Ánxel Casal: Editor e político galego

Ánxel Casal Gosenxe, nado na Coruña o 17 de decembro de 1895 e asasinado en Cacheiras (Teo) o 19 de agosto de 1936, foi un editor e político galego.

Para Alonso Montero: sen Ánxel Casal, mesmo sen os seus criterios empresariais, non se entende o discurso político e literario galeguista como discurso público, e segundo Ramón Villares, Casal foi no campo da industria cultural o que Risco no da teoría nacionalista, Otero na prosa romancística ou Castelao no deseño e, desde logo, no liderado político.

Infotaula de personaÁnxel Casal
Ánxel Casal: Traxectoria, Galería de imaxes, Notas
Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(gl) Ánxel Casal Gosenxe Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de decembro de 1895 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Cacheiras, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
febreiro de 1936 – xullo de 1936 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , editor Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaría Miramontes

Traxectoria

Proviña dunha familia moi humilde, fillo de Manuel Casal Basteiro, de Vilantime (Arzúa), e de Filomena Gosende Arias, de Visantoña (Santiso), a súa nai era analfabeta e o seu pai autodidacta. Dende moi novo axudou a súa familia na fonda que tiñan na praza de María Pita. En 1909 emigrou a Bos Aires; alí estivo empregado en diversos oficios dous anos. Volveu á Coruña e atopou traballo no consulado de Francia. Debido á precariedade económica emigrou outra volta, desta vez a Bordeos, pero regresou aos poucos meses. De 1914 a 1917 cumpriu o servizo militar, do que sempre gardaría malas lembranzas. Uniuse á Irmandade da Fala da Coruña, colaborou no Conservatorio da Arte Galega e foi o promotor e primeiro mestre da Escola de ensino galego (galeguista e laica) 1926-1931 das Irmandades, a primeira que utilizou o galego.

Ánxel Casal: Traxectoria, Galería de imaxes, Notas 
Casal en maio de 1935.

En 1920 casou con María Miramontes e para sobreviviren abriron unha tenda de tecidos. En novembro de 1924, en colaboración con Leandro Carré Alvarellos, fundou a Editorial Lar. Desvencellouse desa iniciativa para fundar en 1927 a Editorial Nós. Da súa imprenta saíron A Nosa Terra e a revista Nós. En 1930 fundou o xornal republicano El Momento que, por falla de apoio, só durará 14 números e arrastra a Nós case a quebra. O 18 de maio de 1930 fundou con Fernando Osorio do Campo e Carlos Monasterio Valeiro o semanario republicano Adelante, que se mantivo até mediados de 1931.

En agosto de 1931 trasladouse para tratar de remontar a empresa a Santiago de Compostela. O matrimonio viviu entre 1933 e 1936 no hoxe número 16 –por aquel entón o número 18 do Inferniño de Arriba –agora, chamada Avenida de Raxoi. Tense dito que do taller de costura de María Miramontes saíron algúns cartos para axudar ó seu home coa editorial Nós.

Ánxel Casal: Traxectoria, Galería de imaxes, Notas 
Entrega a Cortes do Estatuto de Galicia de 1936. Comité Central de la Autonomía de Galicia. Presidente Ánxel Casal Gosenge, Alcalde de Santiago de Compostela.

A súa actividade como libreiro e impresor é fundamental para explicar o desenvolvemento do galeguismo entre os mozos composteláns. Coa súa imprenta traballando para os sindicatos e a esquerda republicana, gañouse o respecto dos diversos grupos que en 1935 construíron a Fronte Popular. Aló continuou a imprimir e colaborar en diversas iniciativas republicanas, galeguistas e sindicalistas. Foi o editor e impresor das revistas vangardistas Claridad (1934) e Ser (1935)

Militante desde a súa creación do Partido Galeguista e pertencente á masonería, foi alcalde de Santiago de Compostela elixido por maioría entre os membros da Comisión xestora desde febreiro de 1936 até o 9 de xullo en que con todos os concelleiros galeguistas dimitirá dos seu cargos. Vicepresidente da deputación Coruñesa e do Comité executivo para o Estatuto de Autonomía, desenvolveu unha frenética actividade para conseguir a súa aprobación. Como alcalde impulsou tamén a iniciativa de Álvaro de las Casas para constituír a Asociación de Escritores de Galicia. O 16 de xullo entregou nas cortes o texto estatutario aprobado o 28 de xuño.

Tras o golpe de estado

Ao coñecer as novas golpistas, regresou a Compostela para tratar de impedir o éxito do golpe. Reincorporado o 19, fíxose cargo da Alcaldía, tratando de organizar a resistencia. Tras o triunfo da sublevación militar do 18 de xullo escapou para a parroquia de Vilantime en Arzúa. Foi detido o 4 de agosto e levado á prisión da Falcona en Santiago de Compostela onde coincidiu con Camilo Díaz Baliño, quen o retratou a lapis ao igual que a outros presos republicanos. Declarou como testemuña o 8 de agosto no proceso contra os membros do comité de defensa, e na noite do 18 ao 19 de agosto foi asasinado en Cacheiras, preto do cemiterio, o seu corpo apareceu xunto ao de José Devesa Areosa, marcado hoxe cun pequeno monumento.

Recoñecemento póstumo

En 1940 as Mocedades Galeguistas da Arxentina crearon o selo Ediciós Ánxel Casal, que empregou en 1952 Luís Seoane para publicar o poemario Fardel de eisiliado. En 1950 o empresario Manuel Puente retomou a Editorial Nós, de Ánxel Casal, a quen Otero Pedrayo dedicou un capítulo no seu Libro dos Amigos. Castelao terá dito que: “Casal fixo por Galicia máis que todos nós”.

Ánxel Casal está presente na novela de Manuel Rivas O lapis do carpinteiro como personaxe secundario sendo un máis dos prisioneiros do cárcere compostelán.

O Concello de Santiago, atendendo á proposta expresada polo IES Arcebispo Xelmírez I con motivo da celebración do 150º Aniversario da súa fundación, creou no ano 1996 o Premio Literario Ánxel Casal, nas modalidades de poesía, teatro e conto. Ademais a capital galega declarou o ano 2005 Ano Ánxel Casal, co obxectivo de recuperar o importante legado cultural, artístico e político do intelectual galego.

Foi proposto para o ano 2006 como candidato ó Día das Letras Galegas, coincidindo co Ano da Memoria Histórica, aínda que finalmente foi escollido Manuel Lugrís Freire. E de novo para o ano 2022, nunha candidatura conxunta canda Federico García Lorca, resultando finalmente escollido Florencio Delgado Gurriarán.

En marzo de 2008 foi bautizada co seu nome a Biblioteca Pública de Santiago de Compostela, acabada de construír.

O 19 de agosto do 2021 ás 20:00 horas celebrouse un acto institucional de lembranza a Ánxel Casal. Este acto tivo lugar na Estivada da Ribeira, en Cacheiras, preto do monólito que lembra o seu corpo. Nesta homenaxe pública participaron os Concellos de Santiago, Coruña e Arzúa e sirve tamén de recoñecemento a todas as persoas represaliadas no ano 1936.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas


Predecesor:
Francisco Vázquez Enríquez
 Ánxel Casal: Traxectoria, Galería de imaxes, Notas 
Alcalde de Santiago
 
1936
Sucesor:
Manuel García Diéguez

Tags:

Ánxel Casal TraxectoriaÁnxel Casal Galería de imaxesÁnxel Casal NotasÁnxel Casal Véxase taménÁnxel Casal17 de decembro189519 de agosto1936A CoruñaAlonso MonteroCacheiras, TeoGaliciaRamón VillaresTeo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xulio CésarManuel Miñones BarrosIraqMuimenta, Carballeda de AviaLe VilliProxyBirimbao (instrumento musical)Agricultura ecolóxicaSenegalNoelia ReyLeonardo da VinciJosé Manuel Baltar BlancoNuno García PicoFerreiriño abelleiroFerrolXabier MaceirasUcraínaGazpachoEl Correo GallegoIrmandades da FalaIncursión portuguesa no Val de Monterrei (1801)Rubén ArroxoMoinanteHomosexualidadeHattusilis ICoalaFrancisco Castro VelosoLeira (agricultura)Dereitos humanosRotacismoThe ArtistAdolfo GacioMelania CruzBodeng sarAtol FangataufaIEncyclopædia BritannicaSocioloxíaLavandeira brancaInglaterraCogomeloEleccións municipais de 2015 en GaliciaLlerena Perozo PorteiroArtistaHans Staden (filme)Delegación do Goberno en GaliciaLe MondeLista das aves de GaliciaMaría CasaresLareiraJuan José BallestaO Castrillón, A CoruñaJosé Pablo del Bado RivasTeatroChimpín89Catedral de BurgosMucha e NuchaNXabier DeiveMitoloxía galegaPaspallásShinovaRafaela Hervada Carnerero8Vogais da lingua galegaLaura FalcóVerbos galegos ser, estar e irVilamaior do Val, VerínMario ObreroPremio RañolasCarbúnculo7Orchata🡆 More