Deportivo Da Coruña: Club de fútbol galego masculino fundado no 1906 na cidade da Coruña

O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña.

O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2023/24 compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF.

Deportivo da Coruña
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme
NomeReal Club Deportivo de La Coruña, S.A.D.
Alcume(s)Dépor;
Deportivistas;
Herculinos;
Branquiazuis;
Turcos;
Superdépor
Fundación8 de decembro de 1906 (117 anos)
EstadioRiazor,
A Coruña, Galicia
Inauguración28 de outubro de 1944
Capacidade34.899
PropietarioAbanca (78%) + 25.400 accionistas
PresidenteÁlvaro García Diéguez
AdestradorImanol Idiakez
LigaPrimeira Federación – Grupo 1
2022–23Primeira Federación – Grupo 1: 4.º de 20
VestimentaKappa
PatrocinadorEstrella Galicia
Na rede
http://www.rcdeportivo.es/gl
Facebook: RCDeportivo Twitter: RCDeportivo Instagram: rcdeportivo Youtube: UCY2s1XaPzO60Hu6M_YZCTgA Editar o valor em Wikidata
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme
Titular
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme
Alternativo
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme
Terceiro
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme Tempada actual

Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor". En total, o club ten no seu haber unha Liga, cinco subcampionatos e catro terceiros postos, dúas Copas do rei e tres Supercopas de España como máximos logros estatais, alén do Concurso España de 1912, e unha clasificación á semifinal da Recopa de Europa e outra á da Liga de Campións como éxitos internacionais. En 2004, ocupou o 6º lugar na clasificación de clubs da UEFA.

Logo de 46 temporadas en Primeira División, o club ocupa o posto 12º na Clasificación histórica da primeira división española. O club conta con 196 agrupacións de afeccionados (segundo datos de outubro de 2020).

Dende a tempada 2020–21 compite na terceira categoría do fútbol español, logo de descender na tempada anterior (e sendo a primeira vez na súa historia que compite durante máis dunha temporada consecutiva no terceiro chanzo do fútbol español). Con todo, xogou 25 das últimas 32 tempadas en Primeira División, 20 delas consecutivas (1991-2011) e 16 delas entre os 10 primeiros clasificados.

Mantén historicamente unha gran rivalidade co Celta de Vigo.

Historia

Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
A fotografía máis antiga do Deportivo, 1907.

Primeiros anos

Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Xogadores do Deportivo en 1912

O Club Deportivo da Sala Calvet foi fundado o 2 de marzo de 1906 por un grupo de alumnos dese ximnasio coruñés propiedade de Federico Fernández-Amor Calvet, sendo nomeado presidente do club Luís Cornide Quiroga. Dende a súa fundación, o Deportivo mantivo unha gran rivalidade co Real Club Coruña. En 1909, o club obtivo o título de Real, pasando a chamarse Real Club Deportivo da Sala Calvet.

No ano 1910 o Deportivo xogou un dos dous trofeos da Copa do Rei celebrados ese ano, o organizado pola Federación Española de Clubs de Fútbol disputado en Madrid en formato triangular entre os deportivistas, o Futbol Club Barcelona e o Club Español de Madrid. En 1911, o club muda o seu nome polo de Real Club Deportivo da Coruña. Entrementres, as disputas entre o Deportivo e o Coruña non paran de aumentar, chegando un punto no que a directiva deportivista decide non xogar máis partidos cos coruñistas. Porén, en 1912 gáñase o Concurso España, o que posteriormente sería ratificado como o primeiro título oficial deste equipo a nivel estatal.

En xullo de 1914 os xogadores do Deportivo deciden unilateralmente disputar dous encontros fronte ao Coruña. A directiva non apoia a decisión, provocando que os xogadores abandonen o club e funden o Deportivo F.C. Auténtico. En 1918, prodúcese un acordo e os xogadores deciden disolver o club escindido e regresar á estrutura do Real Club Deportivo. Durante as seguintes tempadas, o Deportivo participa no Campionato de Galicia, torneo do que se proclamou campión seis veces antes de que fose suprimido en 1940.

Fundación da Liga e ascenso a Primeira

Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Xogadores do Deportivo en 1927

O Deportivo quedou encadrado, no primeiro campionato de Liga celebrado en 1929 no grupo primeiro da segunda división, formada por dez equipos: Sevilla, Iberia, Alavés, Sporting, Valencia, Betis, Oviedo, Celta, Racing Madrid e Deportivo, que finalizaría na oitava posición. Permanecería o club en devandita categoría dez tempadas ata lograr o ascenso á primeira división na tempada 1940/41. O ano anterior foi campión do seu grupo en segunda, pero non logrou ascender ao perder o encontro de promoción ante o Celta de Vigo por 1-0. Na súa primeira participación en primeira división quedou cuarto, destacando as vitorias fronte Real Madrid (1-0), Celta (4-0) e Barcelona (1-0). O seu porteiro, Juan Acuña, logrou ser o porteiro menos batido da competición, honor que volvería conseguir na tempada seguinte.

A inauguración do novo Estadio de Riazor, en 1944 fronte ao Valencia, foi o preludio do descenso do club de novo á segunda división. Tras sucesivos ascensos e descensos, o Deportivo acada o seu primeiro subcampionato de liga na tempada 1949-50, con Alejandro Scopelli no banco, quedando a un só punto do campión, o Atlético de Madrid de Helenio Herrera. Logo do subcampionato o club rematou en postos que lle permitían manter a categoría con tranquilidade. En 1950 o equipo fichou dous arxentinos, Corcuera e Oswaldo, que xunto a Franco, Moll e Tino formaron a dianteira coñecida como a Orquestra Canaro, e que marcaría na tempada 1950-51 64 goles en 30 partidos. Permanecería o club herculino en primeira división ata a tempada 1956-57. Na tempada 1961-62 o equipo recuperou a categoría, porén a pesar do bo inicio da tempada, gañando o Trofeo Teresa Herrera ante un Benfica que viña de proclamarse campión de Europa, o equipo descendeu tras finalizar a tempada. Dende ese momento o equipo collería a fama de equipo "ascensor" polos seus continuos ascensos e descensos, se ben na tempada 1968-69 conseguiu manterse dous anos consecutivos na máxima categoría. En xullo de 1969, o presidente González nomeou xerente ao xornalista deportivo Manuel Fernández Trigo.

Os peores anos

Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Arsenio Iglesias chegou por primeira vez ao banco do Deportivo en decembro de 1970. Na imaxe o busto do adestrador que se encontra fronte ao Estadio de Riazor.

O 30 de decembro de 1970, co equipo en Segunda, chegou ao banco branquiazul Arsenio Iglesias. Baixo a dirección do adestrador arteixán o equipo conseguiu de novo o ascenso á primeira división logo de finalizar na terceira posición e conseguir unha das catro prazas de ascenso directo á máxima categoría do fútbol español, que se ía ampliar a 18 equipos na seguinte tempada fronte aos 16 que viñan competindo. Arsenio conseguiría manter ao equipo en Primeira dúas tempadas, conseguindo a 14ª posición na tempada 1971-72, porén na tempada 1972-73 o equipo finalizou na penúltima posición, descendendo unha vez máis á Segunda División. ao final da tempada Arsenio marcharía para o Hércules. Esa sería a última tempada que o equipo herculino xogaría en Primeira, tiveron que pasar 18 anos ata que na tempada 1991–92 o Deportivo volveu xogar en Primeira.

Na tempada seguinte tocou fondo descendendo a Terceira División logo de perder por 2 goles a 0 no campo do Barakaldo o 26 de maio de 1974. O descenso provocou a dimisión do daquela presidente, Manuel Sánchez Candamio (cuxa xestión fora moi criticada), ocupando o seu lugar Antonio Álvarez Rodríguez e o cesamento de tres adestradores e fichaxes que non deron os resultados esperados, aínda que as lesións tampouco axudaron o equipo a evitar o descenso. Esa tempada, a 1974–75, e baixo a dirección de José Antonio Irulegui e con xogadores como Seoane, Belló, Luis, Canosa, Cobas, Caamaño, Piño, Vales, Castro, Muñoz e Rabadeira, o equipo proclamouse campión na categoría, ascendendo novamente. Na tempada do seu regreso á categoría de prata o equipo herculino acadou o 5º posto na clasificación, con todo, desde ese momento o club experimentou un declive deportivo nas seguintes campañas que finalmente o conduciría, na tempada 1979-80 logo de cinco tempadas en Segunda, a descender á recentemente creada Segunda B, categoría na que só xogou unha tempada, a 1980–81, na que finalizaron na segunda posición, o que lle outorgou unha das prazas de ascenso directo xunto co seu máximo rival, o Celta de Vigo, que descendera un ano antes. Tras o ascenso viñeron dez tempadas consecutivas na división de prata.

Con todo, a situación económica do club, cunha débeda que non paraba de medrar dende había varios anos, e que ascendía nos anos 1980s a 600 millóns de pesetas, era complicada. Por outra banda, os resultados deportivos non acompañaron, e na tempada 1987-88 o equipo estivo a piques de descender de novo á Segunda B, conseguindo a permanencia na derradeira xornada. Ese mesmo ano marcaría un punto de inflexión na historia do club coruñés, o 13 de xuño de 1988 celebrábase no Colexio dos Salesianos unha asemblea aberta e popular na que foi elixido presidente Augusto César Lendoiro. Logo de acceder á presidencia, Lendoiro deu os primeiros pasos para levar o equipo ao cumio, modernizando a institución e fichando xogadores de peso que aumentaran o nivel do equipo. O regreso de Arsenio na tempada seguinte e a recuperación económica deron paso, logo dun intento no 1990 que fallou, ao subcampionato e o ascenso a primeira división na tempada 1990-91 tras case dúas décadas en Segunda División. O Deportivo pasaría de ser dun equipo ascensor e ao bordo da desaparición, a un equipo que anos máis tarde estaría á par dos grandes de Europa.

Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
O brasileiro Bebeto foi o símbolo do Super Depor.

O Superdépor

Logo dunha tempada de transición cun equipo que combinaba veteranía e xuventude dirixido por Marco Antonio Boronat, que sería substituído por Arsenio Iglesias para salvar o equipo do descenso, na tempada 1992-93, o club viuse obrigado a converterse en Sociedade Anónima Deportiva. O club deseñou un modelo de accións economicamente alcanzables e primou os pequenos accionistas fronte aos grandes. Co obxectivo de non volver sufrir para manter a categoría realizáronse as fichaxes dos brasileiros Bebeto e Mauro Silva e o seu terceiro posto na Liga esa tempada realizando un bo xogo, supuxeron o nacemento do que se veu en chamar "Superdépor". Aínda que o Deportivo caeu na cuarta rolda da Copa do Rei fronte ao Club Polideportivo Mérida, de segunda división, logo da quenda de penaltis, o terceiro posto conseguido na tempada 1992-93 valeulle ao equipo herculino para clasificarse para a Copa da UEFA por primeira vez na súa historia. Esa tempada Bebeto finalizou como máximo goleador da liga con 29 goles, converténdose no primeiro deportivista en conquistar o Trofeo Pichichi.

A tempada 1993-94 iniciouse coa viaxe do equipo branquiazul a Dinamarca para enfrontarse ao Aalborg BK, o seu primeiro rival na Copa da UEFA, ao que conseguiu eliminar por un contundente 5-1 no cómputo global, logo de caer por un gol a cero no Aalborg Stadion de Aalborg e derrotar os dinamarqueses na Coruña por cinco goles a cero o 28 de setembro. Na segunda rolda da competición europea o Deportivo eliminou aoAston Villa inglés, que viña de conseguir o subcampionato da Premier League, por un marcador global de dous goles a un, logo de gañar o partido de volta no estadio de Villa Park en Birmingham (0-1). Finalmente o Deportivo caeu eliminado nos oitavos de final polo Eintracht Frankfurt alemán logo de perder por un gol a cero os dous partidos. O equipo que debutou na Copa da UEFA foi o seguinte:

Na liga, o Deportivo estivo a piques de adxudicarse a súa primeira liga, logo de manterse á fronte da clasificación boa parte da tempada e de chegar á derradeira xornada con opcións ao título. Con todo, un penalti malogrado polo serbio Djukic no último minuto do partido disputado contra o Valencia, que pechaba o campionato, deulle o título ao FC Barcelona, que finalizou cos mesmos puntos que os herculinos. Ademais, esa tempada o Dépor conseguiu o Trofeo Zamora con Liaño, que converteu o Deportivo no mellor equipo defensivo nunha tempada de Liga, encaixando tan só 18 goles nas 38 xornadas de Liga, o que fai unha media de 0,474 goles/partido.

Nas dúas seguintes tempadas (1994-95) o equipo logrou de novo o subcampionato de Liga e chegou aos oitavos de final da Copa da UEFA, onde o Borussia Dortmund alemán o privou de chegar aos cuartos de final. Con todo, o maior éxito da tempada foi a consecución do primeiro gran título do club coruñés a nivel estatal, a Copa do Rei (con independencia do Concurso España de 1912, nominalmente o primeiro título estatal pero de rango menor). O equipo venceu en Madrid ao Valencia CF (2-1), nunha final que se tivo que suspender debido á intensa choiva que inundou o Estadio Santiago Bernabéu nos últimos minutos, e que obrigou a continuar o partido días despois. Os autores dos tantos da final foron Manjarín e Alfredo. O equipo que conquistou a primeira Copa do Rei para o club foi o seguinte:

Antes da tempada 1995-96 Arsenio deixou o banco coruñés e decidiu retirarse, sendo substituído polo técnico galés John Benjamin Toshack. A tempada comezou cun novo título, ao alzarse coa Supercopa de España tras vencer o Real Madrid a dobre partido. Ademais o Deportivo conseguiu chegar ás semifinais da desaparecida Recopa de Europa, onde foi eliminado polo Paris Saint Germain, que finalmente se alzaría co título, por un dobre 0-1. Na liga o equipo finalizou na 9ª posición e Bebeto decidiu non continuar do Deportivo, aceptando unha oferta do Flamengo brasileiro. Na tempada 1996-97 coa chegada de xogadores estranxeiros como Rivaldo, Naybet ou Songo'o, o Deportivo logra un terceiro posto na liga logo dun inicio ligueiro no que bateu o seu récord de xornadas imbatido, 17 xornadas imbatido; con todo unha fase de malos resultados provocaron a saída de Toshack a falta de 19 xornadas para o final da competición, sendo substituído polo brasileiro Carlos Alberto Silva.

A pesar da chegada de reforzos como Djalminha ou Luizão, a seguinte foi unha mala tempada para un Deportivo que viu como a poucos días do inicio da liga o Barça fichaba a Rivaldo logo de pagar a cláusula de rescisión de 4.000 millóns. Finalmente o equipo coruñés foi eliminado da Copa da UEFA na primeira rolda fronte ao AJ Auxerre por 2-1 e 0-0.

O Eurodépor

Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Diego Tristán logrou un trofeo Pichichi co Deportivo

Na tempada 1998–99 chegou ao banco coruñés o adestrador irundarra Javier Irureta procedente do Celta de Vigo. Nese momento chegan ao club xogadores como Manuel Pablo, Scaloni, Pauleta ou Turu Flores entre outros. Logo de conquistar o Trofeo Teresa Herrera e o Trofeo Ramón de Carranza, o Deportivo finaliza a liga en sexta posición, clasificándose para a Copa da UEFA e alcanzando as semifinais da Copa do Rei, onde foi eliminado polo Atlético de Madrid logo de empatar (0-0) no partido de ida e perder (1-0) no partido de volta.

Na tempada 1999–00 chegaría o primeiro e único título de Liga do Deportivo. Logo dun bo inicio ligueiro, no que se mantiveron entre os primeiros clasificados, na 12ª xornada o equipo herculino situouse á cabeza da táboa, posto que xa non deixarían no que restaba de tempada. Grazas a unha boa racha de imbatibilidade os de Irureta conseguiron contar con oito puntos de vantaxe sobre os seus perseguidores, con todo, unha etapa máis crítica na que o equipo non acababa de funcionar ben lonxe do seu estadio fixo que volveran as pantasmas de 1994. Esa tempada o Deportivo derrotou por 5-2 en Riazor ao Real Madrid, que meses máis tarde alzaría a Copa de Europa, así como ao Barcelona de Louis van Gaal (2-1). Con Songo'o, Djalminha, Pauleta, Fran, Mauro Silva, Donato, Naybet, Turu Flores e Roy Makaay como protagonistas, o Dépor proclamouse campión de liga o 19 de maio de 2000, nun Estadio Municipal de Riazor cheo ante o Espanyol, logo de gañar 2-0 con goles de Donato e Makaay. O Deportivo pechou deste xeito unha tempada de liga na que finalmente conseguiu cinco puntos de vantaxe sobre o segundo e o terceiro clasificados: Barcelona e Valencia respectivamente, convertendo a cidade da Coruña na segunda cidade máis pequena, logo de Donostia, que conseguía un título de liga. Os xogadores que formaron parte do equipo que conquistou o primeiro título liga do club coruñés foron os seguintes:

Con todo, as participacións dos deportivistas na competición europea e na Copa do Rei foron máis discretas. Na Copa da UEFA os branquiazuis superaron tres eliminatorias, caendo nos oitavos de final fronte ao Arsenal F.C., que daquela marchaba segundo na Premier League inglesa. Na competición copeira tamén chegaría aos oitavos de final, sendo desta volta o Osasuna o que apearía aos de Irureta da competición. A partir de aí, e da man de futbolistas como Molina, Valerón, Diego Tristán, Sergio e moitos dos campións de liga, e tamén da man de Irureta e Lendoiro, vivíronse cinco anos de éxitos na Liga de Campións (atinxindo unha semifinal e por tres veces os cuartos de final), lográronse dous novos subcampionatos de Liga e unha nova Copa do Rei en 2002.

O título de liga conseguido na tempada 1999-00 supuxo a clasificación directa por primeira vez na historia do club para disputar a Liga de Campións da UEFA. A tempada seguinte comezou coa chegada dun novo título, a segunda Supercopa de España, conquistada despois de derrotar o Espanyol por 2 goles a 0 (0-0 no partido de ida, e 2-0 na volta disputada en Riazor). Na estrea dos branquiazuis na Liga de Campións o equipo quedou encadrado no grupo E, xunto co Hamburger SV alemán, o Panathinaikos grego, e a Juventus de Turín, finalizando a primeira fase de grupos na primeira posición e sen coñecer a derrota, a mesma posición que ocuparía na segunda fase de grupos, superando a equipos como o Milan, o Paris Saint-Germain e o Galatasaray. Con todo, a andaina dos coruñeses na máxima competición continental finalizou nos cuartos de final logo de caer fronte ao Leeds United. O equipo que debutou na Liga de Campións estaba integrado polos seguintes xogadores:

Na liga, o Deportivo finalizou na segunda posición a sete puntos do Real Madrid. Con todo, na Copa do Rei caeu eliminado fronte ao Club Deportivo Tenerife nos dezaseisavos de final.

A tempada 2001-02 concluíu de xeito similar á anterior. Na súa segunda participación na Liga de Campións o equipo herculino chegou de novo aos cuartos de final, caendo eliminado fronte ao Manchester United, mentres que na liga o equipo loitou polo título ata as últimas xornadas, finalizando na segunda posición a sete puntos do campión, o Valencia, e cun Diego Tristán que gañou ese ano o Trofeo Pichichi logo de anotar 21 goles na liga. Con todo, o maior éxito da tempada chegou o 6 de marzo, cando o Deportivo conquistou a súa segunda Copa do Rei na final disputada no Estadio Santiago Bernabéu contra o Real Madrid, no día en que a entidade merengue celebraba o seu centenario, feito que popularmente se coñece como o "Centenariazo", dado o seu gran parecido coa final da Copa Mundial de Fútbol de 1950 que historicamente foi coñecida como Maracanazo.

Logo de conquistar a terceira Supercopa de España da súa historia, o Deportivo iniciou unha tempada na que finalizaría na terceira posición no campionato de liga e conseguindo chegar ás semifinais da Copa do Rei, mais sendo eliminado na segunda rolda da Liga de Campións. Esa tempada Roy Makaay gañou o Trofeo Pichichi e a Bota de Ouro. Na tempada 2003-04 o equipo conseguiu de novo finalizar na terceira posición na liga e fixo historia ao chegar ás semifinais da Liga de Campións. Despois de acabar segundo na fase de grupos por detrás do Mónaco, o Dépor superou á Juventus en oitavos de final. En cuartos de final, contra o Milan, os coruñeses perderon o partido de ida por 4-1 pero conseguiron remontar no de volta, cun 4-0 en Riazor. Nas semifinais, o Dépor caeu eliminado contra o FC Porto de José Mourinho que acabaría sendo campión desa edición, cun empate a cero en Portugal e 0-1 na volta en Riazor.

O centenario

Logo da etapa dourada do Deportivo con Irureta no banco, o 2006, ano no que o club celebrou o seu centenario, comeza unha etapa de transición marcada pola grave crise económica e as débedas. A chegada de Joaquín Caparrós supón unha auténtica revolución no cadro. Moitos dos pesos pesados do vestiario, como Molina, Scaloni, Víctor ou Diego Tristán abandonan a entidade, que inviste 9,3 millóns de euros na fichaxe de 17 xogadores, a maioría novos e con proxección, entre os que destacan Riki, Filipe Luis, Lopo ou Juan Rodríguez. Prodúcese tamén unha reformulación dos obxectivos deportivos, fixados agora na permanencia. Mais, a pesar da falta de apuros deportivos e a participación na Copa Intertoto, o mal xogo e o desencontro coa bancada propician a saída do técnico despois de dúas temporadas.

A etapa de Lotina e fin dun ciclo (2007–2011)

Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Deportivo da Coruña no 2008.

A era de Miguel Ángel Lotina no banquiño branquiazul daba comezo na tempada 2007-08. O mexicano Andrés Guardado firma polo Deportivo por 7 millóns de euros e marcha Jorge Andrade á Juventus que paga 10 millóns polo xogador. Nesta temporada, tras unha primeira volta do campionato con posicións preto do descenso, o equipo consegue rematar unha segunda volta con bos resultados, clasificándose para a Copa Intertoto tres anos despois da última participación en Europa, tras quedar 9º por encima do Athletic de Bilbao (o seu máis próximo perseguidor inscrito para a Intertoto). O equipo xogou en xullo de 2008 a Copa Intertoto na que se enfrontou ao Bnei Sakhnin, conxunto árabe de Israel. No partido de ida en Israel o Deportivo gañou 1-2 con tantos de Lafita e Riki, mentres que na volta, xogada en Riazor, o resultado foi de 1-0 con gol de Valerón. Con este resultado o equipo clasificouse por fin para unha competición europea despois de 4 anos de ausencia.

Na seguinte tempada, a 2008–09, marcada polas fichaxes de Aranzubia, Zé Castro e o mexicano Omar Bravo, a pesar de non pasar dos dezaoitavos de final da Copa da UEFA ao ser eliminado polo Aalborg BK danés, o Deportivo consegue superar o seu eterno rival histórico, o Celta de Vigo, na clasificación histórica da Liga, grazas á continuada permanencia do conxunto olívico na segunda división e aosétimo posto do Deportivo en Liga.

Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Andrés Guardado foi un referente do proxecto deportivista entre 2007 e 2012.

Na tempada 2009–10, o equipo realiza unha gran primeira volta que o leva a ocupar postos europeos durante máis de 20 xornadas (3 delas en prazas de Liga de Campións). Namentres, as lesións lévano a realizar unha mala segunda volta na que asina unha racha de 11 partidos consecutivos sen gañar. Finalmente o equipo termina na 10ª posición. Nesta tempada hai que destacar o debut de varios xogadores do Fabril nos partidos de Liga e Copa do Rei: Juan Domínguez, Iván Pérez, Rochela, Dani, Seoane, Añón e Raúl.

Na tempada 2010–11 descendeu á segunda división tras 20 anos seguidos na categoría de elite. O descenso produciuse logo de perder o derradeiro partido (0–2) contra o Valencia CF, converténdose no primeiro equipo que perde a categoría con 43 puntos.

Subidas e baixadas de categoría (2012-2020)

Tras un inicio irregular en segunda división e con José Luis Oltra no banquiño, a tempada 2011–12 remata co equipo como campión da categoría, producíndose o ascenso o 27 de maio de 2012, a falta dunha xornada para rematar o campionato. O 3 de xuño de 2012, na derradeira xornada, o Deportivo conseguiu alcanzar a cota de 91 puntos, récord na categoría (a anterior marca estaba en 88 puntos, conseguidos polo Real Valladolid na tempada 2006–07).

Porén, ao comezo da tempada en 1ª División, o 30 de decembro de 2012, é despedido tras sumar soamente 12 puntos nos primeiros 17 partidos. Oltra foi substituído no banco do conxunto herculino polo adestrador portugués Domingos Paciência. Mais os resultados non melloraron a situación do club, que andaba no último lugar da táboa, xa que só conseguiu sumar 4 puntos en 6 partidos, e ao cabo de mes e medio desvinculouse do club.

Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Partido Deportivo-Xaén, (1-0), o 31 de maio de 2014, no que o Dépor acadou o ascenso a primeira división no 2014.

O 11 de febreiro de 2013, tras destituír a Paciência, Augusto César Lendoiro firma o contrato que vinculaba ao adestrador Fernando Vázquez á entidade branquiazul. O escenario do debut en Riazor non podía ser mellor: o Dépor pon sobre as cordas ao Real Madrid, que acaba levándose o triunfo con moitas dificultades, 2-1. Pese a comezar bastante mal (3 derrotas e 1 empate) o conxunto coruñés enlaza 4 vitorias seguidas, entre elas o derbi galego contra o Celta de Vigo. O Dépor, que semellaba desafiuzado, volvía á loita pola permanencia. Pese a iso, ao rematar a tempada, Vázquez non consegue acadar ese obxectivo.

Pese ao descenso, Vázquez segue á fronte do banco deportivista e, cunha primeira volta case perfecta fóra de Riazor (pese a complicacións en casa), remata como campión de inverno. Fóra do plano deportivo, o 10 de xaneiro foi un día clave para o futuro do club, pois presentouse ante o xuíz concursal unha proposta de convenio na Audiencia Provincial da Coruña que obtivo o apoio do 59,44% dos acredores, pero non do acredor principal, a Axencia Tributaria. O maxistrado decidirá cara a finais de mes, momento no que o club contará cun novo Consello de Administración. Por outra banda, na xunta de accionistas celebrada o 21 de xaneiro a candidatura encabezada por Tino Fernández acadou un 72,09% dos votos, alzándose como novo presidente do club. Finalmente, o 31 de maio de 2014 o Dépor volve á categoría raíña trala vitoria contra o Real Jaén por 1 a 0.

Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Deportivo da Coruña no 2015.

Pese a que Vázquez firmara un ano máis de contrato, o Deportivo decidiu prescindir dos servizos do de Castrofeito, so pretexto dunhas declaracións polémicas deste. Ese mesmo verán o Deportivo contratou como adestrador a Víctor Fernández, mais os resultados non acompañan e o Dépor ve perigar a salvación. Con todo a directiva dálle varias oportunidades, pero o equipo non remata de funcionar. Todo isto fai que, tralo empate co Córdoba, último na clasificación, Fernández sexa cesado como adestrador do Deportivo.

Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Partido disputado entre o Deportivo e o FC Barcelona en Riazor na tempada 2016-17, con resultado de 2-1 favorable aos galegos.

O 9 de abril de 2015 chega como adestrador Víctor Sánchez del Amo que comeza inmediatamente o seu traballo e o Dépor sofre unha metamorfose completa, pese a que os resultados non sexan demasiado bos. Chega á última xornada contra o FC Barcelona dependendo de si mesmo para manterse en Primeira. O 2-0 inicial a favor dos culés fai pensar na perda da categoría, pero dous goles, de Lucas Pérez e Diogo Salomão, e varias intervencións chaves de Fabricio Agosto manteñen o club en primeira división ao rematar o partido con empate a dous. A salvación do equipo propiciou a continuidade do técnico madrileño unha tempada máis, na que o cadro herculino reforzouse con xogadores como Fernando Navarro, Cani, Alejandro Arribas, Pedro Mosquera, Fayçal Fajr, Luis Alberto ou Fede Cartabia, e logrou o traspaso de Lucas Pérez. O 1 de setembro de 2015 o club anunciou que pagara toda a débeda prevista para a tempada 2015–16, unha cantidade que ascendía a 3.169.861,80 euros máis 99.177,59 de xuros. Esa temporada o Deportivo realizou unha gran primeira volta na que finalizou 9º, chegando a ocupar postos de Europa League durante nove xornadas. Con todo, o equipo realizou unha mala segunda volta na que gañou unicamente dous partidos, o segundo deles na penúltima xornada fronte ao Villarreal CF por 0-2, co que asegurou matematicamente a permanencia na máxima categoría do fútbol español. A pesar da salvación, o 30 de maio de 2016 Víctor Sánchez foi destituído debido á mala relación con algúns xogadores e á mala segunda volta do equipo. O 10 de xuño o Deportivo anunciou que o substituto de Víctor Sánchez para a tempada 2016-17 sería o bilbaíno Gaizka Garitano.

A tempada 2016-17 comeza con altos e baixos. Xa en 2017 e despois de dúas derrotas contra Alavés (0-1) e Leganés (4-0), o equipo decide rescindir o contrato de Garitano, que é substituído por Pepe Mel o 28 de febreiro. O adestrador madrileño conseguiu o obxectivo da permanencia, destacando a vitoria por 2-1 en Riazor contra un FC Barcelona que levaba 19 partidos consecutivos sen perder en liga.

Na tempada 2017-18, o equipo só consegue dúas vitorias nos primeiros nove partidos, sendo un dos equipos máis goleados do campionato. O 24 de outubro de 2017, o Deportivo destitúe a Pepe Mel e o seu cargo é ocupado por Cristóbal Parralo, ata entón adestrador do Fabril. Porén, o cambio de adestrador non fai que melloren os resultados do equipo e Cristóbal Parralo é destituído o 4 de febreiro de 2018, co equipo na 17ª posición e despois de 3 vitorias, 3 empates e 9 derrotas entre Liga e Copa. ao día seguinte anunciouse a chegada do neerlandés Clarence Seedorf para dirixir o equipo. A falta de 3 xornadas para finalizar o campionato, o 29 de abril de 2018, o equipo certifica o seu descenso á Segunda División.

A tempada 2018-19 comezou con novo adestrador, Natxo González, tras o despido de Seedorf. Aínda que durante os primeiros meses de competición o equipo estivo entre os postos altos da clasificación, unha mala xeira de resultados levou ao seu despido en abril e á chegada de Pep Martí. Finalmente o Deportivo acabou sexto, o que lle daba dereito a xogar os playoffs de ascenso a Primeira. Na primeira eliminatoria eliminou o Málaga tras gañar en Riazor 4-2 e na Rosaleda 0-1. Na final contra o Mallorca non foi quen de manter a vantaxe que conseguira na ida en Riazor, 2-0, e non puido materializar o ascenso ao perder na volta por 3-0 en Son Moix.

Para a tempada 2019-20 chegou ao banco Juan Antonio Anquela, mais foi destituído o 7 de outubro tras os malos resultados acadados nas 10 primeiras xornadas de competición (1 vitoria, 5 empates, 4 derrotas), co equipo ocupando postos de descenso a Segunda B. Foi substituído polo arousán Luis César Sampedro, que disputou 11 partidos, co balance dunha vitoria, catro empates e seis derrotas. Cesado a finais de ano, Fernando Vázquez regresou ao equipo. Baixo o seu mando o Dépor chegou a encadear sete vitorias seguidas. O equipo acabou descendendo na última xornada, cando o partido que debía disputar co Fuenlabrada foi suspendido a causa do contaxio por Covid-19 de doce xogadores rivais.

Na terceira categoría (2020 en adiante)

Para a tempada 2020-21 o Deportivo seguiu contando con Vázquez como adestrador. Armou un conxunto cheo de ilustres veteranos, como Álex Bergantiños, Eneko Bóveda, Celso Borges, Claude Beauvue ou Miku Fedor. A equipa nunca deu boas sensacións, e Fernando Vázquez foi substituído a inicios de ano por Rubén de la Barrera. Sentiuse unha lixeira melloría no xogo e debutaron futbolistas da canteira, entre os cales logrou asentarse Diego Villares. Malia todo, o Depor houbo de xogar o play-off de permanencia, que salvou sen ningún apuro. Logrou tamén garantirse unha praza en Primeira Federación, unha categoría de nova creación no terceiro chanzo do fútbol español.

Nas tempadas 2021-22 e 2022-23 o Deportivo xogaría sen éxito as fases de ascenso a Segunda División. Na 2021-22, adestrada por Borja Jiménez, a equipa perdeu a súa oportunidade de ascenso na derradeira eliminatoria, contra o Albacete. A derrota foi aínda máis dura se temos en conta que até o minuto 80 do segundo partido o Deportivo levaban vantaxe. Na 2022-23, en que o Deportivo foi dirixido por tres adestradores (Borja Jiménez, Óscar Cano e Rubén de la Barrera), o Deportivo nin sequera logrou chegar á última eliminatoria. Ao final desa tempada retirouse Álex Bergantiños.

A tempada 2023-24 comezou de novo co obxectivo do ascenso de categoría. Como adestrador chegou Imanol Idiákez. A equipa arrincou o campionato con pobres resultados. Na xornada oitava, con só 8 puntos, chegou a estar en postos de descenso. A inicios de decembro, coa equipa na metade da táboa, o adestrador afrontou un ultimato que superou ao vencer ao Barça Atlètic. No inicio da segunda volta a equipa acumulou sete vitorias seguidas e logrou o liderado da categoría. Na xornada 32, tras outra racha de catro vitorias consecutivas, sacaba 6 puntos de vantaxe ao segundo clasificado.

Escudo

O autobús do Deportivo co escudo do club pintado no seu lateral.

O escudo oficial do club consiste nun cinto de cabaleiro que rodea o pendón morado da Sala Calvet e a bandeira de Galicia. Coroa real no centro do pendón e sobre o escudo.

Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 

As cores oficiais son as seguintes:

Dourado

Pantone 872

Morado

Pantone 255

Azul

Pantone 299

Vermello

Pantone 179

Uniforme

Aínda que desde a súa fundación se estableceu que o equipo defendería unha camiseta a franxas verticais azuis e brancas, non sería ata 1912 cando o club coruñés faría habituais estas cores nos seus partidos oficiais. Dende entón, o primeiro uniforme do Deportivo continúa sendo branquiazul, mentres que o segundo e terceiro varían practicamente cada tempada en función de motivacións comerciais. Dende 2017 a empresa encargada dos deseños e fabricación do equipamento é a italiana Macron.

Uniforme 2020/21

Para a tempada 2020/21, o Deportivo ten os seguintes tres uniformes:

  • Uniforme titular: Camiseta a franxas azuis e brancas en forma de "T"; pantalón azul; medias azuis.
  • Uniforme alternativo: Camiseta de cor azul escuro cunha franxa vertical dourada na parte esquerda; pantalón azul escuro; medias azul escuro.
  • Terceiro uniforme: Camiseta coa franxa da bandeira de Galicia; pantalón branco; medias brancas.
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Titular


Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Alternativo


Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Terceiro


Himno

Aínda que o Deportivo contaba cun himno máis tradicional que o actual (composto en 1924 por Maximiliano Svarrmanoff), a aparición do "Superdépor" e a imaxe de renovación do club levaron á directiva a substituír o himno histórico por un máis moderno, composto por Francisco Gómez Seijo "Gandy" e que posteriormente gravaría o grupo coruñés Cacahué. Devandito himno, en estilo rock, sería versionado posteriormente pola Orquestra Sinfónica de Galicia. No ano 2006, o grupo La Banda del Camión compuxo o himno do centenario, que incluía os nomes das grandes figuras que pasaron polo club.

Instalacións

Estadios

Corralón da Gaiteira

Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Partido no antigo Corralón da Gaiteira en 1907.

O chamado Corralón da Gaiteira foi primeiro escenario dos partidos do Deportivo da Coruña (daquela aínda coa denominación de Club Deportivo da Sala Calvet), sendo o campo no que o equipo herculino disputou os seus partidos de xeito habitual durante os seus primeiros dous anos e medio de existencia. O Corralón foi a principios do século XX o único campo da Coruña no que se podía practicar o deporte que acababa de chegar á cidade. Estaba situado nos terreos anexos á Fábrica de Tabacos, medía 18.000 m² e tiña bancadas con capacidade para 6.000 espectadores. Eduardo del Río y Santos-Lartaud, comerciante e cónsul de Dinamarca en Galicia, era propietario de varios terreos nas proximidades da Palloza e deu o visto e prace para que os deportistas da Sala Calvet puidesen adestrar e xogar os seus encontros no Corralón.

Foi no chamado Corralón da Gaiteira onde o Deportivo disputou o primeiro partido contra o seu máximo rival na época, o Coruña Foot-ball Club, o 9 de decembro de 1906, que acabaría con marcador favorable para os integrantes do equipo da Sala Calvet (2-1). En maio de 1909 o Deportivo abandonou o Corralón da Gaiteira para trasladarse ao vello campo de Riazor.

Campo de Riazor

Dende que en 1909 o Deportivo abandonou o Corralón da Gaiteira ata 1944, ano no que se inaugurou o Estadio Municipal de Riazor, o Deportivo xogou os seus encontros no coñecido como campo de Riazor. Este terreo de xogo estaba situado nas proximidades do actual estadio, no lugar que na actualidade ocupa o colexio das Escravas. O novo campo foi inaugurado o 16 de maio de 1909 cun partido fronte ao Fortuna de Vigo. O partido finalizou coa vitoria do equipo vigués por 1-3. O xornal El Noroeste relataba o acontecemento do seguinte xeito:

O partido foi bastante forte e moi lucido e agradou a concorrencia, que aplaudiu entusiasmada a ambos os equipos

Finalmente en outubro de 1944 o Deportivo trasladouse de novo ao actual estadio construído orixinalmente por Santiago Rey Pedreira.

Estadio de Riazor

Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
RC Deportivo e CD Lugo no Estadio Municipal de Riazor (tempada 2018/19).

O estadio do Deportivo é o Estadio Municipal de Riazor, situado a carón da praia de Riazor, na Coruña. A pesar de ser de titularidade municipal, o Deportivo utiliza o recinto a cambio dun alugueiro simbólico de 1 € ao ano. Ten unha capacidade de 34.899 espectadores, todos sentados, sendo o estadio con maior cabemento de Galicia. A súa primeira construción data de 1909 no terreo que hoxe ocupa a igrexa das Escravas, a escasos metros da súa actual localización. A súa segunda construción, xa na súa actual localización, foi en 1944, obra do arquitecto Santiago Rey Pedreira. O estadio tivo varias remodelacións, como a de 1982 con motivo do Campionato Mundial de Fútbol dese ano, e a última, comezada en 1996 coa construción do fondo de pavillón e terminada en 1997 coa remodelación do fondo de maratón. Ten unhas dimensións de 105×68 metros. Ademais, foi renovada a súa Licenza UEFA para a celebración de partidos de competicións internacionais.

Cidade Deportiva de Abegondo

A Cidade Deportiva de Abegondo é un conxunto de instalacións deportivas propiedade do club herculino situadas en Mabegondo, alí adoita preparar os seus partidos o Deportivo. Foi inaugurado en 2003. Está formado por un edificio principal que alberga os vestiarios, oficinas e cafetería e que serve de bancada para uns 1.200 espectadores cara ao campo principal e uns 500 cara ao campo de céspede artificial. En total a cidade deportiva conta con 7 campos de céspede natural, 1 de céspede artificial, 6 campos de céspede natural de fútbol 7 e máis de 16.000 m² de campos auxiliares de céspede natural. Hai ademais uns 9.000 m² de aparcadoiros.

Outras instalacións

Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Deportienda no estadio de Riazor.
  • A sede social, que se atopa na praza de Pontevedra e foi doada en 1972 por Pedro Barrié de la Maza, presidente de honra do club.
  • A Deportienda: o Deportivo da Coruña ten dúas tendas propias na cidade para a venda dos seus produtos deportivos e publicitarios. Unha situada nos baixos do estadio de Riazor e outra no centro comercial Marineda City desde 2015.
  • A Deporclínica é un centro de fisioterapia aberto ao público e que conta con máis de 300 m² e dotado de tratamentos de hidroterapia, fisioterapia e dous ximnasios.
  • O Playa Club, situado fronte á praia de Riazor, é un local de máis de 3.000 m² con restaurante, cafetería e discoteca na que se adoitan celebrar concertos.

Datos do club

Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Partido da Copa da UEFA entre o Lech Poznań e o Deportivo en 2008.
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme

Datos do club en primeira división

(ata a xornada 38 da tempada 2016-17)

Partidos históricos en primeira división

Datos do club na Copa do Rei

Datos do club en competicións europeas

Torneo Partidos xogados Vitorias Empates Derrotas Goles a favor Goles en contra
Liga de Campións 58 23 15 20 74 79
Previa da Liga de Campións 4 2 2 0 4 0
Copa da UEFA 32 14 5 13 43 36
Copa Intertoto da UEFA 10 8 0 2 18 10
Recopa de Europa 8 4 2 2 14 3
Total 112 51 24 37 153 128

Partidos históricos en Europa

Historial na liga

Tempada División Posto Copa do Rei
1929
1929/30 1/16 de final
1930/31 1/16 de final
1931/32 1/4 de final
1932/33 1/4 de final
1933/34 1/8 de final
1934/35 4ª rolda
1935/36 2ª rolda
1939/40 / 1/8 de final
1940/41      / Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  3ª rolda
1941/42 1/8 de final
1942/43 1/4 de final
1943/44 12º 1/8 de final
1944/45     14º Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  1ª rolda
1945/46     2º Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  1ª rolda
1946/47     13º Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  1ª rolda
1947/48     2º Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  6ª rolda
1948/49 12º 1/8 de final
1949/50 1/8 de final
1950/51 12º 1/8 de final
1951/52 11º 1/8 de final
1952/53 14º
1953/54 1/8 de final
1954/55 1/4 de final
1955/56 12º 1/8 de final
1956/57     15º Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  1/4 de final
1957/58 13º
1958/59 1/8 de final
1959/60 1/16 de final
1960/61 1/16 de final
1961/62     1º Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  1/16 de final
Tempada División Posto Copa do Rei
1962/63     14º Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  1/16 de final
1963/64     1º Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  1/8 de final
1964/65     16º Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  1/8 de final
1965/66     1º Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  1/8 de final
1966/67     16º Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  1/8 de final
1967/68     1º Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  1ª rolda
1968/69 10º 1/4 de final
1969/70     14º Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  1/16 de final
1970/71     3º Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  1/4 de final
1971/72 14º 4ª rolda
1972/73     17º Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  1/4 de final
1973/74     18º Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  4ª rolda
1974/75     1º Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  3ª rolda
1975/76 1ª rolda
1976/77 11º 3ª rolda
1977/78 3ª rolda
1978/79 15º 3ª rolda
1979/80     18º Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  2ª rolda
1980/81 2ªB     2º Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  1ª rolda
1981/82 12º 1/4 de final
1982/83 1/8 de final
1983/84 1/4 de final
1984/85 13º 1/8 de final
1985/86 3ª rolda
1986/87 / 3ª rolda
1987/88 16º 3ª rolda
1988/89 10º Semifinais
1989/90 1ª rolda
1990/91     2º Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  1/8 de final
1991/92 17º Semifinais
1992/93 4ª rolda
Tempada División Posto Copa do Rei
1993/94 1/8 de final
1994/95 Campión
1995/96 1/8 de final
1996/97 1/8 de final
1997/98 12º 1/4 de final
1998/99 Semifinais
1999/00 1/8 de final
2000/01 1/16 de final
2001/02 Campión
2002/03 Semifinais
2003/04 1/8 de final
2004/05 1/16 de final
2005/06 Semifinais
2006/07 13º Semifinais
2007/08 1/16 de final
2008/09 1/8 de final
2009/10 10º 1/4 de final
2010/11     18º Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  1/4 de final
2011/12     1º Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  1/16 de final
2012/13     19º Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  1/16 de final
2013/14     2º Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  3ª rolda
2014/15 16º 1/16 de final
2015/16 15º 1/8 de final
2016/17 16° 1/8 de final
2017/18     18º Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  1/16 de final
2018/19 2ª rolda
2019/20     19º Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  2ª rolda
2020/21 2ªB 2ª rolda

Récords

Xogadores

Cadro actual

Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Unha xogada do partido Celta-Deportivo na tempada 2012–13, o 27 de outubro.
    Datos do 2 de xaneiro de 2023
Posto País Xogador
1 POR Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Ian Mackay Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
2 DEF Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Antoñito
3 DEF Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Adrián Lapeña
4 MED Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Álex Bergantiños Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
5 DEF Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Alberto Retuerta
6 MED Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Isi Gómez
7 DIA Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Lucas Pérez
8 MED Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Roberto Olabe
9 DIA Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Alberto Quiles
10 MED Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Mario Soriano
12 DEF Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Borja Granero
13 POR Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Pablo Brea
Posto País Xogador
14 MED Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Víctor Narro
15 DEF Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Raúl García (cedido polo Real Valladolid)
16 DEF Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Pablo Martinez
17 DIA Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Kuki Zalazar
18 DEF Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Trilli
19 DEF Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Jaime Sánchez
20 DIA Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Max Svensson (cedido polo Espanyol B)
21 MED Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Rubén Díez (cedido polo Tenerife)
22 MED Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Diego Villares
23 MED Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Yeremay Hernández
24 POR Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Edu Sousa

  • Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Capitán
  • Segundo as normas da LFP, os xogadores do primeiro equipo deberán levar os dorsais do 1 ao 25. A partir do 26, serán xogadores do equipo filial.

Equipo filial

Posto País Xogador
26 MED Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Jairo Noriega
Posto País Xogador
28 DEF Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Dani Barcia

Cedidos

Posto País Xogador
POR Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Alberto Sánchez (en Unionistas)

Goleadores históricos

Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Roy Makaay anotou 29 goles na tempada 2002-2003 e gañou a Bota de Ouro.

Máximos goleadores en Primeira División

Xogador Partidos Goles
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Bebeto 131 86
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Makaay 133 79
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Tristán 179 77
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Pahiño 72 46
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Fran 435 44
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Franco 74 42
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Tino 138 39
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Djalminha 137 38
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Riki 174 38
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Donato 303 38

Máximos goleadores en Europa

Xogador Champions UEFA Recopa Intertoto Total partidos Total goles
Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Tristán 45 15 - - - - 5 1 50 16
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Makaay 29 12 8 3 - - - - 37 15
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Bebeto - - 7 7 5 6 - - 12 13
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Pandiani 44 13 - - - - - - 44 13
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Djalminha 18 5 9 4 - - - - 27 9

Xogadores con máis participacións

Xogadores con máis partidos en Primeira División

Xogador Tempadas Partidos
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Fran 14 (1991–2005) 435
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Mauro Silva 13 (1992-2005) 369
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Manuel Pablo 15 (1998- ) 341
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Donato 10 (1993-2003) 303
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Sergio 9 (2001-2010 ) 294
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Valerón 13 (2000-2013) 289
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Acuña 13 (1941-1954) 231
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Romero 8 (1998-2006) 218
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Đukić 6 (1991-1997) 212
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Naybet 8 (1996-2004) 211

Xogadores con máis partidos en Europa

Xogador Champions UEFA Recopa Intertoto Total
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Valerón 48 10 - 8 66
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Fran 43 17 6 - 66
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Romero 50 7 - 8 65
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Scaloni 52 5 - 7 64
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Mauro Silva 43 14 2 - 59
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Víctor 45 7 - 6 58
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Naybet 46 10 - - 56
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Molina 46 - - 8 54

Xogadores do Deportivo na Copa do Mundo

Mundial Xogador Partidos Goles
Italia 1934 Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Chacho 1 0
Brasil 1950 Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Xoán Acuña 0 0
EEUU 1994 Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Voro 1 0
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Mauro Silva 7 0
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Bebeto 7 3
Francia 1998 Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Noureddine Naybet 3 0
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Mustapha Hadji 3 1
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Salaheddine Bassir 3 2
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Jacques Songo'o 4 0
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Peter Rufai 3 0
Corea/Xapón 2002 Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Juan Carlos Valerón 4 1
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Diego Tristán 2 0
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Enrique Romero 3 0
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Sergio González Soriano 1 0
Alemaña 2006 Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Lionel Scaloni 1 0
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Fabricio Coloccini 2 0
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Roberto Acuña 3 0
Suráfrica 2010 Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Andrés Guardado 3 0
Rusia 2018 Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Fabian Schär 3 0
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Michael Krohn-Dehli 1 0
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Celso Borges 3 0
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Francis Uzoho 3 0
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Ismael Díaz 1 0

Distincións individuais de futbolistas

Pichichis

Tempada Xogador Goles Partidos
1992–93 Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Bebeto 29 37
2001–02 Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Diego Tristán 21 34
2002–03 Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Roy Makaay 29 38

Zamoras

Tempada Xogador Partidos Goles Media Notas
1941–42 Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Juan Acuña 26 37 1.42
1942–43 Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Juan Acuña 25 31 1.24
1949–50 Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Juan Acuña 22 29 1.31
1950–51 Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Juan Acuña 26 36 1.38
1992–93 Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Francisco Liaño 37 31 0.83 Igualado con Santiago Cañizares
1993–94 Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Francisco Liaño 38 18 0.47 Media histórica máis baixa
1996–97 Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Jacques Songo'o 37 28 0.76

Bota de Ouro

Tempada Xogador Goles Partidos
2002–03 Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Roy Makaay 29 38

Corpo técnico

Cargo Técnico(s)
Adestradores
Preparadores físicos
  • Luis Rodríguez Fandiño
  • Franganillo
Adestrador de porteiros Alberto Casal
Delegado Juan Ángel Barros Botana
Analista Juan Ignacio Subirán
Fisioterapeutas
  • Daniel Varela
  • Rubén Barreiro
  • Antón
Readaptador Fran Molano
Nutricionista Saúl Sánchez
Servizos médicos
  • Carlos Lariño
  • José Ramón Barral
Encargado do material Jesús Méndez

Adestradores

Dende a creación da liga teñen pasado polo banquiño branquiazul 77 adestradores, entre os que salientan nomes como Arsenio Iglesias, nado en Arteixo (coñecido como "O raposo de Arteixo") e que fora xogador do equipo, co que o Deportivo subiu a Primeira División e gañou a súa primeira Copa do Rei, ou Javier Irureta, adestrador que gañou a única Liga da historia branquiazul, a famosa e recordada Copa do Rei do "Centenariazo" (fronte o Real Madrid, na súa casa, o día que este club cumpría cen anos) e co que conseguiu cinco participacións consecutivas na Liga de Campións.

Dende o verán de 2023 o adestrador é Imanol Idiakez.

Adestradores con máis partidos en Primeira División

Adestrador Tempadas Partidos
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Javier Irureta 7 (1998–2005) 266
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Arsenio Iglesias 6 (1971-73, 1991-1995) 190
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Miguel Ángel Lotina 4 (2007-2011) 152
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Joaquín Caparrós 2 (2005-2007) 76
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  John B. Toshack 2 (1995-1997) 65
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Cheché Martín 2 (1968-1970) 60
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Ramón de la Fuente 2 (1943-1945) 52
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Víctor 2 (2014-2016) 46
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Celso Mariño 2 (1941-1942, 1942-43) 43
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Chacho 2 (1942-1943, 1951-52) 39

Presidencia

Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Augusto César Lendoiro, presidente do club dende 1988 até 2014.

O Deportivo tivo 49 presidentes ao longo dos seus 115 anos de historia, incluíndo as segundas presidencias de Virgilio Rodríguez, Carlos Allones e Aurelio Ruenes. O primeiro foi Luís Cornide Quiroga e desde 2023 éo Álvaro García Diéguez.

O 24 de decembro de 2013, Lendoiro anunciou que non se presentaría á reelección como presidente. Tras o anuncio desta decisión, Augusto César Lendoiro, poñía fin a vinte e cinco anos de mandato ininterrompidos, o máis longo da historia do fútbol español. Sucedeuno Constantino Fernández Pico, que accedeu ao cargo o 21 de xaneiro de 2014, tras obter unha maioría absoluta co 72,09% dos votos dos accionistas, impóndose así a Manuel López Cascallar. Ocupou o cargo pouco máis de 5 anos, ata a súa dimisión, que anunciou en abril de 2019 tras os malos resultados dese ano na Segunda División. Paco Zas, foi elixido polos accionistas como novo presidente do club o 28 de maio de 2019.

O 9 de decembro de 2019 o consello de administración do club anunciou a súa renuncia e a convocatoria a xunta xeral extraordinaria de accionistas para o 13 de xaneiro, co fin de elixir unha nova directiva. A renuncia produciuse apenas seis meses e medio despois de tomar posesión do cargo e cunha agravada crise de resultados deportivos, onde o Deportivo ocupaba o último posto da clasificación e se atopaba a 8 puntos da salvación (1 vitoria, 9 empates e 9 derrotas).

O 27 de decembro o equipo formado por Paco Zas renunciou á presidencia (que de xeito interino ocupaban até o 14 de xaneiro), en favor dunha xunta xestora formada por membros da candidatura á presidencia encabezada por Fernando Vidal, presentada na anterior xunta de accionistas. Así até a xunta extraordinaria de accionistas presidiu o club, de xeito interino, Juan Antonio Armenteros. O 14 de xaneiro de 2020 Fernando Vidal converteuse oficialmente no novo presidente co club, tras celebrarse no PALEXCO unha xunta xeral extraordinaria que contou só coa súa candidatura. Tras a súa dimisión substituíuno no cargo Álvaro García Diéguez, de Abanca Seguros.

Directiva

Cargo Nome
Presidente Álvaro García Diéguez
Conselleiros Álex Bergantiños
Carlos Cantó Ballesta
Juan Carlos Escotet Rodríguez
Vicente Fernández Rodríguez
David Villasuso Castaño
  • Última actualización: 17 de xullo de 2023
  • Fonte: Nós Diario

Palmarés

Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Imaxe do banco de Riazor no que se amosan a Liga 1999/00 e as Copas 1994/95 e 2001/02 gañadas polo Deportivo.
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Copa do Rei gañada en 1995.

O Deportivo da Coruña logrou proclamarse campión das tres principais competicións organizadas pola Real Federación Española de Fútbol (RFEF): a Liga de Primeira División, a Copa do Rei e a Supercopa de España; ás que hai que engadir outras competicións oficiais a nivel galego e estatal. A nivel internacional, o seu maior éxito foi acadar as semifinais da Recopa de Europa na tempada 1995-96 e as semifinais da Liga de Campións na tempada 2003-04.

Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Torneo nacional Títulos Subcampionatos
Campionato de Galicia 6 1926-1927, 1927-1928, 1930-1931, 1932-1933, 1936-1937, 1939-1940. 1919-1920, 1924-1925, 1925-1926, 1929-1930, 1931-1932, 1933-1934, 1938-1939. (7)
Copa Galicia 1 1945-1946. 1935-1936, 1964-1965. (2)
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Torneo estatal Títulos Subcampionatos
Liga de España 1 1999-2000. 1949-1950, 1993-1994, 1994-1995, 2000-2001, 2001-2002. (5)
Copa do Rei 2 1994-1995, 2001-2002.
Supercopa de España 3 1995, 2000, 2002.
Concurso España 1 1912.
Segunda División 5 1961-1962, 1963-1964, 1965-1966, 1967-1968, 2011-2012. 1939-1940, 1945-1946, 1947-1948, 1990-1991, 2013-2014. (5)
Terceira División 1 1974-1975.

Premios e distincións

Seareiros

Durante a tempada 2023/24 o Deportivo acadou a cifra de 28.346 socios, sendo con moita diferenza o equipo da Primeira División RFEF con máis abonados, ademais de superar o número de socios de 21 dos 22 clubs da Segunda División e de 12 equipos da Primeira División.

Agrupacións de afeccionados

Peñas (outubro de 2020)
País Número
de peñas
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Galicia 175
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  España 17
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Estados Unidos 1
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Reino Unido 1
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Arxentina 1
Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme  Panamá 1

O Deportivo ten numerosas agrupacións tanto na cidade da Coruña, como en Galicia, no Estado español e tamén no estranxeiro, sendo o equipo galego con máis socios, agrupacións e representantes en todo o mundo. En 2003 tiña un total de 287 agrupacións: 244 en Galicia (211 na provincia da Coruña), 18 no resto de España, 15 no resto de Europa, 9 en América e 1 en Australia. O número foi aumentando notablemente desde 1952 cando se fundou a primeira delas. Sobre todo cabe destacar o aumento a finais do século XX, xa que en 1988 había 7 grupos, en 1995 xa eran 118, e no ano 2000 superáronse as 200 ata chegar ás 287 de 2003. Segundo datos da web do club, a cifra de agrupacións en outubro de 2020 é de 196.

O conxunto de agrupacións están organizadas, desde 1998, na Federación de Peñas do Deportivo que adoita organizar unha feira anual adicada a actos relacionados co club.

A agrupación máis importante por presenza nas bancadas (bandeiras, cántigas, murais etc.) e número de socios é a dos Riazor Blues.

Riazor Blues

É a agrupación máis animada do Estadio de Riazor e coas súas cancións, bandeiras e demais actos consegue tirar sempre do resto da bancada en tódolos partidos. O grupo formouse en 1987 e, a pesar de ser incluído como grupo ultra polo Ministerio do Interior de España, caracterízase polo seu comportamento habitualmente pacífico e por unha ideoloxía esquerdista, fundamentalmente antifascista. Se ben hai anos foron un dos grupos de afeccionados máis numeroso de España, con máis de 2.000 integrantes, en 2014 a cifra reducírase a 500, aínda que segundo a policía o número é menor, con 250 integrantes.

Canteira

Fabril

Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Xogadores do Fabril en 2016.

O filial do Deportivo é o Fabril. Foi fundado en 1914 co nome Fabril Foot-ball Club, sendo orixinariamente un club independente, mantendo dende 1948 un convenio de asociación co Real Club Deportivo. En 1963, converteuse no filial, adoptando o nome Fabril Deportivo, e tamén nese mesmo ano, fusionouse co Deportivo Xuvenil –club que tamén tivera un convenio de asociación co Real Club Deportivo ata ese momento–. En 1993 pasa a ser Deportivo da Coruña B. O 10 de xullo de 2017 o equipo recupera o seu nome tradicional, pasando a chamarse Real Club Deportivo Fabril.

Xoga no Grupo 1º da Terceira División. Xogou 11 tempadas en Segunda B, onde acadou o segundo posto do seu grupo como mellor posición na tempada 2017/18 e se clasificou en catro ocasións para xogar a promoción de ascenso a Segunda Divisón. Ocupa o 21º posto na Clasificación histórica de filiais.

Categorías inferiores

O Deportivo conta con dous equipos xuvenís, dous cadetes, dous infantís, tres alevíns e dous benxamíns. O Xuvenil A foi campión en dúas ocasións da Copa de Campións Xuvenil (1995–96 e 2020–21) e en catro ocasións da División de Honra Xuvenil (1995–96, 2007–08, 2009–10 e 2020-21). O Xuvenil B gañou en oito ocasións a Liga Nacional Xuvenil (1997–98, 2006–07, 2007–08, 2008–09, 2009–10, 2012–13, 2015–16 e 2020–21).

Fútbol feminino

O Deportivo contou durante a década de 1980 cunha sección de fútbol feminino, o Karbo Deportivo, que foi referencia do fútbol feminino en España, gañando a Copa da Raíña de forma consecutiva en 1983, 1984 e 1985.

En 2016 o club recuperou a sección de fútbol feminino, a cal leva como nome oficial Real Club Deportivo ABANCA por razóns de patrocinio. Xoga na Primeira División dende que acadou o ascenso na tempada 2018/19. A sección conta ademais cun filial que nesa mesma tempada ascendeu a Primeira Nacional.

Outras seccións

Entre 1942 e 1992, o Deportivo contou con diversas seccións dedicadas a outros deportes. Entre elas, as de atletismo (con máis de 125 trofeos), hóckey a patíns (con máis de 60 trofeos), xadrez (con arredor de 25 trofeos), ciclismo (no que militou Delio Rodríguez, e que quedou en segunda posición por equipos na Vuelta a España 1942) ou traíñas.

A Asociación de Veteranos do Deportivo, que foi fundada en 1995 e dende 2014 mantén un convenio co club, participou en competicións de fútbol indoor cun equipo formado por grandes xogadores que pasaron polo Deportivo, como Fran, Djalminha, Naybet, Songo'o ou Manjarín, gañando dúas ligas, en 2007/08 e 2009/10, e dúas copas de España, en 2008 e 2010. Nese intervalo de tres anos o equipo só perdeu nunha ocasión contra o FC Barcelona.

Rivalidades

Celta de Vigo

Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Celebración do gol do Deportivo no derbi celebrado o 27 de outubro de 2012.

Os primeiros roces dos que se ten constancia datan de 1923, no Campionato Galego, unha vez que nese ano o Real Club Fortuna e o Real Vigo Sporting Club, equipos contra os que xa se enfrontara o Deportivo, se fusionaron formando o Celta. Un dos detonantes da inimizade entre os dous equipos adoita buscarse no propio momento do nacemento do equipo celeste, cando Luis Otero Sánchez fichou polo Deportivo xunto con Chiarroni, González e Isidro, feito que motivou as protestas do Celta ante a Federación Galega e que provocou a sanción dos xogadores ata 1924.

O primeiro derbi galego da historia celebrouse na tempada 1924-25, con vitoria do Deportivo por 3 goles a 0, mesmo resultado que no partido de volta. Con todo, o primeiro enfrontamento dos dous equipos en Primeira disputouse o 19 de outubro de 1941 (4ª xornada de Liga) en Vigo, gañando os locais por 2 goles a 1. O equipo herculino vingaría esta derrota na segunda volta do campionato, derrotando os vigueses por 4 goles a 0 no estadio de Riazor.

Na 16ª xornada da tempada 1999-00, coruñeses e vigueses enfrontáronse en Riazor encabezando a clasificación da Liga. O Deportivo conseguiu levarse o partido por 1 gol a 0, anotando o único gol do encontro Turu Flores, e deixando un resultado que afastaba os coruñeses a 8 puntos do segundo clasificado, o Celta.

Na tempada 2011-12 ambos os equipos volveron enfrontarse na segunda división tras 20 anos. O Deportivo gañou entón os dous partidos (2-1 en Riazor, con goles de Jonathan Vila en propia porta e Lassad cun potente disparo dende fóra da área a escasos minutos do final, e 2-3 en Balaídos, con goles de Riki no minuto 2, Lassad e Borja Fernández no último minuto do encontro. Logo deste encontro, os coruñeses asinaron numerosos récords dentro da categoría: con 91 puntos conseguiron o récord de puntos da historia da segunda división, e con 29 vitorias o récord de vitorias da categoría, amais de 9 vitorias consecutivas, feito que tamén pasou á historia como a maior xeira de vitorias consecutivas da historia da categoría.

Categoría Partidos Vitorias (DEP) Empates Vitorias (CEL)
Primeira 66 25 18 23
Copa 6 2 3 1
Segunda 14 7 2 5
Segunda B 2 0 1 1
Total 88 34 24 30
Datos a 3 de abril de 2015

Se ben os encontros entre ambos equipos caracterizáronse por unha gran tensión no campo e nas bancadas, téndose rexistrado enfrontamentos entre as dúas afeccións, as directivas dos dous clubs teñen realizado un esforzo por reducir esta tensión e crear un mellor ambiente. Estes esforzos plasmáronse na imaxe das dúas afeccións cantando xuntas o himno galego no estadio de Riazor o 21 de novembro de 2015 no partido que ambos os equipos disputaron na primeira volta da primeira división.

En total os dous equipos disputaron 88 partidos oficiais 82 en Liga (Primeira e Segunda División e Segunda División B) e 6 en Copa cun rexistro lixeiramente favorable para os deportivistas, tanto en vitorias como en goles.

Real Madrid

Deportivo Da Coruña: Historia, Escudo, Uniforme 
Partido entre o Real Madrid e o Deportivo da Coruña no Santiago Bernabéu na tempada 1992-93.

Aínda que o primeiro partido entre o Deportivo e o Real Madrid se disputou en 1932, foi durante a época dourada do club coruñés cando este mantivo unha intensa rivalidade co equipo branco. Na tempada 1992-93 o Deportivo comezou unha xeira de 18 anos consecutivos sen perder fronte ao equipo branco no estadio de Riazor, nun partido que estaba de cara aos madridistas (0-2) e que acabarían levándose os branquiazuis por 3 goles a 2 cun dobrete de Bebeto e un gol en propia porta de Ricardo Rocha. Pouco despois, na tempada seguinte, chegaría a primeira humillación dos brancos en Riazor, onde perderon 4-0. Con todo, na tempada 1994-95, un gol de Zamorano a cinco minutos para a conclusión do partido dáballe a vitoria (2-1) e o título de Liga ao Real Madrid e deixaba os branquiazuis unha vez máis ás portas do título a falta de dúas xornadas, aínda así, o equipo herculino levaríase pouco despois a Supercopa de España fronte ao equipo branco logo de gañar 3-0 en Riazor e 2-1 no Santiago Bernabéu. O momento de maior rivalidade entre os dous equipos chegou na tempada 2001-02, cando ambos se enfrontaron na final da Copa do Rei no Santiago Bernabéu, levándose os coruñeses a vitoria no día no que a entidade branca cumpría 100 anos, feito que se coñeceu como "Centenariazo". A xeira de imbatibilidade do Deportivo en Riazor finalizaba na tempada 2009-10 coa derrota (1-3), dende aquela o equipo coruñés non foi quen de derrotar o Real Madrid en ningunha ocasión, colleitando varias derrotas avultadas tanto en Riazor como no Santiago Bernabéu, e conseguindo tan só un empate sen goles na tempada 2010-11.

En total os dous equipos disputaron 99 partidos cun rexistro claramente favorable para os madridistas, tanto en vitorias como en goles:

Categoría Partidos Vitorias (DEP) Empates Vitorias (RMD)
Liga 88 18 19 51
Copa 9 4 2 3
Supercopa 2 2 0 0
Total 99 24 21 54

Galería de imaxes

Notas

    Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Deportivo Da Coruña HistoriaDeportivo Da Coruña EscudoDeportivo Da Coruña UniformeDeportivo Da Coruña HimnoDeportivo Da Coruña InstalaciónsDeportivo Da Coruña Datos do clubDeportivo Da Coruña XogadoresDeportivo Da Coruña Corpo técnicoDeportivo Da Coruña PresidenciaDeportivo Da Coruña PalmarésDeportivo Da Coruña Premios e distinciónsDeportivo Da Coruña SeareirosDeportivo Da Coruña CanteiraDeportivo Da Coruña Fútbol femininoDeportivo Da Coruña Outras secciónsDeportivo Da Coruña RivalidadesDeportivo Da Coruña Galería de imaxesDeportivo Da Coruña NotasDeportivo Da Coruña Véxase taménDeportivo Da Coruña1906A CoruñaEstadio Municipal de RiazorFútbolGaliciaPrimeira División RFEFTempada 2023/24 do Deportivo da Coruña

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Alfabeto galegoJohn Wick 4Cristovo ColónThe WeekndOU-933Os vellos non deben de namorarseSadaSalma HayekSergio RamosPanteón de Galegos IlustresMaría Antonieta de AustriaCecilia (cantante)Anxo AngueiraManuel MurguíaBifidobacteriumMarc-André ter StegenEnciclopedia (homónimos)Aidan TurnerCoristancoRevolución galega de 1846ShakiraPortomarínMiriam Beizana VigoÁnxel CasalMariña de LugoBilbaoOU-404Bayer LeverkusenVedraFesta dos maiosFrancisco AsoreyPablo Hernández de CosSegunda guerra mundialErling HaalandCopenhagueHistoria de ItaliaHistoria da lingua galegaEva Iglesias MiguénsJosé Darse SobrinoAbrótegaJannis KounellisRoberto Vidal BolañoNormativa oficial do galegoEdicións A Nosa TerraA EstradaPepa a LobaAlexandre BóvedaMario CaneiroRMS TitanicUniversidade de Santiago de CompostelaDani CarvajalLista de concellos de ZamoraClint EastwoodMaría JamardoHTMLOs outros feirantesNitroplastoLista de castelos de PortugalDiego VillaresToni KroosLetizia OrtizIndiaAfonso VIIRichard GereNintendo DSCadela de fradeTraxe galegoOU-904Rafael LouzánConxugaciónEmiratos Árabes UnidosBorussia DortmundIgualadaMaría CanosaNordés (vento)Púrpura🡆 More