Melania Cruz: Actriz española

Melania Pérez Cruz, nada en Lugo o 25 de xullo de 1983, é unha actriz galega de televisión, cinema e teatro.

Infotaula de personaMelania Cruz
Melania Cruz: Traxectoria, Galardóns e nomeamentos, Notas
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de xullo de 1983 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm6878395 Editar o valor em Wikidata

Foi Premio da Cultura Galega, modalidade Artes Escénicas en 2022.

Traxectoria

Comezou dende nova facendo teatro de xeito afeccionado na súa cidade, e posteriormente obtivo o título en ensinanza superior pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. No 2009 comezou a súa relación coa compañía Escénate con catro espectáculos. No 2010 protagonizou xunto con Josito Porto a obra Ai, Carmela! e no 2013 participou en Los que no pudieron huir de 611 Teatro e máis nunha adaptación de Inventarios de Philippe Minyana baixo a dirección de Cristina Domínguez.

En 2012 fundou xunto a catro compañeiros a compañía ilMaquinario Teatro estreando a súa primeira montaxe, O home almofada (dirixida por Tito Asorey) na que dá vida ao personaxe protagonista, Katurian. En 2014 estrearon Perplexo, espectáculo que consegue cinco Premios María Casares e polo que é nomeada ao premio de mellor actriz protagonista.

No 2014 participou no filme galego A esmorga, dirixido por Ignacio Vilar e no que interpretou o papel da Raxada. En 2015 traballou como actriz secundaria nas series Urxencia cero e Serramoura.

No ano 2016 gañou o premio María Casares á mellor actriz protagonista pola súa interpretación do personaxe de Lucía en Xardín suspenso, de Abel Neves, dirixida por Cándido Pazó no Centro Dramático Galego. En 2017 traballou nas series Fontealba e Viradeira. En 2018 recibiu o Premio Mestre Mateo á mellor actriz polo seu papel protagonista en Dhogs, baixo a dirección de Andrés Goteira, e en 2019 gañou outro Mestre Mateo, esta vez o de actriz secundaria, polo seu traballo no filme Trote, ópera prima de Xacio Baño, e en 2021 a mellar actriz protagonista por Ons, de Alfonso Zarauza. En 2020 foi galardoada co Premio Cinema Galego do FICBUEU.

En 2019 interpreta a comisaria Manuela Fortes na serie A estiba, da Televisión de Galicia.

En 2019, fundou xunto a Tito Asorey a compañía A quinta do cuadrante, coa que levaron a escena O empapelado amarelo e gravaron as curtas A farsa das zocas e As mulleres do porvir e a ficción radiofónica La lindona de Galicia. En 2022 Continente María, un espectáculo de teatro contemporáneo para divulgar a figura de María Casares.

Longametraxes

  • A esmorga (Ignacio Vilar, 2014)
  • Sicixia (Ignacio Vilar, 2016)
  • Dhogs (Andrés Goteira, 2017)
  • Trote (Xacio Baño, 2017)
  • Arima (Jaione Camborda, 2019)
  • María Solinha (Ignacio Vilar, 2020)
  • Ons (Alfonso Zarauza, 2020)
  • Qué hicimos mal (Liliana Torres, 2020)
  • El cuarto de Mona (Darío Autrán, 2021)
  • Malencolía (Alfonso Zarauza, 2021)
  • El tirabeque (Darío Autrán, 2022)
  • Os espazos en branco (Bruno Arias, 2022)
  • Justicia artificial (Simón Casal, 2022)

Series

  • Viradeira (TVG, como Maca)
  • Fontealba (TVG, como Marisa)
  • Serramoura (TVG, T3 e T4 como Micaela Morais)
  • Urxencia cero (TVG, como Marta)
  • Contou Rosalía (TVG, como Rosalía)
  • A estiba (TVG, como Manuela Fortes)
  • Operación Marea Negra (Amazon Prime, como Sargento Freitas) T1, T2 e T3
  • La unidad (Movistar+, como Psicóloga) T2
  • Now and then (Apple TV, Bambú Producciones)
  • Apagón (Movistar+, como Teresa)
  • Rapa (Portocabo, Movistar+) T2
  • Clanes (Vaca Films, Netflix)

Curtametraxes

  • Curmán (Alejandro Jato, 2023)
  • Pontevedra, cidade cero (Alfonso Zarauza, 2022)
  • Nido (Alejandro Rodríguez, 2021)
  • Dúas cores (Cris Yáñez, 2020)
  • As mulleres do porvir (Tito Asorey, 2020)
  • A farsa das zocas (Tito Asorey, 2020)
  • Arrolo (Lucía Estévez, 2019)
  • Albedrío (J.S. Raimundi e Álex Vázquez, 2017)
  • Papá llevaba peluca (Chema Montero, 2016)
  • Ao terceiro día (Vicente Pedreira, 2015)
  • El coche rojo (Karla Taveras, 2015)
  • Desde dentro (Samuel Lema, 2015)
  • La falta (Francisco González, 2012)
  • Una mala noche (Fernando Rivero, 2011)

Teatro

  • Continente María (Tito Asorey, 2022)
  • A lúa vai encuberta (Tito Asorey, 2021)
  • Fariña (Tito Asorey, 2021)
  • A lindona de Galicia (Tito Asorey, 2021)
  • Medida por Medida (Quico Cadaval, 2019)
  • O empapelado amarelo (Tito Asorey, 2019)
  • O Tolleito de Inishmaan (Cándido Pazó, 2017)
  • X Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural (Marta Pazos, 2017)
  • Resaca (Tito Asorey, 2017)
  • IX Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural (Tito Asorey, 2016)
  • Xardín Suspenso (Cándido Pazó, 2015)
  • Perplexo (Tito Asorey, 2014)
  • Inventarios (Cristina Domínguez, 2013)
  • Los que no pudieron huír (Javier Hernández- Simón, 2013)
  • O home almofada (Tito Asorey, 2012)
  • A fala das pedras (Ana Carril, 2012)
  • Xeración Nós (Ana Carril, 2011)
  • Ai, Carmela! (Tito Asorey, 2010)
  • Lugo. Ciudad 10 (Ana Carril, 2010)
  • Lugo de Alma Romana (Ana Carril, 2009)

Galardóns e nomeamentos

Premios Mestre Mateo

Ano Categoría Filme Resultado
2018 Mellor actriz protagonista Dhogs Gañadora
2019 Mellor actriz protagonista Contou Rosalía Nomeada
Mellor actriz secundaria Trote Gañadora
2021 Mellor actriz protagonista Ons Gañadora
2022 Mellor actriz protagonista Malencolía Nomeada

Premios María Casares

Ano Categoría Traballo Resultado
2016 Mellor actriz protagonista Xardín suspenso Gañadora
2015 Mellor actriz protagonista Perplexo Nomeada
2017 Mellor actriz protagonista Resaca Nomeada
2021 Mellor texto orixinal O empapelado amarelo Nomeada
2023 Mellor actriz protagonista Continente María Nomeada

Premios FICBUEU

Ano Categoría Festival
2020 Premio Cinema Galego FICBUEU

Premios da Cultura Galega

Ano Categoría
2022 Premio en Artes Escénicas

Premio Festival de Cans

Ano Categoría
2023 Premio Chimpín de Prata Pepe Piume

Premio Lucense do Ano El Progreso

Ano Categoría
2023 Premio Lucense do Ano

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Melania Cruz TraxectoriaMelania Cruz Galardóns e nomeamentosMelania Cruz NotasMelania Cruz Véxase taménMelania Cruz198325 de xulloActor, actrizCineGalizaLugoTeatroTelevisión

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Francisco Porto MellaFermin MuguruzaSegunda guerra mundialFelaciónCristiano RonaldoBucetaUrcoA EstradaVerbos galegos ser, estar e irRonaldinhoParadigmas dos verbos irregulares galegosRabirrubio tizónPanteón de Galegos IlustresGuerra civil españolaSistema operativoXabier DeiveLedicia CostasDeportivo da CoruñaNCIS (serie de televisión)Rías BaixasManuel TurizoBipartito galegoAves acuáticasWilliam ShakespeareCerdeiraDavid PerdomoBaroso, Ambosores, OurolAntónio de Oliveira SalazarTelecomunicaciónsRevolución galega de 1846AustriaWalls (álbum de Louis Tomlinson)Castro de Punta do BicoWikipediaPosicións sexuaisAna Belén FortesRedondelaNormativa oficial do galegoChachoCreampieFamily Computer Disk SystemInterrogación retóricaBeatriz MatoGabriel García MárquezEuropaHistoria de ChipreSuízaXílgaroEleccións municipais de 2023 en GaliciaBlanca RomeroGuerra das Comunidades de CastelaRastroDía das Letras GalegasAntonio García TeijeiroPaís VascoGonzalo LouzaoArco do Triunfo de ParísDitongoSoberbiaUniversidade de VigoJulio Alén MontesMichael JacksonA Illa, EntrimoDominic ThiemGeorg Wilhelm Friedrich HegelAndoriñaGheadaCamp NouArroazJosé Calvo SoteloMiguel DelibesMarta Fernández-TapiasKeanu Reeves🡆 More