Emilio Pérez Touriño: Político galego

Emilio Pérez Touriño, nado na Coruña o 8 de agosto de 1948, é un economista e político galego.

Foi o presidente da Xunta de Galicia dende o 2 de agosto de 2005 ata marzo de 2009, e Secretario Xeral do PSdeG dende 1998 ata o 2 de marzo de 2009.

Infotaula de personaEmilio Pérez Touriño
Emilio Pérez Touriño: Traxectoria, Obras, Notas
Emilio Pérez Touriño: Traxectoria, Obras, Notas
Nome orixinal(es) Emilio Pérez Touriño Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de agosto de 1948 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Cargos
Emilio Pérez Touriño: Traxectoria, Obras, Notas   4.º Presidente da Xunta de Galicia
Período2 de agosto de 2005 – 16 de abril de 2009
AntecesorManuel Fraga Iribarne
SucesorAlberto Núñez Feijóo
Secretario xeral do PSdeG-PSOE
Período10 de outubro de 1998 – 2 de marzo de 2009
AntecesorFrancisco Vázquez Vázquez
SucesorPachi Vázquez
Deputado no Congreso dos Deputados
Período3 de marzo de 1996 – 28 de outubro de 1997
Deputado no Parlamento de Galicia
Período19 de outubro de 1997 – 10 de marzo de 2010
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
OcupaciónProfesor universitario, político
Partido políticoPSdeG-PSOE
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeEsther Cid
Premios

Dialnet: 212882

Traxectoria

Pérez Touriño realizou estudos de especialización no Instituto de Investigación e Planificación do Desenvolvemento na Universidade de Grenoble (Francia). É doutor en Ciencias Económicas e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, onde foi vicerreitor para Asuntos Económicos.

Durante a transición democrática foi dirixente estudantil e activo militante progresista e participou directamente no proceso do Estatuto de Autonomía de Galicia e nos Pactos do Hostal que o posibilitaron. Era entón membro do PCG.

Entrou na política da man de Abel Caballero cando este era ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións. Foi primeiro xefe do seu gabinete e logo subsecretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente. En 1994 Luis Roldán acusouno de intervir no pagamento de comisións,[Cómpre referencia] polo que renunciou aos seus cargos políticos, aínda que rexeitase sempre a súa implicación. Recibiu a Gran Cruz do Mérito Civil nese mesmo ano. Regresou á docencia ata o ano 96.

En 1998 substituíu a Paco Vázquez como secretario xeral do PSdeG. As relacións entre os dous políticos non son moi boas debido á oposición deste último a chegar a calquera acordo co BNG. No último Congreso do PSOE perdeu o posto que tiña na Comisión Executiva Federal, pero conta, en principio, co apoio do secretario de organización, Xosé Blanco. A súa liña ideolóxica é galeguista, socialdemócrata e federal.

Dende o 2 de agosto de 2005 encabezou un goberno de coalición co BNG coñecido como bipartito galego, que aspirou a reformar o Estatuto de Autonomía.

Nas eleccións ao parlamento de Galicia do 1 de marzo de 2009, presentouse candidato á presidencia polo PSdeG, pero esta vez a coalición co BNG non foi suficiente para superar á maioría absoluta coa que o PP gañou as eleccións. O día 2 de marzo, Touriño asume a súa derrota e renuncia á fronte do Partido Socialista de Galicia. Un ano máis tarde, o 10 de maio de 2010 renunciou ao seu escano no parlamento galego.

Touriño é tamén autor de múltiples estudos sobre asuntos de desenvolvemento rexional e economía agraria no eido da Unión Europea. Premio Nacional de Publicacións Agrarias, Pérez Touriño dirixiu asemade traballos e publicacións en relación coas infraestruturas e o crecemento económico de Galicia.

Obras

  • Agricultura y capitalismo: análisis de la pequeña producción campesina (1983). Madrid: Servicio de Publicaciones Agrarias. ISBN 84-7479-211-8
  • Economía campesiña e capital: a evolución da agricultura galega (1960-1980) (1983). con José Colino Sueiras. Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-429-6
  • A Galicia emprendedora (2000). Vigo : Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-8302-592-2
  • En clave de país (2001). Santiago de Compostela: TresCtres. ISBN 84-932136-2-4
  • O futuro é posible: retrato dun tempo de cambio : Galicia (1998-2009) (2012). Vigo: Galaxia. ISBN 9788498654660.
  • Crise global e crise da política: unha ollada dende Galicia (2014). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9865-550-6.
  • El horizonte europeo (2022). USC. 177 páxs. ISBN 9788419155856.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas


Predecesor:
Manuel Fraga Iribarne
 Emilio Pérez Touriño: Traxectoria, Obras, Notas 
Presidente da Xunta de Galicia
 
2005–2009
Sucesor:
Alberto Núñez Feijóo
Predecesor:
Francisco Vázquez Vázquez
 Emilio Pérez Touriño: Traxectoria, Obras, Notas 
Secretario Xeral do PSdeG-PSOE
 
19982009
Sucesor:
Pachi Vázquez

Tags:

Emilio Pérez Touriño TraxectoriaEmilio Pérez Touriño ObrasEmilio Pérez Touriño NotasEmilio Pérez Touriño Véxase taménEmilio Pérez Touriño194819982 de agosto2 de marzo200520098 de agostoA CoruñaGaliciaPSdeGXunta de Galicia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

PortadaXabarín ClubCinema pornográficoO CarballiñoRicardo Carballo CaleroSecretaría Xeral de Política LingüísticaBipartito galegoAlbert EinsteinJoan Manuel SerratNormativa oficial do galegoNordés (vento)Ignacio GarrigaISBNTimothée ChalametTenda en liña20 de setembroArco da vellaCopia por contactoLeninismoEstados Unidos de AméricaLuz Pozo GarzaRSSOtelo Saraiva de CarvalhoVacaMiki NadalMedalla da Folga de FameReconquistaMarta DacostaXavi HernándezEuropaShōgunLonga distancia RenfeGroenlandiaThe Times of IndiaAlmibreLisímaco de AlexandríaSan SadurniñoAires da miña terraConcellos de GaliciaVladimir PutinNicolás González CasaresArroazRede privada virtualMiguel Ángel MuñozAciñeiraPriscilianoMaría do Socorro Ortega RomeroKAntón Losada DiéguezFundación WikimediaDaniel de la TorreParalelismo25 de abrilXesús Alonso MonteroCunnilingusBreogánRonaldinhoEncoroCanle (enxeñaría)VertoAna PeleteiroPablo Carpintero AriasXornalismoTerraInterstellar (filme)Xogo da chaveAmesMiss Vaca (certame)Julián ElviraGalicia estremeiraFerroFávila (duque)Alcaldes da CoruñaMoraña🡆 More