Quercus: Xénero de plantas, a míudo chamadas carballos

    Para atopar máis información ou consultar a especie normalmente chamada "carballo", véxase o artigo Carballo común.
Quercus
Quercus: Especies en Galicia, Clasificación, Galería de imaxes
Follas e landras do carballo común
(Quercus robur)
Estado de conservación
Non está ameazada

Clasificación científica
Reino: Plantae
Filo: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fagales
Familia: Fagaceae
Xénero: Quercus
Linnaeus, 1753
Especies
    Véxase o texto

Quercus é un xénero da familia das fagáceas que comprende cerca de seiscentas especies de árbores e arbustos propias do hemisferio norte e que inclúe tanto especies caducifolias coma perennes.

Quercus: Especies en Galicia, Clasificación, Galería de imaxes
Gustave Courbet (1843)

Os Querci esténdese tanto por zonas de clima atlántico como clima continental ou clima mediterráneo, dende Eurasia até América e medran en calquera tipo de terreo, tanto en chairas como en ladeiras rochosas.

En xeral, as especies de folla caduca distribúense máis cara ao norte e as de folla persistente, cara ao sur. Caracterízanse por ser árbores rexas e fortes e polos froitos: as landras.

Cómpre ter en conta que tamén se denominan carballos as especies tropicais doutros xéneros relacionados, principalmente Lithocarpus.

Diferentes especies de carballos son moi frecuentes en toda Galicia, salientando o carballo común (ver lista de especies habituais en Galicia abaixo). De feito os carballos constitúen a formación forestal máis representativa do país: a carballeira.

As carballeiras teñen estado en regresión debido sobre todo á actividade humana e á substitución destes bosques por reforestacións de especies foráneas coma o piñeiro bravo ou o eucalipto; con todo, a extensión das carballeiras incrementouse nos últimos anos, especialmente nas zonas do interior.

Especies en Galicia

En Galicia atopamos diferentes especies dentro do xénero Quercus. Destas as máis importantes son: o carballo común (Quercus robur L.), a especie máis estendida; o carballo negro, cerquiño ou cerqueiro (Quercus pyrenaica Willd.) e o carballo albariño, albar ou carbia, máis escaso en xeral, aínda que abundante nas zonas altas do interior de Ourense e Lugo (Quercus petraea (Mattuschka) Liebl.). Ademais destas especies cabe mencionar tamén o carballo americano (Quercus rubra L. ou Quercus borealis) co que se están a facer novas reforestacións, o carballo anano ou caxigo (Quercus lusitanica ou Quercus faginea) presente no Monte Pindo, e nalgunhas zonas dos canóns do Sil, a sobreira e a aciñeira, que tamén pertencen o xénero Quercus (Q. suber L. e Q. ilex L. respectivamente). En Ourense atópanse algunhas plantacións de Quercus palustris, o carballo palustre americano.

Híbridos

  • Quercus x andegavensis Hy (Q. robur x Q. pyrenaica), descrito por SILVA PANDO en 1994. En Lugo.
  • Quercus x gallaecicus Llamas, Lence & Acedo (Q. lusitanica x Q. robur) Descrito por LLAMAS & al. 2003. Na Coruña.
  • Quercus x rosacea Bechst. (Q. petraea x Q. robur), descrito por SILVA PANDO en 1994; GNZ. AZCARATE & AMIGO 1996. En Lugo.
  • Quercus x trabutii Hy (Q. petraea x Q. pyrenaica), descrito por SILVA PANDO en Lugo, en 1994.

Clasificación

Quercus: Especies en Galicia, Clasificación, Galería de imaxes 
Comparación entre follas de carballo: Quercus robur (carballo común), Quercus petraea (carballo albariño), Quercus pyrenaica (cerquiño) et Quercus ilex (aciñeira).

O xénero Quercus divídese en dous subxéneros e varias seccións:

Subxénero Quercus

Este subxénero divídese nas seccións a seguir:

Sección Quercus

Os seus sinónimos son Lepidobalanus e Leucobalanus, estas especies conforman a listaxe dos denominados "Carballos beancos" de Europa, Asia e América do Norte. Os seus xineceos son curtos; as landras maduran en 6 meses e o seu gusto é acre ou lixeiramente doce, no interior da casca das landras non hai pelo, as follas na súa maioría carecen de puntas agudas nas súa extremidades e os lóbulos adoitan ser arredondeados.

Listaxe parcial dalgunhas especies de carballos (Quercus), pertencentes ao subxénero Quecus, sección Quercus:

  • Quercus alba - Carballo branco americano, carballo branco
  • Quercus aliena
  • Quercus arizonica - Aciñeira de Arizona
  • Quercus austrina
  • Quercus berberidifolia
  • Quercus bicolor - Carballo bicolor
  • Quercus boyntonii
  • Quercus chapmanii
  • Quercus cornelius-mulleri
  • Quercus copeyensis
  • Quercus dalechampii
  • Quercus depressipes
  • Quercus dilatata
  • Quercus douglasii (sin. Quercus gambelii)
  • Quercus dumosa
  • Quercus durata
  • Quercus engelmannii
  • Quercus faginea - Carballo anano ou caxigo (sin. Quercus lusitanica) - con dúas subespecies:
    • Quercus faginea subsp. faginea.
    • Quercus faginea subsp. broteroi.
  • Quercus fusiformis
  • Quercus garryana - Carballo branco de Oregón.
  • Quercus geminata
  • Quercus glaucoides
  • Quercus grisea
  • Quercus havardii
  • Quercus hinckleyi
  • Quercus hondurensis
  • Quercus humilis (sin. Quercus pubescens) - Carballo pubescente
  • Quercus ilex (sin. Quercus ilicifolia, Quercus glauca) - Aciñeira brava ou común, con dúas subespecies:
    • Quercus ilex subsp. ilex.
    • Quercus ilex subsp. rotundifolia (sin. Q. rotundifolia, Q. ballota).
  • Quercus intricata
  • Quercus john-tuckeri
  • Quercus laceyi
  • Quercus lanata
  • Quercus leucotrichophora
  • Quercus libani - Carballo do Líbano
  • Quercus lobata - Carballo dos vales
  • Quercus lyrata
  • Quercus macrocarpa
  • Quercus mohriana
  • Quercus michauxii
  • Quercus minima
  • Quercus mongolica
  • Quercus muhlenbergii
  • Quercus oglethorpensis
  • Quercus peduncularis
  • Quercus petraea - Carballo albariño.
  • Quercus polymorpha
  • Quercus prinoides
  • Quercus prinus (sin. Quercus montana) - Carballo pardo.
  • Quercus pungens
  • Quercus robur - carballo común ou carballo bravo
  • Quercus rugosa
  • Quercus sadleriana
  • Quercus stellata
  • Quercus toumeyi
  • Quercus turbinella
  • Quercus vaseyana
  • Quercus virginiana - Aciñeira do sur

Sección Mesobalanus

Son coñecidos como "carballos húngaros" e son oriundos de Europa, Asia e do norte de África. De pistilos longos; as landras maduran aos 6 meses e son acres; o interior da cúpula non posúe pelo. A sección Mesobalanus está achegada á sección Quercus e algunhas veces tense incluído dentro desta.

Sección Cerris

A sección Cerris é coñecida coma a dos Carballos Turcos e os seus relativos de Europa, Asia e norte de África. Son de xineceo longo e as landras maduran aos 18 meses dende a xermolación e son moi acres. O interior da casca das landras non posúe pelo. As follas adoitan ter lóbulos de puntas afiadas, con cerdas nos bordos.

Sección Protobalanus

A sección dos Protobalanus coñecida coma a sección de carballos intermedios e os seus relativos no suroeste dos Estados Unidos e do noroeste de México. Ten os seus xineceos curtos, e as landras maduran aos 18 meses de sabor moi acre. O interior da casca das landras ten pelo, e as follas adoitan ter lóbulos de puntas afiadas, con cerdas nos extremos.

  • Quercus cedrosensis
  • Quercus chrysolepis (sin. Quercus oblongifolia - Aciñeira mexicana azul
  • Quercus palmeri
  • Quercus tomentella
  • Quercus vaccinifolia

Sección Lobatae

Os "carballos rubios" ou vermellos americanos (sinónimo: subxen.Erythrobalanus). Xeralmente se desenvolven en América do Norte, América Central e na zona norte de América do Sur. De pistilos longos e landras que maduran aos 18 meses, moi acres e co interior da casca con moito pelo. A noz áchase encerrada nunha capa magra e pegañenta de pel apergamiñada.As follas adoitan ter lóbulos de puntas afiadas, con pelos espiñosos nos mesmos.

  • Quercus agrifolia - Aciñeira de California
  • Quercus arkansana
  • Quercus buckleyi
  • Quercus canbyi
  • Quercus coccinea - Carballo escarlata
  • Quercus costaricensis
  • Quercus cualensis
  • Quercus depressa
  • Quercus eduardii
  • Quercus ellipsoidalis
  • Quercus emoryi
  • Quercus falcata - Carballo rubio do sur ou carballo hispano.
  • Quercus gravesii
  • Quercus graciliformis
  • Quercus georgiana
  • Quercus hintoniorum
  • Quercus hirtifolia
  • Quercus humboldtii - Carballo colombiano, carballo andino.
  • Quercus hypoleucoides
  • Quercus hypoxantha
  • Quercus iltisii
  • Quercus imbricaria
  • Quercus incana
  • Quercus inopina
  • Quercus kelloggii - Carballo negro de California.
  • Quercus laevis
  • Quercus laurifolia
  • Quercus laurina
  • Quercus marilandica - Carballo de Maryland.
  • Quercus myrtifolia
  • Quercus nigra - Carballo de auga, carballo negro americano.
  • Quercus pagoda
  • Quercus palustris - Carballo dos pantanos ou carballo palustre americano.
  • Quercus parvula
  • Quercus phellos - Carballo de follas de salgueiro.
  • Quercus pumila
  • Quercus rhysophylla
  • Quercus rubra (sin. Quercus acerifolia) - Carballo americano, carballo rubio americano.
  • Quercus salicifolia
  • Quercus sapotifolia
  • Quercus shumardii - Carballo rubio dos pantanos
  • Quercus tardifolia
  • Quercus texana
  • Quercus velutina - Carballo negro americano do leste
  • Quercus wislizeni
  • Quercus xalapensis

Subxénero Cyclobalanopsis

Este subxénero coñécese como a listaxe dos "carballos con copas de aneis" e se desenvolven principalmente ao leste e sueste de Asia. Son carballos "sempreverdes" que acadan alturas de entre 10 e 40 metros. Son bastante diferentes ao subxénero Quercus no sentido que teñen landras con distintivas copas con aneis de diferentes escalas de tamaño e se desenvolven comunmente en grupos mestos, malia non se aplicar a todas as especies. A Flora da China trata ás Cyclobalanopsis coma un xénero distinto, porén a meirande parte dos taxonomistas consideran que é un subxénero de Quercus. En total suma arredor de 150 especies.

  • Quercus acuta - Aciñeira xaponesa.
  • Quercus albicaulis
  • Quercus argentata
  • Quercus argyrotricha
  • Quercus augustinii
  • Quercus austrocochinchinensis
  • Quercus austroglauca
  • Quercus bella
  • Quercus blakei
  • Quercus camusiae
  • Quercus championii
  • Quercus chapensis
  • Quercus chevalieri
  • Quercus chingsiensis
  • Quercus chungii
  • Quercus daimingshanensis
  • Quercus delavayi
  • Quercus delicatula
  • Quercus dinghuensis
  • Quercus disciformis
  • Quercus edithiae
  • Quercus elevaticostata
  • Quercus fleuryi
  • Quercus gambleana
  • Quercus gemelliflora
  • Quercus gilva
  • Quercus helferiana
  • Quercus hondae
  • Quercus hui
  • Quercus hypophaea
  • Quercus jenseniana
  • Quercus jinpinensis
  • Quercus kerrii
  • Quercus kiukiangensis
  • Quercus kouangsiensis
  • Quercus lamellosa
  • Quercus lineata
  • Quercus litoralis
  • Quercus litseoides
  • Quercus lobbii
  • Quercus longinux
  • Quercus lowii
  • Quercus lungmaiensis
  • Quercus merrillii
  • Quercus morii
  • Quercus motuoensis
  • Quercus multinervis
  • Quercus myrsinifolia
  • Quercus neglecta
  • Quercus ningangensis
  • Quercus obovatifolia
  • Quercus oxyodon
  • Quercus pachyloma
  • Quercus patelliformis
  • Quercus pentacycla
  • Quercus phanera
  • Quercus poilanei
  • Quercus rex
  • Quercus salicina
  • Quercus saravanensis
  • Quercus schottkyana
  • Quercus semiserrata
  • Quercus sessilifolia
  • Quercus sichourensis
  • Quercus stenophylloides
  • Quercus stewardiana
  • Quercus subhinoidea
  • Quercus subsericea
  • Quercus thorelii
  • Quercus tomentosinervis
  • Quercus treubiana
  • Quercus xanthotricha
  • Quercus yingjiangensis
  • Quercus yonganensis

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Quercus Especies en GaliciaQuercus ClasificaciónQuercus Galería de imaxesQuercus NotasQuercus Véxase taménQuercus

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lingua casteláGrupo RompentePaparazziRoberto Bautista2020Vilagarcía de ArousaJennifer LopezCarbohidratoHard GZJavier CasqueiroRusiaMúsica tradicional galegaBrasiliaSete SabiosEspañaEva Iglesias MiguénsAna Belén FortesAccidente de ChernóbilAntiga CartagoVento feridoXeración do 36Follas novasFrancisco Castro VelosoMedoMauro ScaloniAguia imperial ibéricaAltriSelección de fútbol de GaliciaISBNJava (linguaxe de programación)TwitterAbrilCoco (bacteria)Celeste CaeiroPadrónVicente RiscoAlberte PagánElena CandiaTradescantia fluminensis1928MéxicoGoretti SanmartínManuel Curros EnríquezEsther EstévezSlumdog MillionaireAsunta Basterra PortoEl Pueblo GallegoAna María Fernández MartínezMoción de confianzaEduardo PondalMimosaUniversidade de ManchesterCessna T-37 TweetNordés (vento)Lista das aves de GaliciaRocco SiffrediMasculino e feminino en galegoLista de castelos de PortugalEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Asalto do bou EvaMarmelo (doce)MeigaHarvey WeinsteinLandrapdwqjPanxermanismoAlfonso Rueda2024MilánBeteluSanta CompañaJude BellinghamFermin Muguruza🡆 More