylf 'pico'.
  • lándoa [f] 'parcela sen cultivar', de *landula, derivado do protocelta *landā, relacionado co irlandés antigo lann 'terra, igrexa', co galés lann 'terras da igrexa', co francés lande 'páramo areoso' e co provenzal e catalñan landa.
  • lavego [m], lavega [f] 'arado', from *ɸlāw-aiko-, do protocelta *ɸlāwo-, relacionado co lombardo plovum, co alemán Pflug e co inglés plough.
  • laxe [f] 'pena lisa', da forma medieval lagena, do protocelta *ɸlāgenā, relacionado co irlandés antigo lágan, láigean, co galés llain 'punta de lanza ancha'; semellante o irlandés láighe 'aixada, pa'.
  • legua [f], do protocelta *leukā, relacionado co francés lieue, co castelán legua; semellante ó irlandés antigo líe (xenitivo líac) 'pedra', irlanda liag
  • leira [f] 'parcela, parte delimitada de terreo', da forma medieval laria, do protocelta *ɸlār-yo-, semellante ó irlandés antigo làr 'terreo', ó bretón leur 'terreo' e ó gales llawr 'chan'.
    Derivados: leiro, leirar e leiroto, leiruca.
  • O galego antigo ler [m] 'mar, costa', do protocelta *liros, relacionado co irlandés antigo ler, co irlandés lear e co galés llyr 'mar'.
  • lousa [f], do protocelta *laws-, relacionado co provenzal lausa, co castelán losa e co francés losenge 'diamante'.
    Derivados: enlousar e lousado.
  • marulo [m] 'neno gordo, grande', de *mārullu, diminutivo do protocelta *māros 'grande, enorme', semellante ó galés mawr e ó bretón meur.
  • meniño [m] 'neno, bebé', do medieval mennino, o protocelta *menno-, semellante ó irlandés antigo menn 'neno', ó irlandés meannán, ó galés myn e ó bretón menn.
    Derivados: meniñez.
  • miñoca [f], (dialectal mioca, miroca), do medieval *milocca, do protocelta *mîlo-, semellante ó asturiano milu, merucu e ó irlandés, galés e bretón mil 'animal'.
  • olga [f], do protocelta *ɸolkā, relacionado co francés ouche e co provenzal olca. Porén *ɸolkā debe dar lugar a **ouca.
  • peza [f], do latín vulgar *pettia, do galo petsi, do protocelta *kʷezdi, relacionado co italiano pezza, co francés pièce, co castelán pieza; semellante ó irlandés antigo cuit, ó irlandés cuid, ó galés peth 'cousa' e ó bretón pez.
    Derivados: empezar.
  • rego [m], rega [f], do protocelta *ɸrikā,, semellante ó galés rhych, ó bretón reg e ó gaélico escocés riach; relacionado co francés raie, co occitano e catalán rega, e co éuscaro erreka.
    Derivados: derregar, regato.
  • rodaballo [m], da forma composta celta *roto-ball-jo-, que significa 'extremos redondos', semellante ó irlandés roth 'roda', ó galés rhod, ó bretón rod e ó irlandés ball 'membro, órgano'.
  • saio [m] e saia [f], da forma medieval sagia, dunha forma celta antiga e tamén do latín sagum 'túnica'.
  • seara, senra [f] 'campo sementado recentemente, pero que se deixa en barbeito', da forma medieval senara, compendio celta de *seni- 'aparte, separado' (do irlandés antigo sain 'só', do galés han 'outro') e *aro- 'terra arada' (do galés âr e do irlandés ár 'terra arada'). Corresponden co leonés senara e co castelán serna.
  • tasca [f] e tascón [m], 'espadela', relacionado co gálata taskós 'paridade'.
  • tol e tola [m / f] 'canle de irrigación', do protocelta *tullo- 'furado, perforado',, semellante ó irlandés toll 'cova, oco', ó galés twll 'cova', ó bretón toull 'fenda'; relacionado co castelán tollo, co catalán toll e o francés antigo tolon 'outeiro, terra alta'.
  • tona [f] 'capa graxa do leite', do protocelta *tondā, relacionado co irlandés antigo tonn e co galés tonn.
    Derivados: toneira 'pota para obter manteiga do leite'.
  • toxo [m], do celta *togi-, semellante ó castelán e gascón toja e ó francés tuie.
    Derivados: fura-toxos, toxa, toxedo, toxa, toxeira.
  • trosma [m] 'pouco axeitado, parvo', do protocelta *trudsmo- ou *truksmo- 'forte', semellante ó irlandés antigo tromm e ó galés trwm.
  • trado, trade [m], do protocelta *taratro-, relacionado co irlandés tarathar, co galés taradr, co bretón tarar, co occitano taraire, co catalán taradre, co castelán taladro, co francés tarière e do romanche tarader.
    Derivados: tradar.
  • tranca [f], tranco [m], do protocelta *tarankā, relacionado co castelán tranca, co francés taranche, co provenzal tarenco; semellante ó irlandés antigo tairinge, ó irlandés tairne e ó gaélico escocés tairnge.
    Derivados: taranzón < *tarankyon-, tarangallo, trancar.
  • trebo, trobo [m], da forma medieval trebano, do protocelta *trebno-, semellante ó irlandés antigo treb 'granxa', ó córnico tre 'casa; vila', ó galés tref 'vila'; semellante ó asturiano truébanu, e ó provenzal trevar.
  • trencha, trincha [f], 'ferramenta para desbastar a madeira', do celta *trenco 'curto'.
  • trincar 'cortar cos dentes' incerto: do galo *trincare- 'cortar', tamén é posíbel que veña do latín *trinicāre- 'cortar en anacos', relacionado co catalán e antigo provenzal trencar, francés trancher.
  • trogo [m] 'tristura, ansiedade, mágoa', do protocelta *trougos, semellante ó irlandés antigo tróg, ó irlandés trogha, ó galés tru 'miserento', ó bretón tru 'miserento'; relacionado co portugués truhão, co castelán truhan e co francés truand 'esmoleiro'.
  • trollo [m], 'lameiro, brañal', do celta tullon 'oco'.
  • varga [f] 'cabana; parede feita de cañizos; valado', do celta *wraga, relacionado co castelán varga 'cabana' e do francés barge, semellante ó irlandés fraigh 'parede trenzada, tellado'.
    Derivados: vargo 'estaca que se crava na terra para construír un valado'; varganzo, vargado 'valado ou cerrado feito de vargos'.
  • vascullo [m] 'feixe de palla; vasoira', do protocelta *baski- 'feixe', relacionado co gascón bascojo 'cesta', do asturiano bascayu 'vasoira' e do bretón bec'h 'embalaxe, carga'.
  • vasalo [m], do latín vulgar vassalus, do protocelta *wasto-, relacionado co francés vassal, co castelán vasallo, co irlandés medieval foss 'servinte', co galés gwas 'servinte; rapaz', Breton gwaz.
  • verea [f] 'camiño ancho', da forma medieval vereda, do celta *uɸo-rēdo-,, relacionado co castelán vereda 'camiño'; semellante ó galés gorwydd 'corcel', co latín vulgar veredus 'cabalo', ó francés palefroi 'corcel' (< *para-veredus).
  • xenreira [f] 'odio, zuna', do celta *senasra 'odio hereditario'.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Lista De Palabras Galegas De Orixe Celta ListaLista De Palabras Galegas De Orixe Celta NotasLista De Palabras Galegas De Orixe Celta Véxase taménLista De Palabras Galegas De Orixe CeltaEtimoloxíaLingua casteláLingua francesaLingua galaLingua galegaLingua latinaLingua occitanaLingua portuguesaLinguas celtasPréstamo lingüístico

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Idade MediaMaruca do MediterráneoPeneWilliam Harrison DillardFachada do ObradoiroIsaac NewtonOs demostrativos galegosÓptimo climático medievalEleccións municipais en GuntínReino UnidoBarbanegraArxentinaElena Rivo LópezHouse (serie de televisión)Hindemburg Melão Jr.Alfonso Villares BermúdezConflito das EncrobasCantiga de amigoTeléfonoCohesiónCasinoMiguel-Anxo MuradoAurichu PereiraDiego Folgar ToimilRepública Popular de AlbaniaLista de concellos da CoruñaAgatha ChristieHuescaFala de EstremaduraDistritos de PortugalIadovosTurínGheadaBandeira de GaliciaMaría Xosé QueizánRosa ParksProvincia de OurenseProxyHenry FollandBenjamin CompaoréCastiñeiroAna María Fernández MartínezLista de nomes femininos en galegoLiceo BrigantinoHistoria da pintura en ExiptoMeninxiteCultura castrexaTorre Eiffel2018Vitorino NúñezLuís Pérez BarralXosé Díaz Arias de CastroLista de códigos telefónicos internacionaisGrupo SargadelosVento feridoPilar BahamondeXestaAltofalanteA derradeira leición do mestreNacionalidade históricaActínidosXosé Neira VilasMiguel CorgosEva FernándezRembrandtManuel FragaEva MejutoLista de voces dos animaisProvincia da CoruñaLugoJMareas vivasLedicia Costas🡆 More