guía/Fontes

Unha das nocións básicas da Wikipedia está resumida aquí: se engades información a un artigo, asegúrate de incluír as túas referencias xa que os datos non referenciados están suxeitos á súa eliminación.

Páxina de inicio   Edición   Formato   Ligazóns internas   Citar as fontes   Páxinas de conversa   Ten en conta   Rexistro   Resumo    

O mellor é usar citas nas liñas para que os demais lectores poidan verificar a información que achegas. Tamén tes que comprobar que as fontes que usas sexan de confianza e fiables.

Notas ao pé

O xeito máis doado de crear unha cita nunha liña é mediante as notas ao pé. Podes crear notas ao pé con formato wiki na caixa de edición incluíndo:

  • A TÚA FONTE; as etiquetas ref aos lados da túa fonte, e se aínda non o hai,
  • {{Listaref}} ou {{Referencias}} baixo a cabeceira ==Notas== preto do final da páxina.

Se a túa fonte é unha páxina web tes que crear unha ligazón externa cara ao enderezo desa páxina. Non uses outros artigos da Wikipedia como fonte.

Para crear unha ligazón externa cara á túa fonte, pon o enderezo da páxina web (URL) entre corchetes (un ao comezo e outro á fin) tras o texto que queiras engadir, así:

  • [http://www.google.es/webhp?hl=gl Motor de buscas Google]

É unha boa idea, aínda que non é necesario, proporcionar unha descrición curta xusto ao lado do enderezo. A descrición mostrarase na lista de referencias como o título da ligazón externa.

Para citar unha páxina web sen dar ningunha descrición, dá simplemente o URL entre etiquetas ref; por exemplo:

  • http://www.google.es/webhp?hl=gl

Ademais, existen modelos que permiten dar formato ás referencias, olla Categoría:Marcadores de referencias.

A sección "Ligazóns externas"

Moitos dos artigos da Wikipedia teñen unha sección chamada "Ligazóns externas". Esta sección ten o obxectivo de ligar con páxinas web con información adicional, fiable e relevante que amplíe o que o artigo xa achega. Malia isto, non todas as ligazóns externas son axeitadas, olla Wiki: Ligazóns externas.

Se soamente escribes o URL completo da páxina que queres ligar, aparecerá isto:

O wiki tratará este texto como unha ligazón (como se fixo co URL de enriba) e amosará o enderezo web tal e como é, incluíndo o "http://". Recoméndase non usar este formato, debido a que os enderezos non quedan demasiado ben e non dan pistas do que realmente é o sitio.

Incluíndo un espazo tras o URL (antes de pechar os corchetes) podes decidir o texto que queres que se vexa; por exemplo:

    [http://www.google.es/webhp?hl=gl Motor de buscas Google]

A ligazón quedará así:

Proba a facer edicións na zona de probas

Continúa a guía coas páxinas de conversa

Tags:

Wikipedia:Citar as fontesWikipedia:Verificabilidade

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ContactorMoinanteVáknerOtelo Saraiva de CarvalhoTribadismoPortadaImmanuel KantCangasNordés (vento)Britney SpearsOTANDomingoIker MuniainPedro SánchezMaría do Socorro Ortega RomeroOllos de augaAciñeiraRoberto VerinoLontreiraMoscovaAmancio OrtegaMéxicoMerloTraxe galegoToniña comúnPecados capitaisMedoAs leis de CelavellaÁlex FidalgoPardo de Cela22 de xulloSonDeSeuBeatriz LuengoBlogWayback MachineLingua galegaEstadio de TammelaOs adverbios galegosInstagramLaurent CantetNoiaMarcelo CaetanoLista de xentilicios de concellos galegosAntiga CartagoFauna de GaliciaJosé Luis Rodríguez ZapateroCaraveleiraFesta da Palabra SilenciadaManuel Curros EnríquezPaparazziGabriel García MárquezÑCopia por contactoMoción de confianzaJennifer LopezGeorgia O'KeeffeHans ZimmerJude BellinghamTelevisión de GaliciaAntón Villar PonteHarvey WeinsteinTransformador (modelo de aprendizaxe automática)TeixugoRéptilesFoca monxeTwitterAlberto Núñez FeijóoÁnxel CasalXosé Carlos Morell2020Gonzalo MellaUniversidade de ManchesterDodro🡆 More