Encoro: Barreira para reter a auga

Un encoro, presa, represa, vaira ou encalco é unha barreira fabricada con pedra, formigón ou outros materiais, que se constrúe nun río coa finalidade de depositar parte da auga para un posterior aproveitamento en abastecemento ou regadío, para elevar o seu nivel co obxectivo de derivala a canalizacions de rego, ou para a produción de enerxía mecánica ao transformar a enerxía potencial do almacenamento en enerxía cinética, e esta novamente en mecánica ao accionar a forza da auga un elemento móbil.

A enerxía mecánica pode aproveitarse directamente, como nos antigos muíños, ou de forma indirecta para producir enerxía eléctrica, como se fai nas centrais hidroeléctricas.

Encoro: Historia, Tipos de presas, Os encoros de Galicia
Encoro de Kurobe no Xapón

Historia

Encoro: Historia, Tipos de presas, Os encoros de Galicia 
Encoro Hoover no río Colorado, Estados Unidos
Encoro: Historia, Tipos de presas, Os encoros de Galicia 
O encoro romano de Cornalvo aínda en funcionamento
Encoro: Historia, Tipos de presas, Os encoros de Galicia 
O sistema de irrigación de Dujiangyan

A construción dos primeiros encoros fixeronse en Mesopotamia no Oriente Medio. Os encoros foron usados para controlar os niveis da auga dos ríos Tigris e Éufrates que eran moi variables e difícil de prever en función da climatoloxía da zona.

A presa máis antiga coñecida é a presa de Jawa que se atopa en Jawa, a uns 100 km ao nordeste da capital de Xordania, Amán. Trátase dunha presa de gravidade orixinalmente de 9 m de altura e 1 m de ancho, feita de pedra e soportada por unha ampla rampla de terra de 50 m de lonxitude. Esta estrutura foi datada no 3000 a.C.

A presa de Sadd el-Kafara situada en Wadi al-Garawi, a uns 25 km ao sur do Cairo, foi construída no antigo Exipto, ao redor do ano 2800 ou 2600 antes de Cristo, tiña 102 metros de longo e constaba de dous muros paralelos duns 24 m na base separados por 36 m reenchidos de entullos. Tratábase dun encoro (barreira) para controlar o uadi, pero foi destruído polas fortes choivas durante a súa construción ou pouco tempo despois.

A presa máis antiga aínda en funcionamento sería a de Quatinah, situada en Siria, que sería construída na época do faraón Seti I (que reinaría entre os anos 1290 e o 1279 a.C.), e sería ampliada durante o período romano. Con todo hai autores que consideran que o encoro é totalmente romano e foi construído en tempos de Diocleciano (245 - 312) co propósito de prover auga para a rega. Hoxe en día aínda proporciona auga a cidade de Homs, situada a uns sete quilómetros ao noroeste do encoro.

Eflatun Pinar é un santuario cunha fonte preto de Konya (Turquía), onde hai unha pequena presa do tempo dos hititas que sería construída entre os séculos XV e XIII a.C.

Os romanos tamén foron uns grandes construtores de presas, a máis grande coñecida é a que había preto de Subiaco (Italia) sobre o río Aniene (o Anio romano) , construída entre os anos 54 e 68, esta tiña 50 metros de altura e foi a máis grande do mundo ata a súa destrución, ocorrida en 1305. Ademais do encoro de Homs, hai dúas construcións da época romana que aínda están en funcionamento, trátase dos encoros de Cornalvo e Proserpina, ambos de pequeno tamaño e situados na provincia de Badaxoz (España). A técnica construtiva máis utilizada, con moita diferenza, polos romanos foi a presa de gravidade, pero foron os primeiros en utilizar o encoro de arco no encoro de Glanum (século I, situada preto de Saint-Rémy-de-Provence, no departamento francés de Bocas do Ródano), ou o encoro de arcos múltiples (século I, encoro de Esparragalejo, provincia de Badaxoz).

O encoro de Kallanai ou Grand Anicut é un encoro de derivación construída sobre o río Kaveri en Tamil Nadu (India), durante o século II. Esta foi construída con pedra, durante a dinastía Chola, para desviar auga para a irrigación, ten 300 metros de longo, 4,5 m de altura e 20 m de anchura e aínda se utiliza.

O sistema de irrigación de Dujiangyan, situado na actual provincia de Sichuan, é o máis antigo da China e é Patrimonio da Humanidade desde o ano 2000, conta cunha toma que foi construída polo primeiro ministro Sunshu Ao do reino Chu sobre o río Min (Min Jiang) para crear un grande encoro destinado a alimentar o sistema de irrigación.

En Persia os encoros ponte foron utilizados para aproveitar a enerxía hidráulica por medio de rodas hidráulicas, a miúdo utilizadas para elevar a auga. A primeira foi construída en Dezful para abastecer de auga á cidade. Tamén se coñecían os encoros de derivación de auga.

Tipos de presas

Segundo a súa planta, pódense distinguir tres tipos:

  • Planta recta.
  • Planta curva.
  • Planta mixta.
Encoro: Historia, Tipos de presas, Os encoros de Galicia 
presa de gravidade no río Umia,en Galicia

Segundo a súa estrutura poden ser:

  • De gravidade, cando o peso da presa abonda para aguantar o pulo da auga. Poden estar feitos de formigón, pedra, escollera con núcleo de material impermeábel, unha combinación de varios etc...
  • De gravidade alixeirada: caracterízanse pola busca da optimizacion de materiais, o corpo de presa e moi esvelto pero reforzado con contrafortes para así compensar os pulos hidrostáticos. Un exemplo seria o encoro de Chandrexa, no concello de Chandrexa de Queixa, na provincia de Ourense.
  • De bóveda: constrúense en forma de cunca co lombo cara á auga de xeito que o pulo hidrostático se transmite cara ás paredes naturais do terreo. Ademais conta con curvatura vertical de xeito que o pulo vertical do peso da auga na parte superior compensa as traccións de arranque nos cimentos da mesma. Un exemplo é o encoro das Portas, situado no concello de Vilariño de Conso en Ourense.

A combinación de formas e tipoloxías de estrutura dan unhas construcións dignas de ser vistas e case sempre diferentes unhas das outras.

Os encoros de Galicia

Encoro: Historia, Tipos de presas, Os encoros de Galicia 
Encoro de Belesar, o de maior capacidade de Galicia e o segundo en potencia instalada.

A principal utilidade dos encoros galegos é a de produción de enerxía hidroeléctrica. Dos 11 000 megavatios instalados, o 65% proceden das centrais hidráulicas e eólicas.

Os principais encoros por potencia instalada son:

  1. Ponte-Bibei (313 130 kW).
  2. Belesar (293 990 kW).
  3. Conso (268 020 kW).
  4. Santo Estevo (253 920 kW).
  5. Soutelo (216 190 kW).

Os de maior capacidade son:

  1. Belesar (655 hm3).
  2. As Portas (536 hm3).
  3. Portodemouros (297 hm3).
  4. O Bao (238 hm3).
  5. Santo Estevo (213 hm3).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Encoro HistoriaEncoro Tipos de presasEncoro Os encoros de GaliciaEncoro NotasEncoro Véxase taménEncoro

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

As aves na cultura popular galegaSeúlPosición do misioneiroA-8Padroádego de Protección da MullerMartin Luther KingParísDepósito de Metais Preciosos dos Estados UnidosTeléfonoAna DuatoÁngel Pardo PuzoRianxoMadonnaUnión Progreso y DemocraciaPedro RieloNicomedes Pastor Díaz1942José Antonio CamachoRally Comarca da Ulloa de 2014Traxe galegoDiciopedia do século 21María JamardoPosicións sexuaisCataluñaPartido Comunista pola República GalegaRaquel AtanesShin ChanAntiinflamatorios non-esteroidesXabier DeiveNavarraPablo Iglesias TurriónInhalantesÑAgenIchthyaetusFonoteca 92Fernando AlonsoNacho CastañoColocación do pronome átono en galegoDisolución da Unión SoviéticaDesaparición forzadaTom CruiseCondados de Nova JerseyDistrito de Leiria11 de novembroLingua españolaA Cortella, Cedrón, LáncaraXestaCélula nai pluripotente inducidaEstados Unidos de AméricaAna Rosa QuintanaGastronomía de GaliciaGheadaXavier Estévez FerreiroBatalla de MidwayDavid BroncanoFoo FightersAlemañaMedio dólar conmemorativo de Stone MountainInditexOppenheimer (filme)Eurocopa de Fútbol de 2004LisboaCampos de concentración franquistasArabia SauditaPaula AlvarellosRoyal NavyO PorriñoVinícius JúniorBarcelonaPoro nuclearProvincia de Ourense1987Alto do Fiouco🡆 More