Camilo Díaz Baliño: Escritor e artista galego

Camilo Buenaventura Díaz Baliño, nado en Ferrol o 14 de xullo de 1889 e asasinado en Saa (Meixide, Palas de Rei) o 14 de agosto de 1936, foi un escritor, pintor, debuxante, ilustrador de libros, muralista, cartelista, escenógrafo e versátil artista gráfico galego, membro da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, das Irmandades da Fala desde 1918, do Seminario de Estudos Galegos desde 1926 e do Partido Galeguista.

Colaborou nas coleccións Lar e Céltiga e noutras obras da literatura galega.

Infotaula de personaCamilo Díaz Baliño
Camilo Díaz Baliño: Traxectoria, Vida persoal, Obra bibliográfica
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de xullo de 1889 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Saa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , debuxante , cartelista , escritor , escenógrafo Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor em Wikidata
Influencias en
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAntonia Pardo Méndez (7/5/1887-4/12/1938)
Fillostres: María, Mercedes e Isaac
IrmánsIndalecio Díaz Baliño, Ramiro Díaz Baliño e Lolita Díaz Baliño Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Camilo Díaz Baliño: Traxectoria, Vida persoal, Obra bibliográfica

Galiciana: 11137

Traxectoria

Foi fillo de Germán Díaz Teijeiro, comerciante natural e veciño de Ortigueira, e Camila Baliño López, de Ferrol. Camilo estudou en Ferrol no Colexio Dequidt e alí compartiu aulas con Francisco Franco. En 1905 trasladouse a Madrid pensionado pola deputación da Coruña, pero como non chegou a axuda prometida traballou nun taller de escenografía e regresou á Coruña onde ingresou na Escola de Artes e Oficios. En 1908 volveu a Madrid, contratado polo ministerio de Graza e Xustiza, e estudou escenografía. Participou na Exposición Rexional de 1909, na que obtivo medalla de ouro. En 1916 iniciou a súa relación profesional e persoal co empresario de cines Isaac Fraga (que sería padriño do seu fillo Isaac). Participou na Exposición Rexional de Arte Galega celebrada na Coruña en 1917. En 1920 trasladouse a Santiago de Compostela onde estableceu na rúa das Hortas o taller de escenografía da Empresa de Espectáculos Fraga (1920-1924) coa que se trasladou a Madrid entre 1922 e 1924. Participou na Exposición Rexional Galega de Belas Artes de Santiago de 1923. En 1925 ingresou como delineante interino no concello de Santiago e despois obtivo o posto en propiedade. De xaneiro a maio de 1931 a Coral de Ruada fixo unha rolda de concertos pola Arxentina, o Uruguai e o Brasil na que Díaz Baliño foi o escenógrafo. Participou na Exposición de Arte Galega celebrada no Colexio de San Clemente no verán de 1926.

Foi membro das Irmandades da Fala desde 1918 e do Seminario de Estudos Galegos desde 1926 e militante do Partido Galeguista (1931). Fixo relatos e ocasionalmente poesías que apareceron publicados na prensa galega da época, sobre todo en A Nosa Terra, cun forte estilo patriótico. Deseñou a capa de varios libros, entre eles as obras publicadas na colección Lar. Da súa imprenta tamén saíu o cartel en prol do 'Si' no plebiscito de 28 de xuño de 1936 do Estatuto de Autonomía de Galicia.

Camilo Díaz Baliño: Traxectoria, Vida persoal, Obra bibliográfica 
Carné de correspondente de LAR.

Pertenceu á masonería, que foi perseguida polo seu propio irmán Gonzalo, membro da milicia de Los Caballeros de La Coruña e da Brigada de Investigación y Vigilancia.

Detido ao comezo da guerra civil española, estivo na prisión de Santiago de Compostela, nos baixos do Pazo de Raxoi. Estando prisioneiro debuxou nun caderno retratos dos seus vinte e seis compañeiros, o que foi o seu derradeiro traballo. Sen ser sometido a xuízo, foi trasladado ao cárcere de Arzúa, onde estivo só unhas horas; pouco despois tres falanxistas, o Solla, o Xerpe e o Baluxa, asasinárono en Palas de Rei o 14 de agosto de 1936, cando contaba con corenta e sete anos de idade. O seu cadáver apareceu, canda o de Sixto Aguirre, á beira da estrada en Saa, na parroquia de Meixide (Palas de Rei).

Hai obra súa no Museo do Pobo Galego, no Museo das Peregrinacións e de Santiago, no Museo Provincial de Lugo e no Museo Provincial de Pontevedra.

Vida persoal

Foi irmán dos tamén artistas Indalecio (1896-1952), Ramiro (1902-1972) e María Dolores Díaz Baliño (1905-1963). En 1909 casou con Antonia Pardo Méndez, coa que tivo tres fillos: María del Milagro Antonia "Marujita" (1911-1917), Mercedes "Chita" (1916) e Isaac (1920-2012). Antonia, de familia anarquista, compartía o ideario galeguista de Camilo e afiliouse ás Irmandades da Fala. Tralo fusilamento do seu marido, perdeu a consciencia e finou de cancro dous anos despois que o seu marido, en decembro de 1938.

Obra bibliográfica

Outros libros ilustrados por Camilo Díaz Baliño

Obra belenística

Na década de 1920, Díaz Baliño recibiu a encarga para deseñar un belén para a igrexa parroquial de Santa Marta de Ortigueira, que se rematou en 1924. É un belén de dimensións considerables, delimitado por lonas sostidas por bastidores de madeira, que aparenta un escenario con diversos planos. Os decorados reflicten imaxes do antigo Exipto, pero tamén figuran paisaxes do Ortegal, terra de seu pai e que o propio Camilo visitou en diversas ocasións. Posteriormente tamén deseñou os fondos do belén da Grande Obra de Atocha na Coruña.

Legado

O seu fillo, Isaac Díaz Pardo, que tiña quince anos cando mataron o pai, reuniu parte da súa obra no Instituto Galego de Información, fundado en 1977 e pertencente ao Grupo Sargadelos. O fondo foi cedido despois, para a súa clasificación, custodia e difusión, á Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura de Galicia e pode consultarse na biblioteca virtual Galiciana. Está composto por arredor de 200 fotografías, relatos, unha pequena biblioteca e 10 álbums que recollen toda a súa actividade profesional en América, ademais dun centenar de cartas e documentos persoais. Destacan tamén os debuxos realizados na cadea.

Recoñecementos

A cidade de Ferrol fíxolle unha homenaxe en 1959, colocando o seu busto en bronce no Cantón de Molíns. Unha praza de Santiago de Compostela, diante da estación de autobuses, e unha rúa de Oleiros, levan o seu nome.

O escritor Manuel Rivas evocou a estadía dos represaliados no cárcere do Pazo de Raxoi no seu libro O lapis do carpinteiro (1998, Xerais), novela da que se faría a película homónima, estreada en 2003, dirixida por Antón Reixa, na que Carlos Blanco Vila interpreta a Gonzalo Rincón, o pintor.

En 2018 dedicóuselle o Día da ilustración a Camilo Díaz Baliño.

Galería de imaxes

Notas

    Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Camilo Díaz Baliño TraxectoriaCamilo Díaz Baliño Vida persoalCamilo Díaz Baliño Obra bibliográficaCamilo Díaz Baliño Obra belenísticaCamilo Díaz Baliño LegadoCamilo Díaz Baliño RecoñecementosCamilo Díaz Baliño Galería de imaxesCamilo Díaz Baliño NotasCamilo Díaz Baliño Véxase taménCamilo Díaz Baliño14 de agosto14 de xullo18891936Editorial CéltigaFerrolGaliciaIrmandades da FalaLar (Galicia)Meixide, Palas de ReiPalas de ReiPartido Galeguista (histórico)Real Sociedade Económica de Amigos do País de SantiagoSaa, Meixide, Palas de ReiSeminario de Estudos Galegos

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Tom HanksEdiciones AgoeiroBarbitúricosMedio dólar do Sesquicentenario de Lexington-ConcordTorre EiffelEva Iglesias MiguénsPalas de ReiBadalonaRoko (actriz)Carlos de Matos GomesBob MarleyMichelangelo AntonioniMosteiro de Santa María de OseiraCronoloxía da segunda guerra mundialCarcasonaMadagascarAWStatsBóraxGuerra civil españolaLingua casteláParroquias de GaliciaDragon Ball ZParacaídasÓscar García PatiñoSexoIndonesiaDeputación da CoruñaSindicatoRedondelaBenito KamelasKarl MarxPaz Lamela VilariñoMaría PitaHimno Nacional de ChileBandeira de IrlandaHeptosaFátima PegoSulfato de cobre (II)Célula pancreática acinarTwitterA EstradaAgoladaApartheidRapa (serie de televisión)TrahamundaBrahim DíazContactDaniel de la SotaImperio SelxúcidaLista de ríos de GaliciaFrancisco Miguel Llanos TrápagaLeonardo DiCaprioRelación sexual humanaLuandaQEDCongresoAZendayaPedro SánchezJean-Claude Van DammeQuercusManuel Gago MariñoBatalla de Medina de RiosecoAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoSílabaBurocraciaC. TanganaSilvia SuperstarXabarín ClubChris PrattRefreyAppleTalk🡆 More